Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A CATEDRAL TUDENSE CELEBRA DO 6 AO 10 DE AGOSTO O 10º ANIVERSARIO DE MÚSICA NO CLAUSTRO

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2014
    hasta el 10 de Agosto de 2014

    Cinco días de experiencias, dez anos de emocións.

    aCadaCanto actuará este sábado no ESTIVAL CUENCA, precedido polo grupo conquense Fizzy Soup. Fundado e dirixido polo musicólogo Marco Antonio de la Ossa, ESTIVAL CUENCA é un ciclo que chea de música cada rincón da Cidade de Cuenca.
    O grupo galego presentará na Cidade Patrimonio da Humanidade pola Unesco, o seu proxecto audiovisual A ROSA d'ADINA, creado co apoio de Música no Claustro o pasado verán.

    Os seus integrantes, Guadi Galego, Xabier Díaz, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández, inaguran pois estos 10 anos de Música no Claustro como plataforma de exportación da nosa marca Galicia tras un proceso de creación, presentación e distribución de novos proxectos artísticos, apostando así pola expansión da música contemporánea tanto a nivel nacional como internacional.

    O 10º Aniversario de MÚSICA NO CLAUSTRO será celebrado pola Catedral tudense do 06 ao 10 de agosto. Dirixido polo músico tudense Samuel Diz, esta nova edición do festival realizará unha retrospectiva aos artistas que deixaron marcada unha especial e emotiva pegada tras o seu paso polo claustro gótico, sen esquecer as conmemoracións locais do bicenteario do nacemento do Pai Salvado e os 300 anos dos órganos barrocos da Catedral. Cinco días de experiencias, dez anos de emocións.

    Ampliar contenido
  • EVENTOS DESTACADOS ESTE VERÁN EN VILANOVA DE CERVEIRA

    Fecha desde el 18 de Julio de 2014
    hasta el 28 de Septiembre de 2014

    Música, artesanato, festas, reviver a história e desporto.

    Música, artesanato, festas, reviver a história e desporto.

    Preencha a sua agenda com os diversos eventos que Vila Nova de Cerveira lhe oferece.
    Ampliar contenido
  • MÚSICA, CINEMA E FESTAS CENTRAN A PROGRAMACIÓN ESTIVAL EN TUI A QUE SE SUMAN DEZ ESPECTÁCULO NO OUTONO

    Fecha desde el 18 de Julio de 2014
    hasta el 16 de Agosto de 2014

    A programación está orzamentada en 100 mil euros dos que o 35% é a aportado polo Concello

    A música é un dos pratos fortes que ten a programación cultural para os meses de xullo, agosto e setembro elaborada pola Concellería de Cultura do Concello Tui, que xunto a programación de Outono vén recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira.

    Un orzamento superior aos 100 mil euros, dos que o concello aporta o 35% de fondos propios permitirá gozar de espectáculos variados e de calidade en espazos coma o Teatro Municipal, a Praza de San Fernando, o Parque do Laxal, a Catedral de Tui ou o río Miño entre outros.

    O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto á concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, a directora do IKFEM, Andrea Rodríguez, un membro da organización da Noite Internacional do Miño, Alfonso González, o director da Banda de Música Popular de Tui, Adolfo Besada, e a deseñadora Mar Coca presentaron esta mañá o programa cultural do segundo semestre de 2014.

    O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou a importancia de sumar sinerxías para elaborar unha programación variada e de calidade coma a que se presenta, detrás da que dicía hai moitas horas de traballo para fixar os días, lugares e espectáculos a celebrar. Animaba ao público a gozar dos espectáculos programados, e salientaba que o investimento que se realiza redunda tamén en todo o tecido empresarial de Tui.

    A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, explicou que do número 28 da Corredoira se editaron 15 mil exemplares que serán distribuídos tanto en Tui coma en Valença. Unha programación que se difundirá tamén ao través das web www.concellotui.org e www.cuturatui.info, en valos no exterior da Área Panorámica, así coma do Servizo de Información ao público. O Concello aporta 34 mil euros de fondos propios para esta programación, un 21% menos que en 2013. Agradecía tamén a colaboración doutras institucións coma a Deputación e a Xunta de Galicia que coa súa aportación permiten un ano máis levar a cabo esta ampla programación orzamentada en 100 mil euros.

    Mar Coca, responsable do deseño da Axenda Cultural Corredoira, destacou que o obxectivo era que fose unha axenda clara, coa información ben organizada e doada de entender. O amarelo foi o color elixido para o verán e o laranxa para o outono. Mentres nas portadas sinalou que optou por dous elementos circulares luminosos, o sol para a época estival, e o rosetón da Área Panorámica para a outonal.

    Andrea González, directora do IKFEM, salientou coma nesta segunda edición o festival ofrecerá do 18 ao 26 de xullo a posibilidade de construír un itinerario musical con concertos, obradoiros e masterclases. Serán nove espazos da Eurocidade os que acollan as actividades previstas con workshops diarios e gratuítos ás 19h e concertos ás 22h. Unha trintena de alumnos de China, Rusia, Lituania ou España asistirán ás Masterclasses programadas duplicando a participación de 2013.

    Alfonso González, da organización da Noite Internacional do Miño, explicaba que este ano van celebrar no Parque do Laxal a décimo quinta edición dun festival folclórico no que se darán cita grupos de Arxentina, África do Sur, Turquía e Ecuador.  Máis dun centenar de artistas estarán sobre o escenario para facer disfrutar ao milleiro de persoas que cada acode a esta cita.

     

    A máis veterana das actividades que se celebran é o Festival de Bandas de Música que chega este ano a súa vixésima terceira edición. Faino amais sumándose a unión entre as dúas beiras do Miño tendo coma banda convidada a da Casa do Povo de Tangil de Monçao que actuará xunto á Banda de Música Popular de Tui. O seu director Adolfo Besada explicou coma neste evento buscan demostrar o traballo que a agrupación realiza ao longo do ano, mellorando en cada edición e non repetindo repertorio.

    Na programación do verán a primeira cita será co II Festival Internacional de Tecla da Eurocidade que se celebra do 18 ao 26 de xullo. O martes 29 ás 21.30h no Parque do Laxal, en Rebordáns, terá lugar a XV Noite Internacional do Miño. Abrirá a programación de agosto, o día 1, o XXIII Festival de Bandas de Música de Tui. Mentres do 6 ao 10 do mesmo mes celebrarse a décima edición de Música no Claustro. Serán catro as películas de cinema de animación que se proxectarán na Praza de San Fernando:  "Monster University" o xoves 24 de xullo, "Brave" o sábado 2 de agosto, "Los Croods" o xoves 14 de agosto, e "Frozen" o sábado 30 de agosto. A cita será sempre ás 22.30h.  A programación estival complétase con dous festexos, a IV Festa do Miño o sábado 16 de agosto, e a III Festa do Pracer "Vive o Conxunto Histórico" o domingo 14 de setembro.

    A programación de outono, que terá lugar no Teatro Municipal, consta de 10 espectáculos tanto para público infantil coma adulto, con música, teatro, humor e cinema.

    Ampliar contenido
  • MÚSICA NO CLAUSTRO CELEBRA A SÚA DÉCIMA EDICIÓN DO 6 AO 10 DE AGOSTO EN TUI

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2014
    hasta el 10 de Agosto de 2014

    Concertos, obradoiros, visitas guiadas, exposicións conforman un programa multidisciplinar para celebrar os dez anos do festival

    "Música no Claustro é máis que un festival de música" así o expuxo esta mañá o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, na presentación da décima edición deste evento cultural que terá lugar en Tui do 6 ao 10 de agosto. O rexedor tudense referiuse coa súa afirmación ao carácter multidisciplinar que ten o festival, reforzado máis se cabe co gallo do seu décimo aniversario.

    A presentación de Música no Claustro celebrouse esta mañá no Claustro da Catedral de Tui contando coa presenza do alcalde, Moisés Rodríguez, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o cóengo da Catedral, D. Ricardo García, o director de Música no Claustro, Samuel Diz, así coma da ourive e do músico Anxo Pintos que estarán presentes nesta décima edición.

    D. Ricardo García, cóengo da Catedral, lembrou coma hai dez anos tivo a idea que de crear unha plataforma para apoiar aos novos músicos de Tui que saían do Conservatorio Municipal. Ese espírito segue estando presente na filosofía do festival no marco do Ciclo de Novos Intérpretes JL Música-Dos Acordes no que este ano participarán 30 alumnos do centro tudense abrindo os concertos de cada día. Pero amais a frautista tudense Patricia González, que foi a primeira en actuar en Música no Claustro hai dez anos, volve agora ao festival co seu quinteto de vento madeira "Invento".

    Samuel Diz, director do festival explicou coma as liñas mestras deste décimo aniversario están trazadas por unha parte entorno a unha retrospectiva das nove edicións celebradas, pero tamén conmemorando dúas efemérides destacadas coma son os 200 anos do nacemento de Rosendo Salvado en Tui e os 300 anos dos órganos da Catedral tudense. Tamén avanzaba que manteñen o compromiso cos artistas de Tui representados este ano por Victoria Vinader que inspirándose nas doce santas existentes no coro catedralicio, creará doce novas figuras que se colocarán durante o festival en doce arcos do claustro baixo o título de "Constelación de doce mulleres". Mentres o fotógrafo José Luís Puértolas presentará na Fototeca-Estudio a mostra "Instantes de Música no Claustro" cun achegamento ás anteriores edicións do festival. Non faltarán tampouco as visitas guiadas conducidas polo historiador Suso Vila que presentará unha ollada distinta do templo catedralicio con percorridos nocturnos que irán ata o tellados, ás campás ou á matraca. Tamén el será o responsable de guiar a visita ao "Tui de Rosendo Salvado" que irá dende a casa natal do bispo de Nova Nursia no barrio de Riomuíños ata a propia Catedral. E unha das principais novidades deste ano será a "Benvida e visita guiada para peregrinos" que se celebrará do 6 ao 10 de agosto ás 19.30h cun mini concerto e visita á Catedral. Esta iniciativa foi gabada polo xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, quen salientou coma a cultura e a música son tamén xeitos de dinamizar o Camiño de Santiago. Avanzou nese senso coma máis de 18 mil peregrinos percorreron dende comezos deste 2014 o Camiño Portugués que é xa o segundo camiño máis transitado. E explicou que no Plan Director dos Camiños, que está en fase de redacción, un dos obxectivos é "crear conciencia social de que o Camiño é a icona de Galicia".

    Amais de na visita guiada a figura de Rosendo Salvado estará tamén presente no concerto de órgano que Fernando Buide ofrecerá na súa memoria o venres ás 00h na Catedral. Mentres Roberto Fresco, organista da Catedral da Almudena, ofrecerá o domingo ás 10 ás 20.30h o concerto de clausura en co-produción con Música en Compostela.

    Música no Claustro volve apostar pola artesanía coa presenza da ourive Susi Gesto que ofrecerá un obradoiro de ourivería para adultos, no que explicaba amosará a ourivería coma ferramenta de expresión. Tamén estarán presentes outros artesáns grazas á colaboración de Artesanía de Galicia.

    O festival mantén asemade o seu compromiso coa música tradicional apostando este ano por unha homenaxe a Antón Corral cun concerto que ofrecerán o sábado ás 21.30h Ramón Corral e Anxo Pintos. Este último explicaba que que Antón Corral é unha das figuras claves para entender a música tradicional. Engadía que "toca en Tui é regresar á infancia", xa que aquí pasou a súa nenez e destacou que Música no Claustro "auna continente e contido".

    Na presentación Samuel Diz quixo tamén deixar constancia da importancia da madeira no festival presente nos órganos, nos distintos instrumentos, nas ferramentas dos artesáns... e nese senso avanzou que o venres 8 ás 19h haberá unha mesa profesional "Séculos tocando madeira" na que participarán a Asociación de Deseñadores Gráficos e Industriais de Galicia, o Colexio Oficial de Decoradores e Deseñadores de Interior de Galicia, e a empresa madeireira Finsa.

    Ampliar contenido
  • ROCK N FERVENZA 2014 O MÉRCORES 6 DE AGOSTO

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2014
    hasta el 06 de Agosto de 2014

    Mércores 6 de Agosto ás 23:00h no Montiño - A Guarda

    Mércores 6 de Agosto ás 23:00h no Montiño - A Guarda
    Ampliar contenido
  • OURIVERÍA EN MÚSICA NO CLAUSTRO

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2014
    hasta el 10 de Agosto de 2014

    A ourive Susi Gesto será a protagonista de Artesanía de Galicia nesta décima edición de Música no Claustro

    A ourive galega Susi Gesto impartirá un obradoiro no que os participantes poderán crear eles mesmos a peza por excelencia da ourivería galega, o Sapo. Así, con este obradoiro o festival e a Fundación de Artesanía de Galicia apostan pola unión simbólica de dúas cidades, Compostela e Tui, legando este Sapo, peza propia da ourivería compostelá, ao museo da Catedral de Tui ao finalizar o taller.

    O obradoiro terá lugar o Xoves 7 e o Venres 8 de 10h ás 14h e o Sábado 9 de 17h ás 20h no Claustro Gótico da Catedral. Para poder participar é necerario reservar praza no télefono +34 652 055 969.

    Ademáis o Sábado 9 ás 20.30, grazas á colaboración do Colexio Oficial de Xoiaria de Galicia (COXGA), Susi Gesto, compartirá con Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), un encontró-coloquio para afondar na relación da ourivería co Barroco, e as vinculacións históricas e culturais entre as xoias e a muller, así coma o mundo da xoia como elemento simbólico. Susi Gesto compartiranos a súa forma de traballar, do mesmo xeito como se leva facendo durante máis de mil anos no noso país. Coñece remos a esencia dos seus sábados de alquimia e o aporte que fai dende a súa feminidade a un oficio historicamente protagonizado por homes. 

    E para comprender o especial interese de Susi Gesto, polo Sapo, peza raína da ourivería tradicional galega, Música no Claustro en colaboración con Porta da Pía artesanía ofrece a exposición “12 sapos para 12 mulleres” na que tradición e contemporaneidade camiñan xuntas da man, dunhas mans femininas que atopan nestes 12 Sapos “mulleres con nome propio, fantásticas mulleres cos seus defectos e virtudes que queren falar de algo, quizais a historia das súas antecesoras, e mesmo a súa propia historia, preparando unhas fortes raizames para o que estaba por vir”.
    Ampliar contenido
  • MÚSICA NO CLAUSTRO DESCUBRE AO SEU PÚBLICO A CATEDRAL DE NOITE E O TUI DE ROSENDO SALVADO

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2014
    hasta el 10 de Agosto de 2014

    As visitas estarán guiadas polo historiador tudense Suso Vila.

    Nesta décima edición de Música no Claustro, ao igual que aconteceu nas edicións precedentes, o festival achega ao seu público ao noso espectacular patrimonio monumental.
    Así durante os 5 días do festival, grazas a colaboración do historiador tudense, Suso Vila, poderemos achegarnos un pouco máis ao noso patrimonio. Así o mércores 6, xoves 7, sábado 9 e domingo 10, ao remate dos concertos, realizaranse as visitas nocturnas á Catedral con subida aos tellados, poñendo este ano ademais un punto de atención na madeira, nas súas diferentes expresións e utilidades, destacando a Matraca, instrumento musical do s. XVIII recentemente recuperada. Para poder participar nesta experiencia única é imprescindíbel reservar praza no teléfono 652055969, xa que a actividade conta cun aforo máximo de 20 persoas por día.
    O venres 8 ás 22.30h na rúa Riomuiños, Suso Vila descúbrenos o Tui que vivíu a infancia dun dos maiores persoeiros na nosa cidade, o Pai Rosendo Salvado, comezando pola súa casa natal e rema¬tando na Catedral, na que el mesmo ofreceu eucaristía nunha das viaxes de regreso a Galicia dende a súa Australia adoptiva. Neste caso a participación na actividade é libre.
    E en tanto que Tui é una cidade do Camiño de Santiago, dende Música no Claustro queremos recibir a tódolos peregrinos. Así durante todo o festival ás 19.30h a S.I. Catedral de Tui dará a benvida aos visitantes en tránsito cunha visita guiada e una breve actuación musical que quedará na súa lembranza, sendo necesario presentar a credencial do peregrino para acceder á actividade.
    Ampliar contenido
  • -O MUNDO A DANÇAR-, QUARTA-FEIRA, NA PRAÇA CONSELHEIRO SILVA TORRES DE CAMINHA

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2014
    hasta el 06 de Agosto de 2014

    Em palco vão estar grupos da África do Sul, Itália, Perú e Rússia

    Na próxima quarta-feira, dia 6 de agosto, a partir das 22h00, Caminha recebe os grupos da África do Sul, Itália, Perú e Rússia, para um espetáculo inserido na iniciativa "O Mundo a Dançar", no âmbito do 29' FolkMonção.

    Cor, música e movimento vão marcar a noite de 6 de agosto. Para quem gosta de folclore e quer ficar a conhecer, através da dança, as crenças, histórias populares, lendas, tradições e costumes de grupos da África do Sul, Itália, Perú e Rússia, o encontro está marcado para o serão de quarta-feira. A organização é da responsabilidade do Folkmonção, que conta com o apoio da Câmara Municipal de Caminha.

    A África do Sul será representada pelo grupo "Masibuye Emasisweni Taxido", da cidade de Joanesburgo. "Mazibuye Emasisweni" é uma iniciativa que tem como objetivo principal quebrar o ciclo de violência, desespero e indignação entre os jovens.

    A Itália será representada pelo grupo "Storici Sbandieratori Delle Contrade di Cori", oriundo da cidade de Cori. Foi fundado em setembro de 1976, graças à determinação de jovens dispostos a difundir o antigo jogo da bandeira.

    Do Perú vai chegar o "Cosandama Qhaswa Peru", vindo da cidade de Lima. Este grupo tem como principal objetivo pesquisar, reavaliar, divulgar e procurar promover as tradições culturais do Perú através da música e dança folclórica. É composto por jovens bailarinos e músicos interessados ​​em promover o património cultural e a sua rica diversidade.

    Em representação da Rússia vai atuar o "Folk Dance Ensemble Stanitsa", oriundo da cidade de Krasnodar. O seu reportório assenta nas tradições das danças nacionais dos cossacos de Kuban, descendentes dos cossacos Zaporozhe, que se mudaram de Kuban no tempo da Imperatriz Catarina. Kuban está localizada nas montanhas do Cáucaso.

    O festival internacional de danças folclóricas "Folkmonção" é reconhecido pelo Conselho Internacional das Organizações de Festivais de Folclore e de Artes Tradicionais, estatuto da UNESCO.

    Ampliar contenido
  • HOXE ARRANCA O FESTIVAL MÚSICA NO CLAUSTRO TAL COMO COMEZOU HAI 10 ANOS, COA FRAUTISTA TUDENSE PATRICIA GONZÁLEZ E A SÚA NOVA FORMACIÓN QUINTETO INVENTO

    Fecha desde el 06 de Agosto de 2014
    hasta el 10 de Agosto de 2014

    Nesta edición contaremos ademais coa participación doutro artista, tudense dende 2003, José Luis Luque Puértolas.

    Música no Claustro no seu afán de conservar a súa orixe, que os artistas locais poidan compartir o seu traballo e a súa música co público da súa vila natal, contará nesta décima edición ca participación da frautista tudense Patricia González que será unha das protagonistas do festival.

    QUINTETO INVENTO, integrado por Patricia González, Emilio Alonso (clarinete), Daniel Souto (oboe), Óscar Galán (fagot) e Alma Sarasola (trompa), actuará o mércores 06 ás 21.30 no Claustro Gótico da Catedral de Tui. Estes cinco intépretes galegos farannos descubrir as principais obras orixinais do repertorio para quinteto de vento madeira.

    Nesta edición contaremos ademais coa participación doutro artista, tudense dende 2003, José Luis Luque Puértolas. Asistente asiduo ao "puzzle multicultural" de Música no claustro -como el mesmo o define-, a súa cámara fotográfica descubre con sor¬presa as diversas expresións e propostas artísticas do festival nestes 10 anos, recolléndoas nunha exposición de fotografía, "INSTANTES DE MÚSICA NO CLAUSTRO".

    A creación fotográfica de José Luis poderá ser contemplada na Fototeca Estudio-taller o xoves 7 e xenres 8, das 9:30 ás 13.30h. e das 20:30 ás 21:30h, o Sábado 9 das 12 ás 13:30h, e o Domingo 10 será a clausura ás 13h. Ademais o mañá mércores, ás 20.30 terá lugar un encontro co artista.
    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido