Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Segue aberto o prazo de inscricións para o Campamento de Nadal 2018 no Rosal

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 23 de novembro ata as 14 horas do día 14 de decembro.

O prazo para presentar as solicitudes será dende o 23 de novembro ata as 14 horas do día 14 de decembro.

Fecha: 10 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello do Rosal

BASES CAMPAMENTO DE NADAL NO ROSAL 2018

O Concello do Rosal organiza o Campamento de Nadal co principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre tras rematar o período lectivo.

DESTINATARIOS/AS
Rapaces e rapazas de entre 4 (nacidos/as no 2014) e 12 anos, cumpridos no momento da inscrición ao campamento que reúnan as seguintes circunstancias:
• Empadroados/as no Rosal (comprobarase que os menores inscritos/as están empadroados no concello)
• Non empadroados/as no Rosal pero que o seu pai, nai, titor, titora traballe ou posúa un negocio no Rosal.

NÚMERO DE PRAZAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN
O número de prazas ofertadas son 15. A actividade desenvolverase en instalacións municipais.

DURACIÓN E HORARIO
O campamento desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 9:00 a 14 :00 horas.
PREZO: O campamento de nadal é gratuito.

SELECCIÓN DE PARTICIPANTES
No caso de que se superen o número de prazas ofertadas valoraranse os seguintes aspectos:
• Pai /nai / titor / titora do/a menor estean traballando.
• Pertencer a unha familia monoparental
• Pertencer a familia numerosa

No caso de igualdade de condicións entre varias solicitudes terase en conta a orde de inscrición da solicitude.
O Concello do Rosal reservará un número de prazas para colectivos en situación de especial vulnerabilidade se así o estima oportuno.

BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES
A puntuación por cada unha destas circunstancias, debidamente acreditadas, será a seguinte:

• Por traballo de ambos membros da parella ou titores legais: 2 puntos.
• Por traballo dun dos membros ou titores: 1 punto.
• Por pertencer a familia monoparental: 2 puntos.
• Por pertencer a familia numerosa: 2 puntos.
A máxima puntuación será de 5 puntos.

INSCRICIÓNS E DOCUMENTACIÓN
O prazo para presentar as solicitudes será dende o 23 de novembro ata as 14 horas do día 14 de decembro.
As solicitudes recolleranse na OMIX do Concello do Rosal ou na web do concello www.concellodorosal.es e presentaranse no Rexistro municipal xunto coa seguinte documentación:
• Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora do/a menor
• Fotocopia do libro de familia
• Copia dos contratos de traballo ou certificado vida laboral ou certificado da empresa. No seu defecto declaración xurada do pai/nai/ titor/titora do/a menor indicando empresa e tempo de duración do traballo
• No caso de familia monoparental, documentación oficial acreditativa da súa situación
• No caso de familia numerosa, título de familia numerosa

OUTRA DOCUMENTACIÓN
Toda documentación relevante sobre datos médicos (enfermidades, alerxias,...) que sexa precisa coñecer para o bo desenvolvemento da actividade.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS. ASISTENCIA. NORMAS.
O Concello elaborará unha listaxe de adxudicatarios/as das prazas así como unha listaxe de reserva. No caso de renuncia, a listaxe irá correndo segundo orde numérica.


A concesión da praza implica a asistencia a actividade polo que as faltas non xustificadas e reiteradas significarán a perda da mesma.
Os participantes do campamento que non acaten as normas de convivencia, educación e respetos polo material e/ou compañeiros e monitores poderán ser expulsados.


O Rosal, novembro de 2018.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones