Agenda
Aberto o prazo de matrícula na Escola da Banda de Música Popular de Tui ata o 30 de setembro
Fecha desde el 11 de Junio de 2020
hasta el 30 de Septiembre de 2020Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
Ampliar contenidoA Escola da Banda de Música Popular de Tui abre a matrícula para o curso 2020/2021, ata o 30 de setembro, aínda que se poderán inscribir alumnos fora deste prazo de forma excepcional e de acordo coa dispoñibilidade do centro.As matrículas poderán realizarse na escola, no Centro Cultural Vello de Guillarei-Tui, a carón do CEIP de Guillarei, ou ven a través da páxina facebook: "Escola da Banda de Música Popular de Tui", onde poderán cubrir o impreso da matrícula. Tamén poderán descargalo e envialo por correo electrónico a: escola.bmptui@gmail.com ou entregalo a calquer profesor.Quen teña algunha dúbida poderá chamara ou enviar un WhatsApp ó seguinte número: 626907666 ou escribir ó correo anteriormente mencionado.A oferta formativa deste ano académico abrangue as seguintes materias de carácter colectivo: Música e Movemento (menores de 8 anos), Linguaxe Musical, Linguaxe Musical para Adultos; de carácter individual: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Percusión e Iniciación ao Piano. Contamos con profesores titulados.
Todas estas materias contan con prezos populares e horarios flexibles.
Tui presenta unha programación ?segura- e comprometida coa cultura este verán
Fecha desde el 15 de Julio de 2020
hasta el 06 de Septiembre de 2020Será preciso facer reserva previa de entrada. Establécese un protocolo covid-19 en cada espectáculo. Coma novidade haberá autocine
Ampliar contenido"Volvemos á rúa!" é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende o mércores 15 de xullo.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicaba que "nin a COVID-19 puido coa programación cultural de Tui" e indicaba que a axenda cultural presentada hoxe reflicte "o compromiso coa cultura, que é fundamental, e o compromiso con todos aqueles axentes e actores culturais do noso concello que están pasando por un momento complicado e dende a administración temos o deber e a responsabilidade de prestarlles canto apoio necesiten, como fixemos xa con outros sectores". Nese senso lembraba que a "cultura tamén é un elemento de dinamización sociocultural e económico". Facía fincapé en que esta axenda cultural manifesta "o noso compromiso coa cultura, será un axente importante para a reactivación económica e será un incentivo para aqueles que nos visitan estes días". Facía amais o rexedor un chamamento á responsabilidade individual e colectiva cumprindo as normas establecidas en cada evento, que suporán tamén un esforzo importante para a organización desta programación.
Precisamente a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou as medidas con limitación de aforos, reserva previa de entrada,... que se porán en marcha para desenvolver esta programación con toda seguridade. Incidía Sonsoles Vicente en que "volvemos á rúa con sentidiño" engadindo que "pretendemos que a nosa cidadanía e as persoas dos arredores se acheguen a Tui, e sempre cumprindo coa normativa, poidamos disfrutar da nosa cultura na Praza de San Fernando, no Paseo da Corredoira, no Paseo Fluvial, na rúa Compostela e no aparcadoiro municipal".
A Axenda Corredoira Cultural recolle a véntena de eventos previstos este verán xunto a un avance da programación de outono.
Semanalmente están programados espectáculos os mércores, xoves e venres, actuacións de rúa os sábados e domingos, e concertos os domingos 26 de xullo e 16 de agosto.
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá catro concertos este verán na praza de San Fernando cun capacidade limitada a 100 espectadores. Será os mércores 15 e 22 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Amais no eido musical actuarán as charangas Cantos Somos e A Tu Ritmo o mércores 29 de xullo e o mércores 5 de agosto, respectivamente.
No Paseo da Corredoira os xoves haberá espectáculos de rúa con música e teatro con Píscore con "Concerto Singular" (16 de xullo), maxia con Dani García con "Don Gelati" (23 de xullo), teatro de monicreques con Fantoches Baj con "Os romeiros do caracol" (30 de xullo), novo circo con Sempre Arriba con "C´est pas possible" (6 de agosto), teatro con Ghazafelhos con "Acuario" (13 de agosto), e danza con Pistacatro con "Baila un vestido verde" (20 de agosto). A capacidade está limitada a 100 espectadores.
O cinema estará tamén presente nesta programación con dúas propostas. No Paseo Fluvial, con capacidade para 300 espectadores proxectarase "Súpez López" (17 de xullo), "E.T." (31 de xullo), "Peter Rabbit" (7 de agosto) e "Mascotas" (21 de agosto). Coma novidade haberá autocine no aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica con capacidade para 100 coches poderá visionarse "Grease" e "Jocker" os venres 24 de xullo e 14 de agosto, respectivamente. Será nunha pantalla de 150 m2 con sistema de son a través da sintonización da frecuencia FM que se indicará en cada proxección.
Para os domingo 26 de xullo e 16 de agosto están programados dous concertos a cargo de Leilía e Roi Casal con capacidade para 300 persoas e 150 de pé na rúa Compostela. Leilía celebra os seus 30 anos no mundo da música con "CantarElas" no que repasan os seus temas máis emblemáticos xunto a outros menos coñecidos. Mentres Roi Casal presentara "Son Galego, son Cubano".
Do 1 ao 7 de agosto celebrarase o XIV Música no Claustro, Festival de Música, Patrimonio e Creación no claustro gótico da Catedral de Tui, cunha programación que se dará a coñecer proximamente.
A música estará moi presente os sábados e domingos ás 21 h, entre o 18 de xullo e o 20 de setembro, con pasarrúas a cargo de grupos de gaitas, folclóricos, pandereteiras... nunha aposta pola nosa cultura tradicional e os nosos grupos.
Reserva previa de entradas gratuítas en www.enterticket.es
Para acudir a cada un destes espectáculo do verán será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de tres por persoa, en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns da semana do espectáculo, até o mesmo día ás 12h.
Os accesos a cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do comezo salvo para o cinema que será 60 minutos antes, e para os concerto de Leilía e Roi Casal nos que o acceso será dende 90 minutos antes. Cómpre destacar que as entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa.
En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.
Protocolo COVID19
Establécese amais un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espectáculo. No mesmo recóllese a desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, e o uso obrigatorio de máscara, que só se poderá quitar unha vez sentado, salvo no Teatro Municipal onde se deberá permanecer coa máscara posta todo o espectáculo. O percorrido de entrada e saída estará debidamente sinalizado, e débese ocupar a cadeira asignada, non podendo cambiar o seu emprazamento nin a cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo.
Avance da programación de outono
A Axenda Corredoira Cultural presentada hoxe recolle tamén un avance a programación do outono.
Do 23 ao 27 de setembro poderemos gozar dunha edición especial de Play Doc, con propostas orixinais para todos os públicos, do 23 ao 27 de setembro. E en outubro o IKFEM celebrará a súa oitava edición para reactivar a cultura transfronteiriza.
Amais en outubro e novembro no Teatro Municipal está programados oito espectáculos. Parte dos mesmos foron reprogramados xa que estaban previstos para a primavera e tiveron que ser adiados debido ao confinamento. Así Samuel Diz presentará o 16 de outubro o seu novo traballo "Memoria da melancolía". Redrum representará o 23 de outubro "Idiota" e o 24 de outubro Galeatro Producións Escénicas "Carabela". Xampatito Pato porá en escena o 30 de outubro "Só", o 6 de novembro Teatro do Atlántico "Dúas donas que bailan" e o 7 de novembro Perez&Fernández "Aguratrat. Por último Teatro Avento Produccións achegará "Ummm! Unha comedia para chupar os dedos" e La Macana "Pink unicorns" o 20 e 21 de novembro, respectivamente.
-Música nos Xardíns- aposta pola cultura musical local da Guarda
Fecha desde el 31 de Julio de 2020
hasta el 04 de Septiembre de 2020Para asistir a estes eventos é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 9:00h a 14:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
Ampliar contenidoO Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades baixo o proxecto “Música nos Xardíns” para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.
Debido a pandemia do COVID-19, se tiveron que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila da Guarda e que enchen de música cada verán diferentes espazos do noso municipio, é por elo, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social, que o concello da Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”.
Deste xeito, e despois manter varias conversas coas asociacións encargadas da realización destes festivais, decidiuse realizar varios concertos con grupos locais en formato reducido e cun aforo limitado nos xardíns do Centro Cultural da Guarda, concertos que serán apadriñados por cada Festival musical. O emprazamento para a realización destes concertos foi elixido entre as asociacións involucradas como o máis axeitado para a súa realización, e terán lugar os días 31 de xullo, 21 de agosto e 4 de setembro ás 21:00h.
A Sala de Exposicións do Centro Cultural amosará tamén nestes días unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos.
PROGRAMA
Venres 31 de xullo
Concerto de Milhomes ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Interlude Fest.
Milhomes é un dúo instrumental guardés con influencias de Fu Manchú, The Sword, Kyuss, Napalm Death, Black Sabbath, Immortal, Entombed...
Venres 21 de agosto
Concerto de Ded Routines ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Galifornia Beat
Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda nace en Camposancos na Guarda, bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard o Big Star, para definir un son realmente persoal…
Venres 4 de setembro
Concerto de Helen & Shanna ás 21:00h – Concerto apadriñado polo Rock Guardés
Cunha forte influencia folk, «Helen & Shanna» recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.
Charla previa de Fernando Rego sobre “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”
Para asistir a estes eventos é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 9:00h a 14:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es
Em Cerveira, com -O Crochet sai à Rua- a música é outra!
Fecha desde el 25 de Julio de 2020
hasta el 30 de Septiembre de 2020Há maestros e pianistas, há palcos recriados e instrumentos musicais, há todo um cenário itinerante para um passeio em ambiente familiar, de 25 de julho a 30 de setembro!
Ampliar contenidoHabituado a provocar surpresa com recurso à criatividade de pormenor, Vila Nova de Cerveira volta a encantar com uma ornamentação única de espaços públicos e ruas do centro histórico. ‘O Crochet Sai à Rua... em Cerveira' 2020 propõe um hino à arte da música, através da criação de peças em tamanho real e de outras com dimensões entre os 3 e 6 metros. Há maestros e pianistas, há palcos recriados e instrumentos musicais, há todo um cenário itinerante para um passeio em ambiente familiar, de 25 de julho a 30 de setembro!
Vila Nova de Cerveira é reconhecida como a ‘Vila das Artes', por ter uma programação de verão de excelência, onde a música é, sem dúvida, uma das componentes mais destacadas. Contudo, vivemos um ano atípico provocado pela pandemia Covid-19, e por isso, a Câmara Municipal suspendeu os grandes eventos que cativavam aglomerados populacionais, à semelhança do que acontece um pouco por toda a região alto-minhota.
Não havendo, por exemplo, os emblemáticos concertos de verão, acústicos e de fado, e outras iniciativas musicais que evocam a tradição, o projeto comunitário ‘O Crochet Sai à Rua... em Cerveira' elegeu a temática da música, apresentando um conjunto de instrumentos de cordas, percussão e teclas, que recria uma banda sonora onde cada visitante pode associar, pela imaginação, uma melodia que lhe seja marcante.
Mais um ano, e o roteiro do crochet arranca em plena escadaria do edifício da Câmara Municipal, onde se encontra instalado um imponente piano, todo forrado a crochet, com pianista e outros pequenos pormenores que tornam este cenário convidativo para um primeiro registo fotográfico.
Caminhando até ao centro histórico, os olhares são desviados para um coreto de dimensões reais, com uma banda composta por sete músicos, dirigidos por um maestro, claro, todos bem fardados em crochet e de tamanho real. Depois o desafio é partir à descoberta de mais instrumentos pelas ruas do centro histórico que vão saltar à vista até dos mais distraídos pelas suas dimensões XXL. Com dimensões entre os 3 e 6 metros cada, há uma guitarra acústica, uma guitarra portuguesa, uma viola, uma harpa, uma harmónica e três bombos, resultado de uma estreita parceria entre a Câmara Municipal, algumas freguesias do concelho e a Santa Casa da Misericórdia.
Neste passeio de encantos artesanais, mantenha-se muito atento porque a euforia do crochet associada à temática da música contagiou estabelecimentos comerciais que exibem montras arrojadas, bem como residentes que tornaram as suas varandas palcos de arte.
Pelo cariz comunitário, pela espetacularidade e pela originalidade, desde a sua primeira edição em 2014, o projeto ‘O Crochet Sai à Rua... em Cerveira' conquistou o seu lugar na programação cultural de Vila Nova de Cerveira, além de se apresentar como uma referência turística do Alto Minho, com grande impacto nacional, na Galiza e mesmo além-fronteiras.
A biblioteca municipal do Rosal permanecerá fechada do 24 de agosto ao 11 de setembro
Fecha desde el 24 de Agosto de 2020
hasta el 11 de Septiembre de 2020As persoas que desexen empregala deberán solicitalo no Concello
Ampliar contenidoA biblioteca municipal permanecerá sen servizo de préstamos nin devolucións de libros desde o luns 24 de agosto ata o venres 11 de setembro (ambos incluídos). Aquelas persoas que desexen empregar a biblioteca como sala de estudo, poderán facelo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas solicitando a súa apertura no Rexistro do Concello.
Obradoiro de compostaxe para nenos e nenas o venres 4 de setembro en Tui
Fecha desde el 04 de Septiembre de 2020
hasta el 04 de Septiembre de 2020É preciso inscrición previa. Vai dirixido a cativos e cativas de 6 a 14 anos
Ampliar contenidoO próximo venres, 4 de setembro, ás 10.30 h terá lugar no Paseo da Corredoira unha obradoiro de compostaxe dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos.
Para participar é preciso inscrición previa en compostaxe@tui.gal ou no 687 24 99 53. Contará cun protocolo de medidas de seguridade sanitaria ante a COVID-19. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade de 1,5metros.
Os participantes distribuiranse en grupos illado de 9 persoas en función da idade de tal xeito que se plantexan tres actividades: “Xogo da Miñoca” para nenos de 6 a 7 anos, “Quen Vive?” para cativos de 8 a 9 anos, e “Microcompostaxe” para os participantes que teñan entre 9 a 14 anos. En función do número de participantes poderá haber dúas quendas por grupo.
O obradoiro en caso de choiva realizarse no pavillón municipal.
Esta actividade está organizada ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Tui e o CEIDA.
Tomiño acolle a exposición -Río Miño. Memorias transfronteirizas-
Fecha desde el 29 de Agosto de 2020
hasta el 13 de Septiembre de 2020A mostra estará aberta ao público do 29 de agosto ao 13 de setembro no Mercado de Tomiño. Está organizada pola AECT Río Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho
Ampliar contenidoTomiño é a nova parada da exposición itinerante ‘Río Miño. Memorias transfronteirizas’, unha mostra que transportará ao público as dúas marxes do río con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos e que poderá visitarse dende o 29 de agosto ata o 13 de setembro no Mercado de Tomiño.
Esta exposición procura achegar ao público ás augas frías do Miño, un río que divide dous países e une unha cultura con técnicas de pesca e memorias en común, con lugares marabillosos e chea de tesouros vivos, de persoas cun profundo coñecemento e práctica local que agora se descobren. A través de todo o percorrido, as persoas visitantes mergullaranse nas dúas marxes do río e no mundo das persoas que habitan as súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos.
Tomiño e Cerveira, unidas como Eurocidade, son un claro exemplo de que o río Miño lonxe de separar territorios os une. O río é unha fronteira que une a ambos concellos nun proxecto de cooperación transfronteiriza e xestión compartida, de colaboración institucional e de valorización do patrimonio natural e cultural. Un símbolo das relacións entre Galicia e Portugal que agora recolle esta exposición.
A mostra está promovida pola AECT Rio Minho e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho) en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial do Rio Minho e o Centro de Estudos Euro-Regionais da Galiza/Norte de Portugal.
A exposición amosa unha compilación dos contidos desenvolvidos ao abeiro de dúas accións do proxecto SmartMinho, cofinanciado polo programa Interreg VA, centradas na recuperación e promoción do patrimonio inmaterial transfronteirizo: un estudo das pesqueiras do Río Miño como exemplo do patrimonio cultural herdado polas comunidades ribeiregas do río e o proxecto Tesouros Vivos, que recolle o testemuño de persoas que posúen un profundo coñecemento ou habilidade que remite a unha práctica cultural inmaterial.
A praza de Avelino Vicente congrega o Mercado Artesanal esta fin de semana
Fecha desde el 04 de Septiembre de 2020
hasta el 05 de Septiembre de 2020O horario de apertura deste mercado artesanal é para o venres e o sábado de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30h.
Ampliar contenidoComo a peche ao verán a Concellería de Desenvolvemento Local da Guarda organiza o Mercado Artesanal que terá lugar na Praza de Avelino Vicente durante os venres e sábados desta última fin de semana de agosto e a primeira de setembro.
O horario de apertura deste mercado artesanal é para o venres e o sábado de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30h.
A finalidade deste mercado é ofrecer unha oportunidade ao sector de artesanía e produtos locais especialmente golpeado durante este verano pola crisis sanitaria
Neste mercado van asistir artesáns da Guarda e da nosa contorna onde ofrecerán as súas elaboracións en bordado, marroquinería, complementos ou mesmo decoración.
Tamén participarán asociacións e entidades de acción social que tanta axuda prestaron e prestan durante a pandemia.
Nestas últimas datas do verán este mercado artesanal e a programación procurase que sexa un atractivo máis entre os veciños e visitantes gocen do noso comercio e cultura.
Aprazada a xornada de escalada no monte Santa Trega
Fecha desde el 02 de Septiembre de 2020
hasta el 19 de Septiembre de 2020A concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza para o día 19 de setembro unha xornada de escalada no monte Santa Trega.
Ampliar contenido? Debido ás restricións pola Covid-19 a xornada de escalada prevista para este sábado está APRAZADA ata novo aviso.
A concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza para o día 19 de setembro unha xornada de escalada no monte Santa Trega.
A actividade levarase a cabo en dous grupos, dependendo da idade das persoas participantes. As persoas de 10 a 15 anos acudirán de 11 a 14 horas e para as maiores de 16 anos a actividade será de 17 a 20 horas. Unha vez se confirme a praza por parte do concello cada participante terá que facer efectivo o prezo da praza que neste caso será de 10€.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse no seguinte formulario online https://forms.gle/eUsjdz15DV41iJaf6
Máis información na OMIX, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890
Romaria de Sao Joao dArga a um passo de se tornar uma das 7 Maravilhas da Cultura Popular
Fecha desde el 01 de Septiembre de 2020
hasta el 05 de Septiembre de 2020As votações abriram hoje para a etapa decisiva e terminam no programa de sábado, dia 5 de setembro
Ampliar contenidoA Romaria de São João d’Arga está a um passo de ser classificada como uma das “7 Maravilhas da Cultura Popular”. A candidatura, apresentada pelo Município de Caminha, ultrapassou seis fases, em que a avaliação foi realizada em parte por um painel de especialistas e posteriormente pelo público, através do voto por telefone. As votações abriram hoje para a etapa decisiva e terminam no programa de sábado, dia 5 de setembro, à voz dos apresentadores Catarina Furtado e José Carlos Malato. O programa Daytime será transmitido pela RTP e RTP Internacional, a partir de Bragança, das 10H00 às 19H30, e a Gala Final a partir das 22H00.
A Romaria de São João d’Arga realiza-se anualmente, desde há vários séculos, no Santuário de São João d’Arga, local onde se encontra a capela com o mesmo nome. É conhecida, principalmente, pelas suas danças e cantares e pela beleza típica dos trajes coloridos das suas romeiras, característicos do Alto Minho. Nela encontramos a riqueza das danças como o Vira, a Rosinha, o Malhão, a Góta da Serra d’Arga, a Cana-verde, a Tirana, etc., num encontro espontâneo de grupos de tocadores de concertinas, cantadores e dançarinos aos quais se juntam os romeiros no adro da capela.
Para a RTP, que promove a iniciativa, neste concurso, elege-se “o património cultural material e imaterial de Portugal, elevando a nossa cultura popular a um patamar de causa pública. O desafio é evidenciar a vivência e reconhecimento desse património e eleger o que de melhor Portugal tem, enfatizando as tradições, associadas a uma determinada região do país”.
Trata-se de uma inquestionável oportunidade para valorizar e promover não apenas o património em causa, neste caso a Romaria de São João d’Arga, mas todo o concelho. A votação é decisiva e, como referimos, começou hoje, através do 760 207 761, e decorre até ao próximo sábado.
Curso de formación gratuíta para persoas desempregadas: herbas medicinais
Fecha desde el 04 de Septiembre de 2020
hasta el 11 de Septiembre de 2020Máis información e inscricións: xemente@sanxerome.com Tlf. 656 565 630
Ampliar contenidoA Asociación San Xerome Emiliani coordina o proxecto “XE-mente Innovación: LOS BROTES DE LA DIVERSIDAD" e organiza o CURSO DE FORMACIÓN "HERBAS MEDICINAIS" do 11 de setembro ao 25 de setembro de 2020.
Curso gratuíto para persoas desempregadas con 20h(Teoría e práctica).
Prazas limitadas a 10 persoas
LUGAR: CENTRO CULTURAL DO CONCELLO DA GUARDA
RÚA ROSALÍA DE CASTRO, 14INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
- xemente@sanxerome.com
- Tlf: 656 565 630
Vive o rio minho: actividades ecoturísticas para coñecer dous países e un destino
Fecha desde el 04 de Septiembre de 2020
hasta el 11 de Septiembre de 2020A presidenta da Deputación e o deputado de Cooperación Transfronteiriza presentaron hoxe un programa de rutas e eventos de natureza que se desenvolverá entre o 12 de setembro e o 4 de outubro nos concellos galegos e portugueses das marxes do Miño
Ampliar contenidoBaixo o nome de ‘Vive o Rio Minho’, a Deputación de Pontevedra vai desenvolver sete actividades ecoturísticas no Río Miño transfronteirizo –nos concellos galegos e portugueses que lindan coa vía fluvial- entre o 12 de setembro e o 4 de outubro. O obxectivo, segundo explicou hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho Uxío Benítez, é ofrecer unha alternativa turística seguindo “o que a sociedade hoxe demanda a raíz da crise da COVID 19, dando a oportunidade de coñecer o territorio dun xeito tranquilo, seguro, e buscando a natureza e todo o que ofrece o río Miño”.
As actividades están desenvolvidas dentro do proxecto Visit Rio Minho, co-financiado con fondos FEDER, a través do programa ‘Interreg V-A POCTEP 2014-2020’). Xirarán ao redor do río Miño, e realizaranse de forma cronolóxica avanzando polo territorio seguindo o seu curso, desde a parte alta ata a súa desembocadura. Son gratuítas para o público e están dirixidas a un público amplo e diverso, abranguendo non só os recursos da zona, senón empresas locais que traballan e realizan actividades nela: haberá sendeirismo, rutas en bici, rutas urbanas e percorridos históricos, visitas a adegas, museos, petróglifos, balsismo, caiac, gastronomía, observación ornitolóxica e astronómica, entre outras actividades.
“Queremos convidar á veciñanza da provincia a que participe. O obxectivo é conseguir que sexa máis coñecida unha parte da provincia que polo feito de ter sido fronteira durante centos e centos de anos é unha parte descoñecida. Queremos dar a coñecer o territorio, amosalo dun xeito transfronteirizo e único. Este é un produto diferente e moi atractivo”, subliñou Benítez.
Segundo apuntou o deputado nacionalista, a Deputación tomou a decisión de facer unha aposta polo desenvolvemento socioeconómico do territorio do río Miño, e fíxoo a través de dúas vías. Creando unha parte a nivel institucional que foi a AECT Rio Minho cos socios da Comunidade Intermunicipal Alto Minho de Portugal, que comezou a traballar hai uns anos e, por outra parte, desenvolvendo unha estratexia en colaboración coas universidades, unha estratexia do Miño 2030 na que se marcaban uns obxectivos e accións para desenvolver o territorio.
“Tanto na estratexia como nos estatutos do AECT Rio Minho marcouse como un dos obxectivos máis importantes desenvolver turisticamente o territorio do Miño como un único territorio e envolvelo nunha marca turística única que se presentase diante do mundo como a imaxe dun territorio transfronteirizo, que ofrece nun só destino dous países”, abondou Benítez.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou pola súa banda a “espectacular” e “atractiva” proposta que engloba Vive o Río Minho, “que conxuga todo tipo de actividades co coñecemento e desfrute do territorio Río Minho”. Subliñou tamén que desde a súa creación hai cinco anos, a AECT Río Minho tense convertido nunha “referencia”, non só na provincia, na promoción e defensa dun territorio común “único” polo seu carácter transfronteirizo.”Se hai un elemento significativo de que a política serve para transformar o espazo que gobernamos é a creación desta AECT”, manifestou.
Neste senso, sinalou que a súa posta en marcha “foi unha aposta intelixente que ten dado grandes resultados e está servindo de exemplo a outros concellos que teñen moito en común”. Carmela Silva destacou tamén que o traballo que está a desenvolver a AECT froito da suma de vontades de concellos de ambos lados do río é “revolucionario”. “Revolución significa volver a evolucionar e estes alcaldes e alcaldesas están voltando a evolucionar conxuntamente –indicou-: ”Neste momento da Covid ou sumamos vontades, traballamos e temos plans elaborados a través de diferentes espazos e territorios cun proxecto común ou será moi difícil que avancemos”.
Actividades
Segundo explicou o xerente da empresa Xeitura -que desenvolverá a iniciativa-, Raúl Fernández, as propostas para coñecer o Miño divídense en diferentes xornadas de fins de semana consecutivos entre o 12 de setembro e o 4 de outubro. Para a primeira fin de semana haberá dúas actividades: Unha ruta de sendeirismo nas marxes do Miño e do río Deva ata o alto da Moura e unha visita a Melgaço e, por outra parte, un descenso no río Miño xunto a unha visita guiada a unha adega en As Neves e a visita aos petróglifos da Coutada.
Na fin de semana do 19 e 20 de setembro terán lugar a terceira e a cuarta ruta. A terceira consiste nun percorrido circular pola contorna de Salvaterra, así como a visita á viña e ao Museo do Viño. Ao día seguinte a proposta é unha ruta polo municipio de Monçao coñecida como ‘A Cova da Moura’, unha vista ao palacio da Brejoeira e unha visita a Monçao.
A seguinte xornada, do 26 de setembro, inclúe un percorrido en bici pola ecovía do Miño entre Valença e Vila Nova de Cerveira, e unha visita guiada por Valença e Tui. O domingo 27 de setembro realizarase unha ruta de sendeirismo entre a desembocadura do Tamuxe e o porto de Goián, a visita á fortaleza, e un tramo en caiac polo río.
Finalmente, para o 3 e 4 de outubro plantéxase unha fin de semana completa na que se combinarán as rutas de sendeirismo, a observación ornitolóxica, visitas guiadas, e unha visita dramatizada no castro de Santa Tegra.
Todas as actividades son gratuítas e están destinadas ao público xeral. As inscricións para os eventos da primeira fin de semana poden realizarse dende mañá venres ata o vindeiro xoves ás 23 horas na páxina web da Deputación (depo.gal) e as prazas cubriranse por orden de chegada. As incricións para as seguintes actividades realizaranse entre o luns anterior ás 9 horas e ata o xoves ás 23 horas no caso de non cubrir as prazas con anterioridade (entre 45 e 50 por evento).
O Concello inaugura a remodelación do acceso ao aparcamento Xulio Sesto
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 07 de Octubre de 2020Nas obras de mellora pavimentouse un acceso rodado e outro peonil, executáronse as canalizacións de augas pluviais e tamén as conducións eléctricas para dotar de iluminación a zona
Ampliar contenidoO Rosal acaba de inaugurar o novo acceso ao aparcamento Xulio Sesto tras as obras de remodelación, acondicionamento e urbanización acometidas nos últimos meses. Durante este tempo o Concello, a través da empresa adxudicataria, levou a cabo traballos de pavimentación da entrada para crear un acceso rodado e outro peonil, executou a canalización de augas pluviais e dotou das condicións eléctricas necesarias para dispoñer de iluminación na zona.
O obxectivo destas actuacións era corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento, situado no núcleo urbano da vila.
A apertura do aparcamento Xulio Sesto permite dotar á Praza do Calvario e as súas inmediacións dun maior espazo para o estacionamento de vehículos.
O proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, contou cun orzamento de máis de 34.000 euros financiados a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
