Agenda
HUMOR, DEPORTE E ROCK AND ROLL NAS ACTIVIDADES DO 30 ANIVERSARIO DO CENTRO SAN XEROME DE A GUARDA
Fecha desde el 11 de Abril de 2011
hasta el 02 de Mayo de 2011O estímulo engadido que aporta o 30 aniversario, está a facer que se incrementen de xeito notable a organización e participación en actividades diversas
Ampliar contenidoO estímulo engadido que aporta o “30 aniversario”, está a facer que se incrementen de xeito notable a organización e participación en actividades diversas, ademáis das correpondentes a programación diaria dos 3 sectores de atención: unidades educativas, Centro de dia e Sector prelaboral.
Neste fin de semana por exemplo, o grupo Xerock, fixo a sua reaparición con novo repertorio, na 1ª xornada Altas aptitudes no Café Cultural Auriense de Ourense. O grupo puxo a venda unhas orixinais camisetas, que se comercializarán nos concertos e na Tenda Atalaia a 8 €.
O grupo de teatro Xeratrium, tamén está de estrea. Na Asociación Cultural e Social de Herville (Mos) puxo en escea a obra “Vias paralelas” coa colaboración de Xerpo Cultural e a dirección de Irene Moreira e Alex Sobrino. Inaugurase así unha xira que levará o grupo a diferentes localidades, grazas a participación no circuito cultural da Deputación de Pontevedra.
Tamén estes dias (do 9 ó 16 de abril), 2 usuarios do Centro, participan nunha actividade incluida no Programa de integración IES A Sangriña – San Xerome. Nesta ocasión permanecerán unha semana xunto con alumnos do IES nunha estación invernal de Andorra practicando o esquí.
O Club deportivo estará presente no Campionato galego de natación, que terá lugar o mércores 13 na Piscina municipal de A Cañiza. Amparo , Maite, Puri, Carmelo, Carlos e Rosa María intentarán mellorar os resultados do pasado ano.
Mentres, os deportistas do Club intensifican a sua preparación para os próximos compromisos, entre os que destaca a participación no Campionato de España de atletismo que terá lugar en Cádiz, o próximo mes de maio.
Relacionado con 30 aniversario, un grupo de personas relacionadas co Centro (familias, usuarios, profes…), coordinados polo especialista Roberto Miranda, estan a preparar o “asalto” ó teito de Galicia: o ascenso a Pena Trevinca, actividade que terá lugar o sábado 21 de maio.
A ANPA, tamén ten programadas actividades mensuais para conmemorar o 30 aniversario. A correspondente a este mes de abril, terá lugar no Auditorio de Goián o domingo 17 de abril a partir das 6 da tarde. Actuarán os coñecidos humoristas Os Campelos e o grupo musical Orballo de O Rosal. Ese mesmo dia realizarase o sorteo dunha TV . As rifas estan a venda no Centro ó prezo de 1 €.
Por último, e de momento, informar que estaremos presentes na carpa do Mercado Solidario en Tui, os dias 26 de abril a 2 de maio (San Telmo), e do 13 ó 15 de maio (Feira de artesanía)
A PASCUA EN VALENCA É DIFERENTE - HOXE PASSO PASCAL TRANSFRONTEIRIZO NO RIO MINHO
Fecha desde el 25 de Abril de 2011
hasta el 25 de Abril de 2011A freguesia valenciana de Cristelo ? Côvo celebra os tradicionais festejos em honra de Nª Sr.ª da Cabeça, com destaque para o Lanço da Cruz, no dia 25 de Abril, Segunda-Feira de Páscoa, no Parque Natural da Senhora da Cabeça, junto ao rio Minho.
Ampliar contenidoO Lanço da Cruz, o ponto alto dos festejos, está programado para as 17h do dia 25 de Abril, Segunda-Feira de Páscoa.
Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença "a Páscoa em Valença tem uma tradição única, a do Lanço da Cruz, um acto que mostra a relação de amizade entre os povos das duas margens".
Esta tradicional romaria galaico-minhota decorre sempre na segunda-feira imediata ao fim de semana da Páscoa. Ao entardecer, depois da visita pascal, à freguesia de Cristelo-Côvo (Valença), o pároco, devidamente paramentado e com uma cruz ornamentada, entra num barco e dirige-se até à margem espanhola onde dá a cruz a beijar aos paroquianos da outra margem. Durante esse período são lançadas, pelos pescadores de Cristelo-Côvo, as redes benzidas ao rio. Todo o peixe que sair no lance é para o pároco. Entretanto com o pároco português regressa no barco o pároco da paróquia galega de Sobrado - Torron, concelho de Tui (Galiza), dando a cruz a beijar aos peregrinos que aguardam junto ao rio, na margem portuguesa. Várias embarcações portuguesas e galegas acompanham este compasso pascal nas águas do Minho.
Até à noite os sons das gaitas de foles misturam-se com os das concertinas, das castanholas, o rufar dos bombos e tambores numa autêntica romaria galaico-minhota.
Na terça-feira, 26 de Abril, merece especial referência a missa para os peregrinos da Galiza, celebrada em galego, por um padre galego, às 10h00 (hora portuguesa). Neste dia também, por tradição, os peregrinos desfrutam dos seus merendeiros nas sombras do parque comendo, sobretudo, o que sobrou do carneiro ou cabrito da Páscoa.
A tradição do Lanço da Cruz é uma manifestação religiosa e popular muito acarinhada pelas populações da raia minhota que ano após ano atrai um maior número de populares e turistas.Nota: Mais informações contactar o Padre José Marques, tef. 251.822 369
HOXE REMATA A III SEMANA DO TEATRO AFECCIONADO
Fecha desde el 25 de Abril de 2011
hasta el 29 de Abril de 2011As representacións serán do luns 25 ao venres 29 ás 21h no Teatro Municipal
Ampliar contenidoEntre o luns 25 e o venres 29 de abril, coincidindo coas Festas de San Telmo, vaise celebrar en Tui a III Semana do Teatro Afeccionado organizado pola Concellería de Cultura de Tui. Esta programación foi presentada esta mañá na Casa do Concello de Tui polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e representantes das cinco agrupacións que van participar nesta iniciativa.
Esta programación é unha aposta da Concellería de Cultura pola teatro afeccionado que se fai en Tui, dándolles a oportunidade de poder actuar nas mesmas condicións que o fan os profesionais. As dúas primeiras edicións resultaron todo un éxito, e agárdase que o público volva responder positivamente este ano.
Na presentación desta mañá o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez destacaba que “ara nós é un orgullo que nas Festas de San Telmo que estas asociación culturais veñan ofrecer o mellor de sí no teatro”, lembrando que tamén durante as festas estes colectivos ofrecerán unha mostra folclore e de playbacks, nos festivais que se van celebrar este domingo 24 de abril e o sábado 30. Engadía que isto é unha boa sinal “da boa saúde cultural que hai no noso municipio, sobre todo grazas ás directivas e os socios dos centros culturais polo enorme esforzo que fan día a día para conseguir que iso funcione” pese aos poucos recursos con que conta.
O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, pola súa parte fixo un símil futbolístico é dixo que “Tui está na Champions league” indicando que “tedes que xogar nun gran escenario e ese gran escenario evidentemente é voso”. Ao tempo salientou o mérito que teñen ao compaxinar esta actividade nos centros culturais cos seus traballos.
Logo cada un dos representantes dos centros culturais expuxo as características das obras que van representar cada día ás 21h. Ao longo da semana serán máis de 60 actores e actrices os que dean vida aos distintos personaxes. Os primeiros en actuar o luns van ser Grupo de teatro “Mesturanzas” da Asociación Seixos Albos de Areas coa estrea da obra “A voltas co C.I.” que conta as circunstancias estrañas que acontece coa chegada dunha carta do goberno central á Xunta. Tamén o grupo de teatro Caldemiños da Asociación A Insúa de Caldelas vai estrear, neste caso o martes, “A carreira do Manoel” na que contan a historia dun mozo que non quere estudar pero que os pais e a moza o convencen para ir á universidade. O mércores será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Xuntanza de Randufe que leva a escena “O Zarandallo”, unha obra que xa presentaron na Casa Cultural da parroquia. Esta comedia narra a historia da volta a súa aldea dun home que emigrou ás Américas. O xoves o grupo de teatro da Asociación San Fins de Rebordáns presenta “Ollo cos estudantes” escrita en 1930 por Manuel Bergueiro López. Está baseada na picaresca dos estudantes universitarios. E por último o venres pecha esta semana do teatro o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui que estrea dúas obras curtas “La farsa del cornudo apaleado” e “Cada cosa en su lugar”.
As entradas para cada representación se van por á venda o mesmo día da función ás 19.30h ao prezo dun euro no despacho de billetes. As entradas son sen numerar.
III Semana do Teatro Afeccionado
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Entrada: 1€ sen numerar- Retirar dende ás 19.30h no despacho de billetes
Programación:
- Luns 25 ás 21h: Grupo de teatro “Mesturanzas” da Asociación Seixos Albos de Areas representa “A voltas co C.I.”
- Martes 26 ás 21h: Grupo de teatro Caldemiños da Asociación A Insúa de Caldelas presenta “A carreira do Manoel”
- Mércores 27 ás 21h: Grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Xuntanza de Randufe
leva a escena “O Zarandallo” -SUSPENDIDA-
- Xoves 28 ás 21h: Grupo de teatro da Asociación San Fins de Rebordáns presenta “Ollo cos estudantes”
- Venres 29 ás 21h. Grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui leva a escena “La farsa del cornudo apaleado” e “Cada cosa en su lugar”.
FOTOGRAFÍASVIDEOS
Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 15 de Marzo de 2019Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.
Ampliar contenidoA Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.
Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.
Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.
GALERÍA DE FOTOS
Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
