Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Los regalos de San Valentin en Floristería-Regalos Arcos

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Febrero de 2020

    Este viernes día 14 de febrero abrimos en horario continuo de 9:00h a 21:00h

    Ya puedes realizar tu encargo de flor natural para San Valentín.

    Este viernes día 14 de febrero abrimos en horario continuo de 9:00h a 21:00h

    Puedes hacer tus encargos al 986613576 o 616129960 aceptamos pago por tarjeta telefonica.
     

    En Floristería Regalos Arcos encontrarás:

    - Ramos de rosas

    - Rosas naturales preservadas(duración de hasta 2 años)

    - Peluches

    - Arreglos florales

    ¡Entrega a domicilio!

    Estamos en Plaza San Benito, 3 en A Guarda

     
    Ampliar contenido
  • Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en febreiro

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 17 de Febrero de 2020

    Do 14/02/2020 ao 17/02/2020 na Estación de Servicio San Roque da Guarda)

    A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

    • do 14/02/2020 ao 17/02/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

    O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:

    • 14/02/2020 que será horario só de mañá

    Para solicitar cita previa:
    • Por teléfono: 902 30 90 00
    • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
    NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
    Ampliar contenido
  • Abierta la inscripción del Trail Muiños do Folón 2020

    Fecha desde el 16 de Enero de 2020
    hasta el 02 de Marzo de 2020

    Se espera la presencia de muchos deportistas de Galicia y también del norte de Portugal.

    La tercera edición del Trail Muiños do Folón ya está en marcha con la apertura de las inscripciones que se pueden realizar a través de la página web championchipnorte.com . El 8 de marzo es el día en que se disputará esta prueba en O Rosal, considerada como una de las más espectaculares por el escenario en el que se desarrolla.
     
    La organización ha previsto de nuevo tres actividades. El recorrido Advance tendrá un recorrido de 21 kilómetros, mientras el Adventure será de 12 kilómetros. La primera prueba será valedera por primera vez para la Liga Pontevedra Trail League que se desarrollará a lo largo de todo el año. La competición en O Rosal tiene plazas limitadas.
     
    Se espera la presencia de muchos deportistas de Galicia y también del norte de Portugal.
    Ampliar contenido
  • FBAC arranca programa 2020 com exposições -Ilha dos Imortais-, -Global Make-Up Program- e -Confrontos-

    Fecha desde el 18 de Enero de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    Inauguração amanhã (sábado), 16h00, Museu Bienal de Cerveira

    Amanhã (sábado) 18 de janeiro, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira arranca a programação de 2020 com as exposições "Ilha dos Imortais" de Tereza Trigalhos, "Global Make-Up Program" de Zoran e "Confrontos" da APPACDM de Ponte de Lima. A inauguração terá lugar no Museu Bienal de Cerveira, às 16h00, e contará com a presença dos artistas representados.

    De créditos firmados no panorama da arte contemporânea nacional e internacional, contando com mais de 70 exposições individuais, os artistas Tereza Trigalhos e Zoran dão a conhecer a sua obra na "Vila das Artes".
    Para Tereza Trigalhos o objetivo da mostra "Ilha dos Imortais" consiste em "perpetuar a liberdade" através de "um apelo a que os seres se tornem livres e que não fiquem agarrados àquilo que nos querem impor". Segundo o crítico de artes plásticas da A.I.C.A, Edgardo Xavier, "tudo na pintura de Tereza Trigalhos nos remete para as dicotomias e para o radicalismo dos excessos: a forma e a cor, a dinâmica do gesto e a composição antropocêntrica, mediunidade entre o real e o transcendente...".
    Por sua vez, a mostra de Zoran apresenta, nas palavras do diretor coordenador do MAC - Movimento Arte Contemporânea e Ensino, Álvaro Lobato de Faria, "um entendimento globalmente vivido e vivenciado por cada um de nós quotidianamente, em que cada indivíduo é, talvez, o seu único passivo, acrítico e impudico espectador".
    Este sábado contará, ainda, com a inauguração da exposição "Confrontos" e uma performance dos alunos da APPACDM (Associação Portuguesa de Pais e Amigos do Cidadão Deficiente Mental) de Ponte de Lima. Segundo a entidade, a mostra debruça-se sobre os confrontos vividos por diversos autores sejam individuais, únicos e irrepetíveis, onde as intenções rumam à construção de projetos de vida e nos transportam para novos mundos, recorrendo à pintura, à cerâmica e diversas técnicas mistas.


    BIOGRAFIA DOS ARTISTAS

    Tereza Trigalhos
    Nasceu em Paços de Ferreira em 1952. É licenciada em Pintura pela Escola Superior de Belas Artes do Porto. É membro de ANAP/ AIAP (UNESCO) - Associação Nacional dos Artistas Plásticos. Participou em inúmeras exposições coletivas e realizou mais de 70 exposições individuais em Portugal e no estrangeiro, em países como Espanha, Brasil e Estados Unidos da América. Encontra-se representada em coleções institucionais e particulares e galerias nacionais e estrangeiras.

    Zoran
    Nasceu no Belgrado, Jugoslávia em 1952. Curso de Pintura - ESBA de Belgrado. Especializou-se em Tecnologias da Pintura Medieval sobre madeira, vindo a ser proclamado membro honorário da Academia Russa de Belas-Artes de Moscovo, em 1991.É membro da ANAP/ AIAP (UNESCO) - Associação Nacional dos Artistas Plásticos.
    Participou em inúmeras mostras coletivas e realizou mais de 70 exposições individuais em vários países: Jugoslávia, Rússia, Portugal, Estados Unidos, Espanha, Alemanha.
    Encontra-se representado em coleções institucionais e particulares e galerias nacionais e estrangeiras.

     

     

    Datas: 18 de janeiro a 7 de março de 2020

    Local: Museu Bienal de Cerveira, Fórum Cultural de Cerveira

    Inauguração: 18 de janeiro (sábado), 16h00

    Horário: terça a sexta-feira: 15h00 às 19h00; sábados e feriados: 10h00 às 13h00; 15h00 às 19h00

    Ampliar contenido
  • As rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial de Tui pasarán a ser de sentido único dende esta fin de semana

    Fecha desde el 31 de Enero de 2020
    hasta el 02 de Marzo de 2020

    Con esta medida búscase mellorar a seguridade vial e axilizar o tráfico na zona de San Bartolomeu

    A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.

    Este días procederase ao pintado e colocación da sinalización correspondente. Amais o alcalde, Enrique Cabaleiro, informa que están a redactar un proxecto para proceder á humanización destes viais, contemplando a ampliación das beirarrúas, unha actuación que co dobre sentido de circulación non se podía acometer. Lembra o rexedor que se trata dun ámbito estratéxico xa que parte destas rúas forman parte do percorrido do Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Tui. Un bando municipal informa xa aos veciños deste cambio de tráfico na zona de San Bartolomeu.

    As paradas do autobús estarán dende o 3 de febreiro na rúa Ourense
    O goberno municipal traballa tamén por outra parte na implantación doutros cambios que afectarán ás rúas Casal Aboy e Augusto González Besada. Así dende o próximo 3 de febreiro realizarase o cambio das paradas do autobús situadas no Paseo da Corredoira, que pasarán a situarse na rúa Ourense, de tal xeito que dende a Avenida da Concordia os autobuses xirarán cara a rúa Maristas e Ourense, onde se situarán as paradas.
    Ampliar contenido
  • Prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020

    Fecha desde el 23 de Enero de 2020
    hasta el 10 de Marzo de 2020

    O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo del 2020.

    O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que dende o día 21 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.

    Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2017 e 31 de decembro de 2017 (inclusive) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2018, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

    O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo del 2020.

    Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves. Teléfono 986 61 0000 ext.4020

    Ampliar contenido
  • Publicado o prazo para solicitar as axudas por fillo ou filla menor de tres anos

    Fecha desde el 24 de Enero de 2020
    hasta el 10 de Marzo de 2020

    A presentación das solicitudes comezará o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos

    A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG do 20 de xaneiro de 2020, o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos; unha axuda da que poderán beneficiarse as persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos.

    Outro dos requisitos para beneficiarse destas axudas é que, durante o ano 2018, ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar, presentasen a declaración da Renta nin estivesen obrigadas a presentala.

    O prazo de presentación das solicitudes comezará o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

    No Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño (teléfono 986 62 32 11) pode recollerse o impreso de solicitude necesario para pedir as axudas.
    Ampliar contenido
  • A Guarda pon en valor a figura de Rosalía de Castro con varias actividades

    Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
    hasta el 08 de Marzo de 2020

    Unha exposición de fotografías de Xurxo Lobato repasará a vida e obra de Rosalía de Castro

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía(24 de febreiro de 2020).

    A primeira das actividades programadas consistirá na exposición de fotografía "Airiños Aires Rosalía", que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro, unha mostra na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela.

    A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade.

    O autor da obra, Xurxo Lobato explica que esta exposición é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".

    A inauguración terá lugar o sábado 8 de febreiro ás 20h. no andar baixo da Casa dos Alonso e contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e gran estudoso da súa figura.

    Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro

    Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.

    A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYA

    Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9

    Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes

    Ampliar contenido
  • Publicadas as Bases de participación no Desfile-Concurso de Entroido 2020 na Guarda

    Fecha desde el 11 de Febrero de 2020
    hasta el 20 de Febrero de 2020

    As inscricións realizaranse entre o 11 e o 20 de febreiro, ben no rexistro municipal(en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres) ou na sede electrónica

    O Concello da Guarda ven de facer pública esta mañá as Bases de Participación no Desfile-Concurso de Entroido 2020, que terá lugar o vindeiro martes día 25 de febreiro ás 17:30h dende a Praza de San Bernardo("Esquina Famosa") e que percorrerá as rúas Galicia e Rosalía de Castro ata a Alameda da Guarda, co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade.

    As bases de participación se poden consultar na web municipal www.aguarda.es e na sede electrónica http://aguarda.sedelectronica.gal/info.0. sendo preciso cubrir o formulario de participación e a documentación solicitada e formalizar a inscrición entre o 11 e o 20 de febreiro, ben no rexistro municipal(en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres) ou na sede electrónica. Poderán remitirse inscricións por vía postal, seladas na oficina de Correos sobre o propio impreso de solicitude, de xeito que quede constancia da entrega dentro do prazo establecido. Para garantir este feito, rógase adiantar por email a cultura@aguarda.es a copia da solicitude selada na oficina de Correos. Ó igual que o resto de solicitudes, estas inscricións só terán validez se veñen acompañadas da documentación obrigatoria.

    Ao igual que en anos anteriores contarase con varias categorías de participación, con opción a compensación económica ou libre, destacando as carrozas, as comparsas ou os grupos, con premios que superan en total os 3.000€.

    A Concellería de Cultura quere animar un ano máis á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos, a participar no desfile de Entroido, aínda que non sexa na modalidade concurso, para encher de colorido as nosas rúas nun ambiente festivo e de lecer.

    DESCARGAR BASES AQUÍ

     

    Ampliar contenido
  • Unha exposición fotográfica percorre dende este sábado na Guarda a vida de Rosalía de Castro

    Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
    hasta el 08 de Marzo de 2020

    Na inauguración o 8 de febreiro contarase coa presencia do fotógrafo Xurxo Lobato e do presidente da Casa de Rosalía, Anxo Angueira.

    O vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:00h a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da Exposición "Airiños aires, Rosalía", unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela, contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, ademais de poeta e gran coñecedor da obra e figura rosaliana.
    A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade. "Airiños Aires, Rosalía", permítenos emprender unha viaxe singular a partires das primeiras constancias da vida da escritora, como a pía de Santiago de Compostela onde recibiu o bautismo, localizada no Hostal dos Reis Católicos, para avanzar cara os seus referentes clásicos, o terreo rosaliano por excelencia: Compostela, Lestrobe, Padrón..., as Terras de Iria que en tantos poemas cantou. A Casa da Matanza, espazo senlleiro na vida de Rosalía e epicentro actual da cultura rosaliana, ocupa tamén un importante espazo nunha mostra que rexistra tamén reflexos máis fugaces da súa vida froito das súas estadías en Madrid e Simancas, seguindo os pasos profesionais do seu marido, Manuel Murguía. Na última parte da exposición,"Airiños Aires, Rosalía" distánciase dos emprazamentos físicos para atender as recreación artísticas desta icona da cultura galega. Desde figuracións clásicas en forma de retratos e esculturas, ata outras creacións máis apegadas á modernidade, que dan conta da profunda pegada que a autora deixou na nosa cultura e da continua reinterpretación que provoca a súa figura para adaptarse aos novos usos e costumes.
    O autor da obra, Xurxo Lobato explica que esta exposición é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".
    O fotógrafo manifesta que "nestes tempos cómpre reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade". E sinala que estas fotos "queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra".
    Xurxo Lobato é un fotógrafo galego nado no ano 1956 na Coruña e que ten publicado fotografías en numerosos medios e axencias de comunicación a nivel nacional e internacional, recibindo varios premios polo seu traballo de periodismo gráfico ou fotoperiodismo.
    Anxo Angueira nado en Dodro no ano 1961 é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro dende o ano 2012. É o autor de varios libros de diferentes xéneros como a narrativa, a poesía e o ensaio, destacando pola súa obra Pensa Nao(1999), pola que recebe o Premio Xerais na categoría de novelas.
    A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso dende este sábado ata o 8 de marzo en horario de Luns a Venres de 8:00 a 15:00h e as fins de semana en horario de 11:00h a 14:00 e de 16:00h a 19:00h
    Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro
    Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.
    A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYA
     
     
    Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9
     
     
    Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes
    Ampliar contenido
  • Cerveira recorda -Morangos com Açúcar- com palestra e espetáculo musical

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Febrero de 2020

    A palestra está agendada para as 10h00 desta sexta-feira, 14 de fevereiro, no Cineteatro de Cerveira.

    Enquadrada na Prova de Aptidão Profissional de Marta Fernandes, aluna finalista do curso Técnico de Comunicação e Serviço Digital, da ETAP - Escola Profissional, Vila Nova de Cerveira recebe, sexta-feira, 14 de fevereiro, as atrizes Mafalda Matos e Carla Vasconcelos para promover uma conversa sobre a adolescência e protagonizar um tributo à série juvenil ‘Morangos com Açúcar'. A receita angariada com o evento ‘Geração Morangos' reverte na totalidade para a Liga Portuguesa Contra o Cancro.

    Ao longo de nove temporadas, entre agosto de 2003 e setembro de 2012, ‘Morangos com Açúcar' foi a série juvenil com maior sucesso quer a nível nacional quer internacional, chegando ao Brasil, por retratar o quotidiano e crescimento dos jovens, nomeadamente os hábitos, os gostos, as maneiras de estar, os pensamentos e os problemas.

    Com o objetivo de perceber o impacto desta série no dia a dia dos jovens, assim como de incentivar a uma reflexão mais atual sobre várias temáticas importantes que surgem no período da adolescência, em particular as decisões e as consequências das ações, as atrizes Mafalda Matos e Carla Vasconcelos, isto é, a "Sofia" da temporada 4 e a "Papoila" da temporada 6, são as oradoras de uma palestra com apresentação de testemunhos e auscultação das preocupações dos jovens, sem esquecer uma abordagem à luta contra o cancro. A palestra está agendada para as 10h00 desta sexta-feira, 14 de fevereiro, no Cineteatro de Cerveira.

    O evento termina à noite, pelas 21h00, com a realização de um tributo à série juvenil portuguesa ‘Morangos com Açúcar'. Com a presença de grupos de canto, zumba e participantes solos, o espetáculo musical pretende relembrar algumas das músicas mais marcantes da série, e que conta com a participação da atriz Mafalda Matos, que interpretou o papel de "Sofia", uma jovem energética, determinada e expontânea.

    Os interessados em assistir ao espetáculo podem adquirir e/ou reservar os bilhetes na secretaria da ETAP - Vila Nova de Cerveira ou através das redes socias Instagram "Geração Morangos" (@geracaomorangos20) e Facebook "Geração Morangos", por um valor simbólico de 2,5 euros, ou no próprio dia no Cineteatro de Cerveira. Organizado pela aluna, com o apoio da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, o evento reveste-se de um forte cariz solidário, com a verba angariada a ser canalizada na totalidade a favor da Liga Portuguesa Contra o Cancro.
    Ampliar contenido
  • Unidad móvil de donación de sangre en Tui el viernes 14 y sábado 15 de febrero

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 15 de Febrero de 2020

    ¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.

    VIERNES 14
    TUI

    UNIDADE MOBIL NA CALLE
    ALCALDE CASAL ABOY (AO
    CARON DO CENTRO DE
    SAUDE NOVO)
    10:00 - 14:00
    16:00 - 21:00

    SÁBADO 15
    TUI

    UNIDADE MOBIL NA CALLE
    ALCALDE CASAL ABOY (AO
    CARON DO CENTRO DE
    SAUDE NOVO)
    10:00 - 15:00

    Ampliar contenido
  • Unha andaina guiada permitirá coñecer este sábado a pegada xacobea no Camiño de Santiago na Guarda

    Fecha desde el 07 de Febrero de 2020
    hasta el 15 de Febrero de 2020

    O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto -O Camiño Aguárdate-, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

    O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto "O Camiño Aguárdate", coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    Desta volta trátase dunha andaina guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio. A andaina sairá ás 10:00h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00h, contando con prazas limitadas.

    As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición no formulario online: https://forms.gle/8pCWKcpcqHX6eNJPA

    Desta volta Xavier Crespo, profesor de historia do IES A Sangriña da Guarda e ex-concelleiro de Patrimonio do municipio, fará de guía amosando a pegada xacobea agochada na arquitectura e paisaxe ó longo do Camiño ó seu paso pola Guarda.

    Esta andaina, continúa co ciclo de "xornadas" que xa se iniciaron o pasado 25 e 26 de xaneiro, onde os participantes percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantaron árbores autóctonas. Desta volta a actividade amosará o camiño dende diferentes perspectivas baixo o nome Falemos do camiño, convidando á poboación local a participar en charlas, coloquios e seminarios que axuden a coñecer os valores, históricos, turísticos e espirituais.

    Ampliar contenido
  • Ludoteca de entroido en Oia para nenos e nenas de 3 a 12 anos

    Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
    hasta el 24 de Febrero de 2020

    Do 24 ao 26 de febreiro, os pequenos e pequenas participantes poderán divertirse no seu tempo libre facendo traballos manuais e gozando con xogos populares, maquillaxe e disfraces.

    O CEIP Mestre Manuel García acollerá unha ludoteca de entroido para facilitar a conciliación familiar durante os días de vacacións escolares. A iniciativa está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar e conta coa colaboración do Concello de Oia.

    As actividades están orientadas aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Do 24 ao 26 de febreiro, os pequenos e pequenas participantes poderán divertirse no seu tempo libre facendo traballos manuais e gozando con xogos populares, maquillaxe e disfraces.

    A ludoteca de entroido ten un prezo de 25 euros para os tres días, aínda que tamén existe a opción de ir días soltos (10 euros cada día). As prazas son limitadas. Máis información e inscricións en info@manunu.es e no teléfono 619.96.11.80

    Ampliar contenido
  • Carnaval e Entroido tradicional conviven no Rosal

    Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Febrero de 2020

    O habitual concurso do desfile contará este ano cun premio especial co que recuperar o entroido nos barrios

    Recuperar as raíces ancestrais sen renunciar ás novas tradicións. Ese é o obxectivo do Concello do Rosal, que este ano ten traballado para que Carnaval e Entroido tradicional convivan dun xeito harmonioso nunha festa "con grande arraigo, trascendencia e seguimento social, unha festa que alimenta o bo ambiente e materializa esa retranca que tanto nos caracteriza", salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández. Por este motivo, ademais do habitual concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se fallará tras o desfile do domingo 23 (11.00 h), este ano haberá un premio especial ao entroido tradicional do Rosal. "Queremos recuperar o entroido por barrios e recoñecer e visibilizar o gran traballo que fai toda a veciñanza implicada, xerando inercias positivas que se trasladen ao ámbito social e educativo. E para conseguir que o entroido perdure é fundamental que o sintamos como parte das nosas vidas, como parte de nós mesmos", recalca.

    Dúas realidades que conviven xa hoxe en día, grazas ao entroido tradicional que se celebra en barrios como Fornelos e Novás, que comezarán coa programación de carnaval o domingo pola tarde. Grazas á implicación da veciñanza e das comisións de festas, en Fornelos haberá ao longo da tarde pasarrúas, inchables, toro mecánico e verbena, mentres que en Novás a subida do maio, os xogos populares e o chocolate quente e a rosca serán os protagonistas da tarde do domingo. Luns e martes estes barrios celebran ademais dúas das actividades tradicionais máis esperadas por veciños e veciñas, a ‘Corrida do galo' (luns) e as ‘Frixidelas' (martes).

    Dende o Concello quérese "agradecer á veciñanza o labor por conservar estas festas e toda a historia que teñen detrás, con actividades tradicionais que foron capaces de sobrevivir e manterse co paso do tempo, con rivalidades curiosas e sans ente barrios que aínda hoxe perduran, como a coñecida entre Fornelos e Novás".

    As persoas interesadas en inscribirse nalgunha das modalidades do concurso deste Entroido 2020 poderán facelo ata as 14.00 h do venres 14 de febreiro.
    Ampliar contenido
  • Convocado o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2020

    Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
    hasta el 29 de Febrero de 2020

    Establécese un único premio dotado con 700?. Os traballos poden enviarse até o 29 de febreiro

    O Concello de Tui vén de convocar o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2020, que se van celebrar do 11 ao 20 de abril.

    A convocatoria está aberta a artistas plásticos, creadores ou persoas interesadas que terán de prazo até o 29 deste mes de febreiro, ás 14 h, para presentar un máximo de tres obras orixinais e inéditas. Nas mesmas deberá figurar "FESTAS DE SAN TELMO , TUI, DE 11 A 20 DE ABRIL DE 2020. Festas declaradas de interese turístico galego". Amais figurará o escudo oficial da cidade de Tui, xunto ao nome da entidade, Excmo. Concello de Tui.

    O xurado terá en conta na súa valoración que "o cartel identifique na súa expresión gráfica á cidade e as festas de San Telmo" reflectindo os valores que se expresan para as Festas de San Telmo, centrados principalmente na devoción a San Telmo, a participación popular, a tradición secular, a accesibilidade universal á festa e á cultura, a igualdade e a proxección exterior da cidade. Así nas bases do concurso recóllese que "estes obxectivos plasmaranse na composición dos traballos, reflectindo un espírito festivo con marcada orientación publicitaria e artística e de promoción, tanto das festas anunciadas como da propia cidade de Tui".

    O carteis, cun tamaño de 50 x 70 centímetros, poderán realizarse en técnica e cores libres, pero deberase ter en conta que a impresión do gañador realizarase en cuatricromía. O cartel presentarase baixo lema no Rexistro da casa do concello ou na Biblioteca Pública Municipal. Achegarase en formato dixital, xunto coa documentación requirida, e impreso sobre un bastidor ríxido de cartón pluma sen molduras ou cristal.
    Establecese un único premio de 700 € e diploma.

    Con todos os carteis presentados a concurso e que cumpran o establecido nas bases do mesmo realizarase unha exposición.

    As bases completas deste concurso pódense consultar na web municipal.
    Ampliar contenido
  • A Exposición fotográfica -15 visións - Express-Arte- estará ata o 17 de febreiro no Mercado de Tomiño

    Fecha desde el 09 de Febrero de 2020
    hasta el 17 de Febrero de 2020

    A mostra, situada no 1º andar do Mercado Municipal e incluída na Axenda de Primavera, recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero

    O Concello de Tomiño acolle até o 17 de febreiro próximo a exposición fotográfica "15 visións - Express-Arte", creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

    A mostra, situada no 1º andar do Mercado Municipal e incluída na Axenda de Primavera, recolle o traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como "A Gioconda", de Leonardo da Vinci, ou "La maja vestida", de Goya. Ditas fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas nesas imaxes.

    Ampliar contenido
  • Especial - A vida de Rosalía de Castro plasmada a través das fotografías de Xurxo Lobato na Guarda

    Fecha desde el 11 de Febrero de 2020
    hasta el 08 de Marzo de 2020

    A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo

    A Casa dos Alonso acolleu o pasado sábado o acto de inauguración da Exposición "Airiños aires, Rosalía", contando coa presenza do fotografo Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, así coma o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e máis de medio cento de asistentes.

    "Airiños aires, Rosalía", é unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela .
     
    A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán ata o 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade. "Airiños Aires, Rosalía", permítenos emprender unha viaxe singular a partires das primeiras constancias da vida da escritora, como a pía de Santiago de Compostela onde recibiu o bautismo, localizada no Hostal dos Reis Católicos, para avanzar cara os seus referentes clásicos, o terreo rosaliano por excelencia: Compostela, Lestrobe, Padrón..., as Terras de Iria que en tantos poemas cantou. A Casa da Matanza, espazo senlleiro na vida de Rosalía e epicentro actual da cultura rosaliana, ocupa tamén un importante espazo nunha mostra que rexistra tamén reflexos máis fugaces da súa vida froito das súas estadías en Madrid e Simancas, seguindo os pasos profesionais do seu marido, Manuel Murguía. Na última parte da exposición,"Airiños Aires, Rosalía" distánciase dos emprazamentos físicos para atender as recreación artísticas desta icona da cultura galega. Desde figuracións clásicas en forma de retratos e esculturas, ata outras creacións máis apegadas á modernidade, que dan conta da profunda pegada que a autora deixou na nosa cultura e da continua reinterpretación que provoca a súa figura para adaptarse aos novos usos e costumes.

    O autor da obra, Xurxo Lobato, fixo unha visita guiada aos asistentes da inauguración, explicando cada imaxe e indicando que é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".

    O fotógrafo manifestou que "nestes tempos cómpre reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade". E sinala que estas fotos "queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra".

    Xurxo Lobato é un fotógrafo galego nado no ano 1956 na Coruña e que ten publicado fotografías en numerosos medios e axencias de comunicación a nivel nacional e internacional, recibindo varios premios polo seu traballo de periodismo gráfico ou fotoperiodismo.

    Anxo Angueira nado en Dodro no ano 1961 é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro dende o ano 2012. É o autor de varios libros de diferentes xéneros como a narrativa, a poesía e o ensaio, destacando pola súa obra Pensa Nao(1999), pola que recebe o Premio Xerais na categoría de novelas. Na súa intervención valorou moi positivamente esta exposición e o traballo do fotografo para plasmar a vida e os lugares rosalianos, indicando a súa satisfacción por que, cada día, máis concellos "fagan súa" a Rosalía e ao seu legado.

    A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo en horario de Luns a Venres de 8:00 a 15:00h e as fins de semana en horario de 11:00h a 14:00 e de 16:00h a 19:00h

    Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro na Guarda
    Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.

    A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYA

    Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9

    Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes
     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    •	A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo

     
     
     
    Ampliar contenido
  • Ata o 20 de febreiro ábertas as inscricións para o Desfile de Entroido 2020 na Guarda

    Fecha desde el 11 de Febrero de 2020
    hasta el 20 de Febrero de 2020

    As inscricións para participar estarán abertas do 11 ao 20 de febreiro, con axudas á participación de mais de 3,000?

    O Concello da Guarda abre este martes día 11 de febreiro o prazo de inscrición para participar no Desfile de Entroido 2020, que terá lugar o Martes 25 de febreiro ás 17:30h da tarde dende a Praza de San Bernardo("Esquina Famosa") e que percorrerá as rúas Galicia e Rosalía de Castro ata a Alameda da Guarda.

    Este ano, co obxectivo de manter a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade, retirouse a modalidade de concurso, convertendo os premios existentes en axudas á participación, para fomentar que se incorporen ao desfile familias, grupos de amigos, asociacións, comparsas e carrozas, superando en total os 3.000€ en axudas.

    As bases de participación se poden consultar na web municipal www.aguarda.es e na sede electrónica http://aguarda.sedelectronica.gal/info.0. sendo preciso cubrir o formulario de participación e a documentación solicitada e formalizar a inscrición entre o martes 11 e o xoves 20 de febreiro, ben no rexistro municipal(en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres) ou na sede electrónica.

    Poderán remitirse inscricións por vía postal, seladas na oficina de Correos sobre o propio impreso de solicitude, de xeito que quede constancia da entrega dentro do prazo establecido. Para garantir este feito, rógase adiantar por email a cultura@aguarda.es a copia da solicitude selada na oficina de Correos. Ó igual que o resto de solicitudes, estas inscricións só terán validez se veñen acompañadas da documentación obrigatoria.

    A Concellería de Cultura quere animar un ano máis á xente da vila da Guarda, con especial mención ós nosos nenos, a participar no desfile de Entroido, para encher de colorido as nosas rúas nun ambiente festivo e de lecer e recuperar unha das festas con máis tradición do noso municipio.

    DESCARGAR BASES AQUÍ

     

    Ampliar contenido
  • Concerto de Música Galaico-Portuguesa este venres en Camposancos

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Febrero de 2020

    Venres 14 de febreiro ás 20:30h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos

    Si o pasado venres no salón de actos da Casa da Comunidade de montes de Camposancos, como todos os primeiros venres de mes, disfrutamos en "Música e palabras" de hora e media de mui selecta música, de poesía, historietas.., para o próximo día 14 de febreiro de 2020 as 20.30 horas
    co galo do día dos Namorados haberá un concerto de música galaico - portuguesa a cargo de :

    O trio "OS MENINOS" integrado por Magdalena Gamallo (voz), Bieito Álvarez (guitarra e contrabaixo) e Roberto Marqués (guitarra).

    A entrada é de-balde ata completar aforo.

    Ampliar contenido
  • Contraproducións presenta este venres no Teatro Municipal -A compañeira de piso-

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Febrero de 2020

    É a primeira adaptación da obra por Jen Silverman fóra dos escenarios norteamericano

    O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 14 de febreiro, ás 21.30 h, a representación de "A compañeira de piso" da man de Contraproducións.
    Trátase da primeira adaptación da obra por Jen Silverman, fóra dos escenarios norteamericanos. Está dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó e realizada en coprodución co Centro Dramático Galego.

    As actrices Patricia Vázquez e Rebeca Montero dan vida a dúas mulleres, completamente diferentes, que comparten casa. Sharon, interpretada por Patricia Va?zquez, é unha ama de casa de cincuenta e pico anos que tras divorciarse publica un anuncio para compartir a su?a casa no corazo?n do rural de Iowa. Responde ao súa oferta Robyn, a quen da vida Rebeca Montero, que é completamente diferente a ela: lesbiana, vegana, chegada do Bronx... É comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

    Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.

    As entradas están á venda en www.culturatui.info até o venres ás 12 h ou o venres dende ás 20 h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 5€.
    Ampliar contenido
  • Fernando Seadur presenta en Tui a súa mostra fotográfica -As raigañas do Entroido-

    Fecha desde el 12 de Febrero de 2020
    hasta el 29 de Febrero de 2020

    O Mércores ás 10.30 h haberá unha presentación a cargo do propio autor. Poderá visitarse até o sábado 29.

    O anexo da Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica acolle até o sábado, 29 de febreiro, a mostra "As raigañas do Entroido" do fotógrafo Fernando Seadur.

    O mércores, 12 de febreiro, ás 10.30 h haberá unha presentación da mostra a cargo do propio autor, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.

    Nesta exposición reúnese unha pequena escolma do amplo arquivo, integrado por máis de 80 mil fotografías, sobre o Entroido galego realizadas por Fernando Seadur.

    Fernando Seadur ten percorrido durante anos cada recuncho de Galicia inmortalizando coa súa cámara o Entroido máis rural e tradicional. Pero tamén ten fotografado romarías, curros e outras tradicións.

    Este fotógrafo é natural da aldea de Seadur, no concello ourensán de Larouco, nome que emprega coma apelido profesional, e na actualidade está afincado en Gondomar.

    A mostra está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, dependente da Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui.

    A exposición pode visitarse de luns a venres de 9:30h a 14.00 h e de 15.30 h a 21:00 h, e os sábados de 9:30 h a 14:00 h.
    Ampliar contenido
  • A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado dun novo treito de 8 quilómetros da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, entre Sobrada e Estás, no concello de Tomiño

    Fecha desde el 13 de Febrero de 2020
    hasta el 25 de Marzo de 2020

    Este treito deséñase con características de autovía, con 5 enlaces, 7 novas rotondas, 5 viadutos e un total de 10 pasos superiores e inferiores

    • Este treito deséñase con características de autovía, con 5 enlaces, 7 novas rotondas, 5 viadutos e un total de 10 pasos superiores e inferiores
    • Destaca a proxección dun falso túnel de 260 metros de lonxitude para restituír as vías existentes á mesma cota e preservar a senlleira escola indiana ‘Aurora del Porvenir'
    • A conselleira lembra que a vindeira semana remata o prazo de presentación de ofertas para executar o novo enlace da VAP coa A-55 e co polígono de Areas, licitada pola Xunta cun investimento de 21,2 millóns de euros

    A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe do inicio do proceso de información pública do novo treito da vías de altas prestacións de Tui-A Guarda ao seu paso polo concello de Tomiño, entre Estás e a estrada autonómica PO-350 en Sobrada, e que hoxe se anuncia no Diario Oficial de Galicia a efectos expropiatorios e avaliación de impacto ambiental.

    A conselleira explicou que se trata do treito intermedio da vía de altas prestacións, unha autovía de 8 quilómetros de novo trazado, para a que se prevé un investimento da Xunta de 72,8 M€, que se eleva aos 78,5 M€ coas expropiacións das preto de 1.000 fincas afectadas.

    Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentou a actuación coa alcadesa, Sandra González, e precisou que desde mañá e ata o 25 de marzo os veciños e interesados poderán trasladar as súas achegas.

    A partir de aí continuaranse os trámites de análise das propostas recibidas para a aprobación definitiva do trazado e impacto ambiental a principios do vindeiro ano.

    Este treito da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, que unirá o núcleo de Estás coa estrada autonómica PO-350 á altura da Sobrada, terá características de autovía, con dobre carril en ambos os sentidos e cunha velocidade de proxecto de 100 km/ hora. Ethel Vázquez incidiu na utilidade que suporá esta intervención para os veciños de Tomiño, grazas á rede de enlaces deseñados ao longo dos seus algo máis de 8 km. A autovía disporá de 5 enlaces, o que ofrecerá unha gran conectividade coa rede local, suporá a construción de 7 novas rotondas, terá 5 viadutos dobres e 10 pasos, superiores e inferiores.

    A titular do departamento da Xunta salientou que no deseño da autovía se inclúe, como elemento singular, un falso túnel de 260 metros de lonxitude para restituír os viarios existentes á mesma cota, e preservar a nivel paisaxístico a senlleira escola indiana Aurora del Porvenir.

    A conselleira subliñou que esta actuación da Xunta permite avanzar no desenvolvemento por fases dunha infraestrutura estratéxica para a vertebración do Baixo Miño. Así referiuse á contratación do novo enlace coa A-55, que incorpora a conexión co polígono de Areas, licitada en xaneiro deste ano, cun investimento de 21,2 millóns de euros, para iniciar no verán. O prazo de recepción de ofertas das empresas, finaliza a próxima semana, o día 19.

    Avanzou que este ano redactarase tamén o proxecto construtivo que dará continuidade a esas actuacións ata a PO-350, en Tomiño. Ademais, informou dos traballos que se desenvolven no treito Estás-Goián, a chamada recta de Figueiró, analizando as alegacións para acadar o mellor deseño do desdobramento que se vai facer da estrada PO-552.

    Precisamente, tamén na PO-552, ao seu paso por Tomiño e Tui, o departamento que dirixe vai a realizar un investimento de máis de medio millón de euros para executar unha obra de mellora da seguridade viaria, enmarcada na estratexia de eliminación dos treitos de concentración de accidentes da Xunta. A intervención está agora mesmo en prazo de presentación de ofertas e están convocados para o mes de marzo os propietarios dos terreos para o levantamento de actas previas á ocupación, o que permitirá iniciar as obras no verán.

    Remarcou que o departamento que dirixe está a desenvolver toda unha programación realista e viable, abordada cos alcaldes da zona e axentes implicados, para os 14 km de trazado que restan para completar este eixe de comunicación estratéxico para as comunicacións do Baixo Miño. O Goberno galego puxo en servizo en 2014 o treito entre Goián e A Guarda, cun investimento de 60 M€ nos momentos de maiores restricións económicas da Xunta, lembrou.

    Unha vez completada a VAP Tui-A Guarda, apuntou, os tempos de percorrido acurtaranse a máis da metade entre Tui e Tomiño, pasando dos 19 minutos actuais a pouco máis de 9.

    Vázquez Mourelle expuxo que esta planificación vai acompañada de importantes compromisos de gasto nos vindeiros anos, como recollen os Orzamentos da Xunta para 2020, cunha partida de máis de 3 M€ para a VAP do Baixo Miño no presente exercicio, e futuros por máis de 50 M€.

    Ampliar contenido
  • Este venres celebrase na Guarda a XIII Gala do Deporte

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Febrero de 2020

    Comezará ás 20:30 horas no Centro Cultural, estará presentada polo xornalista Terio Carrera

    O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro venres día 14 de febreiro da gran festa do deporte guardés coa celebración da XIII edición da Gala do Deporte.

    Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

    A gala, que comezará ás 20:30 horas no Centro Cultural, estará presentada polo xornalista Terio Carrera, e están convidadas todas as asociacións, clubs e deportistas individuais da Guarda, así como todas aquelas persoas que desexen achegarse e participar na xornada de celebración e xuntanza do deporte guardés.
    Ampliar contenido
  • Bacalhau em Valença Tem Nome de Santo: São Teotónio

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 16 de Febrero de 2020

    Fim de Semana do Bacalhau em Valença

    É apreciador de Bacalhau? 14 a 16 de fevereiro, Bacalhau à São Teotónio é a proposta gastronómica de Valença. Valença é a grande referência da Peninsula Ibérica para comer bacalhau, aqui tem o carimbo da fama e tradição e é destino obrigatório dos bons garfos apreciadores do "fiel amigo".

    À mesa o bacalhau é rei em Valença, saboreado de tantas formas. Em prato ou em tapa é o produto gastronómico emblemático das 85 unidades de restauração valencianas.

    Em Valença Bacalhau é Santo
    O bacalhau à São Teotónio, é um prato de sabor genuíno digno do prazer dos deuses, com nome de santo, em homenagem ao primeiro santo português, natural de Valença.

    Há séculos que por Valença se apuram os sabores e a arte de apresentar as receitas de bacalhau. O bacalhau é um produto, há muito presente na gastronomia valenciana e que atrai, até nós, visitantes de toda a Península Ibérica para saborear as múltiplas formas de o confecionar.

    A Melhor Sopa de Portugal e Borrachinhos Conventuais
    Neste fim de semana não podia faltar o Caldo Verde de Valença, eleita uma das Maravilhas Gastronómicas de Portugal.

    Os "Borrachinhos de Valença", são uma sobremesa conventual tradicional e a proposta doce de Valença. Uma iguaria à base de pão, canela, açúcar e raspa de limão, bem encharcado numa calda digna dos deuses à base de mel, vinho tinto, canela, entre outros ingredientes.

    A iniciativa é da Câmara Municipal de Valença e do Turismo Porto Norte de Portugal.
    Ampliar contenido
  • O Rosal acolle este venres un Taller demostrativo de Cultivo de shiitake en madera

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Febrero de 2020

    Venres de febreiro ás 19:30h na CMVMC Sta. Mariña, O ROSAL Camiño da Salgosa, 2 - Rotea/Novás

    O Rosal acolle este venres un Taller demostrativo de Cultivo de shiitake en madera

    Venres de febreiro ás 19:30h na CMVMC Sta. Mariña, O ROSAL Camiño da Salgosa, 2 - Rotea/Novás

    Impartido por Miguel A. Rodríguez

    Ampliar contenido
  • Últimas prazas libres para a andaina guiada deste sábado na Guarda

    Fecha desde el 13 de Febrero de 2020
    hasta el 15 de Febrero de 2020

    A andaina sairá ás 10:00h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00h, contando con prazas limitadas.

    O Concello da Guarda informa das últimas prazas libres para participar na segunda das actividades do proxecto "O Camiño Aguárdate", coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

    Trátase dunha andaina guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    Desta volta Xavier Crespo, profesor de historia do IES A Sangriña da Guarda e ex-concelleiro de Patrimonio do municipio, fará de guía amosando a pegada xacobea agochada na arquitectura e paisaxe ó longo do Camiño ó seu paso pola Guarda. Unha excepcional oportunidade para coñecer máis polo miúdo a importancia do Camiño Portugués na Guarda e a súa relación coa vila e coas súas xentes, así como o seu legado patrimonial.

    A andaina sairá ás 10:00h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00h, contando con prazas limitadas.

    As inscricións continúan abertas a través do formulario online: https://forms.gle/8pCWKcpcqHX6eNJPA

    Esta andaina, continúa co ciclo de "xornadas" que xa se iniciaron o pasado 25 e 26 de xaneiro, onde os participantes percorrerán o Camiño de Santiago dende a Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e problemática das especies invasoras ó longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes prantaron árbores autóctonas. Desta volta a actividade amosará o camiño dende diferentes perspectivas baixo o nome Falemos do camiño, convidando á poboación local a participar en charlas, coloquios e seminarios que axuden a coñecer os valores, históricos, turísticos e espirituais.

    Ampliar contenido
  • Inscricións abertas na Guarda para un Curso de Monitor-a Actividades de Tempo libre

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 16 de Marzo de 2020

    O Curso realizarase as fins de semana e comezará no vindeiro mes de marzo.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Xuventude e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, ven de abrir o prazo de inscricións para un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre que comezará no vindeiro mes de marzo.

    Este curso inclúe formación específica en atención á diversidade e ten un prezo de 255€ para persoas en situación de desemprego e de 275€ en tarifa ordinaria, coa posibilidade de fraccionar os pagos en dous prazos.

    O Curso realizarase as fins de semana, en horario de 9:00h a 14:00h e de 15:30h a 20:30h os sábados e os domingos en horario de 9:00h a 14:00h, impartido pola Escola de Tempo Libre Koremi.

    As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición a través do formulario online: https://forms.gle/qNXZjvSgcxcpf9HK6 ou contactando coa OMIX da Guarda no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

    Inscríbete aquí

    Ampliar contenido
  • Este venres inaugúrase en Tui a exposición fotográfica -Camiño de Santiago e identidade europea-

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Marzo de 2020

    O acto correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e do responsable do Centro de Estudos Hispánicos da Universidade de Ratisbona, Pedro Álvarez Olañeta.

    O venres, 14 de febreiro, ás 20 h terá lugar a inauguración da exposición fotográfica "Camiño de Santiago e identidade europea" na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.

    O acto correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e do responsable do Centro de Estudos Hispánicos da Universidade de Ratisbona, Pedro Álvarez Olañeta.

    "Camiño de Santiago e identidade europea" é unha exposición fotográfica que realiza un percorrido polos Camiños de Santiago como "Primeiro itinerario cultural europeo", declaración que recibiron en 1987 polo Consello de Europa. Estas vías xacobeas constitúen dende hai máis dun milenio a expresión vida da identidade europea.

    Tras a desaparición do chamado ‘Pano de Aceiro' en 1989 reaviváronse as conexións entre Pilsen, Capital Europea da Cultura de 2015 (República Checa), e Ratisbona (Alemaña) xurdindo así novas relacións, como as irmandades entre as dúas cidades, os seus bispados e universidades, incluíndo os centros culturais españois que existían previamente nelas. Poucos anos despois, en 2004, a Asociación Xacobea de Franconia marcou o tramo do Camiño Oriental de Baviera, no sur de Alemaña, dende Ratisbona ata o paso fronteirizo de Eschlkam/Všeruby e a Asociación Xacobea checa ‘Ultreia', sinalizou o Camiño desde Praga ata a fronteira checo-alemá. Dende entón, unha e outra vez, individualmente ou en grupos, os peregrinos de ambos países emprenden o Camiño nas dúas bandas da fronteira. Moitas das imaxes da exposición tomáronse durante unha peregrinación checo-alemá con motivo do Día dos Católicos en 2014. Esta peregrinación na Europa central é unha expresión vida da identidade europea que atopa no Camiño de Santiago unha das súas principais expresións dende hai máis dun milenio.

    Para o Concello de Tui o Camiño de Santiago é un dos principais recursos de promoción da cidade, a presenza dun número crecente de peregrinos polo Camiño Portugués así o acreditan. Promover o papel de Tui neste contexto é sempre oportuno e realizar actividades que impliquen a proxección internacional das rutas de peregrinación sempre contribúe á sensibilización da cidadanía en torno ao Camiño de Santiago e a presenza de peregrinos na cidade, onde os de nacionalidade xermana ocupan o un lugar moi destacado.

    A exposición pode visitarse, de forma gratuíta, até o 14 de marzo. En horario de luns a venres de 9.30 h a 14.00 h e de 15.30 h a 21.00 h e os sábados de 9.30 h a 14.00 h.
    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido