Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Migallas Teatro trae á Guarda o seu espectáculo musical -Vai ser boa!-

O vindeiro sábado 21 de abril ás 18:00 h. no Centro Cultural da Guarda

A actuación, dirixida ao público familiar, baséase no popular disco-libro -Pan de Millo-

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Abril de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Centro Cultural da Guarda acollerá o espectáculo musical «Vai ser boa!», do grupo Migallas Teatro, o vindeiro sábado 21 de abril ás 18:00 h.

A función baséase no popular libro-disco infantil «Pan de millo», publicado pola editorial Kalandraka, dirixido ao público familiar. A obra componse de cancións infantís e versións de temas tradicionais como «Pinocho», «O espantallo divertido», «Eu teño un canciño», «Miña abuela Manuela» ou «Unha vella tiña un can», producidas por Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura.

A música do espectáculo está gravada, mais as voces solistas serán en vivo, polo que as cativas e cativos poderán introducirse nesta comedia musical da man dos seus protgonistas: a panadeira (María Campos) e o panadeiro (Carlos Yus). Os temas que se tratarán no espectáculo serán, entre moitos outros, a importancia da relación entre avós/avoas e as súas netas e netos, a transmisión da lingua a través da cultura tradicional e o coidado e respecto aos animais e a natureza.
As estradas para asistir á función poderán recollerse dende o sábado 14 de abril no Centro Cultural, en horario de 10 a 13 h. De luns a venres, os tíckets estarán dispoñibles de 10 a 13 h e de 17 a 20 h, ata completar as prazas dispoñibles.

Esta é unha actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Guarda con motivo do Día Internacional do Libro (23 de abril), contando co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro das subvencións provinciais para a dinamización lingüística.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí