Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Lançado Concurso REVIVE para concessão do Castelo de Cerveira

    Fecha desde el 22 de Enero de 2019
    hasta el 05 de Junio de 2019

    O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.

    O Ministro Adjunto e da Economia, Pedro Siza Vieira, esteve, esta sexta-feira, 18 de janeiro, em Vila Nova de Cerveira, para presidir ao ato de formalização do Programa REVIVE para o Castelo de Cerveira. O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.

    Dos 33 imóveis nacionais identificados, o Castelo de Cerveira é o 15.º concurso a ser lançado no âmbito do REVIVE, um programa conjunto dos ministérios da Economia, Cultura e Finanças com a colaboração das autarquias locais, que visa valorizar e recuperar o património sem uso, reforçar a atratividade dos destinos regionais e o desenvolvimento de várias regiões do país.

    Para assinalar a formalização deste procedimento, o Ministro Adjunto e da Economia esteve, ao início da tarde de sexta-feira, no Castelo de Cerveira, estimando que sejam investidos cerca de 3 milhões de euros para as obras de requalificação do conjunto amuralhado e a sua adaptação à atividade turística. Pedro Siza Vieira informou que os investidores interessados podem apresentar propostas até 5 de junho de 2019 e que o imóvel será concessionado durante 50 anos para exploração para fins turísticos. "Estamos muito satisfeitos por estar aqui. Este projeto tem sido muito caro para os cerveirenses, por isso espero que possamos assinalar os 700 anos de Cerveira aqui, num Castelo revivido", disse Pedro Siza Vieira, seguindo-se uma visita a alguns espaços do Castelo.

    Para o autarca cerveirense, "volvidos 10 anos de impasse e de abandono deste espaço, o lançamento do REVIVE abre uma janela de oportunidades para a resolução de uma enorme preocupação dos Cerveirenses". Fernando Nogueira frisou que embora esta "não seja a solução definitiva de todos os problemas subjacentes ao Castelo, é seguramente um passo muito importante para que se concretize o propósito de devolver este imóvel ao serviço dos Cerveirenses, da economia local e dos inúmeros turistas que reconhecem o Castelo como um dos ex-libris do concelho".

    O ato de formalização oficial do lançamento de concurso público decorreu no próprio Castelo, tendo sido acompanhado pela Secretária de Estado do Turismo, Ana Mendes Godinho, o Secretário de Estado da Economia, João Correia Neves, o Secretário de Estado da Defesa do Consumidor, João Torres, o Secretário de Estado da Valorização do Interior, João Catarino, além de outras entidades públicas locais, regionais e nacionais, e população.
    Ampliar contenido
  • A calidade, variedade e continuidade da programación cultural de Tui convértena en referente en Galicia

    Fecha desde el 01 de Febrero de 2019
    hasta el 17 de Mayo de 2019

    O Teatro Municipal de Tui acollerá seis espectáculos no primeiro semestre do ano

    Este venres, 1 de febreiro, comeza a programación do primeiro semestre do ano en Tui. Vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural. Está conformada por seis espectáculos que se van levar a cabo no Teatro Municipal e sete eventos que se van celebrar até o mes de maio.

    A presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, xunto a Elisa Alfaya, Eduardo Rodríguez "Tatán" e Avelino González.

    O alcalde, Carlos Vázquez Padín, destacou nesta presentación "a tradición e continuidade ao longo de moitos anos dunha axenda cultural moi completa, que sen dúbida hoxe en día ten un gran prestixio no sector e en Galicia". Engadía o rexedor que isto "non é froito da casualidade senón do gran traballo realizado ao longo de moitos anos e cunha estratexia moi clara de facer unha axenda moi variada e con gran presenza de produción galega". Concluía apuntando que "para destacar en calquera ámbito é importante ter continuidade e traxectoria" sinalando a longa traxectoria que ten esta programación cultural na que radica parte do seu éxito.

    O concelleiro de Cultura, indicaba que con esta programación o Concello de Tui "mantén a súa liña de calidade nunha programación cultural, que nunha cidade, que a pesar do seu número de habitantes, ten un dos mellores resultados en afluencia de público ao teatro dentro da Rede Galega de Teatro e Auditorios". O edil agarda que "o público siga manténdose fiel e sendo esixente para que poidamos ter a mellor das programacións ao longo do ano".

    Pola súa parte o director da AGADIC, Jacobo Sutil, destacou a variada programación ofertada nos próximos meses en Tui, con seis espectáculos pertencentes á Rede Galega de Teatro e Auditorios, que son financiados ao 50% pola rede e polo Concello de Tui. Apuntaba que o Teatro Municipal é un dos máis valorados da Rede Galega tanto pola súa dotación como polo trato que se lle da ás compañías que aquí actúan.

    Dos seis espectáculos que se van celebrar no Teatro Municipal, dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios, tres van dirixidos a público familiar e tres a público adulto. A primeira cita será este venres, 1 de febreiro, con Talía Teatro que presentará unha revisión do clásico de Carlo Goldini "O servidor de dous amos". Unha obra que incorpora novas formas de teatralidade e que persegue "o espectáculo total".

    O venres, 8 de febreiro, será a quenda de Elefante Elegante con "Patapatúm", unha obra a que reflexionan sobre o tempo que os pais e nais lle poden dedicar aos seus fillos. O venres 15 de febreiro chega ao Teatro Municipal "Invisibles" a obra na que Redrum Produccións aborda a violencia de xénero a través da historia de mulleres reais recollidas no seu libro por Montse Fajardo.

    Ian Hamilton e Elisa Alfaya serán os responsables de "Cousa de nenos" un espectáculo de maxia, comedia, sombras chinescas, pintura rápida... programado para o venres 1 de marzo. Na presentación desta mañá Elisa Alfaya como tudense amosouse orgullosa de actuar en Tui, logo de estar moitos anos fóra.

    Avelino González, director de "Senior" a obra que Culturactiva presentará o venres, 8 de marzo, apuntou que "é un pracer vir a Tui con este espectáculo" xa que dicía "Tui é un dos sitios de referencia para ver teatro no sur de Galicia" ao tempo que apuntaba que a Eurocidade Tui-Valença é un plus xa que aporta público galego-portugués. Nesta obra ponse ao fronte de dous consagrados actores coma Luís Iglesias e Marcos Orsi que abordan en clave de humor a chegada á década dos 50.
    Por último o venres 15 de marzo Tanxarina representa a obra de Carlos Casares "A galiña azul". Eduardo Rodríguez "Tatán" un dos actores / manipuladores, fixo referencia aos 38 anos de traxectoria da compañía nos que Tui sempre foi parte do seu traballo, e referencia no teatro, xa que "non vimos só aquí a facer teatro, senón tamén a ver teatro". Presentarán o galardoado "A Galiña Azul" que foi premiado como mellor espectáculo infantil nos premios Fetén, e nos María Casares.

    O Entroido abrirá a programación de eventos co Desfile Concurso previsto para o martes, 5 de marzo, e o Enterro do Bacallou que se celebrará o domingo 10 de marzo. O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc, celebrará a súa décimo quinta edición do 3 ao 7 de abril. As festas de San Telmo terán lugar do 20 ao 29 de abril con eventos coma o Festival Folclórico ou a XI Semana do Teatro Afeccionado. Por último pecha a programa a XXII Feira do Libro Galego que se celebrará no Paseo da Corredoira o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

    Toda a programación do primeiro semestre do ano vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural, da que se editaron 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença.
    Ampliar contenido
  • Programación do Cineclub Poleiro para a Primavera 2019

    Fecha desde el 07 de Febrero de 2019
    hasta el 09 de Mayo de 2019

    Sesións de cinema o 7 de febreiro, 7 de marzo, 4 de abril e 9 de maio.

    O xoves, 7 de febreiro, o cineclub Poleiro , proxecta DHOGS no auditorio de Goián ás 21:30 ,dirixida por Andrés Goteira. Unha producción independente galega en lingua galega .Un thriler impredecible e misterioso cos actores Miguel de Lira, Melania Cruz, "Morris" Carlos Blanco e María Costas
    Sinopse: Mentres unha extraña personaxe cruza as rúas da cidade ao volante do seu taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, una muller que disfruta da súa última copa sen ser consciente da multitude de acontecementos que a van sacudir nas próximas horas. Unha aventura con un executivo será o comenzó car una espiral de violencia sen sentido aparente que a leva a un labirinto de sofrimento que non pode controlar.
    O xoves 7 de marzo proxectamos COLD WAR do director polaco Pawel Pawlikowski.

    Sinopse: Coa guerra fría como telón de fondo Cold War presenta una paixoada historia de amor entre duas persoas incompatibles pola diferente orixe e temperamento pero cuxo destino condena a estaren xuntas.

    O xoves 4 de abril, un filme de Philippe Garrel L´AMANT DUN JOUR .
    Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que ten una relación cunha moza da súa idade.

    O xoves 9 de maio pecha o ciclo WESTERN una fita de Valeska Grisebach.
    Unha producción alemana sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que construen una presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos vecinos e xurde o conflicto.

    Bono socio para as catro películas 10 euros

    O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

    Ampliar contenido
  • A tempada de pesca fluvial galega de 2019 remata o 31 de xullo

    Fecha desde el 17 de Marzo de 2019
    hasta el 31 de Julio de 2019

    Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos e, como en tempadas anteriores, os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte

    A tempada de pesca para o ano 2019 na Comunidade autónoma galega comezará o vindeiro 17 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), tal e como adiantou esta mesma semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

    Entre as novidades destacables, a creación de días novas zona de adestramento no río Miño, na zona de Outariz, na súa marxe dereita e na zona de Rexa, na súa marxe esquerda ao seu paso polo Concello de Ourense; e no lugar A Ponte de Outeiro, augas arriba do límite superior do couto Terra Chá, ao seu paso polo Concello de Lugo. Así, o número de zonas de adestramento elévase a tres.

    Outra das novidades é a inclusión do encoro de Cachamuíña, no Concello de Pereiro de Aguiar en Ourense, dentro das zonas habilitadas para a pesca de especies exóticas invasoras, como unha medida de para o control e erradicación de determinadas especies invasoras, como perca americana común (Micropterus salmoides), carpa (Cyprinus carpio), cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii) e cangrexo sinal (Pacifastacus leniusculus). Asemade, a orde que se publica hoxe recolle a decisión do Comité de Pesca de Galicia de reaxuste dos cupos por especie, coa finalidade equiparar aos cupos de comunidades limítrofes e como medida de control de sobreexplotación dos recursos.

    Salmón
    O período hábil para a pesca do salmón irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. Nos tramos compartidos do río Eo a tempada rematará o 15 de xullo.

    A cota de captura está establecida nun exemplar por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 centímetros. A cota anual no río Lérez será de 5 salmóns, mentres que no Ulla serán 50. No río Mandeo os exemplares serán 5, 15 no río Masma, 8 no río Miño, e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.

    En relación cos engados, poden ser naturais autorizados como as miñocas e quisquillas, ou artificiais que son construídos imitando animais ou outros obxectos que poden ser atractivos para os peixes que se queren capturar. Estes poden ser a mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño.

    A pesca do reo
    A tempada hábil en xeral comeza o 1 de maio e remata o 31 de xullo. A tempada prorrógase nas seguintes masas de auga:

    - Coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Viveiro (lotes 2 e 3), e Xuvia: a tempada rematará o 30 de setembro.
    - Couto de Lambre: prorrógase ata o 15 de setembro.
    - Nos coutos Pontevea, Ximonde, Santeles e Sinde entre o 1 de agosto e o 30 de setembro só se permitirá a modalidade de pesca sen morte. No caso de Ponte Arnelas, o período de pesca sen morte vai do 1 ao 30 de setembro.

    Sobre os engados, nos caso dos artificiais permítense os mesmos que no caso do salmón ao que se suma o risco. No que respecta aos engados naturais, permítense todos agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural, e nas augas salmoneiras non se permiten os cebos naturais agás os autorizados para a pesca do salmón nos seus coutos.

    Captura da troita
    Para esta especie a tempada comezará o 17 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña non empezará a tempada ata o 1 de maio.

    Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 6 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros, e os engados son os mesmos que os da tempada pasada.

    Outras especies
    A pesca sobre especies exóticas invasoras axustarase ao establecido no Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, modificado por sentenza do Tribunal Supremo do 16 de marzo de 2016. Na normativa que publica hoxe o DOG tamén se aclaran as condicións da captura dos ciprínidos, que manteñen o mesmo réxime que o da anterior tempada.

    Xornadas hábiles
    Tal e como se recolle na normativa, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves non festivos da tempada hábil só se poderá pescar na modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto 18 de abril (Xoves Santo) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas), que será hábil segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.

    En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas na páxina web de Meteogalicia.

    Ampliar contenido
  • Ata o 10 de xullo segue aberto o prazo para participar no Concurso de Fotografía -O Mirabel do Rosal 2019-

    Fecha desde el 04 de Abril de 2019
    hasta el 10 de Julio de 2019

    As fotografías entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Rosal.de 8 a 15 horas e o prazo rematará o 10 de xullo de 2019 .

    TEMÁTICA
    - A temática responderá ao título do concurso

    PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
    -Participará en concurso único, calquera persoa maior de idade. Cada participante presentará unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 20X30, sempre pegadas sobre unha cartolina negra DIN A3.
    -A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros concursos. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
    -As fotografías nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.

    FORMA DE PRESENTACIÓN
    - A fotografía entregarase nun sobre pechado coa indicación "O MIRABEL DO ROSAL"
    -No mesmo sobre, no dorso levará o pseudónimo do autor/a e o título de dita fotografía.
    -Noutro sobre pechado irá por fóra o pseudónimo e no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, teléfono, fotocopia DNI ou tarxeta de residencia. O sobre pequeno irá dentro do grande.

    LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
    -As fotografías entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Rosal.de 8 a 15 horas
    -O prazo rematará o 10 de xullo de 2019 .
    -Cando a fotografía se presente por correo ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o remitente deberá de comunicalo por fax (nº 986666034) ou por correo electrónico á dirección: orosal@concellodorosal.es o mesmo día no que a presente.

    XURADO E FALLO
    -O xurado estará integrado por membros da organización da Feira do Mirabel ou persoas nas que se delegue en número impar. O fallo do xurado darase a coñecer nos medios de comunicación e nas redes sociais, ademais de comunicalo persoalmente ao gañador/a. Dito fallo farase público antes da celebración da feira que terá lugar o 28 de xullo.
    PREMIO
    -Concederase un único premio de 100 € para utilizar no comercio do Rosal.
    -3 lotes de produtos de mirabel para as 3 mellores fotografías seguintes ao primeiro premio

    EXPOSICIÓN
    -Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición na III Feira do Mirabel.

    DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA
    -De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ao concello, co carácter de exclusividade, os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.

    OBRAS NON PREMIADAS
    -A presentación dunha fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso ao Concello do Rosal especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos exposicións, catálogos e páxinas web.
    -As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores/as entre os meses de de setembro e outubro de 2019, perdendo os seus dereitos no caso de non facelo. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, correo postal o calquera outro medio, devolveranse a portes debidos.

    ACEPTACIÓN DAS BASES
    -A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases e do fallo do Xurado. Éste queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.
    - O xurado poderá declarar deserto o premio.
    Ampliar contenido
  • Segue aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019

    Fecha desde el 04 de Abril de 2019
    hasta el 28 de Mayo de 2019

    O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 28 maio 2019.

    O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a partir do día 4 de abril ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019.

    Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2016 e 31 de decembro de 2017 (inclusives) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2017, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

    O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 28 maio 2019.

    Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.

    Ampliar contenido
  • Sável e truta-comum em destaque no Aquamuseu do rio Minho

    Fecha desde el 17 de Abril de 2019
    hasta el 30 de Junio de 2019

    Entre abril e junho, o Aquamuseu do Rio Minho volta a promover duas exposições

    Entre abril e junho, o Aquamuseu do Rio Minho volta a promover duas exposições que visam proporcionar à população em geral um conhecimento mais alargado sobre duas espécies presentes no rio Minho: o sável e a truta-comum.

    Pela sua importância a nível económico e também social, a mostra intitulada "O Sável do rio Minho" revela a distribuição, as características, os períodos e artes de pesca, os registos da pesca, assim como alguns testemunhos e termos utilizados pelos pescadores.

    Não obstante, e igualmente muito apreciado pelas pessoas e pelos pescadores de pesca desportiva, a truta-comum também estará patente numa exposição distribuída por painéis informativos e fotográficos junto à entrada do Aquamuseu. O objetivo é dar a conhecer algumas das características gerais, reprodução, habitat e ameaças deste salmonídeo.
    Fica o convite para uma visita ao Aquamuseu, complementada por estas duas sugestões.
    Ampliar contenido
  • Derradeiros días da exposición sobre o Desenvolvemento Sostible na Casa dos Alonsos da Guarda

    Fecha desde el 24 de Abril de 2019
    hasta el 16 de Mayo de 2019

    Así o Concello da Guarda convida a toda a cidadanía a visitar a exposición que estará na Casa dos Alonso a partires do 24 de abril de 2019 en horario de 8:00h a 15:00h.

    Os municipios teñen un papel chave no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU co fin de erradicar a pobreza e as desigualdades no horizonte de 2030.

    O primeiro paso é dalos a coñecer, de aí que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ideara esta exposición na que cada ODS está representado por unha viñeta dunha autora ou autor de Galicia ou da África lusófona.

    A exposición «Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá» reúne un total de 17 viñetas, unha por cada ODS, de 15 debuxantes, tanto de Galicia coma de países africanos da Lusofonía como son Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau.

    A través da mostra preténdese fomentar a reflexión, a nivel local e global, sobre temas como a loita contra a fame, o acceso á saúde e á educación, a equidade de xénero ou a protección do planeta. Tamén se busca concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir ao respecto.

    Así o Concello da Guarda convida a toda a cidadanía a visitar a exposición que estará na Casa dos Alonso a partires do 24 de abril de 2019 en horario de 8:00h a 15:00h.

    Ampliar contenido
  • A Exposición -Rompe, Xoga en Igualdade- chega ao Rosal a partires do 29 de abril

    Fecha desde el 29 de Abril de 2019
    hasta el 03 de Junio de 2019

    Do 29 de abril ao 3 de Xuño na Sala de Exposicións do Concello do Rosal

    O Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolle a partires do vindeiro Luns día 29 de abril a Exposición -ROMPE-XOGA EN IGUALDADE.

    Acompañaranos Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, que presenta a exposición da súa entidade e posterior visita guiada pola mostra, cedida ao Concello do Rosal ata o 3 de xuño de 2019.

    Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores. As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.
    Ampliar contenido
  • Especial - Presentación da Exposición Rompe-Xoga en Igualdade

    Fecha desde el 01 de Mayo de 2019
    hasta el 31 de Mayo de 2019

    A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de maio en horario de mañá de 10.00 a 14.00 h e polas tardes de 16.00 a 20.00 h, de luns a venres, excepto festivos.

    O pasado luns día 29 de abril foi a presentación da exposición ROMPE - XOGA EN IGUALDADE que a Deputación de Pontevedra cede ao Concello do Rosal ata o 3 de xuño.

    Isaura Abelairas, deputada de Igualdade presentou a exposición, á que tamén asistiron Isabel Blanco, artista e creadora das bonecas intervidas e Irene Silva, directora artística do proxecto.

    Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores. As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.

    40 nenos e nenas de 5º de primaria do CPI Suárez Marquier asistiron á presentación e posterior visita guiada pola artista da obra, Isabel Blanco, que explicou ás persoas asistentes o significado de cada unha das obras.

    A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de maio en horario de mañá de 10.00 a 14.00 h e polas tardes de 16.00 a 20.00 h, de luns a venres, excepto festivos.

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

     A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de maio en horario de mañá de 10.00 a 14.00 h e polas tardes de 16.00 a 20.00 h, de luns a venres, excepto festivos.

     
    Ampliar contenido
  • Últimas prazas libres na oferta formativa para o mes de Maio na Aula CeMIT da Guarda

    Fecha desde el 03 de Mayo de 2019
    hasta el 31 de Mayo de 2019

    A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades para o mes de maio.

    A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades para o mes de maio.

    Cursos para o mes de maio:
    • Creación do CV e procura de emprego na rede: Curso que terá lugar en horario de 10:30h a 12:00h os días 13, 15, 20 e 22 de maio.
    • Iniciación á informática: Curso que terá lugar en horario de 10:30 a 12:00h os días 16, 23 e 30 de maio.
    • Internet e correo electrónico: Curso que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30h os días 13, 15, 20 e 22 de maio.
    • Mecanografía e procesador de textos(write): Curso que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30h os días 14, 21 e 28 de maio.
    Apertura de aula titorizada para navegación e consultas varias os luns de 12:00h a 13:00h e de 19:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 12:00h.

    Sobre a Rede CeMIT

    A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia

    Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Continúan as visitas guiadas ao Monte Santa Trega nas fins de semana

    Fecha desde el 04 de Mayo de 2019
    hasta el 30 de Junio de 2019

    As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

    Ao igual que en anos anteriores, e na tempada previa ao verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

    As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

    Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

    Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

    Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

    A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

    A oferta de visitas guiadas ampliarase na tempada de verán con novas propostas e actividades turísticas no Monte Santa Trega.
    Ampliar contenido
  • Novas actividades da Asociación Xuntanza de Randufe(Tui)

    Fecha desde el 04 de Mayo de 2019
    hasta el 27 de Mayo de 2019

    Festival do Día da Nai e unha excursión son as próximas actividades organizadas

    Día da Nai

    O Día 5 de maio ás 18:00 horas teremos o Festival do Día da Nai,
    No que contaremos coa presentación do grupo de Playbacks da nosa asociación e coa actuación do grupo de teatro infantil "Pantuflas Verdes e os Remolóns". Presentan a súa obra "O Titanic que nunca afundiu", aventuras e desventuras duns pasaxeiros moi rocambolescos que pasan no Titanic unha estancia moi singular e divertida.

    E por se isto fora pouco, todas aquelas nais que asistan serán agasalladas cun bonito detalle. Ademais todos os/as socios/as asistentes entrarán nun sorteo directo.

    Data: domingo 5 de maio de 2019.
    Hora: 18:00h, casa cultural de Randufe

    Aproveitamos a ocasión para felicitar a todas as nais e ás futuras mamás. PARABÉNS!

    Excursión ao Fuciño do Porco e Viveiro

    "O Fuciño do Porco", coñecido con este nome pola forma coa que se presenta o seu perfil ante os mariñeiros da zona que o avistan dende o mar, é un pequeno saínte costeiro entre as praias de Abrela e San Román.


    O acceso a este lugar prodúcese a través da praia de Abrela, comeza nunha pista forestal de 1,3 km de percorrido para facer a pé que desemboca nun tramo de 400 m de pasarela entre acantilados que permiten o mantemento dunha pequena baliza marítima que marca o extremo occidental da ría de Viveiro.


    Ao mediodía comeremos no Monte San Roque, onde as vistas da ría son espectaculares. Conta cunha capela que data do século XVI e cunha reserva de animais en catividade.


    Pola tarde visitaremos o casco histórico de Viveiro acompañados dun guía. Consiste nun percorrido dunhas 2 horas na que se explicarán os diferentes puntos de interese da Vila. Ademais visitaremos diferentes templos, entre eles o claustro do convento de San Francisco, onde realizaremos a visita á exposición permanente de varias imaxes da Semana Santa de Viveiro. Por último percorreremos algunhas antigas rúas gremiais e as prazas do casco histórico.

    Unha boa oportunidade para estarmos xuntos, en familia e para coñecer a mariña lucense!!

    • Data : domingo, 2 de xuño.
    • Saída: ás 8:00h na casa cultural de Randufe (autobús).
    • Regreso: aproximadamente ás 22:00h.
    • Xantar: por conta de cada excursionista.
    • Prezos: 20€ socios, 25€ non socios, 12€ nenos ata 12 anos. (Inclúe viaxe en autobús, guía e seguro)
    • Inscricións: chama ou envía un Whatsapp ó teléfono 646 646 500.
    • Pagamento: os luns 20 e 27 de maio ás 21:30h, na casa cultural, estarán membros da directiva para recoller o diñeiro e informar de calquera dúbida.
    *Cando te inscribas lembra levar o teu DNI, que tamén deberás portar o día da excursión.

    Data límite de inscricións: luns 27 de maio. Prazas limitadas.
    *Como os prezos son axustados precisamos un grupo mínimo de 55 persoas.

    Ampliar contenido
  • Aberto prazo de inscrición para a Excursión -visita ás Illas Ons e a localidade mariñeira de Bueu-

    Fecha desde el 04 de Mayo de 2019
    hasta el 10 de Mayo de 2019

    A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende o día 6 e ata o 10 de maio, ábrese prazo de inscricións para a visita ás Illas Ons e a localidade mariñeira de Bueu.

    A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende o día 6 e ata o 10 de maio, ábrese prazo de inscricións para a visita ás Illas Ons e a localidade mariñeira de Bueu.

    A excursión terá lugar o domingo 9 de xuño e conta cun prezo único por persoa de 12€ con todo incluído (traslado en autocar, ruta en barco, visita guiada e comida de pícnic). E, ao igual que o ano pasado, cóntase con dous autobuses 108 prazas, polo que se prevé moi boa acollida por parte dos veciños e veciñas da comarca.

    As inscricións faranse de maneira presencial nas instalación de Érguete Baixo Miño na Rúa Colón, nº 20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP.: 36780 A Guarda. Daráselles preferencia ós/ás socios/as.

    É o terceiro ano que Érguete Baixo Miño realiza este tipo de visitas lúdicas entre familiares e amizades desde unha perspectiva san, creando opcións de ocio e tempo libre dentro da prevención das condutas aditivas. Grazas a financiación da Deputación de Pontevedra e ao programa "En ruta coa Depo 2019" que ten como obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais.

    Para máis información, contactar por vía telefónica ao 986 61 44 07 e 640 086 376 ou por correo electrónico info@erguete.org
    Ampliar contenido
  • El Novás cerró el plazo de elecciones

    Fecha desde el 04 de Mayo de 2019
    hasta el 25 de Mayo de 2019

    Andrés Senra seguirá al frente cuatro años

    El 30 de abril finalizaba el plazo para presentar candidaturas a la presidencia del Acanor Atlético Novás, siendo la que encabeza Andrés Senra la única candidata, con lo cual, se dará continuidad al proyecto iniciado en 2015.

    Se presumen algunos cambios en la Junta, pero la intención es mantener la mayoría del bloque con el que Senra se muestra "encantado, es un grupo muy trabajador", y que aúna "juventud y gente que lleva muchos años que aporta experiencia".

    Como balance de los cuatro años destacan "el aumento del número de licencias, las actividades para la formación de técnicos y captación de niños para la base, y por supuesto el ascenso a la DHP, además de los títulos cosechados por la base como la Copa Federación", aunque el mayor premio es "la ilusión que se respira en el pueblo y alrededores con el club", y para este nuevo mandato "buscaremos la profesionalización del club y el aumento del número de licencias.
    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido