Agenda
Abierta la inscripción del Trail Muiños do Folón 2020
Fecha desde el 16 de Enero de 2020
hasta el 02 de Marzo de 2020Se espera la presencia de muchos deportistas de Galicia y también del norte de Portugal.
Ampliar contenidoLa tercera edición del Trail Muiños do Folón ya está en marcha con la apertura de las inscripciones que se pueden realizar a través de la página web championchipnorte.com . El 8 de marzo es el día en que se disputará esta prueba en O Rosal, considerada como una de las más espectaculares por el escenario en el que se desarrolla.La organización ha previsto de nuevo tres actividades. El recorrido Advance tendrá un recorrido de 21 kilómetros, mientras el Adventure será de 12 kilómetros. La primera prueba será valedera por primera vez para la Liga Pontevedra Trail League que se desarrollará a lo largo de todo el año. La competición en O Rosal tiene plazas limitadas.Se espera la presencia de muchos deportistas de Galicia y también del norte de Portugal.
FBAC arranca programa 2020 com exposições -Ilha dos Imortais-, -Global Make-Up Program- e -Confrontos-
Fecha desde el 18 de Enero de 2020
hasta el 07 de Marzo de 2020Inauguração amanhã (sábado), 16h00, Museu Bienal de Cerveira
Ampliar contenidoAmanhã (sábado) 18 de janeiro, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira arranca a programação de 2020 com as exposições "Ilha dos Imortais" de Tereza Trigalhos, "Global Make-Up Program" de Zoran e "Confrontos" da APPACDM de Ponte de Lima. A inauguração terá lugar no Museu Bienal de Cerveira, às 16h00, e contará com a presença dos artistas representados.De créditos firmados no panorama da arte contemporânea nacional e internacional, contando com mais de 70 exposições individuais, os artistas Tereza Trigalhos e Zoran dão a conhecer a sua obra na "Vila das Artes".
Para Tereza Trigalhos o objetivo da mostra "Ilha dos Imortais" consiste em "perpetuar a liberdade" através de "um apelo a que os seres se tornem livres e que não fiquem agarrados àquilo que nos querem impor". Segundo o crítico de artes plásticas da A.I.C.A, Edgardo Xavier, "tudo na pintura de Tereza Trigalhos nos remete para as dicotomias e para o radicalismo dos excessos: a forma e a cor, a dinâmica do gesto e a composição antropocêntrica, mediunidade entre o real e o transcendente...".
Por sua vez, a mostra de Zoran apresenta, nas palavras do diretor coordenador do MAC - Movimento Arte Contemporânea e Ensino, Álvaro Lobato de Faria, "um entendimento globalmente vivido e vivenciado por cada um de nós quotidianamente, em que cada indivíduo é, talvez, o seu único passivo, acrítico e impudico espectador".
Este sábado contará, ainda, com a inauguração da exposição "Confrontos" e uma performance dos alunos da APPACDM (Associação Portuguesa de Pais e Amigos do Cidadão Deficiente Mental) de Ponte de Lima. Segundo a entidade, a mostra debruça-se sobre os confrontos vividos por diversos autores sejam individuais, únicos e irrepetíveis, onde as intenções rumam à construção de projetos de vida e nos transportam para novos mundos, recorrendo à pintura, à cerâmica e diversas técnicas mistas.
BIOGRAFIA DOS ARTISTASTereza Trigalhos
Nasceu em Paços de Ferreira em 1952. É licenciada em Pintura pela Escola Superior de Belas Artes do Porto. É membro de ANAP/ AIAP (UNESCO) - Associação Nacional dos Artistas Plásticos. Participou em inúmeras exposições coletivas e realizou mais de 70 exposições individuais em Portugal e no estrangeiro, em países como Espanha, Brasil e Estados Unidos da América. Encontra-se representada em coleções institucionais e particulares e galerias nacionais e estrangeiras.Zoran
Nasceu no Belgrado, Jugoslávia em 1952. Curso de Pintura - ESBA de Belgrado. Especializou-se em Tecnologias da Pintura Medieval sobre madeira, vindo a ser proclamado membro honorário da Academia Russa de Belas-Artes de Moscovo, em 1991.É membro da ANAP/ AIAP (UNESCO) - Associação Nacional dos Artistas Plásticos.
Participou em inúmeras mostras coletivas e realizou mais de 70 exposições individuais em vários países: Jugoslávia, Rússia, Portugal, Estados Unidos, Espanha, Alemanha.
Encontra-se representado em coleções institucionais e particulares e galerias nacionais e estrangeiras.Datas: 18 de janeiro a 7 de março de 2020
Local: Museu Bienal de Cerveira, Fórum Cultural de Cerveira
Inauguração: 18 de janeiro (sábado), 16h00
Horário: terça a sexta-feira: 15h00 às 19h00; sábados e feriados: 10h00 às 13h00; 15h00 às 19h00
As rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial de Tui pasarán a ser de sentido único dende esta fin de semana
Fecha desde el 31 de Enero de 2020
hasta el 02 de Marzo de 2020Con esta medida búscase mellorar a seguridade vial e axilizar o tráfico na zona de San Bartolomeu
Ampliar contenidoA partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.
Este días procederase ao pintado e colocación da sinalización correspondente. Amais o alcalde, Enrique Cabaleiro, informa que están a redactar un proxecto para proceder á humanización destes viais, contemplando a ampliación das beirarrúas, unha actuación que co dobre sentido de circulación non se podía acometer. Lembra o rexedor que se trata dun ámbito estratéxico xa que parte destas rúas forman parte do percorrido do Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Tui. Un bando municipal informa xa aos veciños deste cambio de tráfico na zona de San Bartolomeu.
As paradas do autobús estarán dende o 3 de febreiro na rúa Ourense
O goberno municipal traballa tamén por outra parte na implantación doutros cambios que afectarán ás rúas Casal Aboy e Augusto González Besada. Así dende o próximo 3 de febreiro realizarase o cambio das paradas do autobús situadas no Paseo da Corredoira, que pasarán a situarse na rúa Ourense, de tal xeito que dende a Avenida da Concordia os autobuses xirarán cara a rúa Maristas e Ourense, onde se situarán as paradas.
O mediático chef valenciano Juan Llorca visitará Tomiño na V Semana da Educación
Fecha desde el 10 de Febrero de 2020
hasta el 13 de Febrero de 2020As outras figuras convidadas son tamén recoñecidos profesionais do mundo do ensino: Lola Mondéjar, Pepa Horno e Víctor Arufe
Ampliar contenidoO chef valenciano Juan Llorca, con máis de 23 años de profesión e apaixonado pola nutrición e a alimentación infantil, será unha das catro figuras convidadas este ano para a xa tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, que chega á súa 5ª edición.
Moi coñecido polos seus vídeos de internet, con receitas para nenos e nenas, Llorca é o responsable do comedor da Montessori School, de Valencia, para o cal tivo que pechar o seu propio restaurante. É o creador do movemento en redes sociais #PorUnaEscuelaBienNutrida e @SOSFAMILIAS, contando cun equipo de traballo o seu lado composto por cociñeiros, fotógrafos, deseñadores, etc.
O título da conferencia que impartirá en Tomiño, o martes 11 de febreiro ás 19.00 horas é "A súa alimentación é a túa responsabilidade", na que abordará o panorama da alimentación infantil no país, sinalando os erros que se cometen habitualmente e os principais problemas e solucións para unha alimentación máis correcta e saudable.A psicanalista, escritora e docente Lola Mondéjar, articulista e colaboradora regular dos periódicos "La Opinión de Murcia", "Infolibre", "eldiario.es" e "Tribuna Feminista".
Entre as súas obras publicadas atópanse as novelas "Mi amor desgraciado", "La primera vez que no te quiero" e "Cada noche, cada noche"; os libros de relatos "El pensamiento mudo de los peces", "Lazos de sangre" e "Qué mundo tan maravilloso", e os ensaios "El factor Munchausen", "Una espina en la carne" e "Si digo agua ¿beberé?".
A conferencia que dará en Tomiño, o xoves 13 de febreiro ás 19 horas, pechando a semana, levará por título "Contracorrente. Educación e pensamento crítico".Pepa Horno será a terceira figura convidada a esta V Semana da Educación de Tomiño. Psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección infantil, durante máis de vinte anos coordinou campañas estatais e internacionais para a prevención e erradicación da violencia contra os nenos e nenas. "Educar sen medo" é o título da conferencia que a profesional dará en Goián o día luns 10 de febreiro, tamén ás 19.00 horas. Abordará a auto regulación e a integración emocional como claves do benestar dos nenos e nenas, e como ensinar a transitar as emocións dende o vínculo afectivo.
O cuarto e último experto convidado é Víctor Arufe, profesor da Facultade de Educación da Universidade de A Coruña e autor do blog "Educación, Innovación e Emprendemento" (http://www.victorarufe.com ); creador da plataforma educativa EDUCA e galardoado co Premio Mellor Docente de España 2017, na categoría de universidade.
Autor de numerosas conferencias e artigos técnicos-científicos vencellados á educación publicou varios libros. O último foi "La Educación por Escenarios. Niños educados 24 horas al día, 365 días al año", no que aposta polo cambio social dende o traballo da boa educación nos fogares. O título da súa conferencia será "Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas", dirixida a familias, profesorado e comunidade educativa. Abordarase de forma práctica, orixinal e novidosa a educación e explicarase en que consiste o método de educar por escenarios.Para obter certificado de asistencia é necesario inscribirse con antelación, a través da páxina web municipal (www.tomino.gal ), sendo as prazas limitadas.
A concelleira de Educación, Cristina Martínez, convida a todas as familias a participar da V Semana da Educación, explicando que esta é unha actividade que xurdiu coa finalidade de servir de apoio na educación dos fillos e fillas, achegando información da man de expertos en diferentes temas que inflúen na delicada tarefa de educar.
Prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020
Fecha desde el 23 de Enero de 2020
hasta el 10 de Marzo de 2020O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo del 2020.
Ampliar contenidoO Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que dende o día 21 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2017 e 31 de decembro de 2017 (inclusive) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2018, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo del 2020.
Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves. Teléfono 986 61 0000 ext.4020
Publicado o prazo para solicitar as axudas por fillo ou filla menor de tres anos
Fecha desde el 24 de Enero de 2020
hasta el 10 de Marzo de 2020A presentación das solicitudes comezará o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos
Ampliar contenidoA Xunta de Galicia vén de publicar no DOG do 20 de xaneiro de 2020, o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos; unha axuda da que poderán beneficiarse as persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos.
Outro dos requisitos para beneficiarse destas axudas é que, durante o ano 2018, ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar, presentasen a declaración da Renta nin estivesen obrigadas a presentala.
O prazo de presentación das solicitudes comezará o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
No Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño (teléfono 986 62 32 11) pode recollerse o impreso de solicitude necesario para pedir as axudas.
A Guarda pon en valor a figura de Rosalía de Castro con varias actividades
Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
hasta el 08 de Marzo de 2020Unha exposición de fotografías de Xurxo Lobato repasará a vida e obra de Rosalía de Castro
Ampliar contenidoO Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía(24 de febreiro de 2020).A primeira das actividades programadas consistirá na exposición de fotografía "Airiños Aires Rosalía", que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro, unha mostra na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela.
A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade.
O autor da obra, Xurxo Lobato explica que esta exposición é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".
A inauguración terá lugar o sábado 8 de febreiro ás 20h. no andar baixo da Casa dos Alonso e contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e gran estudoso da súa figura.
Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro
Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.
A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYA
Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9
Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes
Publicadas as Bases de participación no Desfile-Concurso de Entroido 2020 na Guarda
Fecha desde el 11 de Febrero de 2020
hasta el 20 de Febrero de 2020As inscricións realizaranse entre o 11 e o 20 de febreiro, ben no rexistro municipal(en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres) ou na sede electrónica
Ampliar contenidoO Concello da Guarda ven de facer pública esta mañá as Bases de Participación no Desfile-Concurso de Entroido 2020, que terá lugar o vindeiro martes día 25 de febreiro ás 17:30h dende a Praza de San Bernardo("Esquina Famosa") e que percorrerá as rúas Galicia e Rosalía de Castro ata a Alameda da Guarda, co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade.As bases de participación se poden consultar na web municipal www.aguarda.es e na sede electrónica http://aguarda.sedelectronica.gal/info.0. sendo preciso cubrir o formulario de participación e a documentación solicitada e formalizar a inscrición entre o 11 e o 20 de febreiro, ben no rexistro municipal(en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres) ou na sede electrónica. Poderán remitirse inscricións por vía postal, seladas na oficina de Correos sobre o propio impreso de solicitude, de xeito que quede constancia da entrega dentro do prazo establecido. Para garantir este feito, rógase adiantar por email a cultura@aguarda.es a copia da solicitude selada na oficina de Correos. Ó igual que o resto de solicitudes, estas inscricións só terán validez se veñen acompañadas da documentación obrigatoria.
Ao igual que en anos anteriores contarase con varias categorías de participación, con opción a compensación económica ou libre, destacando as carrozas, as comparsas ou os grupos, con premios que superan en total os 3.000€.
A Concellería de Cultura quere animar un ano máis á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos, a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade concurso, para encher de colorido as nosas rúas nun ambiente festivo e de lecer.
DESCARGAR BASES AQUÍ
Unha exposición fotográfica percorre dende este sábado na Guarda a vida de Rosalía de Castro
Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
hasta el 08 de Marzo de 2020Na inauguración o 8 de febreiro contarase coa presencia do fotógrafo Xurxo Lobato e do presidente da Casa de Rosalía, Anxo Angueira.
Ampliar contenidoO vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:00h a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da Exposición "Airiños aires, Rosalía", unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela, contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, ademais de poeta e gran coñecedor da obra e figura rosaliana.
A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade. "Airiños Aires, Rosalía", permítenos emprender unha viaxe singular a partires das primeiras constancias da vida da escritora, como a pía de Santiago de Compostela onde recibiu o bautismo, localizada no Hostal dos Reis Católicos, para avanzar cara os seus referentes clásicos, o terreo rosaliano por excelencia: Compostela, Lestrobe, Padrón..., as Terras de Iria que en tantos poemas cantou. A Casa da Matanza, espazo senlleiro na vida de Rosalía e epicentro actual da cultura rosaliana, ocupa tamén un importante espazo nunha mostra que rexistra tamén reflexos máis fugaces da súa vida froito das súas estadías en Madrid e Simancas, seguindo os pasos profesionais do seu marido, Manuel Murguía. Na última parte da exposición,"Airiños Aires, Rosalía" distánciase dos emprazamentos físicos para atender as recreación artísticas desta icona da cultura galega. Desde figuracións clásicas en forma de retratos e esculturas, ata outras creacións máis apegadas á modernidade, que dan conta da profunda pegada que a autora deixou na nosa cultura e da continua reinterpretación que provoca a súa figura para adaptarse aos novos usos e costumes.
O autor da obra, Xurxo Lobato explica que esta exposición é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".
O fotógrafo manifesta que "nestes tempos cómpre reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade". E sinala que estas fotos "queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra".
Xurxo Lobato é un fotógrafo galego nado no ano 1956 na Coruña e que ten publicado fotografías en numerosos medios e axencias de comunicación a nivel nacional e internacional, recibindo varios premios polo seu traballo de periodismo gráfico ou fotoperiodismo.
Anxo Angueira nado en Dodro no ano 1961 é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro dende o ano 2012. É o autor de varios libros de diferentes xéneros como a narrativa, a poesía e o ensaio, destacando pola súa obra Pensa Nao(1999), pola que recebe o Premio Xerais na categoría de novelas.
A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso dende este sábado ata o 8 de marzo en horario de Luns a Venres de 8:00 a 15:00h e as fins de semana en horario de 11:00h a 14:00 e de 16:00h a 19:00h
Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro
Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.
A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYAPero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes
Unidad móvil de donación de sangre el jueves 13 en el IES A Sangriña de A Guarda
Fecha desde el 13 de Febrero de 2020
hasta el 13 de Febrero de 2020¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.
Ampliar contenidoJueves 13 de febrero
I.E.S. A SANGRIÑA
(A GUARDA)
UNIDADE MOBIL DIANTE
DO INSTITUTO
Unha andaina guiada permitirá coñecer este sábado a pegada xacobea no Camiño de Santiago na Guarda
Fecha desde el 07 de Febrero de 2020
hasta el 15 de Febrero de 2020O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto -O Camiño Aguárdate-, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
Ampliar contenidoO vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto "O Camiño Aguárdate", coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.Desta volta trátase dunha andaina guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio. A andaina sairá ás 10:00h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00h, contando con prazas limitadas.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición no formulario online: https://forms.gle/8pCWKcpcqHX6eNJPA
Desta volta Xavier Crespo, profesor de historia do IES A Sangriña da Guarda e ex-concelleiro de Patrimonio do municipio, fará de guía amosando a pegada xacobea agochada na arquitectura e paisaxe ó longo do Camiño ó seu paso pola Guarda.
Esta andaina, continúa co ciclo de "xornadas" que xa se iniciaron o pasado 25 e 26 de xaneiro, onde os participantes percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantaron árbores autóctonas. Desta volta a actividade amosará o camiño dende diferentes perspectivas baixo o nome Falemos do camiño, convidando á poboación local a participar en charlas, coloquios e seminarios que axuden a coñecer os valores, históricos, turísticos e espirituais.
Ludoteca de entroido en Oia para nenos e nenas de 3 a 12 anos
Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
hasta el 24 de Febrero de 2020Do 24 ao 26 de febreiro, os pequenos e pequenas participantes poderán divertirse no seu tempo libre facendo traballos manuais e gozando con xogos populares, maquillaxe e disfraces.
Ampliar contenidoO CEIP Mestre Manuel García acollerá unha ludoteca de entroido para facilitar a conciliación familiar durante os días de vacacións escolares. A iniciativa está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar e conta coa colaboración do Concello de Oia.As actividades están orientadas aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Do 24 ao 26 de febreiro, os pequenos e pequenas participantes poderán divertirse no seu tempo libre facendo traballos manuais e gozando con xogos populares, maquillaxe e disfraces.
A ludoteca de entroido ten un prezo de 25 euros para os tres días, aínda que tamén existe a opción de ir días soltos (10 euros cada día). As prazas son limitadas. Máis información e inscricións en info@manunu.es e no teléfono 619.96.11.80
Carnaval e Entroido tradicional conviven no Rosal
Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
hasta el 14 de Febrero de 2020O habitual concurso do desfile contará este ano cun premio especial co que recuperar o entroido nos barrios
Ampliar contenidoRecuperar as raíces ancestrais sen renunciar ás novas tradicións. Ese é o obxectivo do Concello do Rosal, que este ano ten traballado para que Carnaval e Entroido tradicional convivan dun xeito harmonioso nunha festa "con grande arraigo, trascendencia e seguimento social, unha festa que alimenta o bo ambiente e materializa esa retranca que tanto nos caracteriza", salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández. Por este motivo, ademais do habitual concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se fallará tras o desfile do domingo 23 (11.00 h), este ano haberá un premio especial ao entroido tradicional do Rosal. "Queremos recuperar o entroido por barrios e recoñecer e visibilizar o gran traballo que fai toda a veciñanza implicada, xerando inercias positivas que se trasladen ao ámbito social e educativo. E para conseguir que o entroido perdure é fundamental que o sintamos como parte das nosas vidas, como parte de nós mesmos", recalca.
Dúas realidades que conviven xa hoxe en día, grazas ao entroido tradicional que se celebra en barrios como Fornelos e Novás, que comezarán coa programación de carnaval o domingo pola tarde. Grazas á implicación da veciñanza e das comisións de festas, en Fornelos haberá ao longo da tarde pasarrúas, inchables, toro mecánico e verbena, mentres que en Novás a subida do maio, os xogos populares e o chocolate quente e a rosca serán os protagonistas da tarde do domingo. Luns e martes estes barrios celebran ademais dúas das actividades tradicionais máis esperadas por veciños e veciñas, a ‘Corrida do galo' (luns) e as ‘Frixidelas' (martes).
Dende o Concello quérese "agradecer á veciñanza o labor por conservar estas festas e toda a historia que teñen detrás, con actividades tradicionais que foron capaces de sobrevivir e manterse co paso do tempo, con rivalidades curiosas e sans ente barrios que aínda hoxe perduran, como a coñecida entre Fornelos e Novás".
As persoas interesadas en inscribirse nalgunha das modalidades do concurso deste Entroido 2020 poderán facelo ata as 14.00 h do venres 14 de febreiro.
Convocado o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2020
Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
hasta el 29 de Febrero de 2020Establécese un único premio dotado con 700?. Os traballos poden enviarse até o 29 de febreiro
Ampliar contenidoO Concello de Tui vén de convocar o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2020, que se van celebrar do 11 ao 20 de abril.
A convocatoria está aberta a artistas plásticos, creadores ou persoas interesadas que terán de prazo até o 29 deste mes de febreiro, ás 14 h, para presentar un máximo de tres obras orixinais e inéditas. Nas mesmas deberá figurar "FESTAS DE SAN TELMO , TUI, DE 11 A 20 DE ABRIL DE 2020. Festas declaradas de interese turístico galego". Amais figurará o escudo oficial da cidade de Tui, xunto ao nome da entidade, Excmo. Concello de Tui.
O xurado terá en conta na súa valoración que "o cartel identifique na súa expresión gráfica á cidade e as festas de San Telmo" reflectindo os valores que se expresan para as Festas de San Telmo, centrados principalmente na devoción a San Telmo, a participación popular, a tradición secular, a accesibilidade universal á festa e á cultura, a igualdade e a proxección exterior da cidade. Así nas bases do concurso recóllese que "estes obxectivos plasmaranse na composición dos traballos, reflectindo un espírito festivo con marcada orientación publicitaria e artística e de promoción, tanto das festas anunciadas como da propia cidade de Tui".
O carteis, cun tamaño de 50 x 70 centímetros, poderán realizarse en técnica e cores libres, pero deberase ter en conta que a impresión do gañador realizarase en cuatricromía. O cartel presentarase baixo lema no Rexistro da casa do concello ou na Biblioteca Pública Municipal. Achegarase en formato dixital, xunto coa documentación requirida, e impreso sobre un bastidor ríxido de cartón pluma sen molduras ou cristal.
Establecese un único premio de 700 € e diploma.
Con todos os carteis presentados a concurso e que cumpran o establecido nas bases do mesmo realizarase unha exposición.
As bases completas deste concurso pódense consultar na web municipal.
A Exposición fotográfica -15 visións - Express-Arte- estará ata o 17 de febreiro no Mercado de Tomiño
Fecha desde el 09 de Febrero de 2020
hasta el 17 de Febrero de 2020A mostra, situada no 1º andar do Mercado Municipal e incluída na Axenda de Primavera, recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero
Ampliar contenidoO Concello de Tomiño acolle até o 17 de febreiro próximo a exposición fotográfica "15 visións - Express-Arte", creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).A mostra, situada no 1º andar do Mercado Municipal e incluída na Axenda de Primavera, recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como "A Gioconda", de Leonardo da Vinci, ou "La maja vestida", de Goya. Ditas fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas nesas imaxes.
Especial - A vida de Rosalía de Castro plasmada a través das fotografías de Xurxo Lobato na Guarda
Fecha desde el 11 de Febrero de 2020
hasta el 08 de Marzo de 2020A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo
Ampliar contenidoA Casa dos Alonso acolleu o pasado sábado o acto de inauguración da Exposición "Airiños aires, Rosalía", contando coa presenza do fotografo Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, así coma o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e máis de medio cento de asistentes.
"Airiños aires, Rosalía", é unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela .A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán ata o 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade. "Airiños Aires, Rosalía", permítenos emprender unha viaxe singular a partires das primeiras constancias da vida da escritora, como a pía de Santiago de Compostela onde recibiu o bautismo, localizada no Hostal dos Reis Católicos, para avanzar cara os seus referentes clásicos, o terreo rosaliano por excelencia: Compostela, Lestrobe, Padrón..., as Terras de Iria que en tantos poemas cantou. A Casa da Matanza, espazo senlleiro na vida de Rosalía e epicentro actual da cultura rosaliana, ocupa tamén un importante espazo nunha mostra que rexistra tamén reflexos máis fugaces da súa vida froito das súas estadías en Madrid e Simancas, seguindo os pasos profesionais do seu marido, Manuel Murguía. Na última parte da exposición,"Airiños Aires, Rosalía" distánciase dos emprazamentos físicos para atender as recreación artísticas desta icona da cultura galega. Desde figuracións clásicas en forma de retratos e esculturas, ata outras creacións máis apegadas á modernidade, que dan conta da profunda pegada que a autora deixou na nosa cultura e da continua reinterpretación que provoca a súa figura para adaptarse aos novos usos e costumes.
O autor da obra, Xurxo Lobato, fixo unha visita guiada aos asistentes da inauguración, explicando cada imaxe e indicando que é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".
O fotógrafo manifestou que "nestes tempos cómpre reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade". E sinala que estas fotos "queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra".
Xurxo Lobato é un fotógrafo galego nado no ano 1956 na Coruña e que ten publicado fotografías en numerosos medios e axencias de comunicación a nivel nacional e internacional, recibindo varios premios polo seu traballo de periodismo gráfico ou fotoperiodismo.
Anxo Angueira nado en Dodro no ano 1961 é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro dende o ano 2012. É o autor de varios libros de diferentes xéneros como a narrativa, a poesía e o ensaio, destacando pola súa obra Pensa Nao(1999), pola que recebe o Premio Xerais na categoría de novelas. Na súa intervención valorou moi positivamente esta exposición e o traballo do fotografo para plasmar a vida e os lugares rosalianos, indicando a súa satisfacción por que, cada día, máis concellos "fagan súa" a Rosalía e ao seu legado.
A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo en horario de Luns a Venres de 8:00 a 15:00h e as fins de semana en horario de 11:00h a 14:00 e de 16:00h a 19:00h
Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro na Guarda
Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.
A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYA
Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9
Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes
Ata o 20 de febreiro ábertas as inscricións para o Desfile de Entroido 2020 na Guarda
Fecha desde el 11 de Febrero de 2020
hasta el 20 de Febrero de 2020As inscricións para participar estarán abertas do 11 ao 20 de febreiro, con axudas á participación de mais de 3,000?
Ampliar contenidoO Concello da Guarda abre este martes día 11 de febreiro o prazo de inscrición para participar no Desfile de Entroido 2020, que terá lugar o Martes 25 de febreiro ás 17:30h da tarde dende a Praza de San Bernardo("Esquina Famosa") e que percorrerá as rúas Galicia e Rosalía de Castro ata a Alameda da Guarda.
Este ano, co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade, retirouse a modalidade de concurso, convertendo os premios existentes en axudas á participación, para fomentar que se incorporen ao desfile familias, grupos de amigos, asociacións, comparsas e carrozas, superando en total os 3.000€ en axudas.
As bases de participación se poden consultar na web municipal www.aguarda.es e na sede electrónica http://aguarda.sedelectronica.gal/info.0. sendo preciso cubrir o formulario de participación e a documentación solicitada e formalizar a inscrición entre o martes 11 e o xoves 20 de febreiro, ben no rexistro municipal(en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres) ou na sede electrónica.Poderán remitirse inscricións por vía postal, seladas na oficina de Correos sobre o propio impreso de solicitude, de xeito que quede constancia da entrega dentro do prazo establecido. Para garantir este feito, rógase adiantar por email a cultura@aguarda.es a copia da solicitude selada na oficina de Correos. Ó igual que o resto de solicitudes, estas inscricións só terán validez se veñen acompañadas da documentación obrigatoria.
A Concellería de Cultura quere animar un ano máis á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos, a participar no desfile de Entroido, para encher de colorido as nosas rúas nun ambiente festivo e de lecer e recuperar unha das festas con máis tradición do noso municipio.
DESCARGAR BASES AQUÍ
Fernando Seadur presenta en Tui a súa mostra fotográfica -As raigañas do Entroido-
Fecha desde el 12 de Febrero de 2020
hasta el 29 de Febrero de 2020O Mércores ás 10.30 h haberá unha presentación a cargo do propio autor. Poderá visitarse até o sábado 29.
Ampliar contenidoO anexo da Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica acolle até o sábado, 29 de febreiro, a mostra "As raigañas do Entroido" do fotógrafo Fernando Seadur.
O mércores, 12 de febreiro, ás 10.30 h haberá unha presentación da mostra a cargo do propio autor, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.
Nesta exposición reúnese unha pequena escolma do amplo arquivo, integrado por máis de 80 mil fotografías, sobre o Entroido galego realizadas por Fernando Seadur.
Fernando Seadur ten percorrido durante anos cada recuncho de Galicia inmortalizando coa súa cámara o Entroido máis rural e tradicional. Pero tamén ten fotografado romarías, curros e outras tradicións.
Este fotógrafo é natural da aldea de Seadur, no concello ourensán de Larouco, nome que emprega coma apelido profesional, e na actualidade está afincado en Gondomar.
A mostra está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, dependente da Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui.
A exposición pode visitarse de luns a venres de 9:30h a 14.00 h e de 15.30 h a 21:00 h, e os sábados de 9:30 h a 14:00 h.
A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado dun novo treito de 8 quilómetros da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, entre Sobrada e Estás, no concello de Tomiño
Fecha desde el 13 de Febrero de 2020
hasta el 25 de Marzo de 2020Este treito deséñase con características de autovía, con 5 enlaces, 7 novas rotondas, 5 viadutos e un total de 10 pasos superiores e inferiores
Ampliar contenido- Este treito deséñase con características de autovía, con 5 enlaces, 7 novas rotondas, 5 viadutos e un total de 10 pasos superiores e inferiores
- Destaca a proxección dun falso túnel de 260 metros de lonxitude para restituír as vías existentes á mesma cota e preservar a senlleira escola indiana ‘Aurora del Porvenir'
- A conselleira lembra que a vindeira semana remata o prazo de presentación de ofertas para executar o novo enlace da VAP coa A-55 e co polígono de Areas, licitada pola Xunta cun investimento de 21,2 millóns de euros
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe do inicio do proceso de información pública do novo treito da vías de altas prestacións de Tui-A Guarda ao seu paso polo concello de Tomiño, entre Estás e a estrada autonómica PO-350 en Sobrada, e que hoxe se anuncia no Diario Oficial de Galicia a efectos expropiatorios e avaliación de impacto ambiental.
A conselleira explicou que se trata do treito intermedio da vía de altas prestacións, unha autovía de 8 quilómetros de novo trazado, para a que se prevé un investimento da Xunta de 72,8 M€, que se eleva aos 78,5 M€ coas expropiacións das preto de 1.000 fincas afectadas.
Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentou a actuación coa alcadesa, Sandra González, e precisou que desde mañá e ata o 25 de marzo os veciños e interesados poderán trasladar as súas achegas.
A partir de aí continuaranse os trámites de análise das propostas recibidas para a aprobación definitiva do trazado e impacto ambiental a principios do vindeiro ano.
Este treito da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, que unirá o núcleo de Estás coa estrada autonómica PO-350 á altura da Sobrada, terá características de autovía, con dobre carril en ambos os sentidos e cunha velocidade de proxecto de 100 km/ hora. Ethel Vázquez incidiu na utilidade que suporá esta intervención para os veciños de Tomiño, grazas á rede de enlaces deseñados ao longo dos seus algo máis de 8 km. A autovía disporá de 5 enlaces, o que ofrecerá unha gran conectividade coa rede local, suporá a construción de 7 novas rotondas, terá 5 viadutos dobres e 10 pasos, superiores e inferiores.
A titular do departamento da Xunta salientou que no deseño da autovía se inclúe, como elemento singular, un falso túnel de 260 metros de lonxitude para restituír os viarios existentes á mesma cota, e preservar a nivel paisaxístico a senlleira escola indiana Aurora del Porvenir.
A conselleira subliñou que esta actuación da Xunta permite avanzar no desenvolvemento por fases dunha infraestrutura estratéxica para a vertebración do Baixo Miño. Así referiuse á contratación do novo enlace coa A-55, que incorpora a conexión co polígono de Areas, licitada en xaneiro deste ano, cun investimento de 21,2 millóns de euros, para iniciar no verán. O prazo de recepción de ofertas das empresas, finaliza a próxima semana, o día 19.
Avanzou que este ano redactarase tamén o proxecto construtivo que dará continuidade a esas actuacións ata a PO-350, en Tomiño. Ademais, informou dos traballos que se desenvolven no treito Estás-Goián, a chamada recta de Figueiró, analizando as alegacións para acadar o mellor deseño do desdobramento que se vai facer da estrada PO-552.
Precisamente, tamén na PO-552, ao seu paso por Tomiño e Tui, o departamento que dirixe vai a realizar un investimento de máis de medio millón de euros para executar unha obra de mellora da seguridade viaria, enmarcada na estratexia de eliminación dos treitos de concentración de accidentes da Xunta. A intervención está agora mesmo en prazo de presentación de ofertas e están convocados para o mes de marzo os propietarios dos terreos para o levantamento de actas previas á ocupación, o que permitirá iniciar as obras no verán.
Remarcou que o departamento que dirixe está a desenvolver toda unha programación realista e viable, abordada cos alcaldes da zona e axentes implicados, para os 14 km de trazado que restan para completar este eixe de comunicación estratéxico para as comunicacións do Baixo Miño. O Goberno galego puxo en servizo en 2014 o treito entre Goián e A Guarda, cun investimento de 60 M€ nos momentos de maiores restricións económicas da Xunta, lembrou.
Unha vez completada a VAP Tui-A Guarda, apuntou, os tempos de percorrido acurtaranse a máis da metade entre Tui e Tomiño, pasando dos 19 minutos actuais a pouco máis de 9.
Vázquez Mourelle expuxo que esta planificación vai acompañada de importantes compromisos de gasto nos vindeiros anos, como recollen os Orzamentos da Xunta para 2020, cunha partida de máis de 3 M€ para a VAP do Baixo Miño no presente exercicio, e futuros por máis de 50 M€.
Últimas prazas libres para a andaina guiada deste sábado na Guarda
Fecha desde el 13 de Febrero de 2020
hasta el 15 de Febrero de 2020A andaina sairá ás 10:00h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00h, contando con prazas limitadas.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda informa das últimas prazas libres para participar na segunda das actividades do proxecto "O Camiño Aguárdate", coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.Trátase dunha andaina guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.
Desta volta Xavier Crespo, profesor de historia do IES A Sangriña da Guarda e ex-concelleiro de Patrimonio do municipio, fará de guía amosando a pegada xacobea agochada na arquitectura e paisaxe ó longo do Camiño ó seu paso pola Guarda. Unha excepcional oportunidade para coñecer máis polo miúdo a importancia do Camiño Portugués na Guarda e a súa relación coa vila e coas súas xentes, así como o seu legado patrimonial.
A andaina sairá ás 10:00h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00h, contando con prazas limitadas.
As inscricións continúan abertas a través do formulario online: https://forms.gle/8pCWKcpcqHX6eNJPA
Esta andaina, continúa co ciclo de "xornadas" que xa se iniciaron o pasado 25 e 26 de xaneiro, onde os participantes percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantaron árbores autóctonas. Desta volta a actividade amosará o camiño dende diferentes perspectivas baixo o nome Falemos do camiño, convidando á poboación local a participar en charlas, coloquios e seminarios que axuden a coñecer os valores, históricos, turísticos e espirituais.
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
