Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÚSICA NO CLAUSTRO CONSOLÍDASE COMO FESTIVAL INTERDISCIPLINAR DE REFERENCIA DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL NA SÚA X EDICIÓN

Alto grado de satisfacción dos asistentes aos obradoiros para público adulto e nas actividades específicas para os peregrinos. Esgotáronse, un ano máis, as visitas guiadas nocturnas

Incrementa o apoio institucional e privado grazas á apartación de empresas galegas e profesionais independentes

Fecha: 13 de Agosto de 2014

Fuente: www.musicanoclaustro.com

A X Edición de Música no Claustro superou as expectativas debido a ter experimentado un importante crecemento dende o punto de vista de asistencia de público, cultural, artístico e de xestión.

Os máis de 2.200 asistentes, de idades comprendidas entre os 5 e os 80 anos, encheron os sete concertos programados así como ás visitas nocturnas temáticas á Catedral. Supuxeron un incremento dun 19% con respecto ao ano pasado. Este crecemento tamén se veu reflectido nas redes socias conseguindo un crecemento dun 50% de seguidores.

Un público que puido emocionarse con experiencias irrepetibles como o concerto de órgano que o galego Fernando Buide, doutor na Universidade de Yale, ofreceu en memoria ao Pai Rosendo Salvado, coa Catedral totalmente a escuras, baixo o plenilunio de agosto filtrado polos rosetóns, coa estrea dunha nova composición no seu tributo.

Seguindo a celebración dos 300 anos do órgano, Roberto Fresco, músico recoñecido internacionalmente, foi o encargado de pechar o festival, concerto programado coa colaboración dos cursos universitarios de Música en Compostela.

O momento máis emotivo do festival estivo protagonizado pola unión de Anxo Pintos -fundador de Berrogüetto- e Ramón Corral, discípulos do mestre da música tradicional galega Antón Corral, cun concerto único onde puidemos ver ao propio Antón Corral emocionado e tocando con eles un instrumento que el mesmo construíra para os seus netos. Unha homenaxe merecida que o público soubo recoñecer aplaudindo de pé a un dos grandes nomes da nosa cultura viva. Dna. Nava Castro, Directora Xeral de Turismo, fixo entrega da peza que o artista artesán Nacho Porto creou ex professo en homenaxe a Antón Corral.

Ademais nesta V edición do Ciclo de novos intérpretes JLMúsica - Dos Acordes participou máis do dobre de estudantes do Conservatorio que en edicións anteriores, recibindo nesta ocasión a 30 rapaces que tiveron a oportunidade de mostrar a súa música ao comezo de cada concerto.

Música no Claustro continuou apoiando á produción de novas obras, e consolidouse como plataforma de exportación, levando a música e poesía galega de aCadaCanto até festivais como o Harare International Festival of the Arts en Zimbabwe, ou o Estival Cuenca.

Así neste apoio á creación o festival comisionou e financiou tres grandes exposicións: "12 SAPOS PARA 12 MULLERES" de Susi Gesto, "INSTANTES DE MÚSICA NO CLAUSTRO" de José Luis Luque Puértolas e "CONSTELACIÓN DE DOCE MULLERES" de Victoria Vinader.

Asemade ofreceu dous obradoiros para adultos, un de declamación poética con Marçal Font, actividade principal para o público máis xove, e outro obradoiro de ourivería con Susi Gesto, no que os participantes crearon conxuntamente un sapo, xoia por excelencia da ourivería galega, que xa se pode visitar no museo catedralicio. Esta actividade contou co apoio da Fundación Artesanía de Galicia e a visita da súa responsable Dna. Elena Fabeiro.

O festival suma ao apoio institucional do Concello de Tui e da S.A de Xestión do plan Xacobeo, o da Fundación Artesanía de Galicia, así como o apoio privado que creceu máis dun 150% respecto de edicións anteriores grazas a colaboración de empresas como FINSA, JLMúsica, Dos Acordes, Fototeca Estudio-Taller e Porta da Pía Artesanía, e unha ampla equipa de profesionais que investiron as súas horas de traballo en facer deste festival unha cita única e humana, recoñecida deste xeito polos artistas asistentes.

#tocamosmadeira. Unha marca con personalidade dentro de Música no Claustro.

O festival "tocou madeira" neste décimo aniversario e, para iso, os instrumentos de vento madeira, corda pulsada e o órgano, do que se conmemora os 300 anos de existencia, tiveron un especial protagonismo. "Séculos tocando madeira" foi tamén o título da mesa profesional que se desenvolveu o venres 8 na que participaron representantes da Asociación de deseñadores gráficos e industriais de Galicia (DAG), do Colexio oficial de decoradores e deseñadores de interior de Galicia (CODDIG), e da empresa de madeira, FINSA e do Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones