Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A CAMPAÑA -SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR-CONVOCA OS SEUS PREMIOS ESCOLARES PARA A EDICIÓN 2014-2015

    Fecha desde el 11 de Noviembre de 2014
    hasta el 27 de Febrero de 2015

    Estes diríxense a todos os centros galegos de Primaria e Secundaria, que deberán elaborar obras de arte a partir de materiais de refugallo

    A campaña autonómica de carácter educativa Separemos ben, reciclaremos mellor 2014-2015 convocou os seus premios escolares, aos que poderán presentar as súas candidaturas todos os centros galegos de Primaria e Secundaria.

    A pretensión desta iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Sogama, e que conta co apoio e respaldo de Ecoembes, Ecovidrio e os sistemas integrados de xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP), non é outra que incentivar a participación da comunidade educativa nas boas prácticas ambientais vinculadas ao principio comunitario dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), facendo especial fincapé na recollida selectiva dos envases lixeiros –envases de plástico, latas e briks- (contedor amarelo), dos de cartón e papel (azul), dos envases de vidro (iglú verde), das pilas e baterías usadas, así como da fracción resto, cuxo destino, en función do área xeográfica de influencia, debe ser as plantas de tratamento de Sogama, ou de Nostián e Lousame, para a fracción orgánica.

    Tanto no que caso de Primaria como no de Secundaria, ínstase aos alumnos a realizar unha obra de arte con materiais de refugallo, traballo co que poderán dar renda solta á súa imaxinación, apostando igualmente pola innovación. Serán os propios colexios os encargados de elixir a obra que finalmente os represente e que deberán acreditar mediante o envío, á organización, dun máximo de 5 fotografías en formato .jpg, xunto co título do traballo e unha breve descrición do proceso de elaboración e materiais empregados.

    Para estimular a participación de pequenos e mozos, establécense dous tipos de galardóns: un específico destinado ao centro ao que pertenza o alumno premiado, e que consistirá na dotación dun vale canxeable por valor de 700 euros para material didáctico e escolar, e outro destinado ao propio estudante ou grupo de estudantes gañadores (máximo de tres), e que se traducirá nun e-book ou similar.

    O envío das candidaturas deberá realizarse ao correo electrónico da Consellería de Medio Ambiente, Territoro e Infraestruturas concurso.separemos.cmati@xunta.es, debendo especificar no asunto “Concurso Escolar (de Primaria ou ESO), Campaña Educativa –Separemos ben, reciclaremos mellor”, indicando os datos do centro (nome, enderezo, teléfono e e-mail de contacto, así como portavoz do mesmo).

    Un xurado no que están representados as distintas entidades que promoven a campaña da reciclaxe, é dicir, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Sogama, Ecovidrio Ecopilas, Ecolec e ERP, será o encargado de valorar e avaliar as distintas candidaturas, designando aos gañadores de cada categoría.

    O prazo para a presentación de propostas conclúe o 27 de febreiro de 2015.

    Ampliar contenido
  • O CONCELLO DE TUI PROMOVE UN CURSO DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2014
    hasta el 09 de Enero de 2015

    O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, probablemente os mércores de 18.30 a 20.00 horas.

    O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, organiza para o mes de xaneiro un curso de "Deshabituación Tabáquica". Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose as dependencias de Servicios Sociais ou no teléfono 986603625. O prazo remata o día 9 de xaneiro. Poderán asistir todos os fumadores maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar. Este é un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono.

    O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, probablemente os mércores de 18.30 a 20.00 horas. Durante o mes de xaneiro farase unha primeira entrevista coa terapeuta, o curso dará comezo o día 28 de xaneiro. Necesitase un número mínimo de 12 persoas para poder levalo a cabo.

    Dende a Concellería de Servizos Sociais anímase a todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar e non o conseguen, a participar neste curso pois, en palabras da concelleira Olga Montes Moldes, este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo.

    Ampliar contenido
  • A EUROCIDADE TUI-VALENÇA CELEBRA O NADAL CUNHA PROGRAMACIÓN CONXUNTA

    Fecha desde el 06 de Diciembre de 2014
    hasta el 05 de Enero de 2015

    A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, xunto aos concelleiros José Ángel Villaverde de Tui, e José Monte de Valença.

    Máis dunha vintena de actividades son as que se van desenvolver na Eurocidade Tui-Valença co gallo das festas de Nadal. Esta programación conxunta vén recollida nun tríptico presentado no Concello de Tui no que de xeito práctico e sinxelo que se recolle o calendario de actos a celebrar.

    A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, xunto aos concelleiros José Ángel Villaverde de Tui, e José Monte de Valença.

    O concelleiro José Ángel Villaverde destacaba o feito de que é a primeira vez que se recolle nunha axenda a programación de Nadal da Eurocidade. O vereador José Monte destacou a ampla e variada oferta que se presenta nun programa no que colaboran distintas entidades.

    O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, destacaba o feito de que é a primeira vez que dúas cidade de dous países presentan unha programación conxunta na época de Nadal.

    Por último o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou a importancia de continuar no camiño de colaboración iniciado polas dúas cidades cunhas actividades que favorecerán o consumo e embelecerán se cabe máis os dous municipios.

    Co logotipo da Eurocidade coas cores de Portugal ou de Galicia sinálase o lugar onde se van celebrar as actividades previstas. Entre a oferta da Eurocidade para estas festas do Nadal están por unha banda a visita ás exposición vinculadas a estas datas. Así en Tui poderemos visitar a exposición de beléns na Catedral de Tui establecéndose amais un roteiro polos nacemento neste e noutros tempos da cidade. Xa en Valença as mostras céntranse no "Ciclo litúrxico do Nadal", unha mostra colectiva de beléns e outra de beléns artesanais e outros ocuparán as rúas, xunto outra de escultura en troncos.

    Este próximo sábado, 6 de decembro, terá lugar o acendido do alumeado de Nadal nas dúas cidades. E esta fin de semana abrirá na Praça da República de Valença a "Quinta do Pai Natal". Non faltarán as citas gastronómicas cun obradoiro de cociña saudable ou unha feira de doces e licores en terras valencianas. A música terá protagonismo destacado con concertos de Nadal da Asociación Cultural de Verdoejo, do Conservatorio e da Escola de Música, así coma da Coral da S.I. Catedral ou do Coro Polifónico de Verdoejo. Amais o Concerto de Fin de Ano celebrarase no Teatro Municipal de Tui o venres 26 ás 21h a cargo da Coral da S.I. Catedral e da Banda de Música Popular de Tui.
    Outras citas neste Nadal na Eurocidade serán coas recreacións dos beléns en Valença, co III Mercado de Nadal na Praza de San Fernando en Tui o 21 decembro, ou coa visita guiada á iconografía do Nadal nos monumentos tudenses.

    A programación culminará o 5 de xaneiro coa Cabalgata Internacional de Reis que sairá ás 17h de Valença e rematará dúas horas despois no Paseo da Corredoira en Tui.

    Ampliar contenido
  • PISTA DE GELO EM VILA PRAIA DE ÂNCORA ATÉ AO DÍA 11 DE JANEIRO

    Fecha desde el 05 de Diciembre de 2014
    hasta el 11 de Enero de 2015

    A pista de gelo vai funcionar até ao dia 11 de janeiro

    A pista de gelo "Âncora On Ice" abriu portas sexta-feira, dia 5 de dezembro. Esta é a grande novidade da programação de Natal no Município de Caminha

    Até 11 de janeiro, todos os caminhos vão dar à pista de gelo que já está colocada no Parque Dr. Ramos Pereira, em Vila Praia de Âncora. Trata-se de uma pista de gelo natural com 200 m₂. A iniciativa destina-se a maiores de quatro anos de idade. A pista de gelo conta também com monitores que auxiliarão todos os que necessitarem e vai funcionar de segunda a quinta-feira das 10h00 às 20h00 e de sexta-feira a domingo das 10h00 às 00h00. O custo por pessoa é de 2,5 € cada meia hora.

    Para além da pista de gelo, a animação do espaço envolvente também está garantida com a Casinha do Pai Natal, onde miúdos e graúdos podem tirar fotografias com o Pai Natal e ainda o Marco do Correio, onde as crianças podem deixar mensagens ou cartas ao "senhor das barbas".

    A Câmara Municipal apostou numa forte programação para o Natal e fim de ano, capaz de atrair pessoas ao concelho, mas suscetível também de "agitar" a economia local. Exemplos disso são: a pista de gelo, o concerto de Bruno Nogueira, o Fitas de Natal, o espetáculo: AMFF canta o Natal, os concertos de Natal a cargo do Orfeão de Vila Praia de Âncora e a passagem de ano com João Paulo Rodrigues são alguns dos momentos que vão marcar os últimos dias do ano no concelho.

    Ampliar contenido
  • A MAGIA DO NATAL CHEGA A VALENÇA

    Fecha desde el 13 de Diciembre de 2014
    hasta el 06 de Enero de 2015

    O Pai Natal de Valença vai oferecer um um conjunto de surpresas que vão fazer as delicias dos mais novos e encantar os adultos. A Quinta do Pai Natal convida os mais novos e as famílias a viverem quatro dias mágicos em Valença. O Pai Natal vai esperar pel

    O Pai Natal de Valença vai oferecer um um conjunto de surpresas que vão fazer as delicias dos mais novos e encantar os adultos. A Quinta do Pai Natal convida os mais novos e as famílias a viverem quatro dias mágicos em Valença.

    O Pai Natal vai esperar pelos meninos e meninas em 6, 7 e 8 de dezembro, com a sua Quinta do Pai Natal na Praça da República, na Fortaleza e no dia 13 de dezembro na rotunda do Lepanto, entre a avenida de São Teotónio e do Colégio Português, entre as 14h00 e as 19h00.

    As crianças poderão interagir com o Pai Natal, sentado no seu cadeirão e outras figuras de natal bem como tirar fotografias. Ateliês de pintura facial, manualidades como "A Minha estrela de Natal", "Ponteiras de Lápis Natalícias", "Sou um Duende", Carta ao Pai Natal, música e muita animação são algumas das atividades referência que completam esta iniciativa.

    Esta é uma oportunidade singular de vir até Valença, sentir e viver a magia do Natal, apreciar o ambiente especial da animação natalícia que já é uma referência na região e fator de promoção do comércio tradicional, da hotelaria e da cultura valenciana.

    A Quinta do Pai Natal faz parte do programa de animação da Valença Cidade Presépio, de que se destaca, ainda, a iluminação artística, a mostra coletiva de presépios até 6 de Janeiro, com centenas de presépios em montras comerciais e praças, as compras de Natal com prémios, os concertos, as recriações históricas, a Cavalgata Internacional de Reis e a Festa dos Reis da TVI.

    Jorge Salgueiro Mendes, "A animação de Natal reforça a atratividade da cidade nesta época do ano e é um convite a visitar, a sentir, a viver e a comprar no emblemático comércio tradicional.".
    Ampliar contenido
  • CABALGATA DE REIS MAGOS NA AXENDA DE NADAL EN A GUARDA

    Fecha desde el 13 de Diciembre de 2014
    hasta el 05 de Enero de 2015

    Programación de actividades do 13 de Decembro ó 5 de Xaneiro

    13-14 DE DECEMBRO

                FEIRA DE ARTESANÍA: ARTE NO NADAL 

                Na Alameda de 11 a 20h.

             Con obradoiros de artesanía e oficios para os máis pequenos.

                Organiza: +K Arte (Asociación de artesáns, oficios e producción creativa). Colabora: Concello da Guarda

    18 DE DECEMBRO

                FESTIVAL DE FIN DE CURSO DO CONSERVATORIO

                No Centro Cultural ás 20,15h.

    19 DE DECEMBRO

                VII FESTIVAL DE NADAL DE PANDEREITEIRAS.

             Coa participación dos grupos: Tambaluca, Agrupación Cultural Guardesa, Caramuxiñas e Arghaceiras do Muño (da Asoc. Vento Mareiro) e Xamaraina, Carainas e Coiro Vello (da Asoc. Xamaraina)

             No Centro Cultural ás 21h.

    21 DE DECEMBRO

                TORNEO DE MINIBASKET DA ESCOLA MUNICIPAL DE BALONCESTO

             No Pavillón de Solanas ás 10h.

             Organiza: Concello da Guarda e Club de Baloncesto de Baiona

    22 DE DECEMBRO

                INSCRICIÓN COMO PAXE PARA A CABALGATA DE REIS.

             Na Casa dos Alonsos ás 11h.

    22, 23, 26, 29, 30 DE DECEMBRO E 2 DE XANEIRO

                "NADAL NA AUGA". Actividades lúdico- acuáticas para nenos entre 6 e 16 anos.

             De 11,30h. A 13,30h. Na Piscina Municipal da Guarda.

             Máis información e inscrición en OMIX A GUARDA (986 614546; informacion@aguarda.es)

    23 DE DECEMBRO

    Pola mañán:

                CHOCOLATE DE NADAL, NA PRAZA DE ABASTOS

    Pola tarde:

                CINEMA INFANTIL: EL ORIGEN DE LOS GUARDIANES

                No Centro Cultural ás 17,30h.

    26 DE DECEMBRO

                CINEMA DE INVERNO "IN TIME" (EEUU, 2011, 109min.)

                No Centro Cultural ás 20,30h.

    27 DE DECEMBRO

                TORNEO DE NADAL DE FÚTBOL

             No Estadio Municipal A Sangriña

                TEATRO: "O FANTABULOSO CINEMA AMBULANTE DOS IRMÁNS LUMIEIRA"

                No Centro Cultural ás 20h.

             Acceso de Balde. Necesario retirar ticket de entrada nos días previos.

    28 DE DECEMBRO

                III REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA: ANDAINA E CARREIRAS POPULARES.

             A partir das 10h. No Porto da Guarda.

             Organiza: Concello da Guarda en colaboración con Sociedade Atlética do Trega, Cruz Vermella Baixo Miño, Asoc. Conrazones, Asoc. San Vicente Paul e Banco de alimentos do Concello da Guarda.

    30 DE DECEMBRO

                CINEMA INFANTIL: LOS CROODS

                No Centro Cultural ás 17,30h.

    3 DE XANEIRO

    Pola mañán:

                CHOCOLATE DE NADAL NA PRAZA DE ABASTOS

    Pola tarde:  

                ESPECTÁCULO FAMILIAR: "AS FABULOSAS VIAXES DE WILSON E FABRICE".

    Contacontos ilustrados con debuxos de area.

                No Centro Cultural ás 17,30h.

                Acceso de Balde. Necesario retirar ticket de entrada nos días previos.          

    5 DE XANEIRO

                CABALGATA DE REIS

                A partires das 18h.

             Percorrido entre a Alameda e a Casa dos Alonsos, onde se celebrará a Recepción Real. Contaremos coa participación do Grupo de Gaitas da 3ª Idade, da Charanga Os Zanfonos e dos Paxes Reais.

             En caso de choiva realizarase a Recepción Real na Casa dos Alonsos.

     

    ................................................................

     

    Ademáis desta programación haberá animación musical polas rúas e comercios da vila os días 23, 27 e 30 de decembro e 3 de xaneiro, da man dos grupos OS ZANFONOS E PANDERETEIRAS DE XAMARAINA.

    Ampliar contenido
  • CABALGATA DE REIS MAGOS EN TOMIÑO

    Fecha desde el 14 de Diciembre de 2014
    hasta el 05 de Enero de 2015

    O pavillón polideportivo da Carballa acollerá unha gran festa infantil e a Casa da Cultura, o Concerto de Ano Novo

    A Concellaría de Cultura organiza unha programación de Nadal chea de actos. Panxoliñas, obradoiros infantís, teatro familiar, concerto de Ano Novo e cabalgata de Reis son só algunhas das actividades propostas para estas datas.

    A programación iníciase o vindeiro domingo, 14, co espectáculos Panxoliñas Nadal Coral, na Casa da Cultura, ás 18.00 horas.

    O sábado 20 de decembro terá lugar el Festival de Nadal Virxe do Alivio, tamén na Casa da Cultura, ás 20.00 horas.

    O luns 22, Obradoiro Interxeracional de Agasallos de Nadal, no Centro de Día de Tomiño, entre as 11.00 e as 12.00 horas, con persoas maiores e nenos (de 6 a 12 anos).Para participar é necesario inscribirse no Concello.

    A programación continúa o sábado 27 de decembro, co espectáculo "Holy Night", con entrada de 3 euros para os adultos e nenos/as gratis. Na Casa da Cultura ás 18.00 horas.

    O domingo 28, teatro cos "Tres porquiños", da compañía Educa Teatro. Tamén na Casa da Cultura, ás 18.00 horas. Adultos: 3 euros. Nenos/as de balde.

    Luns 29 e martes 30 haberá gran Festa Infantil no pavillón da Carballa, con sorteo de agasallos. Entre as catro e as oito da tarde.

    No mes de xaneiro, continúa a programación de Nadal. O venres 2, celebrarase o obradoiro "Un agasallo para os avós", con Migallas Teatro. Será na Casa da Cultura, entre as 17.30 e as 19.30, sendo preciso apuntarse previamente no Concello.

    Ese mesmo día, gran Concerto de Ano Novo co Coro Passionato. Casa da Cultura, 20.00 horas.

    O sábado 3 de xaneiro, teatro con "A nena e o grilo nun barquiño", de Urdime. Propostas culturais para a infancia e a xuventude". Casa da Cultura, 18.00 horas. Adultos, 3 euros. Nenos/as, de balde.

    O domingo 4, maxia e teatro con "O pequeno mago", tamén na Casa da Cultura, ás 18.00 horas.

    Finalmente, o luns 5 de xaneiro, será a Cabalgata de Reis, con saída dende o Campo do Alivio, ás 16.30 horas. As súas Maxestades recibirán aos pequenos/as e haberá sorteo de agasallos.

    Organiza Concello de Tomiño coa colaboración das asociacións Vontade, Avelaíña, Adeto e voluntarios da OMIX.
    Ampliar contenido
  • ABERTO O PRAZO PARA RENOVAR OS POSTOS NO MERCADO SEMANAL DOS XOVES EN TUI ATA O 10 DE XANEIRO

    Fecha desde el 18 de Diciembre de 2014
    hasta el 10 de Enero de 2015

    O Concello de Tui lembra que ata o próximo 10 de xaneiro, tal e coma figura na ordenanza municipal, está aberto o prazo para a renovación anual dos postos de venda no Mercado Semanal dos Xoves en Tui.

    O Concello de Tui lembra que ata o próximo 10 de xaneiro, tal e coma figura na ordenanza municipal, está aberto o prazo para a renovación anual dos postos de venda no Mercado Semanal dos Xoves en Tui.

    Tal e coma Regulamento de Venda Ambulante do Concello de Tui as solicitudes presentaranse no modelo normalizado aprobado polo Concello, no que constarán o nome e apelidos, domicilio aos efectos de notificación cando non coincida co habitual, número do Documento Nacional de Identidade e letra de Identificación fiscal ( N.I.F.), ou do Pasaporte en vigor, no seu caso. Tamén debe figurar o tempo polo que se solicita a autorización, o emprazamento no que se pretende exercer a actividade, as mercadorías ou artigos que pretende sexan obxecto da venda, así coma as dimensións do espazo de ocupación indicándose a venda se realizará en posto desmontable ou dende vehículo ou furgón.

    Os solicitantes deben estar dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e, no seu caso, do imposto de actividades económicas; cumprir cos requisitos da regulamentacións de cada tipo de produtos, estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos, así coma satisfacer as taxas e tributos fixados na correspondente ordenanza municipal e dispor de seguro de responsabilidade civil, entre outros.

    A ordenanza completa pódese consultar na páxina web do Concello de Tui (ver ordenanza).

    Ampliar contenido
  • TALLER DE FOTOGRAFÍA NOCTURNA Y LARGA EXPOSICIÓN EN PHOTOTECA B&N

    Fecha desde el 01 de Enero de 2015
    hasta el 21 de Febrero de 2015

    Sábado por la mañana de 10:00 a 14.00 Teoría,visualización de fotos y vídeos

    TALLER DE FOTOGRAFIA NOCTURNA
    Sábado por la mañana de 10:00 a 14.00 Teoría,visualización de fotos y vídeos

    Contenidos:
    1. Definición de fotografía nocturna.
    2. Rasgos generales
    3. Equipo imprescindible
    4. Captar la imagen mediante la exposición.
    5. Diafragma
    6. Obturador
    7. Sensibilidad ISO
    8. Tipos de fotografía nocturna:
    a. Fotografía urbana
    b. Fotografía paisajística
    c. Fotografía "light painting"
    d. Fotografía astronómica.
    9. Técnica en fotografía nocturna:
    10. Composición


    Programa de actividades
    11. Enfoque
    12. Calcular tiempo de exposición
    13. Histograma
    14. Problemas de ruido en digital.
    15. Importancia de las estrellas.
    16. Conocer las fases de la luna.
    17. Precauciones.
    18. Formatos de imagen: RAW, JPG Y TIFF
    19. Hiperfocal
    20. Startrails
    por la tarde de 16:00 a 12 larga exposicon con filtros ND y hora azul
    21 a 22:30h.- Tiempo libre para cenar (Solemos cenar todos juntos)
    22:30 a 4am. Prácticas de fotografía nocturna y light painting
    Domingo de 12 a 14h
    CONTENIDOS DE REVELADO
    1. Visionado de fotografías.
    2. Revelado RAW
    3. Consideraciones previas a la impresión de imágenes.
    4. Solución de dudas.
    5. Máscara de enfoque
    6. Reducción de ruido
    7. Purismo en fotografía
    8. Perfiles de color
    9. Crítica sobre la composición y fuerzas de expresión en la fotografía

    Aprendizaje garantizado
    Programa de actividades
    COMPROMISO POR MI PARTE DE RESOLVER TODAS LAS DUDAS QUE SE
    PLANTEEN DESPUÉS DEL CURSO Y MI ASESORAMIENTO A TODOS LOS
    PARTICIPANTES EL TIEMPO QUE LO NECESITEN

    Dirigido a aquellas personas que quieran iniciarse en el campo de la fotografía nocturna y de larga exposición.

    Equipo necesario

    Cámara fotográfica capaz de exposiciones de (mínimo) 30 segundos con batería a plena carga.
    Tarjeta de memoria vacía
    Trípode
    Linterna con baterías a plena carga
    Reloj, cronómetro o móvil
    Ropa.calzado cómodos y de abrigo
    Equipo recomendable

    Baterías de repuesto para cámara y linterna
    Disparador remoto
    Filtro de densidad neutra del
    Segunda linterna o frontal

    PLAZAS LIMITADAS

    LAS FECHAS DEL TALLER ESTÁN SUJETAS A CAMBIOS POR MAL TIEMPO
    Precio por persona 75€ que se abonarán mínimo 5 días antes del taller.

    Sigue las novedades de este Taller en: https://www.facebook.com/events/1013775441982397/

    PHOTOTECA B&N
    c/tomiño n5 bajo
    36780 la guardia pontevedra
    España
    phototecabn@hotmail.com
    Tlfn:986184846
     
    Ampliar contenido
  • PLAZAS LIBRES PARA EL CURSO DE TÉCNICAS DE MEMORIA Y CONSERVACIÓN DE MEMORIA

    Fecha desde el 03 de Enero de 2015
    hasta el 21 de Enero de 2015

    La Asociación Cultural y Deportiva Atalaya organiza un curso de Técnicas de Memoria e Conservación da Memoria de 30 horas de duración. El curso pertenece al programa de la Diputación Provincial de Pontevedra, Ti tamén contas.

    La Asociación Cultural y Deportiva Atalaya organiza un curso de Técnicas de Memoria e Conservación da Memoria de 30 horas de duración. El curso pertenece al programa de la Diputación Provincial de Pontevedra, Ti tamén contas.
    El programa "Ti tamén contas" tiene por finalidad fomentar el envejecimiento activo y mejorar la calidad de vida de las personas mayores para que establezcan nuevas relaciones sociales y participen en actividades que eleven su estado anímico, potenciando la cooperación social, promoviendo espacios de encuentro e intercambio de experiencias para evitar el aislamiento y las situaciones de soledad.
    La formación se impartirá en las aulas de la casa de acogida de Las Samaritanas en A Gándara y el horario previsto es de 16.30 a 19.30 los miércoles. La fecha de inicio será el día 21 de enero y finalizará el día 25 de marzo.
    Para contactar y reservar plaza, los teléfonos de contacto son:
    699 393 543 y 607 610 706
    Al finalizar la formación se entregará diploma


    En A Guarda a 31 de Diciembre de 2014
    Asociación Cultural y Deportiva Atalaya

    Ampliar contenido
  • O ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL -A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO- DE MAGÍN BLANCO CHEGA Á CASA DA CULTURA DE TOMIÑO

    Fecha desde el 03 de Enero de 2015
    hasta el 03 de Enero de 2015

    Para a xente miúda fai un espectáculogrande e resolve no escenario con achegas de enerxía, calidade e emocións.

    Cando: Sábado 03 de ​xaneiro ás 18h

    Onde: ​Casa da Cultura de Tomiño

    Entradas:​ Adultos 3 €, nenos e nenas de balde.

    "A nena e o grilo nun barquiño" continua, despois de algo mais de un ano de vida, enchendo os teatros, auditorios e prazas de ​música, teatro e sobre todo de imaxinación, da man do xenial creador Magín Blanco: 

    MagínBlanco

    Que Magín

     

    Blanco proceda do pop, e se achegue agora a un público "sen límite de idade" , dálle  certamente  un ar fresco a un espectáculo pensado para os máis cativos. O ex da banda La Rosa ve agora como parte do seu público merma en idadepero conserva intactos, o criterio e a esixencia. Para a xente miúda fai un espectáculogrande e resolve no escenario con achegas de enerxía, calidade e emocións.

    A nena e o grilo nun barquiño

    As aventuras inciden directamente en temáticas xa esbozadas na entrega anterior "a nena e o grilo no país das apertas" , a solidaridade, o respeto hacia a natureza, a identidade, o desenrolo do universo afectivo e a curiosidade por todo o que os rodea .

    A nena e o grilo, interpretados pola actriz Montse Piñón e polo actor PepabloPatinho, integrantes da compañía Teatro Ghazafelhos, irán vivindo singulares aventuras nas que se achegaránao mundo dende a perspectiva mesma dos nenos, sinxela e xenerosa, dramatizando e interactivandocos músicos e co público.

    Nesta nova entrega as historias collen unha dimensión mais importante, pero taménmais próxima a narrativa, sendo as letras das canciónsonde se mantén a intención mais poética.

    O universo musical está mais próximo e directo, aínda que tamén a presenza dos personaxes protagonistas da historia, ao igual que na primeira parte, xogan un papel relevante, co cal decidimos presentalotraballocun espectáculo centrado na música e no teatro.

    Se coa edición do libro-cd pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos e nenas deixándolle para eles un lugar propio no libro onde podan expresarse, é na interpretación das cancións e no espectáculo en directo onde abrimos as portas para que eles poidan crear o seu propio universo e achegar as historias dende a súa propia perspectiva.

    Ampliar contenido
  • A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA DESTINAR 6,2 MILLÓNS DE EUROS PARA CONTRATAR 1.500 DESEMPREGADOS NOS CONCELLOS

    Fecha desde el 03 de Enero de 2015
    hasta el 02 de Febrero de 2015

    Os concellos dispoñen ata o 2 de febreiro de 2015 para solicitar os traballadores; deberán indicar os labores que van realizar e o perfil que precisan.

    A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe as bases do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais, que prevé a contratación duns 1.500 desempregados para traballar nos concellos da provincia.

    Acordou destinar 6,2 millóns de euros para estas contratacións, cunha dobre finalidade: por unha banda, facilitar a inserción laboral de persoas que carecen de emprego e de prestacións; pola outra, facilitarlles ós concellos unha man de obra que precisan e que, ante a escaseza de recursos, lles resulta moi difícil contratar sen o apoio da Deputación.

    O reparto de operarios realizarase en función da poboación dos concellos. A Deputación financiará o custo salarial total, incluída a cotización á seguridade social, dos traballadores, que terán unha xornada laboral de 25 horas semanais. Os contratos serán por un período de seis meses.

    Os concellos dispoñen ata o 2 de febreiro de 2015 para solicitar os traballadores; deberán indicar os labores que van realizar e o perfil que precisan.

    O presidente da Deputación, Rafael Louzán, deu conta hoxe deste acordo plenario e lembrou que ata o 12 de xaneiro está aberto o período de inscrición para que 200 titulados superiores opten a outras tantas bolsas de traballo, durante un ano, nos concellos.

    As titulacións son as que demandaron os propios concellos e van desde titulados en Informática ata Administración e Finanzas, Traballo Social, Xestión Pública, Dereito, Bioloxía, Economía ou Turismo, entre outras.

    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido