Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Medio Ambiente inicia os traballos do plan reitor de uso e xestión do parque natural Monte Aloia en Tui

Foi o primeiro Parque Natural de Galicia, declarado en xaneiro de 1979, aínda que coas súas 746 hectáreas, é o máis pequeno dos seis que hai na Comunidade.

Foi o primeiro Parque Natural de Galicia, declarado en xaneiro de 1979, aínda que coas súas 746 hectáreas, é o máis pequeno dos seis que hai na Comunidade.

Fecha: 08 de Abril de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, inicia os traballos para a redacción do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural de Monte Aloia. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe (http://bit.ly/2p7ThVV ) o contrato para o servizo de asesoramento e apoio na redacción do plan deste parque, así como de Baixa Limia Serra do Xures, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e Complexo Dunar de Corrubedo e As Lagoas de Carregal e Vixán, por un importe global de 240.000 euros.

Tal e como se recolle no prego de contratación, o prazo terá unha duración máxima de 12 meses, dende a súa adxudicación, e o prazo para a presentación de ofertas a este contrato -financiado ao 80% con fondos Feder- é de 15 días a contabilizar dende o día seguinte á súa publicación no DOG.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia, establece como instrumentos de planificación dos parques naturais os Plans de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) e os Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUX). O concepto dos PRUX establece que nestes documentos se desenvolvan as directrices emanadas dos PORN, establecendo as previsións de actuacións da Administración no ámbito de aplicación dos parques naturais.

Os plans reitores de uso e xestión desenvolven as prescripcións emanadas do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais de cada parque e delimitarán as previsións de actuacións da administración no seu ámbito de aplicación, e en particular a investigación, o uso público e a conservación, protección e mellora dos valores naturais.

No caso de Monte Aloia, o primeiro parque natural de Galicia, este está situado no límite sur da Serra do Galiñeiro. A atalaia do Monte Aloia presenta como un dos seus principais atractivos as vistas panorámicas dos vales dos ríos Miño e Louro. O punto máis elevado está no alto de San Xiao (664 m), o lugar máis visitado deste enclave. Foi o primeiro Parque Natural de Galicia, declarado en xaneiro de 1979, aínda que coas súas 746 hectáreas, é o máis pequeno dos seis que hai na Comunidade.

Dispón dunha extensa rede de camiños, varios miradoiros e multitude de merendeiros para gozar da natureza a carón da "raia húmida" coa veciña Portugal.

Así, o futuro PRUX determinará os programas que fagan compatible a protección dos espazos protexidos co uso público e que se desenvolverán en colaboración con outros departamentos administrativos da Xunta.

Tamén se indicarán as medidas necesarias para o mantemento da paisaxe e de conservación de hábitats e especies e os usos públicos e actividades culturais, así como aquelas actividades científicas e monitoraxe para a elaboración de estudos específicos.

Dende a Xunta recoñécese que o Parque Natural de Monte Aloia, un dos dezasete espazos imán recollidos no Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, ten unha gran potencialidade como destino turístico- que debe ser compatible a conservación do medio natural que ofrece este espazo-, o que fai necesaria unha eficiente colaboración entre os diversos axentes da zona para aproveitar as potencialidades como destino cunha importante riqueza natural.

As necesidades de conservación e restauración deberán compatibilizarse cos aproveitamentos tradicionais, cuxo mantemento é fundamental para garantir o desenvolvemento das comunidades que viven neste territorio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí