Agenda
A biblioteca municipal do Rosal terá novos horarios durante os meses de decembro e xaneiro
Fecha desde el 04 de Diciembre de 2020
hasta el 29 de Enero de 2021Os cambios no horario habitual comezan este mesmo venres 4
Ampliar contenidoA biblioteca municipal do Rosal modificará os seus horarios habituais para adaptarse aos festivos marcados no calendario durante os meses de decembro e xaneiro. Estes cambios comezarán este mesmo venres 4 de decembro, xornada na que as instalacións da biblioteca permanecerán pechadas ao público.
Con estes novos horarios, a biblioteca abrirá os días 9, 10, 15, 16 e 17 de decembro en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. As instalacións permanecerán pechadas dende o vindeiro día 18 de decembro ata finalizar as festas de nadal.
Dende o mesmo día 7 de xaneiro a biblioteca retomará o seu horario habitual: os luns de 15.30 a 20.30 horas e de martes a venres de 16.00 a 20.30 horas.
Valença Já Tem Lampreia - Pode vir Comer, está divinal!
Fecha desde el 07 de Enero de 2021
hasta el 20 de Febrero de 2021A época da lampreia, na restauração valenciana, prolonga-se até finais de abril.
Ampliar contenidoChegou o momento dos apreciadores da lampreia. Está oficialmente aberta a temporada da lampreia à mesa, em Valença. As primeiras redadas do ano, no rio Minho, já presentearam os pescadores com exemplares de excelente qualidade.
A época da lampreia, na restauração valenciana, prolonga-se até finais de abril.
Lampreia de Tantas Formas
A tradição apresenta a lampreia, em Valença, à bordalesa, em arroz de lampreia, recheada, assada no forno ou na brasa. Tantas formas para saborear, deliciar-se e encantar-se com os sabores únicos da lampreia do rio Minho. Às tradicionais os chefes da restauração valenciana vão acrescentando novas formas de apresentação e confeção.
Lampreia em Valença Tem Fama e Tradição
Há séculos que a lampreia é um verdadeiro petisco em Valença, tem tradição, fama e serve-se à mesa como um manjar.
Por esta época saborear a lampreia, em Valença, é um verdadeiro prazer, no mínimo uma vez por ano, assim manda a tradição. Os segredos da preparação, confeção e apresentação tem passado de geração para geração pelas mãos sábias das cozinhas das aldeias que a restauração local recria.
Lampreia do Rio Minho
As primeiras lampreias da época já estão a sair nas redadas dos pescadores das comunidades de São Pedro da Torre e Cristelo Côvo e segundo os mesmos é de excelente qualidade.
A lampreia é um prato de época e é entre janeiro e abril que se apresenta na plenitude dos seus sabores.
Festival Sabores da Lampreia
Este ano, devido à situação pandémica não se vai realizar o emblemático Festival da Lampreia na comunidade de pescadores de São Pedro da Torre. Contudo, o Município de Valença tem em perspetiva a realização de várias ações de promoção deste produto gastronómico.
Aberto o prazo para a reserva de praza en centros educativos adscritos no curso 2021/2022
Fecha desde el 11 de Enero de 2021
hasta el 08 de Febrero de 2021Poderá realizarse entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro
Ampliar contenidoA Consellería de Cultura, Educación e Universidade abre hoxe o prazo de reserva de praza para o alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que pedila nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa). A solicitude poderá realizarse desde hoxe ata o 8 de febreiro, ambos inclusive. O procedemento réxese pola Orde publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 22 de decembro.
No que atinxe aos nenos que entran por primeira vez no sistema (maioritariamente de 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que queiran cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles, os prazos xerais de solicitude de admisión mantéñense, como en anos anteriores, do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.
Os trámites poderán facerse de xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Adiantar o procedemento permite ás familias dispor de máis tempo para formalizar as reservas de praza, e aos centros educativos ter máis marxe para completar os trámites administrativos.
Formación dixital gratuíta para persoas autónomas, emprendedoras e pemes grazas á colaboración entre o concello de Tui e a Fundación Cibervoluntarios
Fecha desde el 12 de Enero de 2021
hasta el 25 de Enero de 2021A inscrición está aberta até o 25 de xaneiro en www.iniciatic.org
Ampliar contenidoAté o luns 25 de xaneiro está aberto prazo de inscrición no programa IniciaTIC de apoio e impulso á dixitalización para mellorar a competitividade de persoas autónomas, emprendedoras, pemes e axentes promotores da economía social. Está impulsado pola Fundación Cibervoluntarios e conta neste caso co apoio do Concello de Tui.
IniciaTIC ofrece formación específica e gratuíta en transformación dixital e emprendemento. O obxectivo é paliar a brecha tecnolóxica, e facilitar a adaptación da actividade económica de persoas autónomas, emprendedoras e PEMES a través de procesos de dixitalización básica a escenarios cambiantes provocados pola COVID19.
Levarase a cabo ciberformacións en liña gratuítas para grupos reducidos en Marketing Dixital, Ciberseguridade, administración electrónica, e-commerce, comunicación e xestión e big data.
As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente en www.iniciatic.org.
O Concello de Tui destina 50 mil euros en bonos de compra para a reactivación da economía local
Fecha desde el 13 de Enero de 2021
hasta el 01 de Febrero de 2021Os establecementos interesados pódense inscribir dende mañá en tui.gal
Ampliar contenidoO mércores 13 de xaneiro, abre o prazo de inscrición para que os establecementos interesados se adhiran aos bonos “Activa Tui”. Hoxe veñen publicadas no BOPPO as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas axudas á reactivación económica, que foron aprobadas por unanimidade o pasado mes de decembro en pleno. O Concello de Tui destina a esta iniciativa 50 mil euros.
Os bonos intégranse dentro do Plan de Reactivación económica do concello de Tui e están concibidos como unha medida extraordinaria para axudar o tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e persoas traballadoras autónomas do termo municipal.
O principal obxectivo de Activa Tui é apoiar aos sectores de servizos, comercio, hostalería e restauración do municipio de Tui, tratando de impulsar o consumo de proximidade a través da posta en funcionamento dos bonos “ACTIVA TUI” para investir nos establecementos comerciais.
Os establecementos interesados deben cubrir o formulario habilitado en tui.gal a partir de mañá, 13 de xaneiro. Antes do 1 de febreiro publicarase a listaxe con todos os establecementos participantes.
Dende o 1 de febreiro as persoas, maiores de 16 anos, poderán obter un máximo de dous bonos de compra por valor de 10 €, que poderán canxear en compras iguais ou superiores a 25 euros nos establecementos adheridos á campaña até o 30 de marzo. Estas datas poden sufrir variacións en funcións das medidas restritivas e da situación epidemiolóxica no municipio.
O Concello de Tui organiza o II Foro de emprego Emprega Tui para promover o emprego e o emprendemento
Fecha desde el 19 de Enero de 2021
hasta el 21 de Enero de 2021Terá lugar do 19 ao 21 de xaneiro. A participación presencial está limitada a 30 persoas, e tamén se poderá asistir de forma virtual
Ampliar contenidoDo 19 ao 21 de xaneiro vaise celebrar o II Foro de Emprego Emprega Tui. Está organizado polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui en colaboración con distintas entidades e empresas.
Realizarase cun dobre obxectivo de achegar coñecemento e recursos sobre o mercado laboral ás persoas que están na procura de emprego e de achegar man de obra cualificada e formada ás empresas que procuran persoal.
O II Foro de Emprego “EMPREGA TUI” amplía nesta segunda edición o seu programa triplicando o calendario de actividades previstas con respecto á primeira edición.
Debido a actual situación ocasionada pola pandemia terá lugar en formato virtual e presencial. Esta última modalidade, a presencial está limitada exclusivamente a un máximo de 30 persoas, dirixida a aquelas persoas que non dispoña dos medios para conectarse mediante dispositivos electrónicos. Igualmente terán preferencia na participación presencial os participantes do PIE. Poderase participar de forma virtual no Foro para o que será preciso realizar a inscrición de forma gratuíta.
O Foro Emprega Tui desenvolverase no antigo convento de San Domingos o martes 19, mércores 20 e xoves 21 de xaneiro de 9:30 a 13:30h.
O acto de apertura correrá a cargo da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez e do persoal técnico adscrito ao programa integrado de emprego e a clausura corresponderá ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
EMPREGA TUI contará coa presenza dun elenco de empresas de diversos sectores que aportaran aos asistentes coñecemento do mercado laboral, da demanda de emprego na nosa contorna, dos postos de traballo que se precisan cubrir a curto e medio prazo, de cales son as necesidades do sector, de como son os procesos de selección, das aptitudes, habilidades ou actitudes máis valoradas nas súas empresas e no mercado laboral en xeral, coa finalidade de proporcionar información útil ás persoas demandantes de emprego. Tamén se facilitarán os contactos e as vías para inscribirse nas súas ofertas de emprego. Así mesmo, exporán as necesidades e requisitos á hora de realizar unha contratación e as claves que axuden a superar os procesos de selección con éxito.
As empresas participantes nesta segunda edición do Foro son empresas de
Tui e da contorna pertencentes aos sectores metalúrxico, loxístico, alimentación, comercio, consultoría de RR.HH ou emprendedores valentes que asumiron a difícil tarefa de emprender en tempos de pandemia. Asi contarase coa participación de: Plaintec, Coplant, Coplegal, Utingal, Itcn, Lenda, Eulen, Duatel, Valver, Nortempo, Idae Consultores, Vioncas Bake, A Fada Do Aloia, C.C. Vialia Estacion De Vigo, Ceetrus España e Kaleido Ideas & Logistics.
Ademáis da participación das 15 empresas mencionadas, o Foro conta cun completo programa composto por 6 webinares impartidos por referentes no mundo da xestión das persoas que pretenden aportar ferramentas e recursos na mellora da empregabilidade dos participantes.
Cada xornada terán lugar dous webinarios. O martes 19 o primeiro correrá a cargo de Daniel Gomez sobre “Como aumentar a miña empregabilidade”. Este webinario axudará a que os participantes reflexionen sobre como está cambiando o mercado do emprego e coñecerán estratexias que poderían axudarlos a ter máis opcións de conseguir traballo. O segundo webinario previsto o martes será “Mindset para novos tempos: instalando o teu antivirus mental” con Raquel Pedrouso. Os participantes coñecerán o Mindset como filosofía de crecemento persoal e profesional, incorporando ao seu día a día mentalidades abertas apreciativas cara un mesmo e o entorno que nos rodea.
O mércores 20 terá lugar o webinario de Raquel Rodriguez “Descobre os teus recursos”. O Talante é a mestura do talento e cómo decides actuar con el, é como facer a mellor xogada coas cartas que temos; é que facemos coas nosas experiencias e como as utilizamos ao noso favor e non en contra; é afrontar a vida e non enfrontala. E posterioremente “Sectores emerxentes para o emprego e o autoemprego” por Mario Weitz, economista, profesor e consultor; foi conselleiro delegado do Fondo Monetario Internacional e actualmente é consultor do Banco Mundial e profesor de escolas de negocios como ESIC e IESIDE.
O xoves 21 abordarase o emprendemento con Anabel Diaz de IDAE consultores no webinario “Emprender en tempos de adversidade”, que achegará consellos a ter en conta á hora de emprender un negocio en momentos de adversidade coma os que vivimos actualmente. Estes consellos axudarán a dar os primeiros pasos do autoemprego con máis seguridade. E por último “Portugal: unha porta ao emprego” por Elisa Gonzalez, técnica do Eures Transfronterizo (Servizos de Emprego Europeos) que facilitará información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.
Compre destacar a participación o xoves 21 de Daniel Lorenzo, responsable do departamento de Marketing, Comunicación, RSC e Innovación do Centro Comercial Vialia de Vigo que están actualmente en fase de recrutamento para cubrir os 1500 postos de traballo que precisa a posta en marcha do novo centro comercial de Vigo e que ofrecerán asesoramento para a inscrición no portal de emprego de VIALIA.
As persoas interesadas en participar en Emprega Tui, ben de forma presencial ou virtual, deberán inscribirse de forma gratuíta no correo orientacion@tui.gal, nos teléfonos: 670 24 56 33 e 986 60 16 51, por whatsapp no 663 83 92 68, ou persoalmente no segundo andar Centro Municipal de Formación Municipal do Concello de Tui en Guillarei en horario de 9 a 14 horas.
A concelleira de Formación do Concello de Tui, Ana Nuñez, destaca que “estas xornadas son unha experiencia moi positiva que facilitan a inserción laboral xa que axudan a conectar directamente cos responsables de RRHH ou xerentes dalgunhas empresas relevantes de diversos sectores profesionais e permiten achegar coñecemento sobre os procesos de selección e ofertas de emprego as persoas desempregadas aumentando as súas oportunidades de emprego”.
Coa realización deste II foro, o Concello de Tui continua a demostrar o seu compromiso co emprego, traballando por achegar oportunidades de emprego ao territorio e servindo de vínculo para facilitar o contacto entre as persoas desempregadas e as empresas da nosa contorna.
Dende a Concellería de Formación e Emprego faise un chamamento a todas as persoas en busca activa de emprego, así como a todas as empresas que estean a procurar persoal a empregar o servizo municipal de “Orientación” e a “Bolsa de emprego”. Estes servizos establecidos no Centro Municipal de Formación en Guillarei están a disposición das empresas e das persoas desempregadas empadroadas no Concello de Tui que están a procurar emprego. Para os mesmos pódese solicitar cita previa no correo electrónico orientacion@tui.gal ou no teléfono 986 60 32 28.
Tui inicia o Ano Santo coa exposición -De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d-
Fecha desde el 15 de Enero de 2021
hasta el 10 de Febrero de 2021As fotografías expostas realizáronse coa técnica estereográfica, polo que para a o seu visionado son precisas unhas gafas especiais que se proporcionan de balde aos visitantes.
Ampliar contenidoA Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica acolle dende esta semana, e até o 10 de febreiro, a exposición “De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d”. Esta exposición chega a Tui grazas á cesión realizada por Turismo de Galicia.
As fotografías expostas realizáronse coa técnica estereográfica, polo que para a o seu visionado son precisas unhas gafas especiais que se proporcionan de balde aos visitantes.
A exposición presenta unha trintena de imaxes en tres dimensións do Camiño Portugués e do Camiño de Fisterra e Muxía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato
O título desta mostra fai referencia ao mar das rutas atlánticas co que comeza a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago así como ao chamado camiño inglés, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.
Na exposición amósase o Camiño de Santiago coma unha ruta universal, espiritual, histórica e monumental. É o primeiro Itinerario Cultural Europeo, que ten como meta a chegada á tumba do apóstolo Santiago o Maior en Santiago de Compostela, recollido en imaxes que representan un encontro co patrimonio histórico, a natureza, a paisaxe e a confraternidade entre as xentes peregrinas.
O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, indica que esta exposición é a primeira actividade realizada polo Concello de Tui para abrir a celebración do Xacobeo 2021-2022. Este ano xubilar, que acaba de iniciarse, é unha excelente oportunidade para posicionar á nosa cidade como a porta de entrada en Galicia dos camiños portugueses de peregrinación a Compostela e preparar a oferta tudense de cara ao momento en que, superadas as consecuencias da actual pandemia da Covid 19, os camiños xacobeos recuperen o tránsito dos peregrinos.
Comerciantes e hostaleiros da Guarda poden pedir a devolución do 25% da taxa do lixo
Fecha desde el 15 de Enero de 2021
hasta el 31 de Enero de 2021O prazo de solicitudes para a devolución está aberto ata o 31 de xaneiro
Ampliar contenidoO Concello da Guarda aprobou no pasado mes de decembro a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa de Recollida do Lixo que permitirá aos comerciantes e hostaleiros da vila solicitar a devolución do 25% da taxa do lixo.
Establécese unha cota tributaria reducida do 75% das tarifas vixentes relativas a aqueles establecementos que desenrolen actividades económicas, nos casos en que, no exercicio tributario anterior, a súa actividade ou apertura ó público fora suspendida como consecuencia de declaración de estado de alarma no país que vaia acompañada por unha norma estatal ou autonómica con rango legal que suspenda o desenrolo das actividades realizadas nestes establecementos.
Os propietarios dos locais terán de prazo ata o día 31 de xaneiro de cada exercicio tributario para solicitar a aplicación da cota reducida, presentando de maneira oficial a seguinte documentación acreditativa:
- Documentación acreditativa da titularidade do inmoble: poderá acreditarse mediante certificado de titularidade expedido polo Rexistro da Propiedade, escritura pública que acredite a propiedade do local, recibo do imposto sobre bens inmobles do exercicio tributario inmediatamente anterior ou calquera outro documento que acredite a propiedade do inmoble, cuxo suficiencia será acreditada polo concello, que poderá esixir mais dun deste documentos a fin de acreditar fehacientemente esta titularidade.
- En caso de que se trate dun local arrendado, de maneira que sexa o arrendatario quen desenrole a actividade industrial ou comercial no mesmo, contrato de arrendamento subscrito entre arrendador e arrendatario.
- Declaración responsable do titular da actividade de que nese inmoble estase a desenrolar unha actividade que no período impositivo anterior foi suspendida expresamente por norma con rango de lei estatal ou autonómica derivada da declaración de estado de alarma como consecuencia da crise sanitaria provocado pola Covid-19.
- Documento de alta na Axencia Tributaria na actividade en cuestión no que conste o epígrafe da actividade e a data de inicio de mesma.
- Calquera outro documento que se esixa polos servizos económicos municipais.
Ante calquera dúbida os comerciantes e hostaleiros poden dirixirse aos servizos económicos do Concello da Guarda chamando ao 986 61 0000.
A CIM - Alto Minho abriu novos avisos para apoiar micro e pequenas empresas com o objetivo de estimular a produçao nacional.
Fecha desde el 21 de Enero de 2021
hasta el 26 de Febrero de 2021A apresentaçao de candidaturas realiza-se através de formulário eletrónico no Balcao 2020, terminando no dia 26 de fevereiro de 2021
Ampliar contenidoA CIM - Alto Minho abriu novos avisos para apoiar micro e pequenas empresas com o objetivo de estimular a produção nacional. Com enfoque no setor industrial e no setor do turismo, entre outros setores relevantes, estes avisos pretendem estimular a produção nacional e a redução da dependência face ao exterior, primando pela agilidade de procedimentos, pela eficiência na gestão e pela eficácia nos resultados. A apresentação de candidaturas realiza-se através de formulário eletrónico no Balcão 2020, terminando no dia 26 de fevereiro de 2021. Estes avisos e respetivos anexos encontram-se disponíveis para consulta nos sites do Portugal 2020 (www.portugal2020.pt ), do Norte 2020 (www.norte2020.pt) e da CIM Alto Minho (http://www.cim-altominho.pt ): AVISOS PARA APOIAR MICRO E PEQUENAS EMPRESAS DOS SECTORES DA INDÚSTRIA E DO TURISMO NA REGIÃO DO ALTO MINHO - LINHA DE AÇÃO A – QUALIFICAÇÃO DE AGENTES DE ANIMAÇÃO TURÍSTICA E DE AGÊNCIAS DE VIAGENS DO ALTO MINHO
Data de início: 15/01/2021Data de encerramento: 26/02/2021 AVISO N.º NORTE-D7-2021-07Anexos - LINHA DE AÇÃO B – QUALIFICAÇÃO LOJAS COM HISTÓRIA, DE LOJAS TRADIÇÃO E DE LOJAS PRODUÇÃO TERRITORIAL DO ALTO MINHO
Data de início: 15/01/2021. Data de encerramento: 26/02/2021 AVISO N.º NORTE-D7-2021-08Anexos - LINHA DE AÇÃO C – QUALIFICAÇÃO DOS RESTAURANTES DE ACORDO COM O REFERENCIAL “AMAR O MINHO”
Data de início: 15/01/2021. Data de encerramento: 26/02/2021 AVISO N.º NORTE-D7-2021-09Anexos - LINHA DE AÇÃO D – QUALIFICAÇÃO E PROMOÇÃO DO ARTESANATO DO ALTO MINHO
Data de início: 15/01/2021. Data de encerramento: 26/02/2021 AVISO N.º NORTE-D7-2021-10Anexos - LINHA DE AÇÃO E – QUALIFICAÇÃO DA PRODUÇÃO INDUSTRIAL ASSOCIADA AOS RECURSOS ENDÓGENOS DO ALTO MINHO
Data de início: 15/01/2021. Data de encerramento: 26/02/2021 AVISO N.º NORTE-D7-2021-11Anexos - LINHA DE AÇÃO F – QUALIFICAÇÃO DA OFERTA DE ALOJAMENTO DE TURISMO DE EXCELÊNCIA NO ALTO MINHO
Data de início: 15/01/2021. Data de encerramento: 26/02/2021 AVISO N.º NORTE-D7-2021-12Anexos - LINHA DE AÇÃO G – QUALIFICAÇÃO DA PRODUÇÃO TERRITORIAL DO ALTO MINHO
Data de início: 15/01/2021. Data de encerramento: 26/02/2021 AVISO N.º NORTE-D7-2021-13Anexos A CIM Alto Minho irá realizar uma sessão de divulgação e esclarecimento, em formato online, sobre este novo programa de apoio, no próximo dia 22 de janeiro, às 10h através do seguinte link: https://cim-altominho.webex.com/cim-altominho/j.php?MTID=m764b7a7adbe9e290344b00ef083e1469.
A Omix da Guarda abre inscricións para un Curso de Monitor/a de tempo libre
Fecha desde el 21 de Enero de 2021
hasta el 01 de Marzo de 2021A data prevista de comezo será o 6 de marzo.
Ampliar contenidoO curso inclúe materia específica en atención á diversidade e tamén o curso de Manipulador/a de alimentos.
A data prevista de comezo será o 6 de marzo.
Os requisitos básicos para poder acceder ao curso son: ter cumpridos os 18 anos antes da data de comezo do curso e estar en posesión do título de Educación Secundaria ou no seu defecto graduado escolar.
Prezo da formación: 245€ para persoas en situación de desemprego e 265€ tarifa ordinaria.
Existe a posibilidade de fraccionar o pago.
Máis Información na OMIX da Guarda, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext 7
Inscricións online no seguinte formulario: https://forms.gle/fzxBC5prcqo2raeF9
O curso impartirase nas fins de semana nas instalacións municipais, ademais parte desta formación teórica será impartida de forma online.
Unidad móvil de donación de sangre el jueves 28, viernes 29 y sábado 30 de enero en A Guarda
Fecha desde el 21 de Enero de 2021
hasta el 23 de Enero de 2021¡Comparte salud, dona sangre! Son muchos los motivos para donar, no los olvides.
Ampliar contenidoA GUARDA
JUEVES 28
UNIDADE MÓBIL NA RÚA
ROSALÍA DE CASTRO,
DIANTE DO CENTRO
CULTURAL
10:00 - 14:00VIERNES 29
UNIDADE MÓBIL NA RÚA
ROSALÍA DE CASTRO,
DIANTE DO CENTRO
CULTURAL
16:00 - 21:00SÁBADO 30
UNIDADE MÓBIL NA RÚA
ROSALÍA DE CASTRO,
DIANTE DO CENTRO
CULTURAL
10:00 - 15:00
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
