Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Mil escolares de Tui e Valença abrazan o río Miño

Acto na vella Ponte Internacional para celebrar o Día da Auga, o 131 aniversario da ponte e o quinto da Eurocidade

Acto na vella Ponte Internacional para celebrar o Día da Auga, o 131 aniversario da ponte e o quinto da Eurocidade

Fecha: 31 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

A vella Ponte Internacional que une Tui e Valença foi na mañá deste xoves o escenario dun acto organizado cun triplo motivo. Por unha banda celebrouse o Día Mundial da Auga e facer unha chamada de atención sobre a súa importancia e conservación, por outra conmemorar o 131 aniversario desta infraestrutura así coma o quinto da constitución da Eurocidade Tui-Valença. Os protagonistas foron un millar de escolares de Infantil e Primaria dos centros educativos de Tui e Valença que deron o primeiro "Abrazo ao río" coma figuraba nas camisetas de cor azul que todos levaban. Estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino, María José González, os concelleiros de Patrimonio, Carmen Núñez, e de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e a vereadora de Educación de Valença, Elisabete Domingues.

Ambas delegacións atopáronse no medio da ponte onde soou unha canción sobre o río, que os cativos interpretaron de xeito conxunto, e por parte da EB de Valença fixeron entrega á concelleira de Cultura, María José González, dunha "trapicheira". Como remate tivo lugar a solta simbólica de 131 pombas.

A Vella Ponte Internacional supuxo un fito histórico nas relacións entre as poboacións que hoxe celebran a súa cooperación internacional coa Eurocidade Tui-Valença. Erixida coma unha das maiores obras de enxeñería da época, a ponte foi proxectada polo enxeñeiro Pleayo Mancebo y Agreda e inaugurada oficialmente o 25 de marzo de 1885, substituíndo as barcazas que servían para comunicar as dúas beiras do Miño. Na súa construción empregáronse máis de 1.500 toneladas de ferro e a pedra dos piares chegou dende de Lanhelas, Portugal.

Pero sen dúbida, a súa maior singularidade é a de estar concibida para un triplo uso: peonil, rodado e de ferrocarril, uso que aínda hoxe mantén. Aínda que coa construción da nova Ponte Internacional perdeu tráfico rodado, hoxe é o camiño natural de unión da poboación da Eurocidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí