Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Meira gaña a regata organizada por Piueiro coma homenaxe ós vellos remeiros de A Guarda

A pesares do mal tempo, o pobo de A Guarda envórcase na xornada deportiva organizada pola Asociación Piueiro

A homenaxe aos vellos pioneiros do remo desta localidade do Baixo Miño tivo que suspenderse por mor da chuvia, non así a competición deportiva.

Fecha: 09 de Junio de 2018

Fuente: Asoc. Piueiro

A tripulación de Meira gañou hoxe en A Guarda, cun tempo de 5:43, a regata contrarreloxo de traiñeiras organizada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro e o clube de remo Robaleira para homenaxear ós remeiros aficionados guardeses, pescadores todos eles, que entre os anos 40 e 70 do pasado século popularizaron este deporte na vila do Baixo Miño. Despois de Meira acadaron o mellor tempo, nun percorrido de 1.400 metros, Robaleira (6:03), Chapela (6:04), Areas (6:12), Muros (6:52) y Rianxo (6:54).

No transcurso do acto, presentado polo xornalista da TVG Terio Carrera, tamén foi homenaxeado Juan María Yáñez, de Rianxo, que con 69 anos disputou hoxe a que asegurou que ía ser a súa derradeira proba. Yáñez recibiu un recoñecemento pola súa traxectoria e o aplauso de todos os asistentes.

A pesares da intensa chuvia, o espectáculo vivido no porto guardés foi seguido con entusiasmo por preto de máis dun cento de persoas, que se sumaron deste xeito á homenaxe deportiva ós homes que popularizaron en A Guarda un deporte nado da propia práctica da pesca. Daquela, os pescadores organizábanse en botes de seis remeiros e un timonel -semellantes ás actuais traiñeiras- baixo o nome dunha taberna ou dunha tenda da vila e competían entre elas co gallo da celebración das festas do Carme.

As diferentes embarcacións respondían a nomes coma Jaula, Morales, Barquiño ou Mau Mau, que son as máis antigas das que se ten memoria e que terían continuidade noutras coma Chupa Ovos, A Revoltosa ou Alpiste.

Neses anos, como sucedeu esta tarde, o porto de A Guarda enchíase de público para seguir o enfrontamento final entre dous botes e cóntase que os gañadores pasaban despois longas xornadas de celebración ás que se unían, en ocasións, os perdedores.

Aprazado entrega premios ós vellos remeiros
A entrega de galardóns os remeiros daquela época aínda vivos e os familiares dos que xa morreron foi posposta pola organización debido a intensa chuvia e celebrarase as próximas semanas nun escenario cuberto.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones