Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Unidade Móbil de inspección técnica de turismos en novembro e decembro na Guarda

    Fecha desde el 25 de Septiembre de 2020
    hasta el 26 de Noviembre de 2020

    Pode consultar os horarios a través do noso servizo de atención ao cliente, no 981 90 30 00.

    A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:
    • do 26/11/2020 ao 04/12/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
    • do 09/12/2020 ao 09/12/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
    Pode consultar os horarios a través do noso servizo de atención ao cliente, no 981 90 30 00.
    Para solicitar cita previa:
    • Por teléfono: 902 30 90 00
    • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
    NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
    posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

    Ampliar contenido
  • Horario de invierno en la red de museos y en la oficina municipal de Turismo de A Guarda

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Diciembre de 2020

    Más información en la Oficina de Turismo Municipal en la Praza do Reló S/N o llamando al 986 61 4546 o en el correo electrónico turismo@aguarda.es

    Desde el próximo jueves día 1 de octubre, entra en funcionamiento el horario de invierno en la red de museos municipal y en la oficina de turismo, con el cierre del Centro de Interpretación del Castillo de Santa Cruz.

    La Oficina de Turismo Municipal prestará servicio de lunes a domingo en horario de 10:00h a 14:00h y de 16:30h a 19:30h en las instalaciones de la Praza do Reló.

    El Museo Arqueológico de Santa Trega(MASAT) abrirá sus puertas de martes a domingo en horario de 10:00h a 18:30h

    El Museo del Mar, ubicado en el final del paseo marítimo, estará abierto los fines de semana y festivos en horario de 11:00h a 14:00h y de 16:00h a 19:00h.

    Por otra parte el Centro de Interpretación del Castillo de Santa Cruz cierra sus puertas hasta la próxima primavera, quedando abierto el espacio público de este recinto fortificado.

    Más información en la Oficina de Turismo Municipal en la Praza do Reló S/N o llamando al 986 61 4546 o en el correo electrónico turismo@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • Unha viaxe teatral pola vida de María Casares inaugura a axenda cultural de outono do Concello de Tomiño

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2020
    hasta el 28 de Noviembre de 2020

    Completan a axenda outras cinco citas para público infantil e adulto a partes iguais. É necesario reservar praza por teléfono ou correo electrónico

    “Despois das ondas. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares” abre o vindeiro sábado, tras o parón do Covid-19, a Axenda Cultural de Outono do Concello de Tomiño.

    Nesta peza, mesturando cinema en directo, teatro e música, percorreranse os lugares e momentos da vida de María Casares, actriz coruñesa de talla internacional considerada musa do existencialismo francés, na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

     

    O espectáculo é unha produción da Deputación da Coruña e Butaca Zero sobre o texto de Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña. O elenco, encabezado por Belén Constenla e Nerea Brey, dando vida a María Casares, conta tamén coa actriz, bailarina e coreógrafa goianesa Sonsoles Cordón, que interpreta unha ampla gama de personaxes que acompañaron á diva coruñesa na súa traxectoria vital, por exemplo, Albert Camus, o seu grande amor.

     

    Completan a axenda outras cinco citas para público infantil e adulto a partes iguais, ofrecéndose as obras para público adulto en días sábado e horario nocturno, e as infantís, en domingo, en horario de tarde.

    Todos os espectáculos están programados no Auditorio de Goián, aínda que o aforo verase reducido por mor do protocolo Covid-19, seguindo todas as medidas de seguridade para garantir unha cultura segura.

     

    A segunda das citas culturais deste outono será o vindeiro domingo, 4 de outubro, ás 17.30 horas. O grupo Viravai, chegará coa súa obra “As viaxes de Paio e Aurelio”; unha proposta para público infantil e familiar.

    As viaxes de Paio e Aurelio relatan as andanzas dun teixugo molón e un oso polar, que visitarán o Polo Norte, nun espectáculo no que se abordan temas coma a diversidade, as linguas, as culturas, a amizade, a boa alimentación, nun contexto de respecto aos valores fundamentais.

    Esta actividade está destinada a familias con nenos e nenas.

     

    A axenda continuará o sábado 17 de outubro, cun Monólogo de Federico Pérez, seguido da obra “A casa do terror”, de Xoán Curiel e A Banda do verán, o domingo 18.

     

    Ademais, é preciso reservar previamente as prazas, chamando ao teléfono 986622001 ou ben enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal

    A venda e recollida de entradas será na taquilla do propio auditorio dende unha hora antes do inicio do espectáculo.

     

     

    PROGRAMACIÓN:

    DESPOIS DAS ONDAS, Butaca Zero.

    Sábado, 3 de outubro ás 22h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 7 euros.

    Público adulto.

     

    AS VIAXES DE PAIO E AURELIO, Viravai.

    Domingo, 4 de outubro ás 17.30h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 5 euros (menores de 12 anos 2,5 euros)

    Público infantil e familiar.

     

    MONÓLOGO DE FEDERICO PÉREZ

    Sábado, 17 de outubro ás 22h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 3 euros.

    Público adulto.

     

    A CASA DO TERROR, Xoán Curiel e a A Banda do Verán.

    Domingo, 18 de outubro ás 17.30h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 3 euros (menores de 12 anos 1,5 euros)

    Público infantil e familiar.

     

    A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA, A xanela do Maxín.

    Domingo, 15 de novembro ás 17.30h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 3 euros (menores de 12 anos 1,5 euros)

    Público infantil e familiar.

     

    BERNARDA, Malasombra.

    Sábado, 28 de novembro ás 22h.

    Auditorio de Goián.

    Prezo: 5 euros.

    Público adulto.

     

     

     

    Ampliar contenido
  • O Rosal arranca a súa axenda cultural para este outono cunha programación diversa

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2020
    hasta el 14 de Noviembre de 2020

    A veciñanza poderá desfrutar dun completo cartel no que haberá música, teatro, contacontos, exposicións, charlas e visitas guiadas durante os meses de outubro e novembro

    O outono chega ao Rosal cunha axenda cargada dunha morea de actividades de lecer para todos os públicos. O Concello presentou este mércores a programación cultural para os vindeiros meses de outubro e novembro, case unha vintena de propostas moi diversas entre as que haberá contacontos, circo, música, exposicións, charlas e visitas guiadas abertas a todos os públicos. Dende o Concello quérese agradecer “a colaboración da Deputación de Pontevedra e da Agrupación Musical do Rosal e a asociación A Jalleira, que participan nesta completa axenda de outono. Unha oferta cultural diversa e para todos os gustos que esperamos que teña unha grande acollida por parte da veciñanza”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    Os contacontos serán os encargados de inaugurar a programación outonal esta mesma fin de semana. O sábado 3 de outubro as historias tradicionais, os contos populares e inventados, a música en directo e o humor encherán a biblioteca municipal. Será con ‘Filipa cos contos’, unha sesión de narración oral entre Fran e a súa amiga Filipa que fará as delicias de cativos e cativas a partir de 4 anos. Será ás 11.00 horas.

    Xa o 10 de outubro (11 h) a música fará saltar ao público. Será co espectáculo ‘Brinca vai! De aquí a acolá’, que chegará coas cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos para percorrer un camiño no que a música soa con forma de sorriso.

    O venres 16 de outubro os máis pequenos e pequenas da casa poderán combater o frío cos ‘Contos de inverno’ (11 h) e o venres 23 de outubro Magín Blanco trae o espectáculo musical ‘O que levamos nas maletas’ (11 h), unha proposta na que o público terá que participar na interpretación das cancións e na resolución das cuestións que plantexan os camiños. Aínda que a celebración de todos os contacontos está prevista na biblioteca municipal, poderá haber variación dos espazos que se comunicarán con antelación en función das condicións sanitarias.

    A música será outra das protagonistas da axenda cultural. O sábado 10 de outubro Sés subirase ao escenario na Praza do Calvario para facer desfrutar da música a todos os rosaleiros e rosaleiras. Será a partir das 21.00 horas, con aforo limitado a 300 prazas e con inscrición previa a través da web do Concello (https://portal.concellodorosal.es/reservas/concerto-de-ses/) ata completar aforo. Para inscribirse será preciso facilitar nome, DNI, teléfono e email e estará restrinxido a un máximo de 4 persoas por inscrición. Aínda que a vía electrónica será a principal para a recollida de inscricións, aquelas persoas que teñan dificultades para acceder a través deste medio poden chamar ao 986 62 50 00 ext. 4.

    Ese mesmo 10 de outubro de 16 a 22 horas habilitarase na Praza do Calvario un espazo lúdico de prevención das violencias.

    O teatro chegará en forma de carreira o domingo 11 de outubro. Será con ‘Running polo Camiño’, unha suorenta comedia para todos os públicos que se poderá ver na Praza do Calvario a partir das 18.00 h. Aforo limitado a 100 prazas, polo que será necesaria inscrición previa. O sábado 17 de outubro poderase desfrutar de ‘Literaria’ no Auditorio Municipal a partir das 20.00 horas e o domingo 8 de novembro o público infantil descubrirá os ‘Monstros no camiño’, ás 18.00 h no auditorio municipal.

    O circo tomará a Praza do Calvario o domingo 12 de outubro con ‘Bambolina’ (17.00 h), unha actuación dirixida a público infantil. Tras esta actividade as persoas poderán desfrutar na mesma Praza do Calvario (18.00 h) da actuación da Banda da Agrupación Musical.

    ‘Auga. O sangue da Terra’ é o título da mostra que acollerá o salón de exposicións do Rosal do 13 ao 31 de outubro, ambos os dous incluídos. Unha exposición para todos os públicos que poderá visitarse de balde de martes a xoves de 18 a 20 h e venres e sábado de 11 a 13 h.

    A primeira edición das Xornadas do Patrimonio será o colofón final da programación cultural de outono, tres días “para poñer en valor o patrimonio que temos na nosa contorna” dun xeito diferente. Será para grupos reducidos e con inscrición previa. Arrancarán o venres 23 de outubro cunha charla sobre arqueoastronomía a cargo de Benito Vila ás 19.30 h no Centro Social Polivalente que se completará cunha saída para a observación de estrelas ás 21.00 h. Xa o venres 30 de outubro, Alia Vázquez descubrirá ao público os petróglifos do Baixo Miño (19.30 h, Centro Social Polivalente) para despois facer unha ruta guiada a algún dos petróglifos do Rosal (21.00 h). A última charla será o venres 6 de novembro, na que Brais Currás falará sobre minería romana no Baixo Miño (Centro Social Polivalente, 20.00 h). Ao día seguinte, sábado 7 de novembro, haberá unha visita guiada ao Montefurado de Covas, en Vila Nova de Cerveira.

    As xornadas micolóxicas porán o punto final á programación. Celebraranse o sábado 14 de novembro no Centro Social Polivalente grazas á colaboración da asociación forestal e de educación ambiental A Jalleira.

     

    PROGRAMACIÓN COMPLETA

     

    Sábado 3 de outubro

    CONTACONTOS ‘Filipa cos contos’

    Hora: 11:00 h

    Lugar: biblioteca municipal

    Idades: a partir de 4 anos

    Duración: 50 minutos

     

    Sábado 10 de outubro

    CONTACONTOS ‘Brinca vai! De aquí a acolá’

    Hora: 11:00 h

    Lugar: biblioteca municipal

    Idades: de 4 a 11 anos

    Duración: 60 minutos

     

    AGRESIÓNS OFF

    Espazo lúdico de prevención das violencias

    Hora: De 16.00 a 22.00 horas

     

    CONCERTO de Sés

    Hora: 21:00 h

    Lugar: Praza do Calvario

    Idades: todos os públicos

    Duración: 120 minutos

    Aforo: 300 prazas – inscrición previa

     

    Domingo 11 de outubro

    TEATRO ‘Running polo Camiño’

    Hora: 18:00 h

    Lugar: Praza do Calvario

    Idades: todos os públicos

    Duración: 60 minutos

    Aforo: 100 prazas – inscrición previa

     

    Luns 12 de outubro

    CIRCO ‘Bambolina’

    Hora: 17:00 h

    Lugar: Praza do Calvario

    Idades: público infantil

    Duración: 60 minutos

     

    MÚSICA Banda da Agrupación Musical do Rosal

    Hora: 18:00 h

    Lugar: Praza do Calvario

    Idades: todos os públicos

    Duración: 50 minutos

     

    Martes 13 de outubro

    EXPOSICIÓN ‘Auga. O sangue da Terra’

    Inauguración, martes 13 ás 18:00 h. Ata o 31 de outubro, ambos incluídos.

    Lugar: Salón de exposicións

    Idades: todos os públicos

    Horarios de apertura ao público: martes e xoves de 18:00 a 20:00 h, venres e sábado de 11:00 a 13:00 h

     

    Venres 16 de outubro

    CONTACONTOS ‘Contos de inverno

    Hora: 11:00 h

    Lugar: biblioteca municipal

    Idades: a partires dos 4 anos

    Duración: 45 minutos

     

    Sábado 17 de outubro

    TEATRO ‘Literaria

    Hora: 20:00 h

    Lugar: Auditorio Municipal

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    Venres 23 de outubro

    CONTACONTOS: ‘O que levamos nas maletas

    Hora: 11:00 h

    Lugar: biblioteca municipal

    Idades: de 4 a 10 anos

    Duración: 50 minutos

     

    CHARLA sobre Arqueoastronomía. Por Benito

    Hora: 19:30 h

    Lugar: Centro Social Polivalente

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    SAÍDA para a observación de estrelas

    Hora: 21:00 h

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    Venres 30 de outubro

    CHARLA Petróglifos do Baixo Miño. Por Alia Vázquez

    Hora: 19:30 h

    Lugar: Centro Social Polivalente

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    VISITA GUIADA a petróglifos do concello

    Hora: 21:00 h

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    Venres 6 de novembro:

    CHARLA sobre minería romana no Baixo Miño. Por Brais Currás

    Hora: 20:00 h

    Lugar: Centro Social Polivalente

    Idades: público adulto

    Duración: 60 minutos

     

    Sábado 7 de novembro:

    VISITA GUIADA ao Montefurado de Covas, en Vila Nova de Cerveira con Brais Currás.

     

    Domingo 8 de novembro

    TEATRO: ‘Monstros no camiño’

    Hora: 18:00 h

    Lugar: Auditorio Municipal

    Idades: público infantil

    Duración: 60 minutos

     

    Sábado 14 de novembro

    XORNADAS MICOLÓXICAS

    Lugar: Centro Social Polivalente

     

    Ampliar contenido
  • A exposición fotográfica do curso -Namórate de Ti- pode verse no mercado municipal de Tomiño até final de mes

    Fecha desde el 02 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    O obxectivo do proxecto, promovido pola Asociación de Desenvolvemento EuRural, foi potenciar a autoestima a través da fotografía

    O Mercado Municipal de Tomiño acolle a partir de hoxe e até final de mes, unha exposición fotográfica resultante do curso “Namórate de ti” organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, en Tomiño.

     

    A mostra é o resultado do traballo realizado polas mulleres participantes no proxecto “Namórate de Ti. Autoestima e empoderamento a través da fotografía”, desenvolvido o ano pasado no Centro Goianés, no que mulleres de diversas idades, traballaron intensamente cuestións relacionadas coa autoestima, o autoconcepto, a vida consciente, a cooperación, a desinhibición e o empoderamento, entre outros.

     

    O obxectivo do proxecto, promovido polo Concello de Tomiño e Eu Rural, foi mellorar a calidade de vida das participantes, potenciando as súas calidades e capacidades, e facendo fincapé na materia da autoestima feminina. Valorarse máis, coñecerse mellor, comprenderse e aceptarse. Todo isto é o que aprenderon as usuarias do curso, dirixido principalmente a mulleres que buscaban mellorar a súa autoestima utilizando a fotografía como ferramenta.

     

    Durante varias xornadas, dúas orientadoras ensinaron ás participantes a quererse a apreciarse; aumentar o seu amor propio e xestionar e controlar o estrés, a través da expresión corporal, verbal e escrita; dinámicas de grupo, vídeos e sesións fotográficas, con posta en escena das propias usuarias.

     

    Agora o público poderá ver (no primeiro andar do mercado) unha selección das fotografías realizadas durante as sesións da primeira edición do taller, que contou co financiamento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, e da Xunta de Galicia.

    A exposición chega ao mercado municipal precedida polo éxito obtido no Centro Goianés.

     

    Asemade, este sábado, 3 de outubro, as autoras das fotos reuniranse no mercado para gravar un documental que está elaborando Eurural, recollendo a experiencia das mulleres e que incluirá tamén a das participantes da edición deste ano, que se está a celebrar en Mos.

    Ampliar contenido
  • A Guarda pon en marcha unha ampla programación de actividades para o outono

    Fecha desde el 03 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    Teatro, obradoiros, samaín, cantacontos, exposicións, charlas, eventos deportivos e moito máis na programación de outono no Concello da Guarda.

    Programación teatral de outono na Guarda

    O Concello da Guarda programa un total de cinco representacións teatrais nesta tempada de outono, tratase das obras “A nena que quería navegar”, “Invisibles”, “O mel non caduca”, “Rosa Caramelo” e “Running”, obras que se levarán a cabo entre o 26 de setembro e o 11 de decembro deste ano.

    Esta programación arrancou xa na xornada do pasado sábado día 26 de setembro  coa obra “A nena que quería navegar” e O sábado día 3 de outubro coa obra “Invisibles” no Centro Cultural, é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.

    O venres día 16 de outubro continúa a programación de teatro coa obra “O mel non caduca” ás 21:00h no Centro Cultural, é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

    O sábado 24 de outubro ás 18:00h é a quenda da obra “Rosa Caramelo” ás 18:00h, é Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

    Xa para pechar este ciclo de teatro de outono, o venres 11 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural será o escenario para a representación teatral de “Running”, onde os 2 actores asumen o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 personaxes entre os 2. Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.

    Para todas as representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a centrocultural@aguarda.es ou acudindo ata o propio Centro Cultural dende o luns previo a cada actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.

     

    Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda

     

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).

     

    Cantacontos, con Migallas Teatro

     

    Sábado 10 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural

     

    En “Cantacontos” os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.

     

    Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos e familias.

     

     

    Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez

     

    Sábado 17 de outubro. Dúas sesións: ás 11:30 horas e ás 12:30 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural.

     

    Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a súa propia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á súa vida que lles axudará a comunicarse, contando as súas propias historias nas que verter as súas propias inquedanzas e intereses.

     

    Público: Nenos e nenas: De 8 a 9 e Mocidade

     

     

    Trémola Teatro. Que animaliño é?

     

    Venres 23 de outubro ás 18:00 horas. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural

     

    Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. 3 “que animaliño é?”,  é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.

     

    Público: Bebés de 0 a 3 anos e familias.

     

     

    Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.

     

    O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

     

    Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

     

    Exposición “Río Miño- Memorias transfronteirizas”

     

    Na exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas” os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

    Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa DEPO, chega á Guarda, entre o 9 e o 20 de outubro na Casa dos Alonso.

     

    Trail do Trega

     

    O domingo día 11 de outubro o Trail do Trega chega á súa sétima edición con 14km de percorrido e preto de 800m de desnivel. Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas e as saídas serán de 10 atletas cada 30 segundos. A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. A proba arranca ás 10:30h dende a Alameda da Guarda.

    Así mesmo, se organizará unha andaina guiada de 10 km e con 500 metros de desnivel LIMITE de 100 participantes, que sairá ás 10:00h dende a Alameda da Guarda.

     

    Actividades para festexar o Samaín

     

    A concellería de Cultura programa entre o 20 e o 28 de outubro diversas actividades online para festexar o Samaín con “Facemos un trato”.

    O día 31 terá lugar o espectáculo “Contos para caghar patatillas” do elenco de Brais das Hortas e dirixido ao público infantil e familiar, no Centro Cultural ás 18:00h.

    É preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a centrocultural@aguarda.es ou acudindo ata o propio Centro Cultural o luns previo á actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.

     

     

    Máis actividades

     

    • Charlas de igualdade organizadas pola ANPA CEIP A SANGRIÑA (Cada martes dende o 20 de outubro ata o 17 de novembro) no Centro Cultural.

     

    • Presentación do libro de Denis Maza “La mística de un grano de arena” (22 e 23 de outubro)
    Ampliar contenido
  • Campaña de vacinación da gripe 2020

    Fecha desde el 13 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Diciembre de 2020

    Terá comezo o 13 de outubro e prolongarase ata o 31 de decembro.

    A Consellería de Sanidade solicita a nosa colaboración, un ano máis, para achegarvos toda a información relativa á CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE 2020, que este ano cobra especial relevancia no contexto da pandemia pola COVID-19 que estamos a padecer.

    Terá comezo o 13 de outubro e prolongarase ata o 31 de decembro.

    Informamos tamén que a Consellería de Sanidade ten un portal de información para a sociedade: https://gripe.sergas.gal/ 

    Ampliar contenido
  • Curso organizado pola OMIX da Guarda conversas en inglés para o mes de novembro

    Fecha desde el 13 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    Para informarte e ter acceso a túa praza inscríbete na OMIX da Guarda, a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil(OMIX) da Guarda organiza un obradoiro de inglés coa intención de facilitar un curso no que falar e de paso pasar un rato divertido aprendendo.

     

    Se queres practicar o teu inglés este curso é unha moi boa oportunidade, levarase a cabo durante o mes de novembro os martes e xoves de 19:30 a 21:30, cun prezo de 20€.

     

    Para informarte e ter acceso a túa praza inscríbete na OMIX da Guarda, a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890

    Ampliar contenido
  • Próximas actividades no Espazo Xove de Tui

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2020
    hasta el 10 de Noviembre de 2020

    áis información e inscricións: Teléfono: 886110797, Facebook ou en informacionxuventude@yahoo.es

    OBRADOIRO DE EMPREGO: “DEIXA PEGADA: MARCA PERSOAL”

    Dando resposta a unha das inquedanzas fundamentais da mocidade e co obxectivo de mellorar a súa preparación no proceso de busca de emprego, ofertamos un novo monográfico no que se traballarán ferramentas que podan axudar a definir a “Marca persoal” de cada participante e facelos conscientes de cómo esta pode axudarlles a mellorar laboralmente e orientarse cara a súa vocación.

    Dirixido a mocidade de 18 a 30 anos. Celebrarase o xoves 12 de novembro de 18.30 a 20.00 horas.

    O obradoiro ten 10 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

     

     

    SALA DE EXPOSICIONS:

    Por outra banda, o centro pon a disposición da mocidade de 14 a 30 anos a sala de exposicións do centro. Aqueles mozos e mozas que estean interesados en expoñer a súa obra poden solicitar a sala nas condicións establecidas polo centro.

    Por razóns de organización e características da sala só poderá expoñerse obra que poda ir en parede: pintura, banda deseñada, fotografía, poesía, etc…….

     

    Máis información e inscricións:

    Teléfono: 886110797, Facebook ou en informacionxuventude@yahoo.es

    Ampliar contenido
  • Tui presenta unha programación -segura- para volver ao Teatro no outuno

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2020
    hasta el 21 de Noviembre de 2020

    Están programados oito espectáculos de música, teatro e danza contemporánea. A capacidade redúcese a 180 localidades por evento

    “Volvemos ao teatro” é o lema da programación de outono que dende este venres, 16 de outubro, e até o 21 de novembro se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui.

    Foi presentada esta mañá polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o músico Samuel Diz.

    O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que “esta programación ambiciosa reflicte perfectamente o compromiso deste concello coa cultura, con algo que sempre nos identificou moitísimo. Non podemos olvidar que a programación cultural de Tui é recoñecida máis aló das nosas fronteiras, nos engade un selo de calidade e nos singulariza”. Nese senso indicaba “o compromiso deste goberno de seguir con esa estela da nosa programación cultural, para que siga sendo dun referente máis aló do ámbito territorial que nos ocupa”.

    A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que con “Volvemos ao teatro” mantense a actividade no Teatro Municipal achegando espectáculos os venres e sábado para todos os públicos con teatro, música e danza.  Dicía a concelleira “agardo que a xente disfute no Teatro” destacando que “a cultura é segura”.  Salientou que a capacidade do patio de butacas redúcese ao 33% de tal xeito que para cada evento poranse á venda 180 localidades. Contarase cun protocolo COVID 19. As entradas poranse á venda o luns da semana do espectáculo até unha hora antes do mesmo a través de tui.gal, sendo este o método preferente de compra. Tamén se poderán adquirir no despacho de butacas na Área Panorámica o propio día unha hora antes do inicio da función.

    Pola súa parte Samuel Diz, lembrou coma o concerto “Memoria da Melancolía” que ofrecerá este venres estaba previsto para o mes de marzo e daquela tivo que ser adiado debido á pandemia do coronavirus. Ía ser estreado en Tui pero debido ao aprazamento foi a primeira posta en escena tivo lugar en setembro na casa de Lorca.  Este venres estará acompañado no escenario por Benxamín Otero e Yolanda Castaño, e cunha réplica da guitarra de Lorca intepretará un percorrido polas músicas da Xeración do 27 e do exilio republicano español, moitas delas inéditas, atopadas en diferentes arquivos, seguindo a pegada de María Teresa León polo mundo”. Agradecía Samuel Diz o compromiso do Concello de Tui por manter esta programación de outono. As entradas para este concerto poranse á venda mañá mércores ás 20 h aos prezos de 6€ e 5€ en tui.gal.

    A programación está conformada por oito espectáculo de música, teatro, e danza para público infantil e adulto.

    Memoria da Melancolía” é o concerto de Samuel Diz que abre esta programación este venres, 16 de outubro, ás 21.30 h.  A seguinte cita será o venres, 23 de outubro, ás 21.30h con Redrum Teatro e a comedia negra “Idiota” interpretada por Machi Salgado e Susana Sampedro. O sábado 24 de outubro, ás 18.30 h, Galeatro presenta “Carabela” unha obra para público familiar recomendada a partir dos 4 anos. “So”, un espectáculo novo circo, é a proposta prevista o venres, 30 de outubro, ás 19.30 h da man de Xampatito Pato. Mentres o venres, 6 de novembro, ás 21.30 h está programada a traxicomedia “Dúas donas que bailan” de Teatro do Atlátnico.  A versión teatral do libro "Esio Trot" de Roald Dahl chegará o sábado, 7 de novembro, ás 18.30 h con  Pérez&Fernández e o espectáculo para público familiar  "Aguratrat".  Pecha esta programación o venres, 20 de novembro, ás 19.30 h Avento Produccións o espectáculo para público infantil e familiar dende os 3 anos "Ummm unha comedia musical para chupar os dedos", e o sábado 21 de novembro, ás 20.30 h La Macana achega o espectáculo de danza contemporánea “Pink Unicorns”.

    Ampliar contenido
  • A Guarda convida a festexar o Samaín con actividades para toda a familia

    Fecha desde el 23 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    Este ano o Concello da Guarda arranca a celebración dun Samaín diferente, no que se propoñen 3 actividades que se poden realizar entre toda a familia e para os diferentes gustos de cada un.

    As actividades contan con varias accións online con vídeos e  a acción presencial “Contos para caghar patatillas” que terá lugar o 31 de outubro no Centro Cultural.

     

    Facemos un trato? Con decoracións escalofriantes

    Do 21 ao 29 de outubro arrancan as primeiras actividades con “Facemos un Trato? Mediante unha proposta de decoración das xanelas das vivendas das casas e coa que os máis pequenos da casa poderán levarse un pequeno agasallo.

     

    Nesta actividade os máis pequenos coa axuda das súas familias, terán que decorar unha xanela ou porta da súa casa (visible dende a rúa). Unha vez rematada enviar unha foto da súa decoración ó mail centrocultural@aguarda.es indicando o nome e apelidos dos participantes.

    Se aceptan o trato, poderán pasar a recoller unha bolsiña de lambetadas polo Centro Cultural, na hora e día que se lles indique vía e-mail.

     

    Para completar o trato o Concello da Guarda difundirá a través das redes sociais e do canal de youtube un vídeo tutorial con ideas escalofriantes e fáciles para completar as decoracións.  Ligazón: https://youtu.be/xcmLAALXR9Q

               

    As fotografías das decoracións realizadas poderán enviarse por mail dende o luns 27 ata o xoves 29. Se as familias así o autorizan as fotos coas decoracións serán compartidas no facebook e instagram de @culturaguarda entre o 28 e o 31 de outubro.

     

    “Cociña de medo” para as receitas máis deliciosas

    Seguindo na mesma liña publicaranse vídeos de “Cociña de medo”.  Agora que chegou o frío e estamos máis tempo na casa, que mellor para festexar a chegada da estación escura que cunhas deliciosas sobremesas de medo.

    Na semana que vai do 24 ao 31 de outubro difundiremos a través das redes sociais un par de vídeos con receitas apropiadas para estas datas.

     

    “Contos para caghar patatillas” o 31 de outubro no Centro Cultural

    Xa para rematar o Samaín 2020 na Guardao sábado 31 de outubro ás 18:00h o Centro Cultural acolle “Contos para caghar patatillas”,onde Brais das Hortas - coñecido tamén como o neno imperdible que acompaña a Peter Punk, pola banda Blues do País, ou a Tropa de trapo, achegarannos unha sesión de historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta…

    As inscricións para esta actividade presencial, que se realizará con todos os protocolos covid-19 e medidas de seguridade e hixiene vixentes, se poden realizar a partires deste venres día 23 de outubro no centro cultural, chamando ao 986 61 1850 ou enviando un mail a centrocultural@aguarda.es.

    Ampliar contenido
  • A exposición Río Miño- Memorias transfronteirizas amplía a súa estadía na Guarda até o 19 de novembro

    Fecha desde el 23 de Octubre de 2020
    hasta el 19 de Noviembre de 2020

    A Exposición Río Miño- Memorias transfronteirizas permanecerá no andar baixo da Casa dos Alonso até o 19 de novembro en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres

    Dende o pasado 9 de outubro xa está na Guarda a exposición “Río Miño - memorias transfronteirizas”, na que os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos.

     

    Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

     

    Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa Deputación de Pontevedra, amplía a súa estadía na Guarda até o 19 de novembro na Casa dos Alonso, tamén está a disposición dos visitantes un tríptico informativo da mesma.

    Ampliar contenido
  • A Campaña -AgresiónOff- chega este sábado á Guarda

    Fecha desde el 31 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    O sábado 31 de outubro a Praza de Avelino Vicente da Guarda acolle de 10:00h a 14:30h actividades abertas a todo o público.

    A campaña 'AgresiónOff, eu digo non á violencia sexual', da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, ten como obxectivo previr e evitar as agresións sexuais contra as mulleres, especialmente en eventos que se desolvolvan en Galicia. Actualmente, por mor da COVID, as intervencións realízanse tamén noutro tipo de contextos.

     

    No marco da campaña, ofrecerase información contra a violencia  sexual e realizaranse accións de sensibilización e prevención sobre agresións sexistas.

     

    OBRADOIROS E ACTIVIDADES LÚDICO-FORMATIVAS:

     

    No stand levaremos a cabo as seguintes actividades e obradoiros:

    1.   CANTO DE ESTEREOTIPADA ESTÁ A TÚA MENTE?Esta actividade consiste en escoitar e reflexionar acerca de diferentes mensaxes que poden inducir, moitas veces de xeito inconsciente, a pensamentos estereotipados.
    2. A RULETA DO AMOR ROMÁNTICO. Este xogo interactivo consiste en facer xirar a ruleta dos mitos sobre o amor romántico. Cando esta se pare nun mito en concreto, a persoa que xoga debe argumentar o que pensa sobre a frase que corresponda.
    3. NON ME CONTES CONTOS.Empregando o televisor co que contaremos no stand, proxectaranse na pantalla diferentes fragmentos de contos, fábulas, refráns e ditos populares, co obxectivo de invitar á reflexión acerca da importancia da información que recibimos e, sobre todo, transmitimos.
    4. ONDE ESTÁ O LÍMITE?Nun lateral do stand, expoñeranse de forma escalonada (semellando graficamente a imaxe dun termómetro), diferentes actitudes ou comportamentos que se poden dar dentro da parella. De xeito individual ou grupal, os participantes deben decidir onde poñen o seu límite, xerando así o debate sobre a delgada liña que separa unha relación aparentemente sa dunha relación tóxica.
    5. EU NON NECESITO #FILTROS.Nunha das paredes do stand haberá diferentes espellos que deforman ou alteran a imaxe. Sobre estes espellos haberá rotuladas mensaxes que invitan á reflexionar acerca da imaxe que queremos transmitir nas RRSS, incluíndo o uso de filtros para modificar aqueles aspectos físicos que non nos gustan. Neste senso, mediante mensaxes como ‘a túa personalidade non ten filtro’ preténdese xerar un clima de reflexión que contemple a autoestima e a valoración persoal coma o eixo principal para construír relacións socio-afectivas saudables.
    6. ESTÁS SEGUR@ DE PREMER O BOTÓN DE ENVIAR?Os/as participantes nesta actividade deberán decidir, coñecendo previamente os riscos e as consecuencias do sexting, se envían ou non, de xeito hipotético, o contido vinculado a esta práctica.
    7. KAHOOD DA IGUALDADE. XOGO TECNOLÓXICO ON LINE.Nunha pantalla proxectaremos este xogo no que a través do móbil e un sinxelo rexistro, as persoas participantes poderán respostar a diferentes preguntas “on line” en directo sobre a violencia de xénero, comprobando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida. 
    8. A INFORMACIÓN ESTÁ AO ALCANCE DA TÚA MAN.A través de códigos QR os participantes poden acceder á información relacionada co programa, como o portal de Igualdade, os enlaces de descarga da APP AgresiónOFF, números de teléfono da muller, etc.

     

    Ademais das actividades para adultos, contaremos tamén con outra pensada para os máis cativos, así como dúas propostas a maiores que complementan todas as actividades anteriormente citadas:

    1. O TÓTEM DO SEXISMO.Ao carón do stand colocarase un pequeno tótem serigrafiado con palabras ou frases sobre diferentes accións e actividades que aos máis cativos lles poidan resultar familiares (como bailar, xogar ao fútbol, axudar nas tarefas do fogar, cociñar, xogar con bonecas, pelexar…). Na parte superior do tótem situaranse dúas flechas, unha que indica ‘nenas’, e outra, en dirección contraria, que indica ‘nenos’. Os máis cativos, guiados polas persoas informadoras do stand ou polas súas familias, deben decidir se as accións citadas son de nenos, de nenas ou de ambos. Con esta actividade preténdese combater os estereotipos e o sexismo dende a infancia, esclarecendo que non hai diferencias entre mulleres e homes á hora de realizar este tipo de accións.
    2. VERDADE OU MITO.Esta actividade ten como obxectivo desterrar ideas erróneas sobre a violencia de xénero e as agresións sexuais.
    3. AMPLIEMOS O DECÁLOGO CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL.Partindo do decálogo sobre a violencia sexual, animarase aos/ás participantes que se acheguen ao stand a engadir algunha indicación máis que complemente ás xa recollidas no mesmo.
    4. ADIVIÑA A ADIVIÑANZA…QUEN ESTÁ DETRÁS DE CADA FRASE?As persoas informadoras do stand propoñerán frases asociadas a profesións que os/as participantes deben identificar segundo sexan ditas por unha muller ou por un home, e razoar o porqué.

     

    Ademais, ao longo da intervención distribuiranse flyers co ‘Decálogo contra a violencia sexual: 10 cousas que tes que saber’ en galego, castelán e inglés, así coma merchandising cos logotipos de programa.

    Ampliar contenido
  • Tui establece medidas e recomendación no cemiterio municipal ante a celebración de Todos os Santos

    Fecha desde el 31 de Octubre de 2020
    hasta el 01 de Noviembre de 2020

    Haberá sistemas de control e sinalización para facilitar os accesos e evitar as aglomeracións. A visita non poderá exceder os 30 minutos

    Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e previr e conter a covid 19 ante situación de pandemia que estamos vivir o Concello de Tui establece unha serie de limitacións e recomendacións ante a celebración da festividade de Todos os Santos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, emitiu esta mañá un bando onde explica que ante a celebración da festividade de Todos os Santos, na que produce unha asistencia masiva de persoas ao Cemiterio Municipal, se establecen diversas medidas e recomendacións.  

    Así suspéndese o oficio relixioso que tiña lugar o 1 de novembro no cemiterio municipal.  Amais recoméndase a asistencia ao cemiterio municipal de forma escalonada entre o 28 de outubro e o 2 de novembro, e o propio día 1 ao longo da xornada. A duración da visita será o máis breve posible e en ningún caso superará os 30 minutos.

    Estableceranse sistemas de control e vixilancia por parte da policía local e outro persoal municipal así como o valado e sinalización para facilitar os accesos e evitar as aglomeracións o día 1 de novembro.

    As persoas que acudan ao cemiterio deberán respectar a distancia de seguridade de metro e medio e evitar o contacto persoal. Os grupos serán coma máximo de 4 persoas do mesmo grupo familiar e que vivan xuntas. O aforo máximo é de 100 persoas. Débese empregar de forma obrigatoria a máscara e usar o xel hidroalcohólico, para o que se colocarán dispensadores no acceso.

    Non estarán dispoñibles obxectos como escaleiras, caldeiros, regadeiras,… para evitar o uso compartido polo que en caso de ser necesario cada persoa deberá levar o seu material.

     

    Dende o Concello de Tui recoméndase ás persoas de risco que eviten acudir ao cemiterio nos momentos nos que se prevea maior afluencia de persoas. Faise fincapé no feito de que aquelas persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19 non poderán ir ao cemiterio.

     

    No bando da alcaldía apélase a responsabilidade de todas as persoas que acudan ao cemiterio municipal nestes día, incidindo na “necesidade de cumprir estritamente todas as medidas sanitarias precisas para evitar aglomeracións e previr deste xeito os contaxios e propagación da COVID-19”.

    Ampliar contenido
  • Ferryboat interrompe travessias no período em que o Governo proibiu a circulaçao entre concelhos

    Fecha desde el 30 de Octubre de 2020
    hasta el 03 de Noviembre de 2020

    Recorde-se que o Governo aprovou, entre outras medidas, uma resolução que determina a proibição de circulação entre diferentes concelhos do território continental no período entre as 00h00 de 30 de outubro e as 23h59 de dia 3 de novembro.

    As travessias do ferryboat Santa Rita de Cássia, entre Caminha e A Guarda, vão ser interrompidas nos dias em que o Governo proibiu a circulação de pessoas entre concelhos, ou seja, no período entre as 00h00 de 30 de outubro e as 23h59 de dia 03 de novembro.

     

    Atendendo a que o ferryboat realiza uma travessia que vai além do concelho de Caminha, o Presidente da Câmara Municipal deu instruções aos serviços para que a carreira do Santa Rita de Cássia seja interrompida a partir das 00h00 de 30 de outubro (sexta-feira) e as 23h59 do dia 03 de novembro (terça-feira), retomando assim a atividade regular na quarta-feira, dia 4 de novembro.

     

    Esta decisão surge, como referimos, na sequência das medidas definidas pelo Governo em Conselho de Ministros, realizado no passado dia 22 deste mês, com o intuito de travar expansão da pandemia COVID-19.

     

    Recorde-se que o Governo aprovou, entre outras medidas, uma resolução que determina a proibição de circulação entre diferentes concelhos do território continental no período entre as 00h00 de 30 de outubro e as 23h59 de dia 3 de novembro.

    Ampliar contenido
  • Circulaçao de cidadaos nao residentes em Portugal continental está dependente das exceçoes aprovadas

    Fecha desde el 30 de Octubre de 2020
    hasta el 03 de Noviembre de 2020

    Perante a permanência das dúvidas levantadas pelos vizinhos galegos à limitação das deslocações de pessoas no período entre 30 de outubro e 3 de novembro em território nacional continental

    Perante a permanência das dúvidas levantadas pelos vizinhos galegos à limitação das deslocações de pessoas no período entre 30 de outubro e 3 de novembro em território nacional continental, o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira sublinha que o artigo nº18 da Resolução do Conselho de Ministros n.º 89-A/2020 “é esclarecedor e vai de encontro à interpretação realizada na passada sexta-feira”.

    De acordo com o documento agora publicado em Diário da República, a circulação de cidadãos não residentes em território nacional continental está dependente das exceções descritas no nº16. Fernando Nogueira reafirma que “as fronteiras entre Portugal e Espanha se mantém abertas, mas que os condicionalismos de circulação aplicados aos portugueses para esses cinco dias alargam-se aos cidadãos estrangeiros, com as exceções devidamente especificadas na resolução em causa”.

    Desta forma, as exceções incluídas no nº 16 aplicam-se, “com as devidas adaptações”, à circulação de cidadãos não residentes em território nacional continental, nomeadamente:

    1. a) Aos profissionais de saúde e outros trabalhadores de instituições de saúde e de apoio social, bem como ao pessoal docente e não docente dos estabelecimentos escolares;
    2. b) Aos agentes de proteção civil, às forças e serviços de segurança, militares, militarizados e pessoal civil das Forças Armadas e aos inspetores da Autoridade de Segurança Alimentar e Económica;
    3. c) Aos titulares de cargos políticos, magistrados e dirigentes dos parceiros sociais e dos partidos políticos representados na Assembleia da República;
    4. d) Aos ministros de culto, mediante credenciação pelos órgãos competentes da respetiva igreja ou comunidade religiosa, nos termos do n.º 2 do artigo 15.º da Lei n.º 16/2001, de 22 de junho, na sua redação atual;
    5. e) Ao pessoal de apoio dos órgãos de soberania e dos partidos com representação parlamentar, desde que comprovado o respetivo vínculo profissional através de cartão de trabalhador ou outro documento idóneo;
    6. f) Às deslocações para efeitos de atividades profissionais ou equiparadas, desde que:
    7. i) Prestem declaração, sob compromisso de honra, se a deslocação se realizar entre concelhos limítrofes ao da residência habitual ou na mesma Área Metropolitana;
    8. ii) Estejam munidos de uma declaração da entidade empregadora, se a deslocação não se circunscrever às áreas definidas na subalínea anterior.
    9. g) Às deslocações de menores e seus acompanhantes para estabelecimentos escolares, creches e atividades de tempos livres, bem como às deslocações de estudantes para instituições de ensino superior ou outros estabelecimentos escolares;
    10. h) Às deslocações dos utentes e seus acompanhantes para Centros de Atividades Ocupacionais e Centros de Dia;
    11. i) Às deslocações para a frequência de formação e realização de provas e exames, bem como de inspeções;
    12. j) Às deslocações para participação em atos processuais junto das entidades judiciárias ou em atos da competência de notários, advogados, solicitadores, conservadores e oficiais de registos, bem como para atendimento em serviços públicos, desde que munidos de um comprovativo do respetivo agendamento;
    13. k) Às deslocações necessárias para saída de território nacional continental;
    14. l) Às deslocações de cidadãos não residentes para locais de permanência comprovada;
    15. m) Às deslocações para assistir a espetáculos culturais, se a deslocação se realizar entre concelhos limítrofes ao da residência habitual ou na mesma Área Metropolitana e desde que munidos do respetivo bilhete;
    16. n) Ao retorno à residência habitual.

    De relembrar que, face à situação excecional que se vive em Portugal e no mundo, e de modo a evitar a proliferação de casos registados de contágio de COVID -19 e um retrocesso na contenção da transmissão do vírus e da expansão da doença COVID -19 que as medidas adotadas permitiram, o Governo de Portugal determinou, no âmbito do estado de calamidade, que os cidadãos não podem circular para fora do concelho de residência habitual no período compreendido entre as 00h00 do dia 30 de outubro e as 06h00 do dia 3 de novembro, salvo por motivos de saúde ou por outros motivos de urgência imperiosa. Esta limitação visa evitar a maior circulação de cidadãos para fora do concelho de residência habitual devido ao feriado de todos os Santos e do dia dos finados.

    Ampliar contenido
  • Informacións e recomendacións sobre as medidas de prevención relacionadas coa situación sanitaria

    Fecha desde el 30 de Octubre de 2020
    hasta el 03 de Noviembre de 2020

    Dende o concello da Guarda queremos salientar que evitar a propagación da pandemia é responsabilidade de todos e cada un de nós, debemos tomar todas as medidas de protección e hixiénicas individuais recomendadas para evitar un agravamento da situación.

    Vistos os últimos documentos publicados polas administracións en relación coas medidas pola situación sanitaria, o concello da Guarda fai un resumo daquelas medidas de obrigado cumprimento e recomendacións extraídas deses documentos.

    Medidas organizativas ante a festividade de todos os Santos e Defuntos. Tendo en conta as recomendacións das autoridades sanitarias e en coordinación cos párrocos das parroquias da Guarda fanse as seguintes recomendacións en relación ás visitas aos cemiterios:

    • Respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados.
    • Establecer un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes.
    • A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e nunca superior a 30 minutos.
    • Débense evitar aglomeración tanto nas entradas como no interior dos cemiterios.
    • Realizar os adecentamentos dos nichos e tumbas, nos días previos ao 1 e 2 de novembro.
    • De ser posible, visitar os cemiterios os días anteriores e posteriores á celebración do día de todos os Santos o 1 de novembro.
    • Os contedores para depositar os residuos xerados deben permanecer abertos para evitar a súa manipulación.
    • Débense observar sempre as debidas medidas de hixiene de máns, co uso de hidroxel; e respiratoria, co uso das máscaras. Tamén se deben observar as medidas de distanciamento interpersoal.

    Cuestións a ter en conta con motivo da declaración do estado de alarma e da volta a fase dous da desescalada.

    En primeiro lugar sinalar que a autoridade competente aos efectos do estado de alarma é o Goberno da Nación, pero que en cada comunidade autónoma a autoridade competente delegada será a que ostente a presidencia da comunidade, no noso caso a Xunta de Galicia.

    Durante o período comprendido entre as 23:00 e as 6:00 h non se poderá circular polas vías ou espazos públicos excepto para as seguintes actividades:

    1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade
    2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios
    3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
    4. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais
    5. Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades permitidas
    6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
    7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade
    8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
    9. Repostaxe en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización de algunha actividade permitida.

    O tamaño dos grupos de persoas non convivintes para calquera actividade ou evento familiar ou social será como máximo de 5 persoas.

    Suspéndese o mercadillo do próximo sábado día 31 e manterase esta suspensión mentres permanezan as medidas restrictivas impostas pola Xunta de Galicia. 

    Os establecementos, locais comerciais e profesionais non deberán superar un cincuenta por cento da súa capacidade total

    Nos establecementos que teñan atención ao público deberán prestar servizo preferente aos maiores de 75 anos

    Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para consumo no interior do local. Nestes establecementos non está permitido o consumo na barra.

    Dende o concello da Guarda queremos salientar que evitar a propagación da pandemia é responsabilidade de todos e cada un de nós, debemos tomar todas as medidas de protección e hixiénicas individuais recomendadas para evitar un agravamento da situación.

    Ampliar contenido
  • A Guarda pecha a programación de outubro cun concerto de corda en sesión vermouth na Praza do Reló

    Fecha desde el 31 de Octubre de 2020
    hasta el 31 de Octubre de 2020

    Sábado 31 de outubro ás 12:30h do mediodía o grupo Quinta Corda ofrecerá un concerto en sesión vermouth na Praza do Reló.

    • Entrada de balde e sen inscrición previa ata completar o aforo.

    O vindeiro sábado día 31 de outubro o Concello da Guarda pon o broche final á programación de outubro cun música en directo en sesión “vermouth” na Praza do Reló a cargo do grupo centroeuropeo, residente en Oporto, Quinta Corda. 

    A formación trae á Guarda entre o seu repertorio grandes pezas coma As Catro Estacions de Vivaldi, Adagio de  Albinoni, Divertimento de Mozart ou Danza do Lago dos Cisnes de  Tchaikowsky.

    Sen dúbida un delicioso programa, agradable e sinxelo de escoitar, apto para todos os públicos.

    Sobre Quinta Corda

    Quinta Corda é unha agrupación musical que se presenta en distintas formacións, desde o Trio á Orquestra de cámara, abranguendo así un vasto repertorio que se alastra do barroco ao contemporáneo. Estreouse en 2002 no Mosteiro S. Martinho de Tibães, en Braga na Conmemoración das Xornadas do Patrimonio Arquitectónico, sendo calorosamente recibido polo publico. Ata á data, realizaron un gran número de eventos musicais, como concertos, master clases e festivais en todo o mundo.

    VIOLÍNS: Sergey Arutyunyan, Larisa Shomina, Alexandre Arutyunyan

    VIOLA: Iakov Arutyunyan

    VIOLONCELO: Bruno Fernández

    Este concerto forma parte da xira  que o Quinteto está a realizar polas diferentes localidade do Camiño Portugués dentro do programa O Teu Xacobeo, promovido pola Xunta de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido