Agenda
Lançado Concurso REVIVE para concessão do Castelo de Cerveira
Fecha desde el 22 de Enero de 2019
hasta el 05 de Junio de 2019O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.
Ampliar contenidoO Ministro Adjunto e da Economia, Pedro Siza Vieira, esteve, esta sexta-feira, 18 de janeiro, em Vila Nova de Cerveira, para presidir ao ato de formalização do Programa REVIVE para o Castelo de Cerveira. O concurso público para a concessão deste imóvel entrou em vigor no imediato, com a apresentação de propostas por parte de investidores interessados a decorrer até 5 de junho.
Dos 33 imóveis nacionais identificados, o Castelo de Cerveira é o 15.º concurso a ser lançado no âmbito do REVIVE, um programa conjunto dos ministérios da Economia, Cultura e Finanças com a colaboração das autarquias locais, que visa valorizar e recuperar o património sem uso, reforçar a atratividade dos destinos regionais e o desenvolvimento de várias regiões do país.
Para assinalar a formalização deste procedimento, o Ministro Adjunto e da Economia esteve, ao início da tarde de sexta-feira, no Castelo de Cerveira, estimando que sejam investidos cerca de 3 milhões de euros para as obras de requalificação do conjunto amuralhado e a sua adaptação à atividade turística. Pedro Siza Vieira informou que os investidores interessados podem apresentar propostas até 5 de junho de 2019 e que o imóvel será concessionado durante 50 anos para exploração para fins turísticos. "Estamos muito satisfeitos por estar aqui. Este projeto tem sido muito caro para os cerveirenses, por isso espero que possamos assinalar os 700 anos de Cerveira aqui, num Castelo revivido", disse Pedro Siza Vieira, seguindo-se uma visita a alguns espaços do Castelo.
Para o autarca cerveirense, "volvidos 10 anos de impasse e de abandono deste espaço, o lançamento do REVIVE abre uma janela de oportunidades para a resolução de uma enorme preocupação dos Cerveirenses". Fernando Nogueira frisou que embora esta "não seja a solução definitiva de todos os problemas subjacentes ao Castelo, é seguramente um passo muito importante para que se concretize o propósito de devolver este imóvel ao serviço dos Cerveirenses, da economia local e dos inúmeros turistas que reconhecem o Castelo como um dos ex-libris do concelho".
O ato de formalização oficial do lançamento de concurso público decorreu no próprio Castelo, tendo sido acompanhado pela Secretária de Estado do Turismo, Ana Mendes Godinho, o Secretário de Estado da Economia, João Correia Neves, o Secretário de Estado da Defesa do Consumidor, João Torres, o Secretário de Estado da Valorização do Interior, João Catarino, além de outras entidades públicas locais, regionais e nacionais, e população.
A tempada de pesca fluvial galega de 2019 remata o 31 de xullo
Fecha desde el 17 de Marzo de 2019
hasta el 31 de Julio de 2019Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás os festivos nacionais ou autonómicos e, como en tempadas anteriores, os xoves non festivos só se poderá practicar a pesca sen morte
Ampliar contenidoA tempada de pesca para o ano 2019 na Comunidade autónoma galega comezará o vindeiro 17 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), tal e como adiantou esta mesma semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia (Decreto 130/1997, do 14 de maio).Entre as novidades destacables, a creación de días novas zona de adestramento no río Miño, na zona de Outariz, na súa marxe dereita e na zona de Rexa, na súa marxe esquerda ao seu paso polo Concello de Ourense; e no lugar A Ponte de Outeiro, augas arriba do límite superior do couto Terra Chá, ao seu paso polo Concello de Lugo. Así, o número de zonas de adestramento elévase a tres.
Outra das novidades é a inclusión do encoro de Cachamuíña, no Concello de Pereiro de Aguiar en Ourense, dentro das zonas habilitadas para a pesca de especies exóticas invasoras, como unha medida de para o control e erradicación de determinadas especies invasoras, como perca americana común (Micropterus salmoides), carpa (Cyprinus carpio), cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii) e cangrexo sinal (Pacifastacus leniusculus). Asemade, a orde que se publica hoxe recolle a decisión do Comité de Pesca de Galicia de reaxuste dos cupos por especie, coa finalidade equiparar aos cupos de comunidades limítrofes e como medida de control de sobreexplotación dos recursos.
Salmón
O período hábil para a pesca do salmón irá dende o 1 de maio ata o 31 de xullo, pero poderá adiantarse o remate da temporada en función das cotas de captura. Nos tramos compartidos do río Eo a tempada rematará o 15 de xullo.A cota de captura está establecida nun exemplar por persoa e xornada, cunha dimensión mínima de 40 centímetros. A cota anual no río Lérez será de 5 salmóns, mentres que no Ulla serán 50. No río Mandeo os exemplares serán 5, 15 no río Masma, 8 no río Miño, e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.
En relación cos engados, poden ser naturais autorizados como as miñocas e quisquillas, ou artificiais que son construídos imitando animais ou outros obxectos que poden ser atractivos para os peixes que se queren capturar. Estes poden ser a mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Para a pesca sen morte do salmón no río Ulla autorízase unicamente a mosca artificial con anzol sen arponciño.
A pesca do reo
A tempada hábil en xeral comeza o 1 de maio e remata o 31 de xullo. A tempada prorrógase nas seguintes masas de auga:- Coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Viveiro (lotes 2 e 3), e Xuvia: a tempada rematará o 30 de setembro.
- Couto de Lambre: prorrógase ata o 15 de setembro.
- Nos coutos Pontevea, Ximonde, Santeles e Sinde entre o 1 de agosto e o 30 de setembro só se permitirá a modalidade de pesca sen morte. No caso de Ponte Arnelas, o período de pesca sen morte vai do 1 ao 30 de setembro.Sobre os engados, nos caso dos artificiais permítense os mesmos que no caso do salmón ao que se suma o risco. No que respecta aos engados naturais, permítense todos agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural, e nas augas salmoneiras non se permiten os cebos naturais agás os autorizados para a pesca do salmón nos seus coutos.
Captura da troita
Para esta especie a tempada comezará o 17 de marzo e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña non empezará a tempada ata o 1 de maio.Por norma xeral establécese a posibilidade de capturar 6 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros, e os engados son os mesmos que os da tempada pasada.
Outras especies
A pesca sobre especies exóticas invasoras axustarase ao establecido no Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, modificado por sentenza do Tribunal Supremo do 16 de marzo de 2016. Na normativa que publica hoxe o DOG tamén se aclaran as condicións da captura dos ciprínidos, que manteñen o mesmo réxime que o da anterior tempada.Xornadas hábiles
Tal e como se recolle na normativa, con carácter xeral decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves non festivos da tempada hábil só se poderá pescar na modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto 18 de abril (Xoves Santo) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas), que será hábil segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.En relación coas horas, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta. As horas serán as establecidas na páxina web de Meteogalicia.
Ata o 10 de xullo segue aberto o prazo para participar no Concurso de Fotografía -O Mirabel do Rosal 2019-
Fecha desde el 04 de Abril de 2019
hasta el 10 de Julio de 2019As fotografías entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Rosal.de 8 a 15 horas e o prazo rematará o 10 de xullo de 2019 .
Ampliar contenidoTEMÁTICA
- A temática responderá ao título do concurso
PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS
-Participará en concurso único, calquera persoa maior de idade. Cada participante presentará unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 20X30, sempre pegadas sobre unha cartolina negra DIN A3.
-A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros concursos. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
-As fotografías nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.
FORMA DE PRESENTACIÓN
- A fotografía entregarase nun sobre pechado coa indicación "O MIRABEL DO ROSAL"
-No mesmo sobre, no dorso levará o pseudónimo do autor/a e o título de dita fotografía.
-Noutro sobre pechado irá por fóra o pseudónimo e no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, teléfono, fotocopia DNI ou tarxeta de residencia. O sobre pequeno irá dentro do grande.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
-As fotografías entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Rosal.de 8 a 15 horas
-O prazo rematará o 10 de xullo de 2019 .
-Cando a fotografía se presente por correo ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o remitente deberá de comunicalo por fax (nº 986666034) ou por correo electrónico á dirección: orosal@concellodorosal.es o mesmo día no que a presente.
XURADO E FALLO
-O xurado estará integrado por membros da organización da Feira do Mirabel ou persoas nas que se delegue en número impar. O fallo do xurado darase a coñecer nos medios de comunicación e nas redes sociais, ademais de comunicalo persoalmente ao gañador/a. Dito fallo farase público antes da celebración da feira que terá lugar o 28 de xullo.
PREMIO
-Concederase un único premio de 100 € para utilizar no comercio do Rosal.
-3 lotes de produtos de mirabel para as 3 mellores fotografías seguintes ao primeiro premio
EXPOSICIÓN
-Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición na III Feira do Mirabel.
DEREITOS PATRIMONIAIS DE EXPLOTACIÓN DA FOTOGRAFÍA PREMIADA
-De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, o autor da fotografía premiada, sen prexuízo dos dereitos morais que lle corresponden, cede ao concello, co carácter de exclusividade, os dereitos patrimoniais de explotación da fotografía gañadora.
OBRAS NON PREMIADAS
-A presentación dunha fotografía a este concurso supón a autorización expresa da súa reprodución en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso ao Concello do Rosal especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluídos exposicións, catálogos e páxinas web.
-As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores/as entre os meses de de setembro e outubro de 2019, perdendo os seus dereitos no caso de non facelo. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, correo postal o calquera outro medio, devolveranse a portes debidos.- O xurado poderá declarar deserto o premio.
ACEPTACIÓN DAS BASES
-A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases e do fallo do Xurado. Éste queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.
Sável e truta-comum em destaque no Aquamuseu do rio Minho
Fecha desde el 17 de Abril de 2019
hasta el 30 de Junio de 2019Entre abril e junho, o Aquamuseu do Rio Minho volta a promover duas exposições
Ampliar contenidoEntre abril e junho, o Aquamuseu do Rio Minho volta a promover duas exposições que visam proporcionar à população em geral um conhecimento mais alargado sobre duas espécies presentes no rio Minho: o sável e a truta-comum.
Pela sua importância a nível económico e também social, a mostra intitulada "O Sável do rio Minho" revela a distribuição, as características, os períodos e artes de pesca, os registos da pesca, assim como alguns testemunhos e termos utilizados pelos pescadores.
Não obstante, e igualmente muito apreciado pelas pessoas e pelos pescadores de pesca desportiva, a truta-comum também estará patente numa exposição distribuída por painéis informativos e fotográficos junto à entrada do Aquamuseu. O objetivo é dar a conhecer algumas das características gerais, reprodução, habitat e ameaças deste salmonídeo.
Fica o convite para uma visita ao Aquamuseu, complementada por estas duas sugestões.
A Exposición -Rompe, Xoga en Igualdade- chega ao Rosal a partires do 29 de abril
Fecha desde el 29 de Abril de 2019
hasta el 03 de Junio de 2019Do 29 de abril ao 3 de Xuño na Sala de Exposicións do Concello do Rosal
Ampliar contenidoO Salón de Exposicións do Concello do Rosal acolle a partires do vindeiro Luns día 29 de abril a Exposición -ROMPE-XOGA EN IGUALDADE.
Acompañaranos Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, que presenta a exposición da súa entidade e posterior visita guiada pola mostra, cedida ao Concello do Rosal ata o 3 de xuño de 2019.
Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores. As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.
Especial - Presentación da Exposición Rompe-Xoga en Igualdade
Fecha desde el 01 de Mayo de 2019
hasta el 31 de Mayo de 2019A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de maio en horario de mañá de 10.00 a 14.00 h e polas tardes de 16.00 a 20.00 h, de luns a venres, excepto festivos.
Ampliar contenidoO pasado luns día 29 de abril foi a presentación da exposición ROMPE - XOGA EN IGUALDADE que a Deputación de Pontevedra cede ao Concello do Rosal ata o 3 de xuño.
Isaura Abelairas, deputada de Igualdade presentou a exposición, á que tamén asistiron Isabel Blanco, artista e creadora das bonecas intervidas e Irene Silva, directora artística do proxecto.
Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores. As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.
40 nenos e nenas de 5º de primaria do CPI Suárez Marquier asistiron á presentación e posterior visita guiada pola artista da obra, Isabel Blanco, que explicou ás persoas asistentes o significado de cada unha das obras.
A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de maio en horario de mañá de 10.00 a 14.00 h e polas tardes de 16.00 a 20.00 h, de luns a venres, excepto festivos.
Últimas prazas libres na oferta formativa para o mes de Maio na Aula CeMIT da Guarda
Fecha desde el 03 de Mayo de 2019
hasta el 31 de Mayo de 2019A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades para o mes de maio.
Ampliar contenidoA Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades para o mes de maio.Cursos para o mes de maio:
• Creación do CV e procura de emprego na rede: Curso que terá lugar en horario de 10:30h a 12:00h os días 13, 15, 20 e 22 de maio.
• Iniciación á informática: Curso que terá lugar en horario de 10:30 a 12:00h os días 16, 23 e 30 de maio.
• Internet e correo electrónico: Curso que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30h os días 13, 15, 20 e 22 de maio.
• Mecanografía e procesador de textos(write): Curso que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30h os días 14, 21 e 28 de maio.
Apertura de aula titorizada para navegación e consultas varias os luns de 12:00h a 13:00h e de 19:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 12:00h.Sobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
Continúan as visitas guiadas ao Monte Santa Trega nas fins de semana
Fecha desde el 04 de Mayo de 2019
hasta el 30 de Junio de 2019As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.
Ampliar contenidoAo igual que en anos anteriores, e na tempada previa ao verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.
As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.
Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
A oferta de visitas guiadas ampliarase na tempada de verán con novas propostas e actividades turísticas no Monte Santa Trega.
A artista plástica María Meijide expón a súa obra co calendario da Eurocidade como peza estrela
Fecha desde el 11 de Mayo de 2019
hasta el 31 de Mayo de 2019Haberá serigrafías, metapintura e pintura de espazos íntimos
Ampliar contenidoEste sábado, 11 de maio, ás 19.00h terá lugar na Sala de Exposición da Área Panorámica, a apertura da exposición de María Meijide, artista plástica, creadora do calendario da Eurocidade Tui-Valença.
A peza principal da mostra será o calendario da Eurocidade Tui- Valença encargado polo Concello de Tui hai meses, do que estarán expostas as pezas orixinais a acuarela e o proceso de edición, as pranchas de offset e as probas de cor. Destacou a artista que as obras deste calendario foron todas feitas ao natural "a través da memoria emotiva, das emocións que transmiten".
A exposición contará con outras pezas, todas elas vinculadas a procesos de repetición e edición como é o caso do mapa emocional de Compostela e as pranchas deste. Haberá tamén serigrafías, pintura de espazos íntimos e metapintura con carácter hedonista.
A mostra poderá visitarse dende este sábado,11 de maio, até finais de mes.
A Agrupación Cultural Guardesa celebra as Letras Galegas 2019
Fecha desde el 17 de Mayo de 2019
hasta el 31 de Mayo de 2019Foi elexido Don José Luis Rodríguez Álvarez para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2019.
Ampliar contenidoÉ unha honra para nós comunicarvos que na Asemblea Xeral Extraordinaria da A.C.G. celebrada o día 23 de abril de 2019, foi elexido Don José Luis Rodríguez Álvarez para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2019.
José Luis Rodríguez Álvarez naceu en Bueu en 1964. É enxeñeiro, profesor, músico tradicional e investgador de todo o relacionado co traxe e tecidos tradicionais galegos.
Foi secretario da Asociación do Traxe Galego de Santago e fundador das Asociacións do Traxe Tradicional de Pontevedra e da Asociación Etnográfca Sete Espadelas. É presidente e fundador da Asociación Cultural Os de Algures. Gañador de catro premios de investgación "Antonio Fraguas" convocados polo Concello de Santago e a Asociación do Traxe Galego. Como xastre conta no seu haber con vinte primeiros premios no concurso do Traxe Galego organizado anualmente en Santago de Compostela.
Comisario de doce exposicións ao redor da indumentaria tradicional galega, destacando "Pintados con pincel, cosidos con agulla" no Museo de Pontevedra no ano 2015; exposición que acadou a importante cifra de 10.000 visitantes. Conta con mais de vinte e cinco cursos e obradoiros para a elaboración de pezas ou traxes tradicionais, impartndo técnicas de corte, confección e bordado. Comisario e organizador de catorce pasarelas e mostras de traxe tradicional, destacando "Sete varas, un refaixo" no Pazo da Deputación de Pontevedra, no Teatro Colón da Coruña e na Cidade da Cultura en Santago de Compostela.
Poñente nunha ducia de conferencias ao redor da indumentaria tradicional galega ao longo de toda a xeografa do país. Director artstco de seis espectáculos músico teatrais de gran formato realizados con carácter anual no Teatro Principal de Pontevedra ao redor da cultura, música e danza tradicionais galegas.
O acto da homenaxe será o venres 31 de maio ás 9 da noite no Centro Cultural da Guarda. Falará sobre José Luis Rodríguez Álvarez, David Quiñones Vázquez.
Como ven sendo tradicional, a A.C.G. entregará un libriño homenaxe aos asistentes ó acto.
Contaremos coa actuación do Grupo de Pandereteiras da A.C.G., dirixido por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz e coa actuación da Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Rosa González.
A Omix da Guarda oferta un obradoiro gratuíto de Técnicas de Comunicación
Fecha desde el 17 de Mayo de 2019
hasta el 03 de Junio de 2019As inscricións seguen abertas ata esgotar as prazas, as persoas interesadas terán que dirixirse ata a OMIX ou poñerse en contacto a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 61 0000.
Ampliar contenidoO vindeiro 7 de xuño terá lugar de 16h a 19h un obradoiro sobre Técnicas de Comunicación, incluído na oferta formativa da Oficina Municipal de Información Xuvenil.As inscricións seguen abertas ata esgotar as prazas, as persoas interesadas terán que dirixirse ata a OMIX ou poñerse en contacto a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 61 0000.
Neste interesante obradoiro abordaranse temas como os procesos info comunicativos, a comunicación e información dixital e ferramentas comunicativas, unha temática de actualidade moi útil para multitude de profesións e mesmo para a vida diaria.
Esta fin de semana arranca na Guarda unha nova edición de Tapearte
Fecha desde el 17 de Mayo de 2019
hasta el 02 de Junio de 2019Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2? a tapa.
Ampliar contenidoEste xoves presentouse a Ruta gastronómica Tapearte 2019, o evento culinario da primavera como complemento a unha ampla e variada programación cultural como a Festa das Letras e o Día Internacional dos MuseosUn total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.
A ruta estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, así coma unha representación dos establecementos participantes e un representante de Distribuciones Disramo, casa comercial colaboradora nesta ruta.
Ao igual que en anteriores edicións os participantes poderán valorar as tapas cos pasaportes dispoñibles en cada local, con puntuacións de 1 a 6 puntos, que permitirán, ao remate da ruta, establecer o gañador do Concurso da Mellor Tapa 2019. Tamén se premiará ao establecemento que sirva o maior número de tapas.
Como nas anteriores edicións os participantes da ruta optarán con premios. Haberá un premio directo para aqueles que entreguen o seu pasaporte con mínimo de 13 selos. Neste caso o agasallo é un lote de dúas botellas do Forte de San Lourenzo de Licor Café e Crema de Oruxo. Ademais haberá un sorteo dun móbil Samsung A40 para aqueles pasaporte cun mínimo de 6 sellos que sexan depositados nas furnas de cada local e tamén na Oficina de Turismo.
Nesta edición participan o Art Café coa tapa «Xorzart», o Bitadorna coa tapa «Crunch negro con mix mar, vexetais en texturas e xeado», o Camping Santa Tecla coa tapa «Tournedo Rossini», o Celtic coa tapa «Chocos con arroz na súa tinta», a Pizzería Di Marco coa tapa «Carpaccio de polbo á feira», a Tapería El Paseo coa tapa «O Paseo», El Perro Verde coa tapa «Arepa rechea», o Enxebre coa tapa «Pelotiñas enxebre», O Gaviota coa tapa «Bacalao ao pisto de morena», La Botica coa tapa «Sabores afumados», La Casilla coa tapa «Delicia Galega», Marbella coa tapa «Empanada da horta», Novo Funil coa tapa «Cazola de Xabarín», o Xantar coa tapa «Crunk», o Xeito coa tapa «Espetada mariñeira» e Y la Luna? coa tapa «Impórtame un pemento».
Inscricións abertas para os cursos da Aula CeMIT de xuño e xullo
Fecha desde el 22 de Mayo de 2019
hasta el 28 de Junio de 2019As inscricións están abertas no Concello e no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.
Ampliar contenidoA Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades nos meses de xuño e xullo.
As inscricións están abertas no Concello e no Centro Cultural(1º andar), chamando ao 986 611850 ou no enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal.Cursos para o mes de xuño:
• Internet e correo electrónico II: Luns de 17:00h a 18:30h
• Informática para adultos: Xoves de 10:30h a 12:00h
• Xestións na rede: Martes de 10:30h a 12:00h
Cursos para o mes de xullo:
• Informática para nenos: Mércores de 10:30h a 12:00h
• Manexo tablet e smartphone: Martes de 10:00h a 11:30h
• Aplicacións de Google: Luns de 12:00h a 13:30h
• Creación de presentacións: Martes de 12:00h a 13:30hSobre a Rede CeMIT
A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia
Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.
Preparación das probas para o Graduado en ESO na Guarda: convocatoria de setembro
Fecha desde el 22 de Mayo de 2019
hasta el 07 de Junio de 2019O inicio das clases está marcado para o vindeiro mes de Xuño de 2019
Ampliar contenidoO Concello da Guarda abre o prazo de inscrición para un curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar aos alumnos e alumnas para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou ESO.O inicio das clases está marcado para o vindeiro mes de Xuño de 2019
As persoas interesadas poden ampliar información e inscribirse na OMIX da Guarda ou na Oficina de Desenvolvemento Local, nos enderezos electrónicos informacion@aguarda.es e emprego@aguarda.es ou nos teléfonos 676 347 890 e 689 605 127.
Adeto pon en marcha unha nova campaña na cal un único premiado recibirá 1.000 ? en vale compra
Fecha desde el 22 de Mayo de 2019
hasta el 26 de Junio de 2019Dende o 22 de maio e ata o 26 de xuño de 2019
Ampliar contenidoNova campaña que realiza este ano a asociación, cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes. Dende o 22 de maio e ata o 26 de xuño de 2019
Gañar 1.000€ é moi fácil:
Consigue o teu pasaporte nun dos establecementos adheridos a esta campaña.
Cando fagas unha compra de 30 € ou máis nun destes establecementos, pide que te selen o pasaporte nunha das casiñas.Completa o teu pasaporte en 8 establecementos diferentes e entrégao en Adeto (de 10 a 13 h)
Premio:
• 1 premio de 1.000 € en vale de compra para consumir nos establecementos participantes.
Datas:
• Prazo máximo para entregar pasaporte: 28 de xuño.- Sorteo: 6 de xullo ás 12 h na Praza da Mina. Nese momento chamarase ó premiado para que veña a recoller o premio ese mesmo día ás 20 h, de non responder ou non poder asistir a recollelo ou non poder enviar a ninguén, sortearase outra vez
• Entrega de premio: 6 de xullo ás 20 h na Praza da Mina.
Máis info e bases: www.adeto.org
Aberto o prazo para solicitar praza do curso 2019/20 na Escola Infantil Municipal da Guarda
Fecha desde el 22 de Mayo de 2019
hasta el 31 de Mayo de 2019O prazo de ingreso estará aberto ata o 31 de maio a través do departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda en horario de 9:00h a 13:00h.
Ampliar contenidoO departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa da apertura do prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2019/20.O prazo de ingreso estará aberto ata o 31 de maio a través do departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda en horario de 9:00h a 13:00h.
A escola infantil municipal da Guarda é un centro de atención diurna de carácter socio educativo para os nenos e nenas de 3 meses a 3 anos de titularidade municipal.
Entre os seus obxectivos destacan a promoción e o fomento do desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno e nena, facilitar a conciliación familiar entre a vida familiar e laboral, facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc..., lograr un equilibrio afectivo satisfactorio, respectar a singularidade e diversidade de cada menor, entre outros.
As familias interesadas deberán presentar a súa solicitude e a documentación requirida dentro do prazo establecido no regulamento de organización e funcionamento da escola infantil municipal publicado no BOP o 9 de outubro de 2009.
A documentación e impresos poderán descargala na web municipal no apartado de normativa e trámites.
A Guarda oferta unha praza de informador turístico
Fecha desde el 28 de Mayo de 2019
hasta el 31 de Mayo de 2019Remata o prazo para a presentación de instancias o 31 de maio de 2019
Ampliar contenidoO Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal para a realización de tarefas de información na oficina de turismo ó abeiro das bases reguladoras das subvencións a Concellos declarados municipios turísticos e xeodestinos de Galicia,con cargo á subvención da Axencia Turismo de Galicia.Característica do posto: Contrato laboral de duración determinada, 3 meses a xornada completa de luns a domingo.
Titulación esixida: Técnico superior de información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; ou grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guías se turismo, ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante ( HOTI0108).
As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info) dende a publicación do presente anuncio ata o 31 de maio de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.
A programación cultural de primavera chega ao seu fin coa décima Mostra de Arte Infanto-Xuvenil Educarte
Fecha desde el 29 de Mayo de 2019
hasta el 31 de Mayo de 2019Centros escolares de Cerveira e Tomiño amosarán decenas de traballos artísticos elaborados polo alumnado
Ampliar contenidoVila Nova de Cerveira converterase durante tres días, en capital da arte moza, coa celebración da décima edición de "Mostra de Arte infanto-xuvenil Educarte", unha exposición que recolle decenas de traballos artísticos elaborados polo alumnado de varios centros escolares do municipio luso e de Tomiño.A mostra Educarte posúe un dobre propósito; por unha parte o sentido da aprendizaxe e coñecemento artístico-cultural, patrimonial e ambiental, e por outra, a creación de traballos artísticos e propostas interactivas do alumnado de centros transfronteirizos, creándose ao mesmo tempo, unha dinámica de coñecemento e interacción entre o alumnado dun e outro lado da fronteira, no marco da Eurocidade Tomiño-Cerveira. A entrada á tamén chamada "A bienal dos pequeninos" é libre e gratuíta.
Sorteo de 5 bolsas de compra para a mocidade no Mercado da Guarda
Fecha desde el 28 de Mayo de 2019
hasta el 27 de Junio de 2019Os resultados do sorteo farase público o 28 de xuño e as bolsas poderán utilizarse ata o 28 de xullo.
Ampliar contenidoO mercado da Guarda participa un ano máis na campaña da Xunta de Galicia "Quere o teu mercado" que, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, ten como obxectivo apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras."Quere o teu mercado" é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.
Este sábado os praceiros e praceiras da Guarda repartiron diferentes obsequios desta campaña, unha actividade que engloba dúas accións máis, revitalizando o papel tan importante deste sector.As dúas accións programadas no mercado da Guarda son:
Familia, que comemos hoxe?
Unha charla dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia coa intención de poñer en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza á hora de elaborar menús saudables e nutritivos.
Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no mercado o día, 15 de xuño de 11 a 13 horas.Concurso Clic ao mercado
O Concello da Guarda, en colaboración cos comerciantes do Mercado de Abastos Municipal da Guarda, ven de lanzar un Concurso a través da Páxina de Facebook do Mercado para o Sorteo de 5 Bolsas de 70€ de compra nos establecementos do mercado.Esta campaña de promoción pretende achegar a xuventude e mocidade guardesa ao Mercado de Abastos Municipal, incentivando as compras neste sector da poboación e promovendo hábitos de alimentación saudable.
A Campaña "Clic ao Mercado" está destinada á mocidade con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos, que poderán entrar no concurso de cinco bolsas por valor de 70 euros para mercar en, como mínimo, tres establecementos das distintas seccións do mercado(carnes, peixes, froitas e hortalizas).
Para poder participar, as persoas interesadas terán que darlle a me gusta, compartir e comentar na imaxe da campaña a través da páxina de Facebook oficial do Mercado da Guarda en Facebook etiquetando a dous amigos/as entre o 27 de maio e o 27 de xuño.
Os resultados do sorteo farase público o 28 de xuño e as bolsas poderán utilizarse ata o 28 de xullo.
2ª Andaina do Camiño Portugués da Costa dende Caminha ata Tui
Fecha desde el 30 de Mayo de 2019
hasta el 01 de Junio de 2019El sábado día 1 haremos una Andaina que acabará con el paso del rio en barco gratis, desde el mismo lugar en que lo hacian los peregrinos medievales.
Ampliar contenidoEl sábado día 1 haremos una Andaina que acabará con el paso del rio en barco gratis, desde el mismo lugar en que lo hacian los peregrinos medievales.
HORARIOS de la ANDAINA por el Camino Portugués (Siempre hora española)
Primer grupo: autobús gratuito para el primer grupo sale a las 6:30 h de la Plaza del mercado de Tui.
Salida de la Andaina de Caminha a Tui: 7:00 h
Puesto de avituallamiento gratuito en Lanhelas (agua y fruta gratis).
Segundo grupo: tren desde estación tren de Valença: sale a las 8:30 h.Es necesario estar en la estación media hora antes para comprar billete. Llegada a VN de Cerveira.
Salida de la Andaina de Cerveira a Tui: a las 9:00 h.
Puesto de avituallamiento gratuito en S. Pedro da Torre (agua y fruta gratis)
Llegada al Cais de Valença do Minho.
LLegada a Tui de todos los grupos: desde las 12 a las 14 (aprox.)
Paso del río en barco gratis de los grupos, entre las 12:30h y las 14:30 h.
Meta: llegada a la Catedral.
Inscripción gratuita en Iacobus Tui
(https://www.facebook.com/Iacobus-Tui-1439410153049630/?view_public_for=1439410153049630 )
Inscripciones abiertas para el Campamento de Verano del Centro Do-Majó en A Guarda
Fecha desde el 30 de Mayo de 2019
hasta el 24 de Junio de 2019Consulta tarifas y vista nuestras instalaciones
Ampliar contenidoEl 24 de junio comienza el CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERANO que organiza el GIMNASIO DO-MAJO, dentro del cual se realizaran distintas actividades: Danza, Juegos Educativos, Pintura, Manualidades, Dominio Corporal, Psicomotricidad, Lectura, Excursiones al aire libre, etc. , las cuales se desarrollaran en grupos diferencias por edades y actividades y distribuidos en 3 amplias salas, donde estarán dirigidos por profesores y monitores de apoyo.
Los niños aprenderán o perfeccionaran las distintas actividades, trabajaran en equipo, harán amigos, se reirán y sobre todo lo pasaran bien.
La asistencia puede ser por meses, quincenas, semanas, días y horas sueltas.
Y para los jóvenes a partir de 14 años se realizarán distintas actividades durante los meses de julio y agosto:
ESCUELA DE VERANO DE HIP HOP
Clase de danzas urbanas en las que se usan músicas de diversos estilos y en las que se trabajan el Locking, Popping, New Style, etc. Pero siempre manteniendo el estilo urbano que identifica esta danza. También se hacen ejercicios de elasticidad y barra en el suelo.
CROSS TRAINING JUVENIL
Clase de tonificación para potenciar la condición física. Reduce el porcentaje de masa grasa y mejora el aspecto muscular. Un entrenamiento de media y alta intensidad donde se utilizan múltiples materiales:
• Pesas
• Pelotas
• Kettlebell
• TRX
• Fitball
• Bandas elásticas, etc.
ENTRENAMIENTO FUNCIONAL ESPECÍFICO PARA DEPORTESSesiones de puesta en forma adaptada a cada tipo de deporte, con un trabajo bien programado y el seguimiento de un monitor.
CONSULTA TARIFAS Y VISTA NUESTRAS INSTALACIONES
Gastronomía, turismo, motor, exposicións, feira de oportunidades e solidariedade mestúranse esta fin de semana na Guarda
Fecha desde el 31 de Mayo de 2019
hasta el 02 de Junio de 2019Actividades programadas na Guard apara o venres 31 de maio, sábado 1 de xuño e domingo 2 de xuño de 2019
Ampliar contenidoA Guarda prepárase para unha nova fin de semana que estará marcada por varias actividades para todos os gustos cunha Homenaxe-Concerto organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, visitas guiadas ao Monte Santa Trega, dúas concentracións de motocicletas, unha Feira de Oportunidades, un Mercadillo Solidario, a derradeira fin de semana da Ruta Gastronómica Tapearte 2019 e a Exposición de Maquetas e Figuras de Praxíteles González.
Programación por días
VENRES 31:
O Venres 31 de maio ás 21:00h a Agrupación Cultural Guardesa organiza no Centro Cultural un acto Homenaxe a José Luís Rodríguez Álvarez, que contará ademais con varias actuacións musicais do Grupo de Pandeiretas da Agrupación Cultural Guardesa, do Grupo Antorcha e da Coral Polifónica da Guarda.
Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.Esta será a derradeira fin de semana da ruta Tapearte, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
Ás 18:00h o Ferry Boat acolle a actividade inaugural do Festival Transfronteirizo «Entre Margens», que terá lugar esta fin de semana na localidade veciña de Caminha, contando coa participación de grupos de música tradicional galegos e portugueses.
SÁBADO 1:
A rúa Vicente Sobrino da Guarda acolle na xornada deste sábado a Feira de Oportunidades que organiza a Asociación de Empresarios ACIGU CCA, unha ocasión especial para aproveitar os descontos e ofertas do comercio guardés.
Tamén na xornada deste sábado o Monte Santa Trega será o escenario para a visita de case un cento de motos da emblemática marca italiana Ducati na Quedada Nacional que organiza cada ano o Clube DOC D.C.E. e que este ano, se celebra na cidade olívica entre o 31 de maio e o 2 de xuño.Apaixonados das dos rodas visitarán o Monte Santa Trega da Guarda entre as 11:30h e as 12:30h, momento no que gozarán coas paisaxes guardesas do Esteiro do Miño, o océano atlántico, así como aproveitar para coñecer o noso rico patrimonio cos Castros de Santa Trega.
Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.Esta será a derradeira fin de semana da ruta Tapearte, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
DOMINGO 2:
Na xornada deste domingo día 2 de xuño a Praza do Reló será o escenario para a realización dun Mercadillo Solidario organizado dende Conrazones, en horario de 10:00h a 18:00h. Como é habitual o diñeiro recadado será destinado á adquisición de alimentos para as familias que axuda este colectivo cada semana.
Este domingo celebrarase un novo evento para os amantes das dúas rodas co SPIDI TOUR GALICIA, unha actividade na que participarán máis dun cento de motocicletas que se atopan facendo unha ruta por Galicia e que visitarán o Monte Santa Trega a partires das 10:30h da mañá.
Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.Esta será a derradeira fin de semana da ruta Tapearte, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
Campamentos de veran no Rosal
Fecha desde el 31 de Mayo de 2019
hasta el 28 de Junio de 2019O Concello do Rosal, o Acanór Atlético Novás e a Unión Deportiva Ribera porán en marcha nos meses de xullo e agosto os respectivos campamentos
Ampliar contenidoO Concello do Rosal, o Acanór Atlético Novás e a Unión Deportiva Ribera porán en marcha nos meses de xullo e agosto os respectivos campamentos para facilitar a conciliación familiar e laboral das familias , así como para ocupar o tempo libre dos máis cativos como tempo de ocio.Este xoves foron presentados os diferentes campamento e as persoas interesadas poden ver a información detallada nos Facebooks do Acanor Atlético Novás, no U.D Ribera - O Rosal - e para os campamentos de inglés e o campamento de xullo e agosto na web do Concello do Rosal.
Última fin de semana para gozar da gastronomía guardesa con Tapearte 2019
Fecha desde el 31 de Mayo de 2019
hasta el 02 de Junio de 2019Esta fin de semana é a derradeira para gozar da variada oferta gastronómica de Tapearte 2019 na Guarda.
Ampliar contenidoEsta fin de semana é a derradeira para gozar da variada oferta gastronómica de Tapearte 2019 na Guarda.Os 16 bares e restaurantes participantes xa serviron preto de 3000 tapas e agardan que esta fin de semana sexa extraordinaria, convidando unha vez máis a visitantes e veciños a participar nesta actividade.
A ruta, que remata xa este domingo día 2 de xuño, se pode realizar os venres, sábados e domingos en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h, con tapas a un prezo simbólico de 2€ e con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.
Ao igual que en anteriores edicións os participantes poderán valorar as tapas cos pasaportes dispoñibles en cada local, con puntuacións de 1 a 6 puntos, que permitirán, ao remate da ruta, establecer o gañador do Concurso da Mellor Tapa 2019. Tamén se premiará ao establecemento que sirva o maior número de tapas.
Se recorda a todos os «ruteiros» que, para optar aos diferentes premios, é preciso entregar os pasaportes da ruta nas diferentes urnas que se atopan en cada establecemento participante, ou ben na Oficina de Turismo.
Haberá un premio directo para aqueles que entreguen o seu pasaporte con mínimo de 13 selos. Neste caso o agasallo é un lote de dúas botellas do Forte de San Lourenzo de Licor Café e Crema de Oruxo. Ademais haberá un sorteo dun móbil Samsung A40 para aqueles pasaporte cun mínimo de 6 sellos que sexan depositados nas furnas de cada local e tamén na Oficina de Turismo.
Nesta edición participa o Art Café coa tapa «Xorzart», o Bitadorna coa tapa «Crunch negro con mix mar, vexetais en texturas e xeado», o Camping Santa Tecla coa tapa «Tournedo Rossini», o Celtic coa tapa «Chocos con arroz na súa tinta», a Pizzería Di Marco coa tapa «Carpaccio de polbo á feira», a Tapería El Paseo coa tapa «O Paseo», El Perro Verde coa tapa «Arepa rechea», o Enxebre coa tapa «Pelotiñas enxebre», O Gaviota coa tapa «Bacalao ao pisto de morena», La Botica coa tapa «Sabores afumados», La Casilla coa tapa «Delicia Galega», Marbella coa tapa «Empanada da horta», Novo Funil coa tapa «Cazola de Xabarín», o Xantar coa tapa «Crunk», o Xeito coa tapa «Espetada mariñeira» e Y la Luna? coa tapa «Impórtame un pemento».
As -historias non escritas- de Oia, este domingo no Arrabal
Fecha desde el 31 de Mayo de 2019
hasta el 02 de Junio de 2019Artesanía local, un espectáculo infantil, cantos de taberna e unha exposición completan o programa de actos da fin de semana
Ampliar contenidoO barrio histórico situado nas inmediacións do Mosteiro de Oia acollerá o vindeiro domingo 2 de xuño a visita dramatizada "6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas", protagonizada polas persoas participantes no obradoiro de teatro veciñal e patrimonio organizado polo Concello e impartido pola Artística Teatro e Danza.A función comezará ás 19.00 horas e incluirá unha serie de espectáculos das artes escénicas que se desenvolverán en localizacións emblemáticas do barrio como o Mosteiro de Oia, a Fonte de San Cosme e San Damián, a Praza da Centinela ou a Picota, entre outras.
Cada peza dramática estará interpretada pola propia veciñanza e tamén contará coa colaboración de diversos artistas: os bailaríns Andrea Soutelo, Daniel Rodríguez e Olga Cameselle; e os músicos Rubén Pastoriza e José Antonio Pérez (o "Vilas").
A visita dramatizada ao Arrabal quere afondar no patrimonio material e inmaterial de Oia. A través dunha proposta innovadora e multidisciplinar, esta actividade tamén quere destacar a relevancia cultural do Camiño de Santiago, tendo en conta que este barrio forma parte do Camiño Portugués da Costa.
Programación
A programación do domingo completarase con postos de artesanía local que estarán instalados na zona durante toda a xornada do domingo, cun espectáculo infantil ás 17.00 horas e con cantos de taberna que comezarán xusto despois da representación teatral (arredor das 20.30 horas).
Para o desenvolvemento destas iniciativas o Concello de Oia ten solicitado financiamento á Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021.
Por outra banda, a Oficina de Turismo acollerá desde o sábado, e durante todo o mes de xuño, unha exposición de obxectos tradicionais relacionados coas distintas pezas teatrais que se representarán na visita dramatizada. Neste caso, se trata dunha actividade organizada pola Asociación Costa dos Castros e na que tamén se implicaron as persoas inscritas no obradoiro de teatro veciñal, as cales cederon obxectos da súa propiedade para a exhibición.
Agradecementos
O obradoiro de teatro veciñal quere transmitir o seu agradecemento a diversos colaboradores que contribuíron ao desenvolvemento da iniciativa, nomeadamente a Fernando Javier Costas Goberna -pola cesión de documentación e información que axudou a dar forma ás historias- á propiedade do Mosteiro -pola cesión de espazos para a representación- e a Paula Cobián Escola de Danza.
De igual forma, queremos agradecer ás comunidades educativas dos CEIP Mestre Manuel García e Refoxos pola súa colaboración e dispoñibilidade para a elaboración de elementos decorativos.
A continuación, o detalle da programación de actos:
PROGRAMACIÓN COMPLETA
"6x6 Punto de encontro O Arrabal, historias non escritas"SÁBADO, 1 DE XUÑO
-13.00h. Apertura da exposición de obxectos tradicionais "O Arrabal, historias non escritas", na Oficina de Turismo de Oia (Praza Centinela).
A mostra permanecerá exposta durante todo o mes no horario de apertura da Oficina de Turismo.
DOMINGO, 2 DE XUÑO• Mañá:
-A partir das 10.30h. Exposición de obxectos tradicionais na Oficina de Turismo.
-Nas inmediacións da oficina haberá postos de venda de produtos de artesanía local durante toda a xornada.
Postos de artesanía:
-Cabuxa (coiro)
-Luis Álvarez (escultura en pedra)
-areladefe (xoeiría)
-Carliños Cesteiro
-Ana Méndez (cerámica)
-Las Flores de Greta (téxtil en seda)
-Oiadelos (complementos)• Tarde:
-17.00 horas: Espectáculo infantil "Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos". A cargo do grupo de teatro Avento. Na Praza da Centinela.
-19.00 horas: Visita dramatizada "6x6 Punto de encontro O Arrabal, historias non escritas" polas rúas e prazas do barrio histórico, a cargo do obradoiro de teatro veciñal.
-Pecharemos a xornada festiva con cantos de taberna cos grupos locais A Fiada de Viladesuso e Tra-lo Mosteiro.
Durante todo o día o barrio do Arrabal estará ambientado coas decoracións feitas polo alumnado dos colexios CEIP Mestre Manuel García e CEIP de Refoxos.
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
