Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Modificado o proxecto da apertura da rúa Ourense que abranguerá unha maior superficie

As obras estarán rematadas a finais de marzo

As obras estarán rematadas a finais de marzo

Fecha: 16 de Febrero de 2019

Fuente: Concello de Tui

As obras de apertura da rúa Ourense estarán rematados na última semana do mes de marzo, incluíndo a execución do proxecto modificado que foi preciso realizar para solucionar unha serie de cuestións que se atoparon no inicio das obras. Ese modificado suporá un incremento do 25% no orzamento previsto inicialmente en 220 mil euros, pero en todo caso estará por baixo dos 314 mil euros nos que o proxecto sairá a licitación.

Para explicar como quedará a obra unha vez executada, cos cambios realizados, compareceron en rolda de prensa o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro Antonio Castro, o arquitecto municipal, Javier Antoñón, e os enxeñeiros da empresa Nortap Ángel Colsa e Beatriz López.

Contémplase unha rotonda remontable de 4 metros de diámetro, cun carril de 3,5 metros en cada sentido, 16 novas prazas de aparcamento, a reubicación dos pasos de peóns, unha franxa verde e a colocación de bancos de pedra natural das canteiras do Monte Aloia. En canto ao tráfico a rotonda deseñouse multifuncional con todas as circulacións posibles ante imprevistos, e quedará preinstalado un sistema de semaforización por se no futuro se opta por esta opción para regular o tránsito de vehículos. Tamén se contemplan a posibilidade de ter elementos móbiles coma xardineiras que permitan cortar unha rúa, por exemplo Augusto González Besada, para actos ou días concretos.

O proxecto inicial de apertura da rúa Ourense databa de 2011 e foi actualizado en 2016, pero segundo o exposto hoxe no momento de acometer a obra se atoparon unha serie de problemas aos que houbo que dar solución e para os que se contratou á empresa de enxeñería Nortap, que traballou xunto co arquitecto municipal na proposta. Os informes xeotécnicos do lugar sobre os que se asentará o vial aconsellaron a retirada do terreo inaxeitado e o recheo con pedraplén para corrixir os problemas de cimentación. Amais ampliouse a superficie de actuación incluíndo o espazo por onde ata o de agora circulaban os vehículos cara a rúa Colón/Martínez Padín, que pasará a ser aparcamento. Realizouse tamén un estudos das redes de servizos e instalacións existentes, coma electricidade, saneamento, telefonía, ... xa que até o momento carecíase do mesmo. Colocarase unha torre de iluminación multifuncional que servirá tanto para que os peóns e os vehículos teñan unha correcta visibilidade coma para iluminar se se considera algún edificio coma a Área Panorámica.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, indicou que se realizaron distintas melloras logo de detectar unha serie de problemas no inicio da obra. Destacou así o tramo entre a nova rúa a Área Panorámica terá un tratamento, que no proxecto inicial no estaban contemplado, e no que executará a parte correspondente do proxecto de urbanización da Área Panorámica que dende o concello se encargou para cando se execute o aparcamento soterrado. Tamén destacou que se axustou o tamaño da rotonda para que funcione da forma máis eficaz posible e se contempla a preinstalación da semaforización, prevendo que no futuro a intersección poida funcionar coma unha T coa futura conversión da rúa Augusto González Besada en dirección única, e a futura peonalización do Paseo da Corredoira.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones