Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Autarquia promove 2º edição do Caminho de Santigo de Compostela, a pé e por etapas

    Fecha desde el 26 de Agosto de 2018
    hasta el 24 de Febrero de 2019

    Município e Clube Celtas do Minho avançam com nova realização das seis etapas propostas, sempre no último domingo de cada mês, entre os meses de agosto de 2018 e fevereiro de 2019

    Devido à grande adesão na 1ª edição do Caminho de Santiago por etapas, o Município de Vila Nova de Cerveira, em parceria com o Clube de Celtas do Minho, decidiu apresentar uma 2ª edição a decorrer entre agosto e fevereiro. Limitadas a 50 participantes, inscrições já estão abertas.

    Integrada na atividade ‘Cerveira Saudável' 2018, a experiência lançada em março foi muito bem acolhida pelos ‘caminhantes' inscritos. As vagas disponibilizadas foram de imediato preenchidas, havendo pessoas interessadas em percorrer o Caminho Português da Costa, entre Vila Nova de Cerveira e Santiago.

    Desta forma, Município e Clube Celtas do Minho avançam com nova realização das seis etapas propostas, sempre no último domingo de cada mês, entre os meses de agosto de 2018 e fevereiro de 2019 (com exceção de dezembro).

    No total são 144 quilómetros divididos da seguinte forma:
    • 1ª etapa: dia 26 de agosto, Cerveira - Tuy (25 km)
    • 2ª etapa: dia 30 de setembro, Tuy - Redondela (29 km)
    • 3ª etapa: dia 28 de outubro, Redondela - Pontevedra (24 km)
    • 4ª etapa: dia 25 de novembro, Pontevedra - Caldas de Rei (23 km)
    • 5ª etapa: dia 27 de janeiro, Caldas de Rei - Padrón (19 km)
    • 6ª etapa: dia 24 de fevereiro, Padrón - Santiago (24 km)

    As inscrições são obrigatórias e têm o custo de 6 euros por etapa, sendo limitadas a 50 participantes por cada percurso.

    A primeira etapa tem ponto de encontro na Junta de Freguesia de Gondarém, às 7h30, enquanto que as restantes partidas passam a ser junto ao Centro Coordenador de Transportes de Cerveira, onde o autocarro fará a ligação à última etapa percorrida, havendo regresso assegurado para o final da tarde.
    Ampliar contenido
  • Oito espectáculo de teatro, danza, música e cinema conforman a programación de Outono no Teatro Municipal de Tui

    Fecha desde el 27 de Septiembre de 2018
    hasta el 31 de Diciembre de 2018

    Oito espectáculos conforman a oferta de Outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada no propio teatro.

    Oito espectáculos conforman a oferta de Outono no Teatro Municipal de Tui que foi presentada no propio teatro. Unha actividade que mantén a aposta de calidade, variedade, estabilidade e continuidade marcada ao longo dos últimos anos. Este traballo ten dado coma froito converter a este espazo escénico - que o pasado mes de abril cumpriu 15 anos - nun referente cultural en Galicia e no norte de Portugal, que ten amais colleitado o respaldo do público coma demostra a media de espectadores cada ano.

    Así o destacaron na presentación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto á xerente de Eme2, Mercedes González, ao actor Antonio Durán "Morris", á directora do coro Mistura Vocal, Aloia Martínez, e ao director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Rubén López.

    O alcalde, Carlos Vázquez Padín, lembraba que "Tui ten unha continuidade na súa programación cultural dende hai moitos anos moi importante, cunha calidade e unha constancia, que fai que no mundo da programación cultural Tui teñan un nome recoñecido e este teatro teña un nome". Salientaba amais o rexedor "a calidade, permanencia, constancia e regularidade" da programación que se desenvolve no teatro. Pola súa parte o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, aludiu a calorosa resposta do público que tiveron as actividades do verán que terán continuidade nos eventos que agora se presentan.

    Esta programación conta cun orzamento de 31 mil euros, dos que o 42% son aportados pola AGADIC. Cómpre destacar precisamente que o Teatro Municipal de Tui pertence dende hai quince anos á Rede Galega de Teatros e Auditorios.

    Teatro, cinema, danza e música integran a programación que se abre o venres, 5 de outubro, ás 21.30h coa obra "A leituga" de Eme2 dirixida por Víctor Duplá e protagonizada por Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro, Xosé Barato e Antonio Durán "Morris". A xerente de Eme2 Mercedes González destacou esta mañá que están "moi contentos con este proxecto pola resposta que están a ter do público" nun proposta moi limpa que "si provoca unha reacción no espectador". Esta comedia negra achéganos á cea anual, que co gallo do aniversario do seu pai - que están en coma dende hai anos -, celebran tres irmáns e as súas parellas.

    Mentres Antonio Durán "Morris" un dos actores de "A Leituga" indicaba que se trata dun "espectáculo difícil dende o punto de vista da creación" que da coma resultado unha comedia moi negra que ten moito que ver coa vida. Tamén forma parte do elenco de "Dhogs" a película que se proxectarase o venres, 19 de outubro, e que gañou 13 premios Mestre Mateo e que está a ter un importante percorrido por festivais internacionais. Destacaba "Morris" do filme que se trata dun trilher psicolóxico con personaxes que te atrapan nas distintas secuencias. Amosouse amais moi satisfeito de ter participado na ópera prima de alguén novo, neste caso Andrés Goteira.

    O público infantil poderá gozar de "Rubicundo" da man de Ghazaflehos o xoves, 11 de outubro, ás 20h nunha historia máxica chea de sorpresas protagonizada por Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patiño. O venres, 26 de outubro, será a quenda de "A fiestra dos soños" un espectáculo musical de Trotaventos baseado no libro homónimo e no que sobre o escenario estarán Manuel Boquete, Ramón Feáns, Nadia Fonseca, Roberto Grandal e Dani Riveiro. "Peter Pan y Wendy" é o título da obra que Gemma Viguera e Fernando Moreno de El Perro Azul representarán o mércores, 31 de outubro, ás 20h. Completa a oferta para o público máis novo o espectáculo de danza contemporánea "Gaia" de Entremáns Cía no que Kirenia Celia Martínez e Estefanía Gómez nos descubrirán o poder da terra a través da voz e a danza o venres, 16 de novembro, ás 20h.

    A música estarán tamén presente nesta programación, dirixida xa para o público en xeral, co concerto "Noró" da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o venres, 9 de novembro, ás 21.30h.

    Por último pecha a programación o Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Tui e do coro Mistura Vocal o venres, 21 de decembro, ás 21h. O director do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Rubén López, lembrou o nacemento da Orquestra en 2016 formada por alumnos, exalumnos, e profesores do centro salientando os valores que este proxecto aporta á cidade onde amosan o resultado do traballo e esforzo que realizan. A primeira parte do concerto centrarase na interpretación de bandas sonoras de películas integrando a música en directo cun proxecto audiovisual aproveitando o ciclorama do teatro, xunto co Coro Mistura Vocal. Na segunda parte que abrirá o Coro Mistura Vocal, cunha coidada posta en escena e con sorpresas, como explicaba a súa directora Aloia Martínez, continuarán interpretando un repertorio típico do Nadal onde non faltarán os valses da familia Strauss e a marcha Radetzky.

    As entradas para cada espectáculo poranse á venda unha semana antes do espectáculo en www.culturatui.info ou o mesmo día da función hora e media antes do comezo no despacho de billetes na Área Panorámica. A programación vén recollida no número 36 da axenda Corredoira Cultural.
     
    10T.jpg
    Ampliar contenido
  • Nova proxección este xoves no cineclub Poleiro

    Fecha desde el 04 de Octubre de 2018
    hasta el 10 de Enero de 2019

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

    O próximo xoves , 4 de outubro , o cineclub Poleiro proxecta Custodia compartida, no auditorio de Goián ás 21:30 horas.

    Custodia compartida ,dirixida por Xavier Legrand fala da impotencia das vítimas de maltrato. Comenza coa loita dunha parella sobre a custodia dos dous fillos, de 11 e 18 anos. Un xuiz lee a carta , na que o neno insiste en que non quere ver a seu pai, diante das partes e das suas avogadas. Discuten sobre a falta de probas para sustentalo e a veracidade dos argumentos. A película plantexa se un home que maltrata á súa muller pode ser un bó pai.
    Premios: León de Prata en Venecia, 2017

    O, xoves 8 de novembro, o cineclub Poleiro proxecta Get Out, Déixame sair , unha película estadounidense, de terror ,dirixida por Jordan Peele. Un retrato do racismo en EE.UU, disfrazado de cine de terror. Narra dous dias de desacougo cando unha parella interracial vai presentar o mozo negro, á familia dela, brancos e acomodados.

    O xoves, 3 de decembro chega The Square película sueca dirixida por Rubén Östlum. Trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte, e as reaccións que provoca. Ganou a Palma de Ouro en Cannes, 2017

    O xoves 1o de xaneiro, En cuerpo y alma, comedia húngara , o séptimo traballo da directora Ildycó Enyedi. Unha inusual historia de amor nun lugar inusual,un matadoiro no que traballan os dous protagonistas.

     

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

    BONO DE CATRO PELÍCULAS 10 euros

    ¡Ánimo que xa cumprimos 20 anos e seguimos!

     

    Ampliar contenido
  • -Tritão-de-Ventre-Laranja- e ?Enguia- dão mote a duas exposições no Aquamuseu

    Fecha desde el 19 de Octubre de 2018
    hasta el 31 de Diciembre de 2018

    O Aquamuseu do rio Minho volta a disponibilizar duas exposições temáticas dedicadas a espécies diferentes para proporcionar um conhecimento mais aprofundado de uma parte do património natural existente.

    O Aquamuseu do rio Minho volta a disponibilizar duas exposições temáticas dedicadas a espécies diferentes - "Tritão-de-Ventre-Laranja" e "Enguia" -, mas com o mesmo objetivo: proporcionar um conhecimento mais aprofundado de uma parte do património natural existente.

    Espécie endémica da metade Oeste da Península Ibérica, os tritões-de-ventre-laranja são anfíbios com cauda que ocorrem na maior parte do território continental de Portugal e possuem uma bela e bem visível coloração laranja vivo na sua região ventral. Até 30 de novembro, o Aquamuseu do rio Minho dispõe desta e outras informações numa pequena exposição bimestral em painéis, onde se descreve as características gerais, habitats e os problemas deste anfíbio que se pode encontrar junto de linhas de água pouco poluídas.

    Para este último trimestre de 2018, o Aquamuseu do rio Minho selecionou ainda a enguia como o peixe em destaque. "A Pesca do Meixão no rio Minho" é o nome da exposição que está patente até 31 de dezembro. A mostra proporciona informação sobre as características gerais, distribuição, ameaças, investigação e da pesca do meixão.

     

    Ampliar contenido
  • Continúa na Guarda a terceira edición de -Manual de instrucións para educar-

    Fecha desde el 30 de Octubre de 2018
    hasta el 11 de Diciembre de 2018

    Todas as charlas realizaranse na Casa dos Alonsos en horario de 19:30h a 21:00h e contarase con servizo de canguro de balde.

    O vindeiro martes día 30 de outubro de 2018 a Casa dos Alonsos da Guarda acolle a primeira sesión da terceira edición de «Manual de instrucións para educar», unhas charlas informativas organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e Educación Familiar.

    En total serán 4 charlas, a primeira delas o martes 30 de outubro sobre «Educar con criterio», a segunda o martes 13 de novembro sobre «Límites na intimidade», a terceira o 27 de novembro sobre «Diferentes pero felices» e a última o 11 de decembro sobre «Vivir con sentido».

    A charla do martes 30 de outubro "Educar con criterio" versará sobre os valores que queremos transmitir aos nosos fillos e como facelo. Unha responsabilidade principal de cada familia, en base as súas crenzas, educar en valores, que se traducirán en condutas e actitudes de vida.

    A charla do martes 13 de novembro "Límites na intimidade" falarase sobre o amplo porcentaxe de persoas que sofre abuso na infancia e das estadísticas actuais, que continúan a ser alarmantes. É moi importante como pais e nais estar preparados para previr que algo tan desagradable e con graves consecuencias lles ocorra aos nosos fillos e fillas.

    A charla do martes 27 de novembro "Diferentes pero felices" fará referencia a cando un fillo ou filla non encaixa perfectamente no normativo, cando por algunha razón física ou psicolóxica é diferente. Resulta difícil para eles, xa que aínda que a todos nos gusta ser especiais nalgún sentido, é importante sentirse un máis, integrados e non excluídos, rechazados e sobre todo inferiores. É todo un reto para as familias dar un apoio a estes nenos e nenas, dende a aceptación e a busca de todos os recursos necesarios para que sexan tratados con igualdade.

    A charla do martes 11 de decembro ¨Vivir con sentido", coa que se pecha este ciclo de charlas, tratará sobre a sociedade actual, onde o tema sobre a morte tende a evitarse e sobre todo, cando a causa da mesma é porque un mesmo o ten decidido. O suicidio é unha das principais causas de morte, dando lugar a casos diarios, aínda que estes non se divulguen. Tamén hai casos de suicidio na infancia e máis frecuente na adolescencia. É vital que as nais e pais detecten os síntomas a tempo, axuden aos fillos e fillas a afrontar os seus problemas e tamén xeren no fogar un clima que favoreza as gañas de vivir.

    Todas as charlas realizaranse na Casa dos Alonsos en horario de 19:30h a 21:00h e contarase con servizo de canguro de balde. Máis información na OMIX da Guarda e en Educación familiar nos teléfonos 986610000 e 98661 4507.

    Ampliar contenido
  • A Guarda convida a empresarios e comerciantes a participar na programación de -Comercio Innova Plus-

    Fecha desde el 14 de Noviembre de 2018
    hasta el 12 de Enero de 2019

    A primeira charla terá lugar o luns 26 de novembro en horario de 15:00h a 16:45h

    O Concello da Guarda inicia este mércores unha serie de actividades enmarcadas na Campaña «Comercio Innova Plus», encamiñadas a que o comercio coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas. Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.

    Esta actividade constitúe a continuación do programa «Comercio innova», que rematou o pasado 27 de xuño e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.

    Deste xeito o mércores día 14 de Novembro terá lugar na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda a primeira actividade sobre «Utilización Práctica de Instagram», en horario de 15:30h a 16:30h. Nesta sesión os participantes coñecerán e lle sacarán o máximo rendemento a Instagram, unha das redes sociais con maior aumento de usuarios no pasado ano e que aporta un novo xeito de promocionar produtos e negocios.

    A segunda sesión terá lugar o xoves 15 de Novembro na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda en horario de 15:30h a 16:30h, onde os participantes coñecerán a «Utilización Práctica de Facebook», unha rede social amplamente empregada por usuarios particulares e empresas e que constitúe hoxe en día unha comunidade global de usuarios onde poder ofertar e promocionar os produtos e servizos das empresas.

    Despois destas dúas sesións prácticas realizaranse 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se contará con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas.

    A primeira charla terá lugar o luns 26 de novembro en horario de 15:00h a 16:45h na Casa dos Alonsos, que baixo o título de «Conquistando clientes: Innovacións en comunicación e canles de venda» contará coa ponente María Regueiro Portos, Licenciada en C.C da Información e Executive Master en Dirección Comercial e Marketing, posúe experiencia de máis de 20 anos traballando para empresas como Coca-Cola, Citroën España ou Estrella Galicia.

    A segunda charla realizarase na Casa dos Alonsos o luns 14 de xaneiro en horario de 15:00h a 16:45h e que versará sobre «Novas tendencias en deseño de espazos comerciais», nesta charla contarase coa presenza de Juan Morandeira Vázquez, CEO de Space-Indesign Interiorismo. Responsable de Imaxe de Marca de Caramelo durante 8 anos.

    O luns 21 de xaneiro terá lugar a charla sobre «Innovación no cara a cara co cliente», unha charla que realizarase na Casa dos Alonsos da Guarda en horario de 15:00h a 16:45h. Neste caso a ponente será Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, formadora e desde fai 4 anos ao fronte de Talentea, unha consultora adicada, entre outros, ao deseño e execución de proxectos sobre dinamización comercial.

    Para rematar a programación de «Comercio Innova Plus» o luns 28 de xaneiro terá lugar na Casa dos Alonsos unha charla sobre «Compartindo Talento: Xuntos chégase máis lonxe» a cargo de Mariem Filgueira Pérez, Licenciada en Dirección e Administración de Empresas e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de Proxectos de Consultoría e Innovación en Sherpa Empresarial.

    A campaña conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos.

    Ampliar contenido
  • A Exposicion de fotografia do XII Certame Viaxando chega ao Espazo Xove de Tui

    Fecha desde el 14 de Noviembre de 2018
    hasta el 14 de Diciembre de 2018

    A exposición estará no centro desde o 14 de novembro ao 14 de decembro.

    O Espazo Xove de Tui acolle a exposición das 13 fotografías presentadas ao XII Certame Viaxando, actividade organizada polas OMIX de Gondomar, O Porriño, Salceda de Caselas, Baiona, Tomiño, O Rosal, A Guarda e o Espazo Xove de Tui.

    O gañador da edición de 2018 é Sergio Lorenzo Ares coa fotografía "Comeza a viaxe".

    A exposición estará no centro desde o 14 de novembro ao 14 de decembro.
    Ampliar contenido
  • Continúa en Tomiño a mostra que recolle a represión sobre as mulleres da provincia durante o franquismo

    Fecha desde el 23 de Noviembre de 2018
    hasta el 09 de Diciembre de 2018

    Inclúe a historia dunha ducia de mulleres da comarca do Baixo Miño

    Ata o 9 de decembro a planta superior do Mercado de Tomiño acolle a mostra "Rexas. Mulleres baixo o terror franquista". Esta mostra, organizada pola Deputación, pretende reparar ás vítimas do Alzamento do 1936, e poñerlle rostro e nome a 172 pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e que, ademais, por mor da súa condición de mulleres, foron obxecto de vexacións de corte sexista. A mostra vén de ser aberta nun acto que contou coa presenza do deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, con boa parte dos concelleiros e concelleiras da localidade, coa alcaldesa Sandra González, e coa comisaria da mostra, Montse Fajardo.

    Xosé Leal explicou que "recuperar as historias das mulleres represaliadas é un acto de xustiza para o colectivo habitualmente menos lembrado" e asegurou "que a violencia exercida sobre as mulleres durante o fascismo foi en realidade a violencia de xénero máis extrema". Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, centrouse na importancia de dar a coñecer este tipo de historias, nun percorrido e nun formato accesible para todo tipo de públicos, e nun espazo polo que transitan habitualmente un bo número de persoas. A comisaria da exposición, Montse Fajardo centrouse en explicar que as mulleres foron asasinadas, exiliadas, depuradas, vexadas, e foron vítimas das mesmas tipoloxías de represión que os homes pero que ademais sufriron unha violencia con claros tintes sexistas e foron rapadas, tatuadas e agredidas sexualmente.

    Mulleres represaliadas no Baixo Miño
    A mostra Rexas recolle ademais a historia dunha ducia de mulleres do Baixo Miño. Un exemplo é a historia da tomiñesa Isaura Gómez Pérez, que tras o asasinato do seu home, o líder agrarista Paco de Figueiró, se converteu nun apoio esencial para fuxidos como o deputado Antón Alonso Ríos, para presas como a súa amiga Josefa García Segret, que tamén está presente mostra, ou para as familias perseguidas como a Domínguez Pacheco. Ángel e Antonio Domínguez Pacheco foron asasinados e a súa nai María da Luz Pachecho pasou sete meses no cárcere a pesar da súa idade avanzada. O home da súa filla Lola, o famoso fuxido Juan Noya, foi outra das persoas que recibiron a axuda de Isaura.

    Tamén desta comarca era Evangelina Jaso, que foi fusilada na Alameda de Tui o 24 de abril de 1937 por agochar fuxidos. Os fascistas xa asasinaran pouco despois do golpe, en agosto de 1936, o seu home, José Alonso, o Negro; o seu pai, Enrique Jaso Paz e o seu irmán Enrique, de vinte anos. Tamén asasinaron aos tres fuxidos aos que daba acubillo. Ademais da familia Jaso, a mostra tamén recolle os Fernández Miniño que estaban emparentados cunha das familias da contorna ás que homenaxea Rexas: os Francés. Os fascistas mataron aos irmáns Antonio, José e Eleazar Francés Carpintero e raparon as súas irmás Josefa e Asunción, que ademais estivo presa en Saturrarán tras participar nas barricadas de Teis. Tamén raparon a viúva de Eleazar, Loreto Pereiro. E á viúva de José, Elena Valverde, matáronlle ao seu irmán Víctor e coa mágoa a súa muller, Emilia Rodríguez Sequeiros abortou.

    Outras mulleres solidarias ás que homenaxea Rexas foron Rufina Domínguez Trigo, a quen o fascismo desterrou a Castro Caldelas ademais de requisarlle e queimarlle parte da súa biblioteca, ou María Santiago, nai do alcalde republicano de Tui, Guillermo Vicente, ao que agochou na adega ata que unha enfermidade llo arrebatou. Entón enterrouno ás agachadas coas súas propias mans.

    A historia de 172 mulleres
    A exposición conta as historias de 172 mulleres a través de 78 fotografías. Está dividida en tres bloques, sendo o primeiro o da contextualización histórica, que conta que o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República tanto no relativo ás clases como dende o punto de vista das mulleres, que despois pasaron a ser tuteladas por varón, igrexa ou a sección feminina.A segunda parte da exposición, a máis longa, analiza as diferentes tipoloxías de represión e mostra que, a pesares de que as cifras amosan que os homes son maioría nas listaxes de vítimas, as mulleres non só padeceron as mesmas tipoloxías de represión ca eles, senón que ademais foron obxecto de vexacións de corte sexista aplicadas non só a aquelas cidadás significadas política ou sindicalmente, senón tamén ás familiares de homes perseguidos: foron rapadas, agredidas sexualmente, tatuadas, arrastradas con cordas ou obrigadas a bailar espidas diante da xente. Finalmente, a terceira e última parte da mostra dedícase a recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres, o seu apoio imprescindíbel á guerrilla, aos fuxidos, á xente presa e ás súas familias, ás viúvas e criaturas orfas, así como o seu protagonismo na transmisión da memoria. "
    Ampliar contenido
  • Segue aberto o prazo de inscricións para o Campamento de Nadal 2018 no Rosal

    Fecha desde el 23 de Noviembre de 2018
    hasta el 14 de Diciembre de 2018

    O prazo para presentar as solicitudes será dende o 23 de novembro ata as 14 horas do día 14 de decembro.

    BASES CAMPAMENTO DE NADAL NO ROSAL 2018

    O Concello do Rosal organiza o Campamento de Nadal co principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre tras rematar o período lectivo.

    DESTINATARIOS/AS
    Rapaces e rapazas de entre 4 (nacidos/as no 2014) e 12 anos, cumpridos no momento da inscrición ao campamento que reúnan as seguintes circunstancias:
    • Empadroados/as no Rosal (comprobarase que os menores inscritos/as están empadroados no concello)
    • Non empadroados/as no Rosal pero que o seu pai, nai, titor, titora traballe ou posúa un negocio no Rosal.

    NÚMERO DE PRAZAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN
    O número de prazas ofertadas son 15. A actividade desenvolverase en instalacións municipais.

    DURACIÓN E HORARIO
    O campamento desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 9:00 a 14 :00 horas.
    PREZO: O campamento de nadal é gratuito.

    SELECCIÓN DE PARTICIPANTES
    No caso de que se superen o número de prazas ofertadas valoraranse os seguintes aspectos:
    • Pai /nai / titor / titora do/a menor estean traballando.
    • Pertencer a unha familia monoparental
    • Pertencer a familia numerosa

    No caso de igualdade de condicións entre varias solicitudes terase en conta a orde de inscrición da solicitude.
    O Concello do Rosal reservará un número de prazas para colectivos en situación de especial vulnerabilidade se así o estima oportuno.

    BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES
    A puntuación por cada unha destas circunstancias, debidamente acreditadas, será a seguinte:

    • Por traballo de ambos membros da parella ou titores legais: 2 puntos.
    • Por traballo dun dos membros ou titores: 1 punto.
    • Por pertencer a familia monoparental: 2 puntos.
    • Por pertencer a familia numerosa: 2 puntos.
    A máxima puntuación será de 5 puntos.

    INSCRICIÓNS E DOCUMENTACIÓN
    O prazo para presentar as solicitudes será dende o 23 de novembro ata as 14 horas do día 14 de decembro.
    As solicitudes recolleranse na OMIX do Concello do Rosal ou na web do concello www.concellodorosal.es e presentaranse no Rexistro municipal xunto coa seguinte documentación:
    • Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do/a menor
    • Fotocopia do libro de familia
    • Copia dos contratos de traballo ou certificado vida laboral ou certificado da empresa. No seu defecto declaración xurada do pai/nai/ titor/titora do/a menor indicando empresa e tempo de duración do traballo
    • No caso de familia monoparental, documentación oficial acreditativa da súa situación
    • No caso de familia numerosa, título de familia numerosa

    OUTRA DOCUMENTACIÓN
    Toda documentación relevante sobre datos médicos (enfermidades, alerxias,...) que sexa precisa coñecer para o bo desenvolvemento da actividade.

    ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS. ASISTENCIA. NORMAS.
    O Concello elaborará unha listaxe de adxudicatarios/as das prazas así como unha listaxe de reserva. No caso de renuncia, a listaxe irá correndo segundo orde numérica.


    A concesión da praza implica a asistencia a actividade polo que as faltas non xustificadas e reiteradas significarán a perda da mesma.
    Os participantes do campamento que non acaten as normas de convivencia, educación e respetos polo material e/ou compañeiros e monitores poderán ser expulsados.


    O Rosal, novembro de 2018.

    Ampliar contenido
  • Tomiño aproba as Bases da Cabalgata de Reis 2019

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2018
    hasta el 07 de Diciembre de 2018

    O desfile será o día 5 de xaneiro, con saída ás 16.30 horas dende O Alivio, co percorrido habitual.

    A Xunta de Goberno Local do Concello de Tomiño, aprobou onte por unanimidade, as bases para a organización da Cabalgata de Reis 2019. O obxectivo destas bases é regular a participación no desfile a través de carrozas, das entidades ou asociacións sen ánimo de lucro rexistradas no Concello.

    O desfile será o día 5 de xaneiro, con saída ás 16.30 horas dende O Alivio, co percorrido habitual. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellaría de Cultura.

    Para solicitar a participación, as asociacións deberán presentar na Sede Electrónica do Concello (na páxina web: tomino.gal) o formulario habilitado para tal fin, entre os días 3 e 7 de decembro de 2018.

    Para máis información, presentación de documentación e solicitude, visitar a páxina web do Concello no enderezo "tomino.gal "
    Ampliar contenido
  • Unidade Móbil de inspección técnica de Turismos na Guarda

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2018
    hasta el 17 de Diciembre de 2018

    A Unidade Móbil de inspección técnica de TURISMOS desprazarase ao Concello de A GUARDA do 03/12/2018 ao 05/12/2018 e do 10/12/2018 ao 17/12/2018 na Estación de Servizo San Roque (A Guarda).

    A Unidade Móbil de inspección técnica de TURISMOS desprazarase ao Concello de A GUARDA do 03/12/2018 ao 05/12/2018 e do 10/12/2018 ao 17/12/2018 na Estación de Servizo San Roque (A Guarda).

    O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:

    17/12/2018 que será horario só de mañá

    Para solicitar cita previa:

    Por teléfono: 902 30 90 00
    A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

    NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

    Ampliar contenido
  • A maxia do Nadal chega á A Guarda do 5 de decembro ao 6 de Xaneiro

    Fecha desde el 05 de Diciembre de 2018
    hasta el 06 de Enero de 2019

    Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na

    O Nadal chega á Guarda cunha extensa e variada programación de actividades que se presentaron este venres día 30 de novembro por parte da Concelleira de Cultura, Elena Baz; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes.

     

    Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

     

    A programación de actividades arrancan xa o mércores 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal ás 20:30h na Praza do Reló, dende as 20:00h contarase con animación de rúa a cargo de Barafunda cos espectáculos "A xogar cos Trasnos" e "Lolo Globotolo".  "A xogar cos Trasnos" é unha gran festa chea de cor e de sorrisos onde os nenos e nenas poderán bailar coma tolos e xogar coa música, un espectáculo de movemento interactivo con xogos, cancións de animación, globos e moita diversión. "Lolo Globotolo" é o pallaso Lolo, fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá ós máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gag divertidos, un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público sentirase parte integrante do espectáculo, ideal para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.

    Tamén o 5 de decembro publicarase na web municipal www.aguarda.es o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, explicarase como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos obradoiros que terán lugar os días 10(en horario de 20:30 a 22:30h)  e 15(de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.

    Dende o mércores 12 de decembro 11 asociacións e colectivos da vila encargaranse de engalanar diferentes espazos públicos da Guarda dentro da actividade "Decora o teu Nadal", unha proposta que xa tivo gran repercusión nos anos anteriores e que se repite este ano para retomar a maxia do Nadal nas prazas da vila.

    O Xoves 13 de decembro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acollerá un Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, onde contarase coa actuación do Coro do Conservatorio, unha nova proposta que xurde este ano contando coa participación dos alumnos do Conservatorio e que será o seu concerto de presentación.

     

    O Venres 14 de decembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle a Bebeteca de Nadal, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade que terá lugar ás 18:00h.

    O Sábado 15 de decembro será o día no que se inscribirán todos aqueles nenos e nenas que desexen participar na Cabalgata de Reis. Para inscribirse é preciso que cada neno ou nena vaia ao Centro Cultural dende as 10:00h acompañado sempre dun adulto(1 por neno/a). Os participantes deberán de ter, mínimo 8 anos de idade e cumprimentar a solicitude por parte dos pais ou titores legais, as follas de inscrición e as bases reguladoras estarán a disposición nos días previos no Centro Cultural e no Concello da Guarda.

    Tamén o Sábado 15 celebrarase o Festival Solidario a favor da Fundación Las Samaritanas da Guarda a partires das 20:00h no Centro Cultural. Nesta edición contarase coas actuacións do Grupo de Baile Xamaraina, o Grupo de Baile Studio 88, O Grupo de Gaitas A Boalleira, o Grupo de Baile Do-Majó e o grupo de Acordeóns Argonat Band. Unha oportunidade para colaborar nunha boa causa.

    O martes 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas custarán 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O horario de Luns a venres será de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

    Todos aqueles comercios que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

    O Xoves 20 de decembro ás 20:00h o Centro Cultural da Guarda será o escenario do Concerto de Nadal do Conservatorio no que se contará coas actuacións do Coro do Conservatorio, actuacións musicais dos alumnos de grao elemental, da Banda de Iniciación e da Agrupación Musical da Guarda.

    O Venres 21 de decembro a partires das 20:30h o Centro Cultural da Guarda acollerá o Concerto de Nadal de Pandereteiras, unha cita coa música máis tradicional onde cada grupo tocará unha peza tradicional e unha panxoliña ou cantar de Reis. Contarase coas actuacións de grupos da Guarda como Carainas, Coiro Vello, Paliqueiras, Tambaluca, Pandereteiras do Lusco ó Fusco, Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa, Caramuxiñas e Arghaceiras do Muño.

    O Sábado 22 de Decembro a Charanga "Vaia Panda" será a encargada de animar e dinamizar as rúas da Guarda de 11:00h a 13:00h, momento en que moitos veciños aproveitan para facer as compras de Nadal.

    Tamén na xornada do 22 de decembro, ás 11:30h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle unha sesión de "Contos Contados" adicada ao Nadal, onde nenos, nenas e familias contarán os tradicionais contos dos avós, ademais de participar nun obradoiro para decorar a árbore de Nadal da Biblioteca.

    Xa pola tarde, ás 17:30h deste sábado día 22, o Centro Cultural será o escenario da proxección de Cinema infantil "Coco", a historia dun neno que quere ser músico, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

    O domingo 23 de decembro a Igrexa Parroquial acolle dende as 17:00h o tradicional Concerto de Panxoliñas no día previo á noite de Nadal, un evento musical que contará nesta edición coa actuación da Coral Polifónica da Guarda, o Grupo Antorcha, o Coro Infantil dos PP. Somascos, o Coro Arpegios Cantábile e a Coral da Terceira Idade.

    O Mércores 26 de decembro a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro infantil "Decora o teu Concello" no que nenos e nenas da vila participarán na decoración de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, é preciso inscribirse previamente do 10 ao 19 de decembro no Centro Cultural.

    O Xoves 27 de decembro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo "Do Lusco ó Fusco" de 11:00h a 13:00h, unha maneira de dinamizar e incentivar as compras na vila, ademais contarase con chocolate quente de balde para todos os que visiten o Mercado da Praza de Abastos da localidade.

    Xa pola tarde do xoves 27 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural acolle a sesión de teatro "Tristán" a cargo da compañía Elegante Elefante, as entradas estarán dispoñibles dende o 17 de decembro no Centro Cultural. "Tristán" é un espectáculo visual dirixido ao público infantil dos 3 aos 12 anos, unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos e os personaxes falan nunha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

    Tamén o xoves 27 de decembro a Cafetería Alameda acolle ás 20:30h a segunda Barferencia de Inverno 2018, onde contarase coa presenza de Brais Currás e Mar Cortegoso, que falarán sobre as Paisaxes de sal na Costa Atlántica, ámbolos dous participaron e coordinaron as escavacións arqueolóxicas realizadas recentemente nas Salinas do Seixal baixo o Proxecto "A Guarda, Mar de Sal".

    O venres 28 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión "Route 66" de Teatro-Clown musical para adultos da Compañía Blues Grampas, unha compañía de teatro en clave de clown musical composta por dous recoñecidos actores de longa traxectoria e experiencia no panorama escénico galego: Juanillo Esteban  e Carlos Sante. Inicio ás 21:00h, recollida previa de entradas dende o 17 de decembro no Centro Cultural da Guarda.

    Para o sábado día 29 de decembro, a Charanga "Vaia Panda" será a encargada da amenización musical das rúas da vila entre as 11:00h e as 13:00h.

    Tamén o sábado 29 de decembro ás 12:00h o Centro Cultural da Guarda será o escenario dunha visita moi especial para os nenos nesta tempada de Nadal, "O Apalpador". Neste espectáculo, para público familiar a partires dos 3 anos, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba únicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas. Retirada previa de entradas dende o 17 de decembro no Centro Cultural.

    Xa no mes de Xaneiro o Mércores día 2 a Casa dos Alonso acolle o Obradoiro infantil "Decora a túa casa" no que nenos e nenas da vila aprenderán a realizar adornos de Nadal, nunha actividade de 2 horas de duración para un máximo 15 nenos e nenas, é preciso inscribirse previamente do 10 ao 19 de decembro no Centro Cultural.

    Na xornada do xoves día 3 de xaneiro continúa a animación musical de rúa a cargo do grupo "Do Lusco ó Fusco" de 11:00h a 13:00h, visitando o Mercado da Praza de Abastos, que acolle este día unha chocolatada de balde.

    O xoves 3 pola tarde o Centro Cultural acolle unha nova sesión de cinema infantil coa proxección de "Capitán Calzoncillos" ás 17:30h, un filme para público infantil onde dous rapaces gozan facendo bromas e debuxando cómics na súa escola, unha actividade enfocada a conciliación laboral que permitirá que os pais e nais teñan un tempo libre para facer compras na vila.

    As súas Maxestades de Oriente visitarán o venres 4 de xaneiro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o Grupo Do Lusco ó Fusco, ademais de contar coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

    O Sábado día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá lugar ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, 5 asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para terminar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos.Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas.

    Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

    Ampliar contenido
  • O Rosal acolle este luns a San Silvestre 2018

    Fecha desde el 01 de Diciembre de 2018
    hasta el 31 de Diciembre de 2018

    Este ano contarase cunha carreira e tamén cunha andaina

    O Rosal acolle o vindeiro 31 de decembro a San Silvestre 2018.A proba celebrarase o 31 de Decembro de 2018; ás 11:00h realizarase a andaina e a carreira non competitiva estimando que nunha hora estará rematada a san silvestre. A saída e meta estarán situadas na Praza do Calvario.

    A andaina terá 2.300 metros para os máis pequenos e a carreira non competitiva terá 4.000 metros discorrendo polas seguintes vías:
    Percorrido de 4000 metros: Saída dende a Praza do Calvario pola rúa Simón del Mazo, Rúa dos Castros, Rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Camiño da Laxe, Camiño Tiarxo, Camiño Laxe do Campo, Camiño a Morraceira, Estrada da Morraceira, Estrada de Furnos, Camiño Pampaloas, Camiño Campo da Feira, Rúa Simón del Mazo e Praza do Calvario

    Percorrido de 2.300 Metros: Saída da Praza do Calvario pola rúa Simón del Mazo, Rúa dos Castros, Rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Estrada da Morraceira, Camiño Campo da Feira, Rúa Simón del Mazo e Praza do Calvario

    A proba rexerase por categorías unicamente para poder optar ós sorteo dos premio pero non para a carreira:
    Non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará á participación seguindo as seguintes categorías para efectuar o sorteo dos premios.
    Categoría Infantil : de 0 a 14 anos
    - De 0 a 5 anos (non participan no sorteo)
    - De 6 a 10 anos
    - De 11 a 14 anos
    Categoría Xuvenil - Adulto:
    - De 15 a 20
    - De 21 en adiante.

    O prazo de inscrición será ata o 26 de decembro, e realizarase no Concello do Rosal. No momento de realizar a inscrición aboarase a cota.

    A cota de inscrición é de 2€ para tódolos participantes.

     

    Ampliar contenido
  • O Concelho de Caminha aposta numa Agenda Natal diversificada

    Fecha desde el 03 de Diciembre de 2018
    hasta el 31 de Diciembre de 2018

    O concelho de Caminha prepara-se para viver uma Época Natalícia mágica.

    O concelho de Caminha prepara-se para viver uma Época Natalícia mágica. Com uma Agenda Natal diversificada, são muitas as possibilidades que o município tem para oferecer até ao início de 2019: I São Silvestre Caminhense, Presépio ao Vivo, Concertos de Natal e Ano Novo, cinema, Passeio de Pai Natal em Bicicleta, corrida e caminhada, Mercado de Natal, Rota da Rabanada, espetáculo de fim de ano. Para o município os objetivos são fazer do concelho a primeira escolha como destino de férias e potenciar a economia local.


    A Agenda Natal 2018 aposta numa programação forte e variada, com alguns destaques, como é o caso da corrida e caminhada I São Silvestre Caminhense. O sábado, 1 de dezembro, ao final da tarde, as ruas de Caminha e de Vila Praia de Âncora vão ser iluminadas para bem receberem os caminhenses e visitantes, convidando-os a passear pelas artérias numa época que se quer mágica. Em Caminha, a inauguração da iluminação de Natal decorrerá pelas 18H30, e, em Vila Praia de Âncora, pelas 19H00.


    Também o dia 1, arranca mais uma edição da Rota da Rabanada. Este ano, com novos aderentes e mais especialidades, com destaque para a rabanada infantil. A partir deste sábado e até ao final do ano, no concelho de Caminha, desde Vila Praia de Âncora a Seixas, passando por Âncora, Moledo, Gondar, Vilar de Mouros e Caminha, há mais de 50 rabanadas diferentes para degustar nos cafés, pastelarias, mercearias, hotéis e restaurantes aderentes do concelho, isto é, cada um dos estabelecimentos aderentes terá à venda diariamente a sua ou as suas especialidades. Os preços variam até um máximo de 5 euros, mas há estabelecimentos que oferecem o doce gratuitamente.


    Para promover a iniciativa, o Município de Caminha elaborou o chamado "Passaporte Rota da Rabanada" com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 10 carimbos diferentes, ele dará direito a uma oferta do Município de Caminha, a levantar nos Postos de Turismo do concelho. À semelhança do ano passado, o portador do "Passaporte da Rabanada", quando for levantar o seu presente, poderá votar na sua favorita. Os resultados serão dados a conhecer no início de 2019.


    Amanhã e domingo, dias 1 e 2 de dezembro, Caminha volta a ser a capital da marioneta, com a promoção de mais uma Festa da Marioneta Luso-Galaica - MALUGA. "Oficinas divertidas" - construção de marionetas de fios e sombras; ‘circo de bananas', uma peça sobre um nabo gigante, um espetáculo sem texto e um clown 'perdido numa viagem animada' e ‘TOLITATES', dão o mote a esta IV edição da MALUGA. Esta edição apresenta como novidade o ‘MALUGABUS' - transporte gratuito entre Viana do Castelo e Caminha.


    No dia 8 de dezembro, decorrerá uma das novidades no concelho: Caminha vai ser palco da I São Silvestre. Trata-se de uma organização da Associação Triatlo de Caminha em parceria com o Município de Caminha.


    Com concentração marcada junto à Torre do Relógio, pelas 19H00, a corrida São Silvestre terá uma duração máxima de 1H45. A I São Silvestre de Caminha é composta por uma corrida e uma caminhada. A corrida, com um percurso de 10 km, dirige-se para atletas federados e não federados. A caminhada, com um percurso de 5 km, destina-se a todas as faixas etárias e não tem fins competitivos.


    A música será constante na Agenda Natal. A Tuna da Academia Sénior de Caminha abre os concertos de Natal no concelho, no dia 15 de dezembro. O Orfeão de Vila Praia de Âncora vai animar algumas das noites de dezembro, com a promoção dos Concertos de Natal em Seixas, Riba de Âncora e Vila Praia de Âncora, nos dias 16, 22 e 23. No dia 21 de dezembro, o Valadares, Teatro Municipal acolhe o concerto ‘Festada Portuguesa', com orquestra popular de sopros de Outeiro. Também a Academia de Música Fernandes Fão vai brindar os caminhenses com o Concerto de Natal, no dia 22 de dezembro, pelas 17H00.


    Caminha e Vila Praia de Âncora vão acolher o Mercado Tradicional de Natal, nos dias 19 e 20 de dezembro.


    Entretanto, no dia 22 de dezembro, vai decorrer o Passeio de Pai Natal em Bicicleta. É uma organização da Associação de Triatlo de Caminha, que conta com o apoio da Câmara Municipal de Caminha.


    ‘THE GRINCH' é o filme que vai marcar a quadra natalícia no concelho. Este filme de animação está em exibição nos dias 22 e 23 de dezembro, no Cineteatro dos Bombeiros de Vila Praia de Âncora.


    O Presépio ao Vivo de Lanhelas volta a marcar a Agenda Natal 2018. É uma organização da Junta de Freguesia que, todos os anos, leva até às ruas principais da freguesia centenas de pessoas. Este ano decorre no dia 22 de dezembro, pelas 21H30.


    A noite de 31 de dezembro é a noite mais aguardada do ano. Em Caminha, 2018 vai chegar com Paulo Baixinho.


    Tal como acontece nas grandes capitais europeias, em Caminha também se começa o ano com um grande concerto de música clássica. A Igreja Matriz de Caminha, um dos ícones arquitetónicos do concelho, vai acolher um concerto, protagonizado pela Sociedade Musical Banda Lanhelense.

    Ampliar contenido
  • O acendido da iluminación de Nadal marca este mércores o inicio dunha intensa programación na Guarda

    Fecha desde el 05 de Diciembre de 2018
    hasta el 05 de Diciembre de 2018

    A programación de actividades arrancan xa este mércores día 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal ás 20:30h na Praza do Reló.

    O Nadal chega á Guarda cunha programación de actividades extensa e variada que se presentaron o pasado venres día 30 de novembro por parte da Concelleira de Cultura, Elena Baz; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes.

    Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

    A programación de actividades arrancan xa este mércores día 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal ás 20:30h na Praza do Reló.

    Dende as 20:00h contarase con animación de rúa a cargo de Barafunda cos espectáculos "A xogar cos Trasnos" e "Lolo Globotolo". "A xogar cos Trasnos" é unha gran festa chea de cor e de sorrisos onde os nenos e nenas poderán bailar coma tolos e xogar coa música, un espectáculo de movemento interactivo con xogos, cancións de animación, globos e moita diversión. "Lolo Globotolo" é o pallaso Lolo, fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá ós máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gag divertidos, un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público sentirase parte integrante do espectáculo, ideal para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.

    Tamén o 5 de decembro publicarase na web municipal www.aguarda.es o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, explicarase como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos obradoiros que terán lugar os días 10(en horario de 20:30 a 22:30h) e 15(de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.

    Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

    Ampliar contenido
  • -Rota da Rabanada- volta a fazer parte da Agenda Natal 2018 em Caminha

    Fecha desde el 01 de Diciembre de 2018
    hasta el 31 de Diciembre de 2018

    De 1 a 31 de dezembro, no concelho há mais de 50 especialidades de rabanada para degustar em cerca de meia centena de cafés, pastelarias, mercearias, hotéis e restaurantes aderentes do concelho.

    A ‘Rota da Rabanada' volta a fazer parte da Agenda Natal 2018 do Município de Caminha. Este ano, com novos aderentes e mais especialidades, com destaque para a rabanada infantil. De 1 a 31 de dezembro, no concelho há mais de 50 especialidades de rabanada para degustar em cerca de meia centena de cafés, pastelarias, mercearias, hotéis e restaurantes aderentes do concelho.

    Em Portugal, e o concelho de Caminha não é exceção, a rabanada é um doce com tradição e está presente à mesa na consoada de todos os caminhenses. Desde a sua criação, a ‘Rota da Rabanada' tem sido uma das atrações gastronómicas do concelho nesta altura do ano. Assim, à semelhança das edições anteriores, o Município lançou o repto aos cafés, pastelarias, mercearias e restaurantes do concelho para que aderissem e com novas criações. Esta edição conta com a adesão de novos estabelecimentos e com novas rabanadas, como por exemplo a rabanada infantil. Também há casos, em que o mesmo estabelecimento apresenta como especialidade mais de que uma recita de rabanada. O desafio foi aceite por meia centena de cafés, pastelarias e restaurantes do concelho. Para o Município, esta iniciativa tem como objetivos promover a gastronomia, dinamizar o comércio e a economia local.

    A partir de sábado e até ao final do ano, no concelho de Caminha, desde Vila Praia de Âncora a Seixas, passando por Âncora, Moledo, Gondar, Vilar de Mouros e Caminha há mais de 50 rabanadas diferentes para degustar nos cafés, pastelarias, mercearias, hotéis e restaurantes aderentes do concelho, isto é, cada um dos estabelecimentos aderentes terá à venda diariamente a sua ou as suas especialidades especialidade. Os preços variam entre a gratuitidade e os 5€. Para promover a iniciativa, o Município de Caminha elaborou o chamado "Passaporte Rota da Rabanada" com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 10 carimbos diferentes, dará direito a uma oferta do Município de Caminha, a levantar nos Postos de Turismo do concelho. À semelhança do ano passado, portador do "Passaporte da Rabanada" quando for levantar o seu presente, poderá votar na sua rabanada favorita. Os resultados serão dados a conhecer no início de 2019.

    Ampliar contenido
  • O Rosal organiza un Concurso de Decoración de Nadal

    Fecha desde el 05 de Diciembre de 2018
    hasta el 12 de Diciembre de 2018

    Realízase co fin de fomentar a creatividade e a destreza dos veciños e veciñas na arte da decoración de Nadal no comercio local.

    En vindeiras datas celebrarase o Nadal e, con tal motivo, o Concello do Rosal quere organizar o concurso "Decora o teu comercio local" co fin de fomentar a creatividade e a destreza dos veciños e veciñas na arte da decoración de Nadal no comercio local.

    1ª.- Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. O tipo de decoración/adorno, tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.

    2ª.- A decoración (belén, árbore....) será colocado no comercio local que o participante desexe, por rexistro de entrada, entre os días 14 e 15 de decembro. O comercio terá para tal fin un espazo axeitado.

    3ª.- Os traballos exhibiranse ata o día 6 de xaneiro de 2019.

    4ª.- A retirada dos traballos deberá efectuarse o 7 e 8 de xaneiro de 2019 de 9.00 a 12.00 horas ou no horario acordado co propio comercio, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.

    5ª.- Establecerase unha única categoría de adulto a partir dos 18 anos e haberá un único premio dun vale de compra por valor de 100€ no comercio do Rosal.

    6ª.- O xurado estará formado por tres membros da ACOR e dous membros do Concello do Rosal.

    7ª.- A orde no rexistro de entrada do concello permitirá escoller ó comercio local onde o participante exporá o seu traballo de nadal.

    8ª.- O fallo do xurado realizarse antes do 24 de decembro.

    9ª.- A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos decorados navideños participantes en calquera medio que estime oportuno.

    10ª.- Prazo e lugar de inscrición no concurso dos decorados de nadal, ata o día 12 de decembro no Concello do Rosal.
    Ampliar contenido
  • Especial - Alumnos e alumnas da Guarda participan na reforestación de 41.000 metros cuadrados no Monte Santa Trega

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 15 de Marzo de 2019

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

    A Comunidade de montes de A Guarda, empezou no pasado mes de febreiro e seguindo a día de hoxe tras obter os permisos de patrimonio, para realizar os buracos e iniciar a reforestación no Monte Trega cun control arqueolóxico para a plantación de Castiñeiros e Carballos.

    Esta plantación realizase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.

    Estes labores realizaranse durante cinco días aproximado de perforación, dous días para o abono, continuandoa plantación coa colaboración de alumnos e alumnas do Colexio As Solanas da Guarda e persoal da Comunidade de Montes.

    Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan estes atallos. E bordeando unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación, tendo xa confirmación dalgún colexio.

     

    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido