Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Medio Ambiente prevé aprobar o vindeiro ano o plan reitor de usos e xestión do Parque Natural Monte Aloia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que ata comezos de xaneiro entidades, institucións e cidadáns poderán presentar alegacións que enriquezan este documento

Ángeles Vázquez destaca a riqueza natural deste parque natural, no que habitan 11 das 14 especies de anfibios coñecidos en Galicia

Fecha: 05 de Diciembre de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda prevé aprobar no vindeiro ano o Plan reitor de usos e xestión do Parque Natural Monte Aloia. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou este prazo durante a visita a este espazo natural, no día que se conmemoran 40 anos da súa declaración como o parque natural, o primeiro de Galicia.

Tal e como avanzou a conselleira, Monte Aloia conta desde o ano 2009 cun Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX), pero tras case unha década dende a súa aprobación, era necesario actualizado. O proxecto de decreto atópase en período de información pública desde o pasado 19 de novembro; polo que as entidades, institucións e particulares que desexen facer as achegas poderán presentar as súas alegacións ata o 3 de xaneiro.

Defendeu que se trata dun proceso co que se pretende enriquecer o documento, cuxa vixencia será de 6 anos, e establece tres zonas de uso diferenciadas: uso limitado, na que se inclúen as áreas cos principais valores naturais do parque, polo que o seu uso público queda restrinxido; de uso compatible, sometidas a un aproveitamento forestal ordenado de carácter tradicional, compatible coa conservación; e de uso xeral, de aproveitamento para actividades de recreo e lecer.

Outra das novidades que recolle este novo PRUX é o establecemento dun plan de emerxencias, que prevé a optimización de todos os recursos técnicos e humanos dispoñibles no parque. Deste xeito, pódese controlar de forma rápida unha emerxencia e minimizar as súas posibles consecuencias, afirmou a conselleira, quen engadiu que tamén se prevé a axilización dalgúns procedementos, como cortas de arborado dentro do parque.

Explicou que o PRUX prevé clarificar e sistematizar a normativa existente para poder dotar dunha regulación única a un espazo singular; ao tempo que se compatibiliza cada un dos usos existentes coa conservación da biodiversidade.

Ángeles Vázquez recordou que o Monte Aloia é unha auténtica xoia natural, que hoxe cumpre 40 anos declarado como parque natural, que só en 2018 recibiu máis de 35.700 visitas, que abrangue máis de 746 hectáreas e que contén 12 tipos de hábitats tipificados como de importancia comunitaria, dos que tres son prioritarios; e tamén conta cunha das poboacións de anfibios máis importantes de Galicia, rexistrando 11 das 14 especies que son coñecidas en Galicia.

Salientou o esforzo do Goberno galego por manter e conservar o patrimonio natural deste enclave, no que no ano 2018 se investiron máis de 330.000 euros, para a realización de campañas de difusión e divulgación dos valores, así como actuacións de restauración e prevención, como a actuación supervisada esta mañá, a restauración do bosque de galería do río Deique.

En definitiva, o Monte Aloia ten uns atractivos paisaxísticos, históricos e naturais que son un síntoma da necesidade de conservar a biodiversidade do Baixo Miño e sobre todo da importancia que ten como motor para o desenvolvemento económico das comarcas nas que se sitúa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones