Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • MÚSICA NO CLAUSTRO DO 8 Ó 12 DE AGOSTO NA CATEDRAL DE TUI

    Fecha desde el 08 de Agosto de 2012
    hasta el 12 de Agosto de 2012

    VIII ciclo de concertos no claustro gótico da S.I. Catedral de Tui

    Do 08 ao 10 de agosto, no cal os estudantes da Escola Municipal de Música e do Conservatorio Profesional de Música de Tui son os protagonistas. Unha oportunidade para que o futuro musical da terra presente o seu bó facer ante todo o público presente, especialmente para os familiares e amigos. Eles son os encargados de abrir cada concerto do programa principal.
    Ampliar contenido
  • A CREATIVIDADE CENTRA A OITAVA EDICIÓN DE MÚSICA NO CLAUSTRO EN TUI

    Fecha desde el 08 de Agosto de 2012
    hasta el 12 de Agosto de 2012

    Celebrarase do mércores 8 ao domingo 12 de agosto na Catedral de Tui

    Baixo o lema de "CreatiVIDAde" do mércores 8 ao domingo 12 de agosto vaise celebrar en Tui a oitava edición do ciclo de concertos no Claustro Gótico da Catedral, Música no Claustro.

    Unha edición na que a redución do orzamento non se traduce nun programa recortado, senón que froito da imaxinación xunto á implicación de novas entidades e persoas, é posible unha edición que segue avanzando, que chega con novas propostas para converter ao festival un ano máis nun referente musical na contorna.

    Toda a programación foi dada a coñecer esta mañá na sancristía da Catedral polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, o cóengo da catedral, Don Ricardo García, o director artístico de Música no Claustro, Samuel Diz, e un dos artistas que actuará este ano chegado dende os Estados Unidos, Hermelindo Ruíz.

    Samuel Diz sinalaba que a pesar das actuais circunstancias "non podemos parar a arte" destacando que as unións logradas e a suma de sinerxías "é a clave para que Música no Claustro avance".

    Don Ricardo García lembraba que este proxecto comezou coa idea de dar a coñecer aos músicos da canteira local, e se ten transformado nun evento consolidado de gran nivel.

    O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacaba que "en Tui sábense facer as cousas con profesionalidade, cariño e neste caso tamén con corazón" gabando a programación deste ano e a aposta que se segue a realizar pola xente nova. Aludía tamén a importante repercusión internacional que ten Música no Claustro.

    A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, sinalaba que esta actividade "sempre nos sorprende", e manifestaba o orgullo de que un ano máis se continúe con este ciclo.

    Concertos

    No que aos concertos se refire, o inaugural o mércores 8, correrá a cargo do dúo de guitarra "Zidur" formado por Hermelindo Ruíz e do propio Samuel Diz cun programa baseado en música de Porto Rico, con algunhas obras de Hermelindo Ruíz, e tamén interpretarán a obra 'Violetas' do ourensán José Fernández Vide a partir da partitura recuperada o ano pasado. O xoves 9 chega unha das propostas máis novidosas con Spoken Word' Serán, cuxa tradución literal do inglés sería "palabra falada". Aquí conflúen o tudense Miguel González Diz, campión galego de Beat Box, e Marçal Font Espí, poeta, campión nacional de Poetry Slam.

    O venres recollerá a testemuña Álterum Cor, de Valladolid, nun concerto coproducido xunto ao Curso Coral "Tamara Brooks" organizado por Camerata Ad Libitum, cun repertorio de música tanto sacra como profana.

    O sábado, trala positiva experiencia do ano pasado, regresan a Música no Claustro Guadi Galego e Guillerme Fernández, esta vez fano xunto a Xabier Díaz e Xosé Lois Romero presentando o seu novo disco "aCadaCanto".

    Celebrarase do mércores 8 ao domingo 12 de agosto na Catedral de Tui

    Ampliar contenido
  • COMPRA YA TU ENTRADAS PARA EL MINHO REGGAE FESTIVAL POR SÓLO 10? - OFERTA HASTA EL 15 DE AGOSTO

    Fecha desde el 08 de Agosto de 2012
    hasta el 15 de Agosto de 2012

    Merca a túa entrada anticipada para o III Minho Reggae Festival ata o 15 de Agosto por tan só 10?(Abono 2 días + Camping). Pasado o 15 de Agosto a entrada pasará a costar 12? e en taquilla venderanse a 16?.

     

     

    Merca a túa entrada anticipada para o III Minho Reggae Festival ata o 15 de Agosto por tan só 10€(Abono 2 días + Camping). Pasado o 15 de Agosto a entrada pasará a costar 12€ e en taquilla venderanse a 16€.

    Consigue xa as túas entradas en minhoreggae.com ¡e non agardes ó último intre!

    Quen o coñece repite, porque ademais de música, espectáculos de rúa, talleres, actividades naturais, o Minho Reggae Splash é sobre todo bo ambiente e diversión. Dous días para gozar dun entorno natural incomparable, o de Vila Nova de Cerveira, e de moito reggae chegado das dúas marxes do Atlántico.


    Máis internacional ca nunca, o Minho Reggae Splash celebra a súa terceira edición o 14 e 15 de setembro. Grandes clásicos como o xamaicano Earl Sixteen subirán ao escenario do Auditorio da Vila das Artes, xunto a bandas como os brasileiros Habitantes de Zion. Dende Londres chegará Benjammin e como representantes do reggae luso os Urbanvibsz e o selector Bob Figurnate. Non faltarán bandas españolas como os Blueskank, e cruzarán o Miño, os coruñeses One, os vigueses
    Transilvanians e os ferroláns Natural Green, e dende Compostela Selassie Sound System.

    A música fusionarase durante toda a fin de semana coas actividades de rúa, con espectáculos de danza e percusión, representacións de circo e talleres, ademais de actividades deportivas como escalada e andaina popular para nenos e maiores. Pero tamén haberá tempo para o descanso, gozar do sol e darse un baño e nada mellor para iso que a zona de acampada na Praia da Lenda, un espazo natural no río Miño con todas os servizos precisos.

    Na súa terceira edición consolídase como un dos festivais de reggae, máis importantes de Galicia e o Norte de Portugal ofrecendo entretemento, boa música e fomentando a interrelación social, a tolerancia e o respecto a natureza.

    Toda a información e venda de entradas en www.minhoreggae.com .

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido