Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • FBAC arranca programa 2020 com exposições -Ilha dos Imortais-, -Global Make-Up Program- e -Confrontos-

    Fecha desde el 18 de Enero de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    Inauguração amanhã (sábado), 16h00, Museu Bienal de Cerveira

    Amanhã (sábado) 18 de janeiro, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira arranca a programação de 2020 com as exposições "Ilha dos Imortais" de Tereza Trigalhos, "Global Make-Up Program" de Zoran e "Confrontos" da APPACDM de Ponte de Lima. A inauguração terá lugar no Museu Bienal de Cerveira, às 16h00, e contará com a presença dos artistas representados.

    De créditos firmados no panorama da arte contemporânea nacional e internacional, contando com mais de 70 exposições individuais, os artistas Tereza Trigalhos e Zoran dão a conhecer a sua obra na "Vila das Artes".
    Para Tereza Trigalhos o objetivo da mostra "Ilha dos Imortais" consiste em "perpetuar a liberdade" através de "um apelo a que os seres se tornem livres e que não fiquem agarrados àquilo que nos querem impor". Segundo o crítico de artes plásticas da A.I.C.A, Edgardo Xavier, "tudo na pintura de Tereza Trigalhos nos remete para as dicotomias e para o radicalismo dos excessos: a forma e a cor, a dinâmica do gesto e a composição antropocêntrica, mediunidade entre o real e o transcendente...".
    Por sua vez, a mostra de Zoran apresenta, nas palavras do diretor coordenador do MAC - Movimento Arte Contemporânea e Ensino, Álvaro Lobato de Faria, "um entendimento globalmente vivido e vivenciado por cada um de nós quotidianamente, em que cada indivíduo é, talvez, o seu único passivo, acrítico e impudico espectador".
    Este sábado contará, ainda, com a inauguração da exposição "Confrontos" e uma performance dos alunos da APPACDM (Associação Portuguesa de Pais e Amigos do Cidadão Deficiente Mental) de Ponte de Lima. Segundo a entidade, a mostra debruça-se sobre os confrontos vividos por diversos autores sejam individuais, únicos e irrepetíveis, onde as intenções rumam à construção de projetos de vida e nos transportam para novos mundos, recorrendo à pintura, à cerâmica e diversas técnicas mistas.


    BIOGRAFIA DOS ARTISTAS

    Tereza Trigalhos
    Nasceu em Paços de Ferreira em 1952. É licenciada em Pintura pela Escola Superior de Belas Artes do Porto. É membro de ANAP/ AIAP (UNESCO) - Associação Nacional dos Artistas Plásticos. Participou em inúmeras exposições coletivas e realizou mais de 70 exposições individuais em Portugal e no estrangeiro, em países como Espanha, Brasil e Estados Unidos da América. Encontra-se representada em coleções institucionais e particulares e galerias nacionais e estrangeiras.

    Zoran
    Nasceu no Belgrado, Jugoslávia em 1952. Curso de Pintura - ESBA de Belgrado. Especializou-se em Tecnologias da Pintura Medieval sobre madeira, vindo a ser proclamado membro honorário da Academia Russa de Belas-Artes de Moscovo, em 1991.É membro da ANAP/ AIAP (UNESCO) - Associação Nacional dos Artistas Plásticos.
    Participou em inúmeras mostras coletivas e realizou mais de 70 exposições individuais em vários países: Jugoslávia, Rússia, Portugal, Estados Unidos, Espanha, Alemanha.
    Encontra-se representado em coleções institucionais e particulares e galerias nacionais e estrangeiras.

     

     

    Datas: 18 de janeiro a 7 de março de 2020

    Local: Museu Bienal de Cerveira, Fórum Cultural de Cerveira

    Inauguração: 18 de janeiro (sábado), 16h00

    Horário: terça a sexta-feira: 15h00 às 19h00; sábados e feriados: 10h00 às 13h00; 15h00 às 19h00

    Ampliar contenido
  • Prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020

    Fecha desde el 23 de Enero de 2020
    hasta el 10 de Marzo de 2020

    O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo del 2020.

    O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que dende o día 21 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.

    Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2017 e 31 de decembro de 2017 (inclusive) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2018, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

    O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 10 de marzo del 2020.

    Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves. Teléfono 986 61 0000 ext.4020

    Ampliar contenido
  • Publicado o prazo para solicitar as axudas por fillo ou filla menor de tres anos

    Fecha desde el 24 de Enero de 2020
    hasta el 10 de Marzo de 2020

    A presentación das solicitudes comezará o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos

    A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG do 20 de xaneiro de 2020, o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos; unha axuda da que poderán beneficiarse as persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos.

    Outro dos requisitos para beneficiarse destas axudas é que, durante o ano 2018, ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar, presentasen a declaración da Renta nin estivesen obrigadas a presentala.

    O prazo de presentación das solicitudes comezará o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

    No Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño (teléfono 986 62 32 11) pode recollerse o impreso de solicitude necesario para pedir as axudas.
    Ampliar contenido
  • Tomiño conmemorará o Día da Muller cunha versión da obra de Ibsen, -Casa de Muñecas-

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    A compañía Estudo Momento traerá unha adaptación do clásico do dramaturgo ruso, predecesor dos movementos feministas, estreado con grande escándalo en Copenhague en 1879

    "1879. Casa de Bonecas", a innovadora proposta dos actores galegos Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, que revisa o clásico do autor Henrik Ibsen, chegará a Tomiño o SÁBADO 7 DE MARZO, en conmemoración do Día da Muller (8/3).

    A compañía Estudo Momento traerá unha adaptación do clásico do dramaturgo noruegués, predecesor dos movementos feministas, estreado con grande escándalo en Copenhague en 1879.

    Iria e Mejuto dan vida ao matrimonio Helmer, composto por Nora e Torvaldo, nunha proposta na que os actores realizan unha disección do matrimonio, das relacións de autoridade e da liberdade.

    Iria, que interpreta a Nora, un personaxe cualificado polos expertos como un dos primeiros berros feministas do teatro, afirma que "Nora non é unha heroína feminista, é un ser humano xeneroso que transcende o seu afán de desquite. Non é prisioneira nin do sistema, nin de Torvaldo; simplemente adquire lucidez, e consciencia de que quere".

    "1879. Casa de Bonecas" subiu a distintos escenarios de Galicia e Madrid revelándose coma un proxecto de profunda actualidade, onde os maridos e mulleres que ocupan as súas butacas, acaban opinando en directo sobre os personaxes. Trátase dun matrimonio que ilumina moito máis que a portada vital dela e a actitude paternalista del. É un proxecto que mira con lupa as relacións de autoridade entre persoas: familia, parella, amigos. Quen decide na túa vida como manexas os fíos da túa trama? Esa é a verdadeira pregunta que "1879. Casa de Bonecas" pon sobre a mesa.

    A función comezará ás 22.00h no Auditorio de Goián, con entrada de 5 euros, que poderán adquirirse dende unha hora antes na taquilla.

     

    Ampliar contenido
  • A Guarda pon en valor a figura de Rosalía de Castro con varias actividades

    Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
    hasta el 08 de Marzo de 2020

    Unha exposición de fotografías de Xurxo Lobato repasará a vida e obra de Rosalía de Castro

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía(24 de febreiro de 2020).

    A primeira das actividades programadas consistirá na exposición de fotografía "Airiños Aires Rosalía", que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro, unha mostra na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela.

    A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade.

    O autor da obra, Xurxo Lobato explica que esta exposición é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".

    A inauguración terá lugar o sábado 8 de febreiro ás 20h. no andar baixo da Casa dos Alonso e contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e gran estudoso da súa figura.

    Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro

    Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.

    A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYA

    Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9

    Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes

    Ampliar contenido
  • Unha exposición fotográfica percorre dende este sábado na Guarda a vida de Rosalía de Castro

    Fecha desde el 08 de Febrero de 2020
    hasta el 08 de Marzo de 2020

    Na inauguración o 8 de febreiro contarase coa presencia do fotógrafo Xurxo Lobato e do presidente da Casa de Rosalía, Anxo Angueira.

    O vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:00h a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da Exposición "Airiños aires, Rosalía", unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela, contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, ademais de poeta e gran coñecedor da obra e figura rosaliana.
    A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán do 8 de febreiro ao 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade. "Airiños Aires, Rosalía", permítenos emprender unha viaxe singular a partires das primeiras constancias da vida da escritora, como a pía de Santiago de Compostela onde recibiu o bautismo, localizada no Hostal dos Reis Católicos, para avanzar cara os seus referentes clásicos, o terreo rosaliano por excelencia: Compostela, Lestrobe, Padrón..., as Terras de Iria que en tantos poemas cantou. A Casa da Matanza, espazo senlleiro na vida de Rosalía e epicentro actual da cultura rosaliana, ocupa tamén un importante espazo nunha mostra que rexistra tamén reflexos máis fugaces da súa vida froito das súas estadías en Madrid e Simancas, seguindo os pasos profesionais do seu marido, Manuel Murguía. Na última parte da exposición,"Airiños Aires, Rosalía" distánciase dos emprazamentos físicos para atender as recreación artísticas desta icona da cultura galega. Desde figuracións clásicas en forma de retratos e esculturas, ata outras creacións máis apegadas á modernidade, que dan conta da profunda pegada que a autora deixou na nosa cultura e da continua reinterpretación que provoca a súa figura para adaptarse aos novos usos e costumes.
    O autor da obra, Xurxo Lobato explica que esta exposición é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".
    O fotógrafo manifesta que "nestes tempos cómpre reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade". E sinala que estas fotos "queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra".
    Xurxo Lobato é un fotógrafo galego nado no ano 1956 na Coruña e que ten publicado fotografías en numerosos medios e axencias de comunicación a nivel nacional e internacional, recibindo varios premios polo seu traballo de periodismo gráfico ou fotoperiodismo.
    Anxo Angueira nado en Dodro no ano 1961 é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro dende o ano 2012. É o autor de varios libros de diferentes xéneros como a narrativa, a poesía e o ensaio, destacando pola súa obra Pensa Nao(1999), pola que recebe o Premio Xerais na categoría de novelas.
    A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso dende este sábado ata o 8 de marzo en horario de Luns a Venres de 8:00 a 15:00h e as fins de semana en horario de 11:00h a 14:00 e de 16:00h a 19:00h
    Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro
    Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.
    A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYA
     
     
    Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9
     
     
    Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes
    Ampliar contenido
  • Especial - A vida de Rosalía de Castro plasmada a través das fotografías de Xurxo Lobato na Guarda

    Fecha desde el 11 de Febrero de 2020
    hasta el 08 de Marzo de 2020

    A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo

    A Casa dos Alonso acolleu o pasado sábado o acto de inauguración da Exposición "Airiños aires, Rosalía", contando coa presenza do fotografo Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, así coma o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e máis de medio cento de asistentes.

    "Airiños aires, Rosalía", é unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela .
     
    A través das cincuenta imaxes de gran formato que ocuparán ata o 8 de marzo a Casa dos Alonso da Guarda, a exposición traza a xeografía física, pero tamén emocional dunha autora que protagonizou un complexo peregrinar durante os seus corenta oito anos de existencia, ao mudar constantemente de residencia e de localidade. "Airiños Aires, Rosalía", permítenos emprender unha viaxe singular a partires das primeiras constancias da vida da escritora, como a pía de Santiago de Compostela onde recibiu o bautismo, localizada no Hostal dos Reis Católicos, para avanzar cara os seus referentes clásicos, o terreo rosaliano por excelencia: Compostela, Lestrobe, Padrón..., as Terras de Iria que en tantos poemas cantou. A Casa da Matanza, espazo senlleiro na vida de Rosalía e epicentro actual da cultura rosaliana, ocupa tamén un importante espazo nunha mostra que rexistra tamén reflexos máis fugaces da súa vida froito das súas estadías en Madrid e Simancas, seguindo os pasos profesionais do seu marido, Manuel Murguía. Na última parte da exposición,"Airiños Aires, Rosalía" distánciase dos emprazamentos físicos para atender as recreación artísticas desta icona da cultura galega. Desde figuracións clásicas en forma de retratos e esculturas, ata outras creacións máis apegadas á modernidade, que dan conta da profunda pegada que a autora deixou na nosa cultura e da continua reinterpretación que provoca a súa figura para adaptarse aos novos usos e costumes.

    O autor da obra, Xurxo Lobato, fixo unha visita guiada aos asistentes da inauguración, explicando cada imaxe e indicando que é "a miña humilde homenaxe a Rosalía de Castro, a quen considero escritora de referencia tanto na literatura galega como na española. Foi unha muller que non quixo restrinxirse ó ámbito doméstico. Escapou do rol tradicionalmente atribuído á muller e asumiu protagonismo como escritora nun tempo no que iso era navegar contra o vento e a marea. Relendo agora a Rosalía ollei unha intelectual, una feminista, unha galeguista, unha muller con gran conciencia social e política. Unha muller que sente o seu País, e que o sente con dor: a emigración, a inxustiza, a incomprensión de Castela... E unha muller que tamén ama a natureza".

    O fotógrafo manifestou que "nestes tempos cómpre reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade". E sinala que estas fotos "queren ser unha mirada nostálxica, evocadora da vida de Rosalía e da súa obra".

    Xurxo Lobato é un fotógrafo galego nado no ano 1956 na Coruña e que ten publicado fotografías en numerosos medios e axencias de comunicación a nivel nacional e internacional, recibindo varios premios polo seu traballo de periodismo gráfico ou fotoperiodismo.

    Anxo Angueira nado en Dodro no ano 1961 é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega e actual presidente da Fundación Rosalía de Castro dende o ano 2012. É o autor de varios libros de diferentes xéneros como a narrativa, a poesía e o ensaio, destacando pola súa obra Pensa Nao(1999), pola que recebe o Premio Xerais na categoría de novelas. Na súa intervención valorou moi positivamente esta exposición e o traballo do fotografo para plasmar a vida e os lugares rosalianos, indicando a súa satisfacción por que, cada día, máis concellos "fagan súa" a Rosalía e ao seu legado.

    A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo en horario de Luns a Venres de 8:00 a 15:00h e as fins de semana en horario de 11:00h a 14:00 e de 16:00h a 19:00h

    Outras actividades en torno á figura de Rosalía de Castro na Guarda
    Como en anos anteriores a Guarda terá moi presente a figura de Rosalía concentrando diferentes actividades abertas á participación cidadá para recordar a súa figura en torno a data de conmemoración do seu 183 aniversario, o 24 de febreiro.

    A seguinte das actividades será a iniciativa Caldo de Gloria, que pretende involucrar ós bares e restaurantes na conmemoración deste día. Esta iniciativa, que xa se realizou o pasado ano na nosa localidade, enmárcase no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema " Miña casiña, meu lar". Os establecementos poden complementar esta iniciativa convidando ós seus clientes a recitar temas de Rosalía durante estes días. Os establecementos interesados na iniciativa poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/m9hiNX9rJTJE2TSYA

    Pero non é ata o día 24 de febreiro que se conmemora en toda Galicia o Día de Rosalía, coincidindo co 183 aniversario do seu nacemento. Neste día, que nos coincide este ano co luns de entroido, terá lugar un sinxelo acto na Casa do Concello, no que convidamos á todo amante da obra de Rosalía a que se sume a unha lectura conxunta de poemas da autora. Será as 12h na Praza do Reló e todas as persoas interesadas en participar poden xa anotarse no Departamento de Cultura do Concello ou no formulario online: https://forms.gle/1VUJVrt81bVPhzKc9

    Por último revalidaremos a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes
     

    GALERÍA DE FOTOS

    Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

    •	A Exposición estará nos baixos da Casa do Alonso ata o 8 de marzo

     
     
     
    Ampliar contenido
  • A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado dun novo treito de 8 quilómetros da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, entre Sobrada e Estás, no concello de Tomiño

    Fecha desde el 13 de Febrero de 2020
    hasta el 25 de Marzo de 2020

    Este treito deséñase con características de autovía, con 5 enlaces, 7 novas rotondas, 5 viadutos e un total de 10 pasos superiores e inferiores

    • Este treito deséñase con características de autovía, con 5 enlaces, 7 novas rotondas, 5 viadutos e un total de 10 pasos superiores e inferiores
    • Destaca a proxección dun falso túnel de 260 metros de lonxitude para restituír as vías existentes á mesma cota e preservar a senlleira escola indiana ‘Aurora del Porvenir'
    • A conselleira lembra que a vindeira semana remata o prazo de presentación de ofertas para executar o novo enlace da VAP coa A-55 e co polígono de Areas, licitada pola Xunta cun investimento de 21,2 millóns de euros

    A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe do inicio do proceso de información pública do novo treito da vías de altas prestacións de Tui-A Guarda ao seu paso polo concello de Tomiño, entre Estás e a estrada autonómica PO-350 en Sobrada, e que hoxe se anuncia no Diario Oficial de Galicia a efectos expropiatorios e avaliación de impacto ambiental.

    A conselleira explicou que se trata do treito intermedio da vía de altas prestacións, unha autovía de 8 quilómetros de novo trazado, para a que se prevé un investimento da Xunta de 72,8 M€, que se eleva aos 78,5 M€ coas expropiacións das preto de 1.000 fincas afectadas.

    Vázquez Mourelle, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentou a actuación coa alcadesa, Sandra González, e precisou que desde mañá e ata o 25 de marzo os veciños e interesados poderán trasladar as súas achegas.

    A partir de aí continuaranse os trámites de análise das propostas recibidas para a aprobación definitiva do trazado e impacto ambiental a principios do vindeiro ano.

    Este treito da vía de altas prestacións de Tui-A Guarda, que unirá o núcleo de Estás coa estrada autonómica PO-350 á altura da Sobrada, terá características de autovía, con dobre carril en ambos os sentidos e cunha velocidade de proxecto de 100 km/ hora. Ethel Vázquez incidiu na utilidade que suporá esta intervención para os veciños de Tomiño, grazas á rede de enlaces deseñados ao longo dos seus algo máis de 8 km. A autovía disporá de 5 enlaces, o que ofrecerá unha gran conectividade coa rede local, suporá a construción de 7 novas rotondas, terá 5 viadutos dobres e 10 pasos, superiores e inferiores.

    A titular do departamento da Xunta salientou que no deseño da autovía se inclúe, como elemento singular, un falso túnel de 260 metros de lonxitude para restituír os viarios existentes á mesma cota, e preservar a nivel paisaxístico a senlleira escola indiana Aurora del Porvenir.

    A conselleira subliñou que esta actuación da Xunta permite avanzar no desenvolvemento por fases dunha infraestrutura estratéxica para a vertebración do Baixo Miño. Así referiuse á contratación do novo enlace coa A-55, que incorpora a conexión co polígono de Areas, licitada en xaneiro deste ano, cun investimento de 21,2 millóns de euros, para iniciar no verán. O prazo de recepción de ofertas das empresas, finaliza a próxima semana, o día 19.

    Avanzou que este ano redactarase tamén o proxecto construtivo que dará continuidade a esas actuacións ata a PO-350, en Tomiño. Ademais, informou dos traballos que se desenvolven no treito Estás-Goián, a chamada recta de Figueiró, analizando as alegacións para acadar o mellor deseño do desdobramento que se vai facer da estrada PO-552.

    Precisamente, tamén na PO-552, ao seu paso por Tomiño e Tui, o departamento que dirixe vai a realizar un investimento de máis de medio millón de euros para executar unha obra de mellora da seguridade viaria, enmarcada na estratexia de eliminación dos treitos de concentración de accidentes da Xunta. A intervención está agora mesmo en prazo de presentación de ofertas e están convocados para o mes de marzo os propietarios dos terreos para o levantamento de actas previas á ocupación, o que permitirá iniciar as obras no verán.

    Remarcou que o departamento que dirixe está a desenvolver toda unha programación realista e viable, abordada cos alcaldes da zona e axentes implicados, para os 14 km de trazado que restan para completar este eixe de comunicación estratéxico para as comunicacións do Baixo Miño. O Goberno galego puxo en servizo en 2014 o treito entre Goián e A Guarda, cun investimento de 60 M€ nos momentos de maiores restricións económicas da Xunta, lembrou.

    Unha vez completada a VAP Tui-A Guarda, apuntou, os tempos de percorrido acurtaranse a máis da metade entre Tui e Tomiño, pasando dos 19 minutos actuais a pouco máis de 9.

    Vázquez Mourelle expuxo que esta planificación vai acompañada de importantes compromisos de gasto nos vindeiros anos, como recollen os Orzamentos da Xunta para 2020, cunha partida de máis de 3 M€ para a VAP do Baixo Miño no presente exercicio, e futuros por máis de 50 M€.

    Ampliar contenido
  • Inscricións abertas na Guarda para un Curso de Monitor-a Actividades de Tempo libre

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 16 de Marzo de 2020

    O Curso realizarase as fins de semana e comezará no vindeiro mes de marzo.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Xuventude e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, ven de abrir o prazo de inscricións para un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre que comezará no vindeiro mes de marzo.

    Este curso inclúe formación específica en atención á diversidade e ten un prezo de 255€ para persoas en situación de desemprego e de 275€ en tarifa ordinaria, coa posibilidade de fraccionar os pagos en dous prazos.

    O Curso realizarase as fins de semana, en horario de 9:00h a 14:00h e de 15:30h a 20:30h os sábados e os domingos en horario de 9:00h a 14:00h, impartido pola Escola de Tempo Libre Koremi.

    As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición a través do formulario online: https://forms.gle/qNXZjvSgcxcpf9HK6 ou contactando coa OMIX da Guarda no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

    Inscríbete aquí

    Ampliar contenido
  • Este venres inaugúrase en Tui a exposición fotográfica -Camiño de Santiago e identidade europea-

    Fecha desde el 14 de Febrero de 2020
    hasta el 14 de Marzo de 2020

    O acto correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e do responsable do Centro de Estudos Hispánicos da Universidade de Ratisbona, Pedro Álvarez Olañeta.

    O venres, 14 de febreiro, ás 20 h terá lugar a inauguración da exposición fotográfica "Camiño de Santiago e identidade europea" na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.

    O acto correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e do responsable do Centro de Estudos Hispánicos da Universidade de Ratisbona, Pedro Álvarez Olañeta.

    "Camiño de Santiago e identidade europea" é unha exposición fotográfica que realiza un percorrido polos Camiños de Santiago como "Primeiro itinerario cultural europeo", declaración que recibiron en 1987 polo Consello de Europa. Estas vías xacobeas constitúen dende hai máis dun milenio a expresión vida da identidade europea.

    Tras a desaparición do chamado ‘Pano de Aceiro' en 1989 reaviváronse as conexións entre Pilsen, Capital Europea da Cultura de 2015 (República Checa), e Ratisbona (Alemaña) xurdindo así novas relacións, como as irmandades entre as dúas cidades, os seus bispados e universidades, incluíndo os centros culturais españois que existían previamente nelas. Poucos anos despois, en 2004, a Asociación Xacobea de Franconia marcou o tramo do Camiño Oriental de Baviera, no sur de Alemaña, dende Ratisbona ata o paso fronteirizo de Eschlkam/Všeruby e a Asociación Xacobea checa ‘Ultreia', sinalizou o Camiño desde Praga ata a fronteira checo-alemá. Dende entón, unha e outra vez, individualmente ou en grupos, os peregrinos de ambos países emprenden o Camiño nas dúas bandas da fronteira. Moitas das imaxes da exposición tomáronse durante unha peregrinación checo-alemá con motivo do Día dos Católicos en 2014. Esta peregrinación na Europa central é unha expresión vida da identidade europea que atopa no Camiño de Santiago unha das súas principais expresións dende hai máis dun milenio.

    Para o Concello de Tui o Camiño de Santiago é un dos principais recursos de promoción da cidade, a presenza dun número crecente de peregrinos polo Camiño Portugués así o acreditan. Promover o papel de Tui neste contexto é sempre oportuno e realizar actividades que impliquen a proxección internacional das rutas de peregrinación sempre contribúe á sensibilización da cidadanía en torno ao Camiño de Santiago e a presenza de peregrinos na cidade, onde os de nacionalidade xermana ocupan o un lugar moi destacado.

    A exposición pode visitarse, de forma gratuíta, até o 14 de marzo. En horario de luns a venres de 9.30 h a 14.00 h e de 15.30 h a 21.00 h e os sábados de 9.30 h a 14.00 h.
    Ampliar contenido
  • XIV Torneo da Cachiza San Gregorio-Pías 2020

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    Sábado 7 de marzo ás 15:30h na Alameda de Pías no Rosal

    O sábado día 7 de marzo a Alameda de Pías no Rosal, será novamente o excenario para a XIV edición do Torneo da Cachiza San Gregorio-Pías 2020.

    Sábado 7 de marzo ás 15:30h na Alameda de Pías no Rosal

    Prezo por parellas 10€ con camiseta gratis

    Prazas limitadas!

    Inscricións no: 606 837 304(Sergio)

    Ao remate do torneo entrega de premios e actuación de Roberto Caco.

    Sesión Vermouth e xantar

    Ás 12:00h comezará a sesión vermouth e adestramentos libres

    Realizaráse un xantar ás 13:00h na Alameda de Pías

    Prezo 12€/persona

    Inscricións ata 48h antes do evento: 606 837 304(Sergio)

    Ampliar contenido
  • Actividades con motivo do Día Internacional da Muller 2019 na Guarda

    Fecha desde el 06 de Marzo de 2020
    hasta el 03 de Abril de 2020

    A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2020 con diversas actividades nas que se inclúen un programa de Cinema da Muller con 3 proxeccións, un obradoiro de biodanza e unha concentración reivindicativa.

    A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2020 con diversas actividades nas que se inclúen un programa de Cinema da Muller con 3 proxeccións, un obradoiro de biodanza e unha concentración reivindicativa.

    Programa de Cinema da Muller

    O Centro Cultural da Guarda será o escenario para as tres proxeccións do programa de Cinema da Muller, os días 6 de marzo, 20 de marzo e 3 de abril, todas as proxeccións contarán cunha charla coloquio previa ás 20:00h e posterior proxección ás 21:00h.

    O venres día 6 de Marzo de 2020 proxectaráse "Unha moza volta para casa soa de noite" de Ana Lily Amirpour.

    Ana Lily Amirpour (1976) arrasa nos festivais internacionais co seu primeiro traballo, sendo gañadora do Festival de Sitges no 2014 na sección oficial co galardón á mellor largometraxe. Nos Premios Gotham gaña tamén o premio á mellor directora novel, e é nominada en tres categorías nese mesmo ano aos Premios Independent Spirit, así como no Circulo de Críticos de San Francisco coa mellor película de fala non inglesa.

    Baseada na curtametraxe homónima de 2011, a directora filma a su ópera prima no sur de California ainda que a ambienta na ficticia cidade iraní "Bad City" -unha urbe deserta-. Nela amósanse as andanzas cara ningunha parte dun reducido núcleo de personaxes, conectados pola misteriosa presenza nocturna dunha rapaza de aspecto inocente e cabeiros retráctiles.

    Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=_YGmTdo3vuY

    O venres día 20 de Marzo de 2020 proxectarase "As Lindas" de Melisa Liebenthal.

    As Lindas é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival internacional de cinema de Rotterdam, e na terceira edición Asterisco do Festival internacional de cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.

    ¿Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.

    Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=5hNVr3BE8fw


    Para rematar este ciclo o venres día 3 de Abril de 2020 proxectarase "Histeria" de Tanya Wexler.

    Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un xoven médico que constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar <> que na verdade eran orgasmos.

    Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=MOzK5V0REz8


    Concentración Reivindicativa 8M

    A segunda actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller 2020 terá lugar na xornada do domingo 8 de marzo ás 12:30h na Praza do Reló, onde se realizará unha Concentración reivindicativa en prol da igualdade real entre mulleres e homes, coincidindo co propio Día Internacional das Mulleres.

    Deste xeito convídase ás asociacións, centros educativos, comerciantes, veciñas e veciños da Guarda e a todas aquelas persoas que desexen participar neste acto que contará coa intervención de membros do Goberno Local, que lerán un manifesto feminista. Todas aquelas persoas que desexen participar poderán facelo coa lectura dos seus escritos e/ou calquera outra forma de expresión.

    Obradoiro de Biodanza
    Previa a esta concentración, o 8 de marzo de 11:00h a 12:30h, realizarase o Obradoiro de Biodanza "Danzando pola Igualdade" que estará impartido por Sara Rodríguez e para o cal é precisounha inscrición previa no CIM chamando ao 986614648 ou remitindo un enderezo electrónico a muller@aguarda.es As prazas son limitadas!

    Ampliar contenido
  • O luns inaugúrase en Tui a exposición -Rompe. Xoga en Igualdade-

    Fecha desde el 02 de Marzo de 2020
    hasta el 01 de Abril de 2020

    Esta actividade abre os actos previstos para conmemorar o Día Internacional da Muller

    O próximo luns, 2 de marzo, ás 12 h na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica será inaugurada a exposición "Rompe. Xoga en igualdade". Trátase dunha exposición itinerante da Deputación de Pontevedra que neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui. Con esta actividade ábrense en Tui os actos para conmemorar o Día Internacional da Muller, promovidos dende a Concellería de Igualdade.

    A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, convida a visitar a mostra dende o próximo luns. Unha exposición que destaca "reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social" .

    A mostra "Rompe. Xoga en Igualdade", presenta unha serie de bonecas nas que se interviron para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así coma na transmisión de valores.

    "Rompe. Xoga en igualdade" poderá visitarse na Sala de Exposicións na Área Panorámica dende o próximo luns 2 de marzo até o 1 de abril.
    Ampliar contenido
  • A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 6 e sábado 7 de marzo

    Fecha desde el 06 de Marzo de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    ¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.

    A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 6 e sábado día 7 de marzo.

    Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 6 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 7 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.

    O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

    Ampliar contenido
  • Tomiño celebra o Día da Muller cun mural, unha obra de teatro e unha charla sobre feminismo

    Fecha desde el 06 de Marzo de 2020
    hasta el 27 de Marzo de 2020

    O domingo 8 de marzo, na Praza do Seixo, realizarase unha concentración con música e poesía, e lerase un manifesto

    O Concello de Tomiño celebra, coma cada ano, o Día Internacional da Muller (8 de marzo), cunha serie de actos.
    Estes comezarán o venres 6 coa inauguración dun mural no exterior do Campo de fútbol do Alivio, obra da artista guardesa Gemma Marqués sobre unha imaxe de Sara Rodríguez Salvador "Sara da Pisca" *, tomada pola fotógrafa Pily Reñones. O acto será ao pé do mural ás 13.30 horas, coa intervención da alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

    O día 7, sábado, ás 22.00h, haberá teatro no Auditorio de Goián. "1879. Casa de Bonecas", a innovadora proposta dos actores galegos Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, que revisa o clásico do autor Henrik Ibsen, chegará a Tomiño en conmemoración do Día da Muller. A compañía Estudo Momento traerá unha adaptación do clásico do dramaturgo noruegués, predecesor dos movementos feministas. Nesta versión, Iria e Mejuto, dan vida ao matrimonio Helmer, nunha proposta na que os actores realizan unha disección do matrimonio, das relacións de autoridade e da liberdade.

    O domingo 8 de marzo ás 12 do mediodía terá lugar unha concentración na Praza do Seixo, com música, poemas e lectura do Manifesto.

    Por último, o día venres 27 de marzo, a Oficina Municipal de Igualdade, organiza unha charla-coloquio de Rosa Cobo Bedía, baixo o título " A cuarta ola feminista e a violencia sexual". A autora realizará un percorrido pola historia do feminismo ata chegar á gran vindicación desta chamada Cuarta ola; falando da violencia sexual como mecanismo de control que impide ás mulleres a apropiación igualitaria do espazo público e acadar a súa autonomía e liberdade, así como a análise crítica de prácticas historicamente naturalizadas , como a prostitución.
    Ás 19.00h no Salón de Plenos do Concello.

    * Sara Rodríguez Salvador, nada hai 105 anos en Tomiño, é a persoa máis lonxeva da vila. Pertence a familia "dos piscos"; alcume que vén duns bois pequenos que tiñan cando andaban
    ao xornal. Afeccionada ao fútbol, ía até os 90 anos ou máis, a ver o Tomiño FC. O Concello quere facer un pequeno homenaxe en agradecemento a Sara, un muller que, desafiando as normas que relegan á muller ao espazo privado e as apartan de aqueles eidos tradicionalmente masculinos, acudía a o campo de fútbol do seu equipo, o Tomiño FC , como a afeccionada incondicional.

    Ampliar contenido
  • O Camiño de Santiago e as súas oportunidades no desenvolvemento local centran unha charla-coloquio na Guarda

    Fecha desde el 04 de Marzo de 2020
    hasta el 13 de Marzo de 2020

    Contarase coa participación de Xosé Manuel Santos Solla, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e algúns emprendedores entorno ao Camiño Portugués: Albergue O Peirao, Tuitrans e Rincón Peregrino

    O vindeiro venres día 13 de marzo ás 20:00h a Casa dos Alonso acolle unha charla-coloquio enmarcada nas actividades do proxecto "O Camiño Aguárdate", coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

    A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    Nesta charla-coloquio, titulada "O Camiño como produto cultural e turístico: oportunidades no desenvolvemento local", contarase coa participación de Xosé Manuel Santos Solla, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e algúns emprendedores entorno ao Camiño Portugués: Albergue O Peirao, Tuitrans e Rincón Peregrino.

    O obxectivo desta xornada é o de debater sobre o Camiño de Santiago e as oportunidades que ofrece na economía e no desenrolo local súa evolución, así coma atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila. A tal fin a charla articúlase mediante as ponencias de Xosé M. Santos, catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Santiago e director do Centro de Estudos Turísticos (USC) entre 2005 e 2014, que ten traballado amplamente o impacto do turismo con especial preocupación polas cidades históricas, os itinerarios culturais e o desenvolvemento rural. A visión global que nos brindará Santos Solla sobre o Camiño de Santiago e o seu efecto e posibilidades no turismo, sumaranse a visión de diferentes emprendedores locais que souberon atopar oportunidades de negocio no feito da peregrinación xacobea.

     

    Máis actividades
    O 27 de marzo ás 20:30h no San Xerome continúan as actividades cunha nova xornada titulada "O Camiño como forma diferente de viaxar: motivacións e experiencias", na que se contará coa proxección do documental Santiago´s Way e rematará cunha charla-coloquio entre os asistentes.

    No mes de abril pecharase o ciclo de "Falemos no Camiño" coa xornada "Unha mirada histórica sobre o Camiño Portugués da Costa", que contará coa presenza de Grato E. Amor Moreno e Ermelindo Portela Silva, realizarase o 17 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.

    Visitas teatralizadas
    As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.

    A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020. As inscricións poden realizarse no formulario web: https://forms.gle/RY58NechAeqmeJfN9

    Ampliar contenido
  • Unha véntena de locais participan no II Concurso Tui&Tapa neste mes de marzo

    Fecha desde el 06 de Marzo de 2020
    hasta el 29 de Marzo de 2020

    Haberá catro rutas, Lume, Ceo, Río e Terra. Haberá tapas tradicionais e creativas

    Unha véntena de establecementos de restauración de Tui participan neste mes de marzo no II Concurso Tui&Tapa. Trátase dunha iniciativa da Asociación Cultural Arraianos que conta coa colaboración do Concello de Tui a través das concellerías de Comercio e Turismo.

    Na mañá deste martes tivo lugar a presentación deste evento por parte da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz, e a presidenta de Arraianos, Andrea Costa.

    Na presentación deste mediodía a concelleira Ana Mª Núñez destacou a importancia deste evento porque crea "marca" no municipio, atrae visitantes e dinamiza a cidade. Mentres o concelleiro Ismael Diz, resaltou o interese da iniciativa e desexou que supere o éxito acadado xa na primeira edición.

    Andrea Costa, presidenta de Arraianos, explicou o funcionamento deste concurso de tapas que se celebrará os venres e sábado dende esta fin de semana e até finais de mes.

    Establécense catro rutas con cinco locais en cada unha delas. A Ruta Lume na que participan Tapería Remesal, Restaurante Casa Pote, El Pilar Café-Bar, El Molino, e La Gran Manzana. A Ruta Río está formada por O Peto das Ánimas, o Café Bar El Pórtico, Santiamén, La de Manu, e Tapería Época. Mentres Tapas e Viño, Gastro Taberna Santiamén, Tapería O Albergue, O Vello Cabalo Furado e Ideas Peregrinas integran a Ruta Terra. Por último na Ruta Ceo están o Asador Pizzería La de Jose Luís, La Oruguita, Amazonas, Café Bar Entrehoras e Puro Sabor.

    Os venres e sábados poderanse degustar un total de 22 tapas coma "Crocante da Raia", "Primavera de aguacate", "Lulas flores", "A Granxa de Teo" ou Empanadilla de lacón con grelos e queixo de Arzúa. Hai dúas modalidades unha tapa tradicional, que terá un prezo de 2€, e unha tapa creativa cuxo prezo será 3.

    Cómpre consultar no folleto do concurso os horarios e datas nas que se servirán as tapas en cada local. Algunhas das tapas ofertas son aptas para celíacos, outras vexetarianas e veganas, estando identificadas no folleto do concurso.

    As persoas que degusten as tapas poderán puntualas nas papeletas que estarán dispoñibles en cada local, e isto lles dará a opción a entrar no sorteo dos catro premios establecidos: Unha noite en Aloia Nature, unha cea para dúas persoas en Santiamén, un circuíto de spa para dúas persoas, e a visita a unha adega e cata de viño tamén para dúas persoas.
    Ampliar contenido
  • Encontro Anual Mulleres en Igualdade en Tui

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    Co gaio do 8 de Marzo vamos celebrar o noso primeiro encontro anual este sábado 7 de Marzo as 21:00h cunha cea no Vello Cabalo Furado.

    Co gaio do 8 de Marzo vamos celebrar o noso primeiro encontro anual este sábado 7 de Marzo as 21:00h cunha cea no Vello Cabalo Furado.
    Nesta cea ademais de dar conta do traballo da asociación informaremos das próximas actividades.

    Acompañannos nesta actividade as socias e colaboradoras que forman partes da asociación de Mulleres en Igualdade de Tui. Unha asociación sen ánimo de lucro e plenamente constituida ademais de estar rexistrada correctamente no rexistro central e no concello.

    Ampliar contenido
  • Talía Teatro presenta este sábado no Teatro Municipal de Tui -Vida de cans-

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    A cita será ás 20.30 h. Esta comedia está escrita e dirixida por Cándido Pazo

    Unha comedia absurda e metafórica é a que chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui con Talía Teatro. A cita será ás 20.30 h coa representación de "Vida de Cans".

    A obra está escrita e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Toño Casais, Dani Trillo, Artur Trillo. Ao longo de 75 minutos reflexiona sobre a liberdade e como a encara cada quen. Tres actores, tres cans, afrontan a vida nun recinto pechado ou a busca da liberdade en función da súa personalidade.

    As entradas está á venda en www.culturatui.info antes até o sábado 7 ás 12 h, e o mesmo sábado dende ás 19 h no despacho de billetes aos prezos 6€ e 5€.
    Ampliar contenido
  • Nueva cita con -Elefantes de Papel- este sábado en A Guarda

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    El próximo sábado, 7 de marzo a las 20.00h. el centro cultural de A Guarda

    El próximo sábado, 7 de marzo a las 20.00h. el centro cultural de A Guarda acoge una nueva presentación del libro solidario Elefantes de papel II, un compendio de relatos cortos de diversa temática en gallego y castellano.

    Este evento va acompañado de un proyecto solidario centrado en la figura de la mujer que nace con la intención de recaudar fondos para la asociación sin ánimo de lucro Conrazones, y para dos mujeres guerreras: Gema Carrasco, voluntaria en los campos griegos de refugiados y Esther Rey, defensora del cumplimiento de las penas contra el maltrato animal a través de su asociación Vamos Quin.

    María y Berto, autores de esta iniciativa, llevarán a cabo diversas presentaciones en todas las provincias de nuestra comunidad autónoma durante los meses de enero a junio y a partir de julio y agosto recorrerán las cincuenta y dos capitales de provincia del estado en una furgoneta que están camperizando a modo de vivienda.

    Al igual que en 2018 con la presentación del primer volumen de Elefantes de papel con el que llevaron a cabo cincuenta y dos presentaciones en cinco meses, la intención de esta herramienta solidaria es mejorar los pequeños mundos que nos rodean.
    Ampliar contenido
  • O Concello de Oia organiza unha visita guiada e unha andaina para conmemorar o día da Muller

    Fecha desde el 06 de Marzo de 2020
    hasta el 12 de Marzo de 2020

    Ambas actividades son gratuítas pero a andaina require inscrición no Concello antes do día 12

    O Concello de Oia programará este ano 2 actividades para conmemorar e celebrar o Día da Muller. Este sábado haberá unha visita guiada de temática feminina, mentres que para o domingo 15 se organiza a "Andaina pola Igualdade" que percorrerá a nova ruta circular do Mosteiro.

    A programación co gallo do 8 de Marzo se abrirá este sábado 7 cunha visita guiada polo barrio histórico. Baixo o título "Arrabal en feminino", o itinerario permitirá descubrir distintos espazos femininos con valor patrimonial, as pegadas da muller na toponimia e lembrar algunhas das figuras femininas presentes na memoria colectiva local.

    Así, nas distintas paradas irán descubríndose historias e lendas sobre veciñas ilustres, raíñas, santas e heroínas anónimas co obxectivo de divulgar o a riqueza patrimonial de Oia, visibilizar as contribucións das mulleres ao longo da historia e, ao mesmo tempo, renderlles unha merecida homenaxe.

    A visita guiada do 7 de marzo é gratuíta e non require inscrición. O punto de encontro será o edificio do Concello de Oia ás 17.00 horas.

    Andaina

    O domingo día 15 se desenvolverá a "Andaina pola Igualdade", que percorrerá a recentemente sinalizada ruta circular do Mosteiro, un itinerario de sendeirismo de dificultade media e 7,8 km de lonxitude. A ruta sairá ás 10.00 horas do Mosteiro de Oia. Trátase dunha actividade gratuíta, pero cómpre inscribirse previamente no Concello antes do día 12 (teléfonos de información 986.36.21.25 e 639.32.94.93).

    A ruta circular do Mosteiro inclúe puntos de interese natural, paisaxístico e cultural como os petróglifos da Pedreira (Santa María de Oia), o lugar do Viveiro (Pedornes), un tramo do Camiño Portugués da Costa ao seu paso polas parroquias de Pedornes e Santa María de Oia, o barrio histórico do Arrabal e o Mosteiro de Santa María de Oia, entre outros.

    O camiño presenta dificultade media e está totalmente sinalizado.
    A información da ruta está dispoñible na seguinte ligazón de Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-do-mosteiro-43036952

    Ampliar contenido
  • Tui celebra o Día Internacional da Muller cunha ampla programación co lema -Somos e seremos Inmarcescible-

    Fecha desde el 06 de Marzo de 2020
    hasta el 08 de Marzo de 2020

    A programación reclama a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos e reivindica unha igualdade real e efectiva

    Tui ten en marcha unha programación baixo o lema "Somos e seremos Inmarcescibles" para conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.

    No mediodía deste xoves tivo lugar a presentación por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e a traballadora social, Carmen González.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou na súa intervención que é a primeira vez na historia deste concello que se realiza "un programa tan extenso e responsable entorno ao 8 de marzo". Ao tempo fixo referencia ao "compromiso inequívoco" do goberno municipal coa creación da Concellería de Igualdade e co traballo que se ven desenvolvemento dende este departamento.

    A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explicou os obxectivos da programación organizada é "por o foco nas mulleres, na súa formación, no seu autocoñecemento... pero tamén está dirixido á participación cidadá con acto reivindicativos e colaborativos cos centros educativos". E con respecto ao lema da campaña "Somos e seremos Inmarcescibles" facía fincapé no gran significado e poder la palabra "inmarcescibles", coa que se quere reclamar a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos nos que temos presenza porque é precisamente a nosa forza a que cada 8 de marzo nos saca á rúa para reivindicar unha igualdade real e efectiva, e é a intensidade coa que traballamos o resto do ano para conseguir acabar con calquera signo de discriminación cara á muller".

    O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, manifestou que estas actividades serven para visibilizar a muller e educar en igualdade para lograr sociedades máis xustas e iguais.

    O venres, 6 de marzo, ás 12h na praza do Concello terá lugar o acto institucional no que intervirán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e no que a tudense Andrea Gonzalez, unha das Top 100 Mulleres Líderes en España, dará lectura a un manifesto, e lectura duns poemas por parte Emilia Rosende. Amais terá lugar a presentación das "Mulleres Senlleiras de Tui 2020", un proxecto para dar visibilidade a mulleres anónimas que se realiza en colaboración cos centros educativos tudenses. Precisamente estas mulleres serán logo retratadas pola artistas Gemma Marqués, e as obras conformarán unha exposición que se abrirá o 27 deste mes.

    Este sábado, 7 de marzo, a proposta é dobre. Ás 20 h na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, Baia Fernández de la Torre, artista, poeta e terapeuta da risa, ofrecerá o monólogo "En que pensan as mulleres". E ás 22 h celebrarase unha Cea Homenaxe ás Mulleres no Parador de Turismo, organizada por mulleres de Tui na que colabora o Concello de Tui.

    O domingo, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, ás 12 h celebrarase unha concentración na Praza da Inmaculada. A continuación o Club de Lectura do IES San Paio levará a cabo unha lectura de poemas, e continuación Xoana presentando o seu traballo musical "Dardos".

    Ás actividades continuarán a próxima semana, o luns ás 19 h co obradoiro "Mulleres fronte ao espello" impartido pola coach Hérika Míguez e o martes ás 10 h cun almorzo informativo sobre o Pacto de Estado no que intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Trátase dun evento dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral. Ambas citas serán na Sala Xacobeo da Área Panorámica. Xa o venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz terá lugar o taller ioga e meditación "Equilibrio mente e corpo" a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez. Nestas tres actividades é recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.

    As mullleres creadoras serán as protagonistas o sábado, 21 de marzo, ao longo da mañá na actividade "Ao vivo. Elas crean", que se desenvolverá na Praza de Abastos, co obxectivo de darlle visibilidade as súas obras.

    Amais a concellería de Igualdade promove o I Encontro Lider-A "Mulleres inspiradoras" a celebrar o mércores, 25 de marzo, de 9.30 h a 14 h na Aula da Uned no antigo convento de San Domingos. A derradeira actividade de "Somos e seremos Inmarcescibles" está prevista para o sábado, 28 de marzo, de 10 a 14 h na Aula da UNED cunha xornada de xénero centrada na igualdade e corresponsabilidade familiar dirixida a pais, nais, menores e adolescentes a cargo dun equipo de profesionais dirixido pola psicóloga Randall Hernández.

    A programación comezou este luns coa apertura da mostra "Rompe. Xoga en Igualdade" na Sala Municipal da Área Panorámica, e o martes celebrouse a presentación do club lectura feminista "Tempo de Mulleres" que será dinamizado pola escritora María Xosé Queizán.

    Amais técnicas de Servizos Sociais están a impartir nos centros educativos obradoiros de coeducación, e na biblioteca municipal expóñense distintos libros coa muller coma protagonista. A imaxe da campaña está presente nas lonas colocadas nas fachadas da casa do concello e da Área Panorámica. E se iluminará en morado a fachada da casa do concello e a fonte situada na praza da Inmaculada.
    Ampliar contenido
  • A Guarda prepara as primeiras Xornadas sobre saúde e benestar

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2020
    hasta el 27 de Marzo de 2020

    As xornadas contarán con charlas, conferencias e debates abertos, nos que se tratará e falará sobre temas de interés xeral vencellados á saúde e ó benestar.

    O Concello da Guarda comeza cos preparativos dunha nova actividade dirixida ao público xeral e que este ano versará sobre a Saúde e o Benestar.

    A proposta "I Xornadas sobre saúde e Benestar" permitirán, de xeito participativo, implicar á poboación da vila no coñecemento e ampliación de información sobre diversos temas de saúde do día a día.

    Grazas á participación de empresas e profesionais sanitarios, as xornadas contarán con charlas, conferencias e debates abertos, nos que se tratará e falará sobre temas de interés xeral vencellados á saúde e ó benestar.

    Dende o Concello da Guarda se lanza un convite a todos os empresarios e profesionais da saúde e do benestar, nunha convocatoria aberta a participar nesta novidosa actividade, que permitirá, por unha banda, potenciar e promocionar as empresas adicadas á saúde e ao benestar da vila e, por outra banda, manter encontros con profesionais sanitarios de diversas ramas.

    As empresas e profesionais sanitarios poden realizar a súa inscrición no seguinte formulario https://forms.gle/hmV3tmL4pjv8RUMM9 ou ben contactando coa OMIX da Guarda no telefono 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

     

    Ampliar contenido
  • Projeto Greenways4you dinamiza 10 percursos pedestres com atividades de bem-estar

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2020
    hasta el 01 de Mayo de 2020

    A singularidade das paisagens e a genuinidade da cultura do Alto Minho associadas ao seu vasto e rico património ambiental têm alavancado um vasto trabalho em prol do desenvolvimento sustentável.

    Entre 7 de março e 1 de maio, os 10 concelhos do Alto Minho acolhem mais uma edição Greenways4you que procura partilhar e explorar novas dinâmicas, numa lógica de valorização económica sustentável dos recursos ambientais dos seus territórios de baixa densidade, através da promoção de atividades inclusivas, de bem-estar (wellness) e de enfoque nos produtos km0, que assentam na rede de percursos pedestres. Vila Nova de Cerveira apresenta-se com o Trilho Interpretativo da Ribeira de Covas e uma iniciativa de Tai-Chi à beira rio, no dia 15 de março.

    A singularidade das paisagens e a genuinidade da cultura do Alto Minho associadas ao seu vasto e rico património ambiental têm alavancado um vasto trabalho em prol do desenvolvimento sustentável. Dos diferentes recursos e infraestruturas da região, os percursos pedestres têm-se destacado, apresentado um potencial muito promissor não apenas ao nível da visitação sustentável do território, mas também como pontos de partida para uma descoberta mais profunda dos valores naturais e culturais da região.

    Orientado para o desenvolvimento e promoção sustentável de uma rede de percursos verdes inseridos em espaços de conservação da natureza presentes no Alto Minho, o projeto Greenways4you, cofinanciado pelo PO Norte 2020, visa dar continuidade a uma aposta da CIM Alto Minho e dos dez municípios associados que desenvolveram um conjunto de projetos de criação de percursos verdes e atividades de turismo de natureza sustentável.

    O concelho de Vila Nova de Cerveira propõe um percurso pedestre com momento de tai-chi, no dia 15 de março, entre as 09h30 e as 13h30, na freguesia de Covas. O contacto com a natureza proporciona momentos de desconexão cada vez mais valiosos no nosso dia a dia, pelo que aliar um percurso pedestre a uma técnica oriental de relaxamento e meditação é a combinação perfeita para vivenciar a natureza do Alto Minho.

    O objetivo é promover o turismo de natureza no Alto Minho, olhando para segmentos específicos (fornecedores e consumidores de produtos turísticos), para a promoção de contato das populações com a natureza e, naturalmente, contribuir para um desenvolvimento sustentável da região.

    Toda a informação necessária encontra-se disponível no site www.altominhogreenways.pt , podendo ser efetuadas inscrições em https://www.altominhogreenways.pt/agenda-greenways-2020 ou através do email altominhogreenways@gmail.com
    Ampliar contenido
  • Manifesto interxeracional para conmemorar o Día Internacional da Muller no Rosal

    Fecha desde el 07 de Marzo de 2020
    hasta el 07 de Marzo de 2020

    Joaquina Cardoso, de 70 anos, e Sabela, de 18, darán as súa visión sobre o feminismo ao inicio do partido do Acanor Atlético Novás este sábado 7 ás 17.15 h

    Dúas idades, moitas xeracións por medio pero unha mesma idea en común: conseguir unha sociedade máis igualitaria. O Concello do Rosal conmemorará o Día Internacional da Muller coa lectura dun manifesto este sábado 7 de marzo ao inicio do partido entre o Acanor Atlético Novás e o Club Handbol Bordils (17.15 h) dando voz a dúas xeracións de mulleres con dúas visións moi diferentes sobre o pasado, o presente e o futuro da igualdade: Joaquina Cardoso, de 70 anos, e Sabela, de 18.

    No seu discurso, Joaquina incidirá na rapidez con que avanzou todo, os pasos axigantados que se deron para ganar terreo á igualdade grazas ao "traballo de moitas mulleres feministas ao longo dos anos que conseguiron avanzar e que as nosas fillas teñan outro futuro". "O feminismo é unha loita positiva porque o seu fin é perseguir unha sociedade igualitaria, máis xusta e máis democrática", salientará Joaquina na lectura do manifesto, no que tamén recordará a folga do pasado 8 de marzo "un momento importante na loita feminista, con millóns de mulleres de diferentes xeracións e procedencias na rúa reivindicando respecto e igualdade nun ambiente festivo e de solidariedade". "Nunca imos baixar a garda porque falta moito camiño por percorrer, pero son optimista porque as mulleres logramos pequenas e grandes conquistas todos os días", recordará.

    Pola súa parte Sabela reflexionará sobre os estereotipos de xénero, que "reflicten unha pequena parte do pensamento machista que invade a sociedade sen nós sequera ser conscientes, é a punta do iceberg". "O progreso feminista é evidente, gozamos de dereitos e liberdades que eran impensables hai 50 anos, pero queda moito por avanzar. Por iso precisamos a implicación de todas e todos, para progresar nesta loita polos dereitos, pola igualdade e pola liberación da muller".

    Dende o Concello quere agradecerse ao Acanor Atlético Novás e ao Club Handbol Bordils a súa dispoñibilidade e que permitan reivindicar este día tan sinalado ao inicio do partido.

    Marzo, mes da muller
    O Concello do Rosal celebra este marzo o mes da muller cunha ampla programación e con diferentes accións conmemorativas. As traballadoras e os traballadores do Concello celebraron este venres 6 de marzo unha concentración ás 12.00 h para rememorar os motivos polos que se celebra o 8M e o longo camiño percorrido polas mulleres na procura da igualdade.

    Ademais desta concentración e da lectura do manifesto, as rosaleiras e rosaleiros poden desfrutar na Casa do Concello da exposición fotográfica "Mulleres no deporte", unha mostra con 13 fotografías de deportistas rosaleiras de diferentes disciplinas retratadas facendo o que máis lles gusta. Así, o público poderá ver fotografías das xogadoras de balonmán Alba e Andrea Dapena, Ana Belén Díaz e Elena Estévez; da judoka Verónica Pérez; da ciclista e triatleta Montse Martínez; das futbolistas Cecilia Fernández e Sara Álvarez; das atletas Ariana González e Vanesa Martínez; da piragüista Andrea González; da nadadora Fanny Pose ou da ciclista e xogadora de balonmán Arantxa Gómez.

    O 8 de marzo, no que se conmemora o Día Internacional da Muller, aproveitando a saída do Trail Muíños do Folón as deportistas participantes na carreira concentraranse detrás dunha lona alusiva ao 8M nun acto que terminará cunhas palabras da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

    Por outro lado, durante os meses de marzo e abril tamén se celebrará o ciclo de charlas ‘Ponte na súa pel', cinco conferencias sobre igualdade e prevención da violencia de xénero dirixidas a comerciantes, clubs deportivos, profesorado, alumnado, asociacións de nais e pais, familias ou asociacións culturais, así como ao público xeral. Trátase dunha actividade con datas aínda por determinar que conta co financiamento do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade a través da Secretaría de Estado de Igualdade.
    Ampliar contenido
  • O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 07 de Octubre de 2020

    Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona

    O Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.

    O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.

    A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.

    O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido