Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Tui celebra con actividades para todos os públicos os 50 anos de biblioteca pública

    Fecha desde el 22 de Septiembre de 2020
    hasta el 24 de Octubre de 2020

    Contacontos, presentacións de libros, xornadas de bibliotecas ou unha ruta literaria forman parte do programa conmemorativo

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui cumpre 50 anos de actividade en Tui. As súas primeiras instalacións estiveron na casa do concello e dende 2003 conta con 400 m2 na Área Panorámica.  Hoxe a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicentes, e o técnico da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron en rolda de prensa o programa conmemorativo deste aniversario, que se desenvolverá até o 24 de outubro, cando precisamente se celebra o Día da Biblioteca.

    Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, destacou hoxe que “as bibliotecas son espazos para interactuar, socializar e ampliar fronteiras, para crecer coma persoas”.   Indicou a edil coma co traslado da biblioteca ao edificio na Área Panorámica melloráronse as instalacións que contan arestora con 65 postos de lectura para adultos, e 24 na sala infantil, 6 ordenadores, acceso wifi libre e gratuíto, consulta de xornais e revistas, libros electrónicos... Apuntaba que “se guiremos facendo melloras nestas instalacións, porque para nós é fundamental, as bibliotecas teñen que estar a carón da cidadanía, e teñen que medrar coa sociedade”. Tiña amais palabras de recoñecemento para Dolores Martínez Gamallo, que foi bibliotecaria tudense nas últimas décadas, e de agradecemento á cidadanía por achegarse á Biblioteca.

    O técnico da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela, foi o encargado de explicar o programa de actividades previsto estruturado en tres liñas. A primeira delas son actividades para rapaces e adolescentes dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, no que haberá un obradoiro de Contacontos “Dada o duente” (22/09), contacontos ilustrados “Dulcinea a nena cabaleira” con Anxo Fariña (29/09); contos para pasalo de medo con Carmen Domech (06/10) e contos para bebés con Pavís Pavós (13/10). A segunda liña son actividades para público en xeral nas que se inclúe a coa presentación dos libros “Historia militar de Tui a través de los siglos” e “Muíños do concello de Tui” de Ernesto Iglesias Almeida celebrada o pasado xoves; a presentación do libro “Memorias dun pobo, Santiago de Malvas” de Raimundo Martínez (02/10), e a exposición “Camiño do Humor” de Dávila que no mes de outubro se poderá visitar na Sala de Exposicións Municipal.

    A terceira liña xirará entorno ao Día da Biblioteca, o 24 de outubro. Así haberá o martes 20 un encontro con escritores tudense e valencianos no que está xa confirmada a presenza de Marga do Val, Conchi Regueiro e Diego Alfonsín, pendente de sumar unha escritora valenciana. O mércores 21 no Teatro Municipal haberá un encontro con Paula Carballeira, escritora e animadora á lectura. O xoves 22 Raquel Queizás achegará o contacontos “Travesías”, e o venres 23 terá lugar unha xornada entre bibliotecas municipais de Galicia e do Norte de Portugal, onde porán en presentarán as actividades de animación á lectura, entre elas  os dez anos do programa “Tui Le”.  Na mesma xornada terá lugar unha ruta literaria por Tui. A actividade pecharase o sábado 24, Día da Biblioteca, coa entrega dos recoñecementos ao lectores da biblioteca tudense.

    Todas as actividade teñen aforo limitado e precisan inscrición previa na propia Biblioteca ou no correo biblioteca@tui.gal.

    Ampliar contenido
  • Unidade Móbil de inspección técnica de turismos en novembro e decembro na Guarda

    Fecha desde el 25 de Septiembre de 2020
    hasta el 26 de Noviembre de 2020

    Pode consultar os horarios a través do noso servizo de atención ao cliente, no 981 90 30 00.

    A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:
    • do 26/11/2020 ao 04/12/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
    • do 09/12/2020 ao 09/12/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
    Pode consultar os horarios a través do noso servizo de atención ao cliente, no 981 90 30 00.
    Para solicitar cita previa:
    • Por teléfono: 902 30 90 00
    • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
    NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
    posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

    Ampliar contenido
  • Horario de invierno en la red de museos y en la oficina municipal de Turismo de A Guarda

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Diciembre de 2020

    Más información en la Oficina de Turismo Municipal en la Praza do Reló S/N o llamando al 986 61 4546 o en el correo electrónico turismo@aguarda.es

    Desde el próximo jueves día 1 de octubre, entra en funcionamiento el horario de invierno en la red de museos municipal y en la oficina de turismo, con el cierre del Centro de Interpretación del Castillo de Santa Cruz.

    La Oficina de Turismo Municipal prestará servicio de lunes a domingo en horario de 10:00h a 14:00h y de 16:30h a 19:30h en las instalaciones de la Praza do Reló.

    El Museo Arqueológico de Santa Trega(MASAT) abrirá sus puertas de martes a domingo en horario de 10:00h a 18:30h

    El Museo del Mar, ubicado en el final del paseo marítimo, estará abierto los fines de semana y festivos en horario de 11:00h a 14:00h y de 16:00h a 19:00h.

    Por otra parte el Centro de Interpretación del Castillo de Santa Cruz cierra sus puertas hasta la próxima primavera, quedando abierto el espacio público de este recinto fortificado.

    Más información en la Oficina de Turismo Municipal en la Praza do Reló S/N o llamando al 986 61 4546 o en el correo electrónico turismo@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda

    Fecha desde el 10 de Septiembre de 2020
    hasta el 23 de Octubre de 2020

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).

    Cantacontos, con Migallas Teatro

    Sábado 10 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural

    En “Cantacontos” os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.

    Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos e familias.

    Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez

    Sábado 17 de outubro. Dúas sesións: ás 11:30 horas e ás 12:30 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural.

    Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a súa propia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á súa vida que lles axudará a comunicarse, contando as súas propias historias nas que verter as súas propias inquedanzas e intereses.

    Público: Nenos e nenas: De 8 a 9 e Mocidade

    Trémola Teatro. Que animaliño é?

    Venres 23 de outubro ás 18:00 horas. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural

    Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. 3 “que animaliño é?”,  é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.

    Público: Bebés de 0 a 3 anos e familias.

    Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.

    O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

     

    Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

    Ampliar contenido
  • Unha viaxe teatral pola vida de María Casares inaugura a axenda cultural de outono do Concello de Tomiño

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2020
    hasta el 28 de Noviembre de 2020

    Completan a axenda outras cinco citas para público infantil e adulto a partes iguais. É necesario reservar praza por teléfono ou correo electrónico

    “Despois das ondas. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares” abre o vindeiro sábado, tras o parón do Covid-19, a Axenda Cultural de Outono do Concello de Tomiño.

    Nesta peza, mesturando cinema en directo, teatro e música, percorreranse os lugares e momentos da vida de María Casares, actriz coruñesa de talla internacional considerada musa do existencialismo francés, na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

     

    O espectáculo é unha produción da Deputación da Coruña e Butaca Zero sobre o texto de Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña. O elenco, encabezado por Belén Constenla e Nerea Brey, dando vida a María Casares, conta tamén coa actriz, bailarina e coreógrafa goianesa Sonsoles Cordón, que interpreta unha ampla gama de personaxes que acompañaron á diva coruñesa na súa traxectoria vital, por exemplo, Albert Camus, o seu grande amor.

     

    Completan a axenda outras cinco citas para público infantil e adulto a partes iguais, ofrecéndose as obras para público adulto en días sábado e horario nocturno, e as infantís, en domingo, en horario de tarde.

    Todos os espectáculos están programados no Auditorio de Goián, aínda que o aforo verase reducido por mor do protocolo Covid-19, seguindo todas as medidas de seguridade para garantir unha cultura segura.

     

    A segunda das citas culturais deste outono será o vindeiro domingo, 4 de outubro, ás 17.30 horas. O grupo Viravai, chegará coa súa obra “As viaxes de Paio e Aurelio”; unha proposta para público infantil e familiar.

    As viaxes de Paio e Aurelio relatan as andanzas dun teixugo molón e un oso polar, que visitarán o Polo Norte, nun espectáculo no que se abordan temas coma a diversidade, as linguas, as culturas, a amizade, a boa alimentación, nun contexto de respecto aos valores fundamentais.

    Esta actividade está destinada a familias con nenos e nenas.

     

    A axenda continuará o sábado 17 de outubro, cun Monólogo de Federico Pérez, seguido da obra “A casa do terror”, de Xoán Curiel e A Banda do verán, o domingo 18.

     

    Ademais, é preciso reservar previamente as prazas, chamando ao teléfono 986622001 ou ben enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal

    A venda e recollida de entradas será na taquilla do propio auditorio dende unha hora antes do inicio do espectáculo.

     

     

    PROGRAMACIÓN:

    DESPOIS DAS ONDAS, Butaca Zero.

    Sábado, 3 de outubro ás 22h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 7 euros.

    Público adulto.

     

    AS VIAXES DE PAIO E AURELIO, Viravai.

    Domingo, 4 de outubro ás 17.30h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 5 euros (menores de 12 anos 2,5 euros)

    Público infantil e familiar.

     

    MONÓLOGO DE FEDERICO PÉREZ

    Sábado, 17 de outubro ás 22h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 3 euros.

    Público adulto.

     

    A CASA DO TERROR, Xoán Curiel e a A Banda do Verán.

    Domingo, 18 de outubro ás 17.30h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 3 euros (menores de 12 anos 1,5 euros)

    Público infantil e familiar.

     

    A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA, A xanela do Maxín.

    Domingo, 15 de novembro ás 17.30h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 3 euros (menores de 12 anos 1,5 euros)

    Público infantil e familiar.

     

    BERNARDA, Malasombra.

    Sábado, 28 de novembro ás 22h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 5 euros.

    Público adulto.

     

     

     

    Ampliar contenido
  • -O Camiño do humor- con viñetas de Dávila dáse cita na Sala Municipal de Exposicións de Tui

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2020
    hasta el 24 de Octubre de 2020

    Poderá visitarse do 2 ao 24 de outubro. Forma parte das actividades do 50 aniversario da Biblioteca

    A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle desde este venres día 2 ata o 24 de outubro unha exposición de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila (Bueu, 1972). Baixo a denominación de “O Camiño do humor” mostra una escolma das viñetas que Davila publica cada día no xornal “Faro de Vigo”. Esta mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.

    “O camiño do humor” é unha exposición que presenta unha recompilación das mellores viñetas do artista galego Luís Davila. Unha peregrinación polas súas mellores ilustracións, con personaxes tan entrañables como “Doura a rozadora” e “Tucho”, entre outros. Na mesma amosarase parte da extensa traxectoria e valía do debuxante. Davila é xa un mestre en facernos rir e pensar cos seus debuxos, herdeiro de grandes artistas como Siro ou Xaquín Marín.

    A mostra está organizada de maneira temática baixo epígrafes como Xente de aquí, Na leira, O bicherío, Tecnoloxía, O tempo, O turismo ou O Camiño de Santiago, etc. En conxunto, ofrece un completo percorrido pola obra de Davila a través dunha antoloxía das súas viñetas máis destacables.

    Con esta nova mostra a concellería de Cultura tudense, que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente, continúa apostando por ofrecer á veciñanza unha programación diversificada e de calidade nesta Sala Municipal de Exposicións. Para a concelleira esta nova exposición é unha oportunidade de achegarse a esta mostra dun humor que tamén nos fai reflexionar sobre a actualidade con moita retranca. A mostra forma parte do programa de actividades do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui.

    Ampliar contenido
  • O Rosal arranca a súa axenda cultural para este outono cunha programación diversa

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2020
    hasta el 14 de Noviembre de 2020

    A veciñanza poderá desfrutar dun completo cartel no que haberá música, teatro, contacontos, exposicións, charlas e visitas guiadas durante os meses de outubro e novembro

    O outono chega ao Rosal cunha axenda cargada dunha morea de actividades de lecer para todos os públicos. O Concello presentou este mércores a programación cultural para os vindeiros meses de outubro e novembro, case unha vintena de propostas moi diversas entre as que haberá contacontos, circo, música, exposicións, charlas e visitas guiadas abertas a todos os públicos. Dende o Concello quérese agradecer “a colaboración da Deputación de Pontevedra e da Agrupación Musical do Rosal e a asociación A Jalleira, que participan nesta completa axenda de outono. Unha oferta cultural diversa e para todos os gustos que esperamos que teña unha grande acollida por parte da veciñanza”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    Os contacontos serán os encargados de inaugurar a programación outonal esta mesma fin de semana. O sábado 3 de outubro as historias tradicionais, os contos populares e inventados, a música en directo e o humor encherán a biblioteca municipal. Será con ‘Filipa cos contos’, unha sesión de narración oral entre Fran e a súa amiga Filipa que fará as delicias de cativos e cativas a partir de 4 anos. Será ás 11.00 horas.

    Xa o 10 de outubro (11 h) a música fará saltar ao público. Será co espectáculo ‘Brinca vai! De aquí a acolá’, que chegará coas cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos para percorrer un camiño no que a música soa con forma de sorriso.

    O venres 16 de outubro os máis pequenos e pequenas da casa poderán combater o frío cos ‘Contos de inverno’ (11 h) e o venres 23 de outubro Magín Blanco trae o espectáculo musical ‘O que levamos nas maletas’ (11 h), unha proposta na que o público terá que participar na interpretación das cancións e na resolución das cuestións que plantexan os camiños. Aínda que a celebración de todos os contacontos está prevista na biblioteca municipal, poderá haber variación dos espazos que se comunicarán con antelación en función das condicións sanitarias.

    A música será outra das protagonistas da axenda cultural. O sábado 10 de outubro Sés subirase ao escenario na Praza do Calvario para facer desfrutar da música a todos os rosaleiros e rosaleiras. Será a partir das 21.00 horas, con aforo limitado a 300 prazas e con inscrición previa a través da web do Concello (https://portal.concellodorosal.es/reservas/concerto-de-ses/) ata completar aforo. Para inscribirse será preciso facilitar nome, DNI, teléfono e email e estará restrinxido a un máximo de 4 persoas por inscrición. Aínda que a vía electrónica será a principal para a recollida de inscricións, aquelas persoas que teñan dificultades para acceder a través deste medio poden chamar ao 986 62 50 00 ext. 4.

    Ese mesmo 10 de outubro de 16 a 22 horas habilitarase na Praza do Calvario un espazo lúdico de prevención das violencias.

    O teatro chegará en forma de carreira o domingo 11 de outubro. Será con ‘Running polo Camiño’, unha suorenta comedia para todos os públicos que se poderá ver na Praza do Calvario a partir das 18.00 h. Aforo limitado a 100 prazas, polo que será necesaria inscrición previa. O sábado 17 de outubro poderase desfrutar de ‘Literaria’ no Auditorio Municipal a partir das 20.00 horas e o domingo 8 de novembro o público infantil descubrirá os ‘Monstros no camiño’, ás 18.00 h no auditorio municipal.

    O circo tomará a Praza do Calvario o domingo 12 de outubro con ‘Bambolina’ (17.00 h), unha actuación dirixida a público infantil. Tras esta actividade as persoas poderán desfrutar na mesma Praza do Calvario (18.00 h) da actuación da Banda da Agrupación Musical.

    ‘Auga. O sangue da Terra’ é o título da mostra que acollerá o salón de exposicións do Rosal do 13 ao 31 de outubro, ambos os dous incluídos. Unha exposición para todos os públicos que poderá visitarse de balde de martes a xoves de 18 a 20 h e venres e sábado de 11 a 13 h.

    A primeira edición das Xornadas do Patrimonio será o colofón final da programación cultural de outono, tres días “para poñer en valor o patrimonio que temos na nosa contorna” dun xeito diferente. Será para grupos reducidos e con inscrición previa. Arrancarán o venres 23 de outubro cunha charla sobre arqueoastronomía a cargo de Benito Vila ás 19.30 h no Centro Social Polivalente que se completará cunha saída para a observación de estrelas ás 21.00 h. Xa o venres 30 de outubro, Alia Vázquez descubrirá ao público os petróglifos do Baixo Miño (19.30 h, Centro Social Polivalente) para despois facer unha ruta guiada a algún dos petróglifos do Rosal (21.00 h). A última charla será o venres 6 de novembro, na que Brais Currás falará sobre minería romana no Baixo Miño (Centro Social Polivalente, 20.00 h). Ao día seguinte, sábado 7 de novembro, haberá unha visita guiada ao Montefurado de Covas, en Vila Nova de Cerveira.

    As xornadas micolóxicas porán o punto final á programación. Celebraranse o sábado 14 de novembro no Centro Social Polivalente grazas á colaboración da asociación forestal e de educación ambiental A Jalleira.

     

    PROGRAMACIÓN COMPLETA

     

    Sábado 3 de outubro

    CONTACONTOS ‘Filipa cos contos’

    Hora: 11:00 h

    Lugar: biblioteca municipal

    Idades: a partir de 4 anos

    Duración: 50 minutos

     

    Sábado 10 de outubro

    CONTACONTOS ‘Brinca vai! De aquí a acolá’

    Hora: 11:00 h

    Lugar: biblioteca municipal

    Idades: de 4 a 11 anos

    Duración: 60 minutos

     

    AGRESIÓNS OFF

    Espazo lúdico de prevención das violencias

    Hora: De 16.00 a 22.00 horas

     

    CONCERTO de Sés

    Hora: 21:00 h

    Lugar: Praza do Calvario

    Idades: todos os públicos

    Duración: 120 minutos

    Aforo: 300 prazas – inscrición previa

     

    Domingo 11 de outubro

    TEATRO ‘Running polo Camiño’

    Hora: 18:00 h

    Lugar: Praza do Calvario

    Idades: todos os públicos

    Duración: 60 minutos

    Aforo: 100 prazas – inscrición previa

     

    Luns 12 de outubro

    CIRCO ‘Bambolina’

    Hora: 17:00 h

    Lugar: Praza do Calvario

    Idades: público infantil

    Duración: 60 minutos

     

    MÚSICA Banda da Agrupación Musical do Rosal

    Hora: 18:00 h

    Lugar: Praza do Calvario

    Idades: todos os públicos

    Duración: 50 minutos

     

    Martes 13 de outubro

    EXPOSICIÓN ‘Auga. O sangue da Terra’

    Inauguración, martes 13 ás 18:00 h. Ata o 31 de outubro, ambos incluídos.

    Lugar: Salón de exposicións

    Idades: todos os públicos

    Horarios de apertura ao público: martes e xoves de 18:00 a 20:00 h, venres e sábado de 11:00 a 13:00 h

     

    Venres 16 de outubro

    CONTACONTOS ‘Contos de inverno

    Hora: 11:00 h

    Lugar: biblioteca municipal

    Idades: a partires dos 4 anos

    Duración: 45 minutos

     

    Sábado 17 de outubro

    TEATRO ‘Literaria

    Hora: 20:00 h

    Lugar: Auditorio Municipal

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    Venres 23 de outubro

    CONTACONTOS: ‘O que levamos nas maletas

    Hora: 11:00 h

    Lugar: biblioteca municipal

    Idades: de 4 a 10 anos

    Duración: 50 minutos

     

    CHARLA sobre Arqueoastronomía. Por Benito

    Hora: 19:30 h

    Lugar: Centro Social Polivalente

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    SAÍDA para a observación de estrelas

    Hora: 21:00 h

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    Venres 30 de outubro

    CHARLA Petróglifos do Baixo Miño. Por Alia Vázquez

    Hora: 19:30 h

    Lugar: Centro Social Polivalente

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    VISITA GUIADA a petróglifos do concello

    Hora: 21:00 h

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    Venres 6 de novembro:

    CHARLA sobre minería romana no Baixo Miño. Por Brais Currás

    Hora: 20:00 h

    Lugar: Centro Social Polivalente

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    Sábado 7 de novembro:

    VISITA GUIADA ao Montefurado de Covas, en Vila Nova de Cerveira con Brais Currás.

     

    Domingo 8 de novembro

    TEATRO: ‘Monstros no camiño’

    Hora: 18:00 h

    Lugar: Auditorio Municipal

    Idades: público infantil

    Duración: 60 minutos

     

    Sábado 14 de novembro

    XORNADAS MICOLÓXICAS

    Lugar: Centro Social Polivalente

     

    Ampliar contenido
  • A exposición fotográfica do curso -Namórate de Ti- pode verse no mercado municipal de Tomiño até final de mes

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    O obxectivo do proxecto, promovido pola Asociación de Desenvolvemento EuRural, foi potenciar a autoestima a través da fotografía

    O Mercado Municipal de Tomiño acolle a partir de hoxe e até final de mes, unha exposición fotográfica resultante do curso “Namórate de ti” organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, en Tomiño.

     

    A mostra é o resultado do traballo realizado polas mulleres participantes no proxecto “Namórate de Ti. Autoestima e empoderamento a través da fotografía”, desenvolvido o ano pasado no Centro Goianés, no que mulleres de diversas idades, traballaron intensamente cuestións relacionadas coa autoestima, o autoconcepto, a vida consciente, a cooperación, a desinhibición e o empoderamento, entre outros.

     

    O obxectivo do proxecto, promovido polo Concello de Tomiño e Eu Rural, foi mellorar a calidade de vida das participantes, potenciando as súas calidades e capacidades, e facendo fincapé na materia da autoestima feminina. Valorarse máis, coñecerse mellor, comprenderse e aceptarse. Todo isto é o que aprenderon as usuarias do curso, dirixido principalmente a mulleres que buscaban mellorar a súa autoestima utilizando a fotografía como ferramenta.

     

    Durante varias xornadas, dúas orientadoras ensinaron ás participantes a quererse a apreciarse; aumentar o seu amor propio e xestionar e controlar o estrés, a través da expresión corporal, verbal e escrita; dinámicas de grupo, vídeos e sesións fotográficas, con posta en escena das propias usuarias.

     

    Agora o público poderá ver (no primeiro andar do mercado) unha selección das fotografías realizadas durante as sesións da primeira edición do taller, que contou co financiamento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, e da Xunta de Galicia.

    A exposición chega ao mercado municipal precedida polo éxito obtido no Centro Goianés.

     

    Asemade, este sábado, 3 de outubro, as autoras das fotos reuniranse no mercado para gravar un documental que está elaborando Eurural, recollendo a experiencia das mulleres e que incluirá tamén a das participantes da edición deste ano, que se está a celebrar en Mos.

    Ampliar contenido
  • A Guarda pon en marcha unha ampla programación de actividades para o outono

    Fecha desde el 03 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    Teatro, obradoiros, samaín, cantacontos, exposicións, charlas, eventos deportivos e moito máis na programación de outono no Concello da Guarda.

    Programación teatral de outono na Guarda

    O Concello da Guarda programa un total de cinco representacións teatrais nesta tempada de outono, tratase das obras “A nena que quería navegar”, “Invisibles”, “O mel non caduca”, “Rosa Caramelo” e “Running”, obras que se levarán a cabo entre o 26 de setembro e o 11 de decembro deste ano.

    Esta programación arrancou xa na xornada do pasado sábado día 26 de setembro  coa obra “A nena que quería navegar” e O sábado día 3 de outubro coa obra “Invisibles” no Centro Cultural, é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.

    O venres día 16 de outubro continúa a programación de teatro coa obra “O mel non caduca” ás 21:00h no Centro Cultural, é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

    O sábado 24 de outubro ás 18:00h é a quenda da obra “Rosa Caramelo” ás 18:00h, é Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

    Xa para pechar este ciclo de teatro de outono, o venres 11 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural será o escenario para a representación teatral de “Running”, onde os 2 actores asumen o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 personaxes entre os 2. Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.

    Para todas as representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a centrocultural@aguarda.es ou acudindo ata o propio Centro Cultural dende o luns previo a cada actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.

     

    Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda

     

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).

     

    Cantacontos, con Migallas Teatro

     

    Sábado 10 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural

     

    En “Cantacontos” os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.

     

    Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos e familias.

     

     

    Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez

     

    Sábado 17 de outubro. Dúas sesións: ás 11:30 horas e ás 12:30 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural.

     

    Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a súa propia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á súa vida que lles axudará a comunicarse, contando as súas propias historias nas que verter as súas propias inquedanzas e intereses.

     

    Público: Nenos e nenas: De 8 a 9 e Mocidade

     

     

    Trémola Teatro. Que animaliño é?

     

    Venres 23 de outubro ás 18:00 horas. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural

     

    Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. 3 “que animaliño é?”,  é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.

     

    Público: Bebés de 0 a 3 anos e familias.

     

     

    Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.

     

    O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

     

    Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

     

    Exposición “Río Miño- Memorias transfronteirizas”

     

    Na exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas” os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

    Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa DEPO, chega á Guarda, entre o 9 e o 20 de outubro na Casa dos Alonso.

     

    Trail do Trega

     

    O domingo día 11 de outubro o Trail do Trega chega á súa sétima edición con 14km de percorrido e preto de 800m de desnivel. Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas e as saídas serán de 10 atletas cada 30 segundos. A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. A proba arranca ás 10:30h dende a Alameda da Guarda.

    Así mesmo, se organizará unha andaina guiada de 10 km e con 500 metros de desnivel LIMITE de 100 participantes, que sairá ás 10:00h dende a Alameda da Guarda.

     

    Actividades para festexar o Samaín

     

    A concellería de Cultura programa entre o 20 e o 28 de outubro diversas actividades online para festexar o Samaín con “Facemos un trato”.

    O día 31 terá lugar o espectáculo “Contos para caghar patatillas” do elenco de Brais das Hortas e dirixido ao público infantil e familiar, no Centro Cultural ás 18:00h.

    É preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a centrocultural@aguarda.es ou acudindo ata o propio Centro Cultural o luns previo á actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.

     

     

    Máis actividades

     

    • Charlas de igualdade organizadas pola ANPA CEIP A SANGRIÑA (Cada martes dende o 20 de outubro ata o 17 de novembro) no Centro Cultural.

     

    • Presentación do libro de Denis Maza “La mística de un grano de arena” (22 e 23 de outubro)
    Ampliar contenido
  • A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos estará no Rosal en outubro

    Fecha desde el 05 de Octubre de 2020
    hasta el 28 de Octubre de 2020

    O día 8 será para ciclomotores e os días 27 e 28 para agrícolas

    A Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase ao concello do Rosal este mes de outubro pasos para a revisión tanto de ciclomotores como de agrícolas. Esta unidade estará:

    • o luns 5 de outubro para ciclomotores diante do pavillón municipal.
    • O martes 27 e mércores 28 de outubro para vehículos agrícolas na rúa Suárez Marquier. Os horarios poderán consultarse a través do servizo de atención ao cliente chamando ao 981 90 30 00.

    As persoas interesadas poden solicitar cita previa:

    • Por teléfono: 902 30 90 00.
    • A través da páxina web sycitv.com - Cita previa

    Dende a inspección técnica sinalan que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentaria.

    Ampliar contenido
  • Campaña de vacinación da gripe 2020

    Fecha desde el 13 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Diciembre de 2020

    Terá comezo o 13 de outubro e prolongarase ata o 31 de decembro.

    A Consellería de Sanidade solicita a nosa colaboración, un ano máis, para achegarvos toda a información relativa á CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE 2020, que este ano cobra especial relevancia no contexto da pandemia pola COVID-19 que estamos a padecer.

    Terá comezo o 13 de outubro e prolongarase ata o 31 de decembro.

    Informamos tamén que a Consellería de Sanidade ten un portal de información para a sociedade: https://gripe.sergas.gal/ 

    Ampliar contenido
  • Xa se poden solicitar as subvencións para actividades sociais no Rosal

    Fecha desde el 06 de Octubre de 2020
    hasta el 26 de Octubre de 2020

    Haberá 15 días naturais a partir deste martes 6 de outubro. Destinarase un orzamento total de 5.000 euros.

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar as bases para as subvencións municipais a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades sociais durante o ano 2020 no Rosal. As entidades interesadas terán 15 días naturais a partir deste martes 6 de outubro para presentar a súa solicitude. Estas bases, aprobadas por acordo plenario o pasado 24 de setembro, forman parte do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello rosaleiro, unha ferramenta a través da que realizar unha planificación detallada a medio e longo prazo das axudas ao tecido asociativo.

    O orzamento total para estas axudas será de 5.000 euros. O obxectivo da convocatoria é apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades de carácter social que desenvolvan actividades que redunden no benestar social da veciñanza a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social ou fomento e sensibilización da participación cidadá definidas como prioritarias dentro do ámbito de intervención de Servizos Sociais. A maioría das asociacións que realizan este tipo de actividades teñen un ámbito de actuación supramunicipal.

    As axudas irán destinadas a financiar proxectos de inclusión social para a cobertura de necesidades básicas ou que se executen directamente con persoas en situación de vulnerabilidade; de intervención con persoas maiores, dependentes ou con diversidade funcional; de atención no ámbito das drogodependencias ou para a realización de actividades socioculturais destinadas á poboación xeral.

    Ampliar contenido
  • Curso organizado pola OMIX da Guarda conversas en inglés para o mes de novembro

    Fecha desde el 13 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    Para informarte e ter acceso a túa praza inscríbete na OMIX da Guarda, a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil(OMIX) da Guarda organiza un obradoiro de inglés coa intención de facilitar un curso no que falar e de paso pasar un rato divertido aprendendo.

     

    Se queres practicar o teu inglés este curso é unha moi boa oportunidade, levarase a cabo durante o mes de novembro os martes e xoves de 19:30 a 21:30, cun prezo de 20€.

     

    Para informarte e ter acceso a túa praza inscríbete na OMIX da Guarda, a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890

    Ampliar contenido
  • Próximas actividades no Espazo Xove de Tui

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2020
    hasta el 10 de Noviembre de 2020

    áis información e inscricións: Teléfono: 886110797, Facebook ou en informacionxuventude@yahoo.es

    OBRADOIRO DE EMPREGO: “DEIXA PEGADA: MARCA PERSOAL”

    Dando resposta a unha das inquedanzas fundamentais da mocidade e co obxectivo de mellorar a súa preparación no proceso de busca de emprego, ofertamos un novo monográfico no que se traballarán ferramentas que podan axudar a definir a “Marca persoal” de cada participante e facelos conscientes de cómo esta pode axudarlles a mellorar laboralmente e orientarse cara a súa vocación.

    Dirixido a mocidade de 18 a 30 anos. Celebrarase o xoves 12 de novembro de 18.30 a 20.00 horas.

    O obradoiro ten 10 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

     

     

    SALA DE EXPOSICIONS:

    Por outra banda, o centro pon a disposición da mocidade de 14 a 30 anos a sala de exposicións do centro. Aqueles mozos e mozas que estean interesados en expoñer a súa obra poden solicitar a sala nas condicións establecidas polo centro.

    Por razóns de organización e características da sala só poderá expoñerse obra que poda ir en parede: pintura, banda deseñada, fotografía, poesía, etc…….

     

    Máis información e inscricións:

    Teléfono: 886110797, Facebook ou en informacionxuventude@yahoo.es

    Ampliar contenido
  • Tui presenta unha programación -segura- para volver ao Teatro no outuno

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2020
    hasta el 21 de Noviembre de 2020

    Están programados oito espectáculos de música, teatro e danza contemporánea. A capacidade redúcese a 180 localidades por evento

    “Volvemos ao teatro” é o lema da programación de outono que dende este venres, 16 de outubro, e até o 21 de novembro se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui.

    Foi presentada esta mañá polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o músico Samuel Diz.

    O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que “esta programación ambiciosa reflicte perfectamente o compromiso deste concello coa cultura, con algo que sempre nos identificou moitísimo. Non podemos olvidar que a programación cultural de Tui é recoñecida máis aló das nosas fronteiras, nos engade un selo de calidade e nos singulariza”. Nese senso indicaba “o compromiso deste goberno de seguir con esa estela da nosa programación cultural, para que siga sendo dun referente máis aló do ámbito territorial que nos ocupa”.

    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que con “Volvemos ao teatro” mantense a actividade no Teatro Municipal achegando espectáculos os venres e sábado para todos os públicos con teatro, música e danza.  Dicía a concelleira “agardo que a xente disfute no Teatro” destacando que “a cultura é segura”.  Salientou que a capacidade do patio de butacas redúcese ao 33% de tal xeito que para cada evento poranse á venda 180 localidades. Contarase cun protocolo COVID 19. As entradas poranse á venda o luns da semana do espectáculo até unha hora antes do mesmo a través de tui.gal, sendo este o método preferente de compra. Tamén se poderán adquirir no despacho de butacas na Área Panorámica o propio día unha hora antes do inicio da función.

    Pola súa parte Samuel Diz, lembrou coma o concerto “Memoria da Melancolía” que ofrecerá este venres estaba previsto para o mes de marzo e daquela tivo que ser adiado debido á pandemia do coronavirus. Ía ser estreado en Tui pero debido ao aprazamento foi a primeira posta en escena tivo lugar en setembro na casa de Lorca.  Este venres estará acompañado no escenario por Benxamín Otero e Yolanda Castaño, e cunha réplica da guitarra de Lorca intepretará un percorrido polas músicas da Xeración do 27 e do exilio republicano español, moitas delas inéditas, atopadas en diferentes arquivos, seguindo a pegada de María Teresa León polo mundo”. Agradecía Samuel Diz o compromiso do Concello de Tui por manter esta programación de outono. As entradas para este concerto poranse á venda mañá mércores ás 20 h aos prezos de 6€ e 5€ en tui.gal.

    A programación está conformada por oito espectáculo de música, teatro, e danza para público infantil e adulto.

    Memoria da Melancolía” é o concerto de Samuel Diz que abre esta programación este venres, 16 de outubro, ás 21.30 h.  A seguinte cita será o venres, 23 de outubro, ás 21.30h con Redrum Teatro e a comedia negra “Idiota” interpretada por Machi Salgado e Susana Sampedro. O sábado 24 de outubro, ás 18.30 h, Galeatro presenta “Carabela” unha obra para público familiar recomendada a partir dos 4 anos. “So”, un espectáculo novo circo, é a proposta prevista o venres, 30 de outubro, ás 19.30 h da man de Xampatito Pato. Mentres o venres, 6 de novembro, ás 21.30 h está programada a traxicomedia “Dúas donas que bailan” de Teatro do Atlátnico.  A versión teatral do libro "Esio Trot" de Roald Dahl chegará o sábado, 7 de novembro, ás 18.30 h con  Pérez&Fernández e o espectáculo para público familiar  "Aguratrat".  Pecha esta programación o venres, 20 de novembro, ás 19.30 h Avento Produccións o espectáculo para público infantil e familiar dende os 3 anos "Ummm unha comedia musical para chupar os dedos", e o sábado 21 de novembro, ás 20.30 h La Macana achega o espectáculo de danza contemporánea “Pink Unicorns”.

    Ampliar contenido
  • Tui acolle hoxe un pleno de carácter extraordinario

    Fecha desde el 22 de Octubre de 2020
    hasta el 22 de Octubre de 2020

    Convocatoria do pleno extraordinario que con tres puntos na orde do día vai celebrar hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui.

    Convocatoria do pleno extraordinario que con tres puntos na orde do día vai celebrar hoxe ás 20 h a corporación municipal de Tui.

    Orde do día:

    1º.- Expediente 1884/2020. PROPOSTA DE ALCALDÍA PARA FESTIVOS LOCAIS 2021.

     

    2º.- Expediente 826/2020. Contratacións. Proposta de Alcaldía de 16/10/2020 sobre rectificación de erro en Anexo II PCAP CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO TRAMITACIÓN ORDINARIA, DO “SUMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA NO CONCELLO DE TUI. CONTRATO SUXEITO A REGULACIÓN ARMONIZADA.

     

    3º.- Expediente 1839/2020. RENOVACIÓN DECLARACIÓN DE ÁREA DE GRAN AFLUENCIA TURÍSTICA. SEGUNDO

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido