Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • O Rosal dedica todo o mes de abril ao libro

    Fecha desde el 02 de Abril de 2021
    hasta el 25 de Abril de 2021

    A programación comezará o venres 2 co espectáculo audiovisual -Con area cousasdebuxo- de Marcos Escudero, para o que é necesario inscrición previa.

    Abril será o mes do libro no Rosal. O Concello preparou para este mes unha programación especial coa que invitar a toda a veciñanza a desfrutar da literatura e a conmemorar o vindeiro 23 de abril o Día do Libro dun xeito diferente, con actividades presenciais e virtuais para todos os públicos.

    O ciclo de actividades arrancará o venres 2 de abril (19.00 h) da man de Marcos Escudero, que ofrecerá a primeira das tres actuacións presenciais que se celebrarán no auditorio municipal con inscrición previa e cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade. Será con ‘Con area cousasdebuxo’, un espectáculo visual para público infantil e familiar no que se fusionarán técnicas como as sombras chinesas, o cómic, a animación... para contar tres historias a través das imaxes que Marcos Escudero irá debuxando con area sobre o cristal dunha caixa de luz. As persoas interesadas xa poden inscribirse na web do Concello. Entrada de balde e aforo limitado a 60 persoas.

    O sábado 17 de abril (19.00 h) chegará ao auditorio a narradora Marta Ortiz co seu contacontos ‘Galicia Máxica’, un espectáculo cheo de tradicións galegas, romances, cancións e xogos tradicionais cos que achegar a nenos e nenas o patrimonio cultural galego dun xeito divertido. Xa o domingo 25 de abril (19.00 h) será a quenda do Mago Teto e o seu espectáculo de maxia ‘As nosas letras’, unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega. Ambas as dúas actuacións serán de balde con inscrición previa.

    E moito máis

    A programación para este mes completarase cunha proposta interactiva na que se invita a toda a veciñanza a participar enviando un vídeo recomendando un autor e un libro e mesmo lendo un parágrafo da obra. Membros do Club de Lectura do CPI Manuel Suárez Marquier tamén farán as súas recomendacións de forma visual e diferentes rosaleiros e rosaleiras participarán na lectura de ’27 historias para tomar sopa’ poñéndose ante a cámara para ler as historias para nenos e nenas que recolle o libro. Entre todas as persoas que participen nestas iniciativas sortearase un lote de libros.

    Todas estas iniciativas difundiranse a través da web e das redes sociais do Concello xunto a un vídeo do alumnado do CPI lendo un conto, outro libraría do Rosal dando a coñecer o máis demandado nestes intres en literatura para diferentes idades e un vídeo promocional da Biblioteca municipal. Será precisamente a biblioteca e os seus usuarios e usuarias os protagonistas doutra actividade: o premio ao bo lector na categoría de Infantil, Xuvenil e Adulto, que se entregará o vindeiro 23 de abril.

    Dende o Concello queremos agradecer a colaboración desinteresada de todas as persoas que participan neste proxecto, iniciativas culturais tan necesarias nestes intres.

    Ampliar contenido
  • Continúa aberto o prazo para participar no Concurso de árbores senlleiras en Tomiño

    Fecha desde el 23 de Marzo de 2021
    hasta el 14 de Mayo de 2021

    A iniciativa, pioneira no ámbito municipal galego, pretende servir tamén como un recurso educativo que poña en valor o patrimonio natural

    Con motivo da conmemoración do Día dos Bosques, este domingo o Concello de Tomiño presentou un catálogo de árbores senlleiras, co que se pretende poñer en valor ás árbores máis identificativas e singulares do municipio e o seu patrimonio natural e cultural asociado, unha iniciativa pioneira no ámbito municipal galego. O libro está dispoñible para descarga na web municipal.

    A iniciativa, promovida polo concelleiro Francisco Campo e impulsada pola anterior concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, recolle un total de 125 rexistros compostos por 116 árbores e 9 formacións correspondentes a 40 especies. Delas, a metade son autóctonas coma o carballo, o sobreiro, o amieiro ou o freixo, e a outra metade corresponden a especies exóticas e foráneas como a oliveira, o magnolio ou o cedro do Himalaia.

    Segundo explica o autor do libro, Xurxo Mariño, o traballo de campo e recopilación estivo levándose a cabo durante o último ano e medio, onde destacou tamén a implicación e participación de moitos veciños e veciñas na conformación do catálogo. “Quixemos darlle un enfoque múltiple, de xeito que tivese un carácter técnico pero que tamén servise como recurso educativo e divulgativo”, comenta.

    Do mesmo xeito, desde a concellería de Medio Ambiente que actualmente dirixe Ana Belén Casaleiro, explican que se escolleron sete rexistros do catálogo para propoñer que sexan incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, e valórase a posibilidade de que o catálogo poida ampliarse facendo unha segunda recopilación.

    Concurso de árbores senlleiras

    Co gallo da presentación do libro, desde a concellería de Medio Ambiente lanzan tamén o I Concurso de Composición Artística ou Relato Curto: ¿Como ves tí as nosas árbores senlleiras? no que os participantes deberán plasmar o xeito no que vén as árbores singulares do municipio. Estarán divididos en catro categorías dependendo da idade (benxamín, ata os 6 anos, infantil, de 7 a 11 anos, xuvenil, de 12 a 17 anos e adulto, a partir de 18).

    Nas categorías benxamín e infantil os participantes poderán presentar un debuxo ou composición realizado con materiais reciclados ou naturais, mentres que na xuvenil e de adultos terán tamén a opción de presentar un relato curto de ata catro páxinas. Haberá dous premios por categoría, entre os que se atopan entradas para visitar a granxa-escola Corazón de Carballo, un circuíto no Ecoparque Marín ou un circuíto termal no Talaso Atlántico de Oia, entre outros. As bases do concurso publicaranse hoxe na web municipal e os participantes terán de prazo para presentar as súas obras ata o vindeiro 14 de maio.

    Ampliar contenido
  • O Rosal dedica todo o mes de abril ao libro

    Fecha desde el 10 de Abril de 2021
    hasta el 23 de Abril de 2021

    A programación comezará o venres 2 co espectáculo audiovisual -Con area cousasdebuxo- de Marcos Escudero, para o que é necesario inscrición previa.

    Abril será o mes do libro no Rosal. O Concello preparou para este mes unha programación especial coa que invitar a toda a veciñanza a desfrutar da literatura e a conmemorar o vindeiro 23 de abril o Día do Libro dun xeito diferente, con actividades presenciais e virtuais para todos os públicos.

    O ciclo de actividades arrancará o venres 2 de abril (19.00 h) da man de Marcos Escudero, que ofrecerá a primeira das tres actuacións presenciais que se celebrarán no auditorio municipal con inscrición previa e cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade. Será con ‘Con area cousasdebuxo’, un espectáculo visual para público infantil e familiar no que se fusionarán técnicas como as sombras chinesas, o cómic, a animación... para contar tres historias a través das imaxes que Marcos Escudero irá debuxando con area sobre o cristal dunha caixa de luz. As persoas interesadas xa poden inscribirse na web do Concello. Entrada de balde e aforo limitado a 60 persoas.

    O sábado 17 de abril (19.00 h) chegará ao auditorio a narradora Marta Ortiz co seu contacontos ‘Galicia Máxica’, un espectáculo cheo de tradicións galegas, romances, cancións e xogos tradicionais cos que achegar a nenos e nenas o patrimonio cultural galego dun xeito divertido. Xa o domingo 25 de abril (19.00 h) será a quenda do Mago Teto e o seu espectáculo de maxia ‘As nosas letras’, unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega. Ambas as dúas actuacións serán de balde con inscrición previa.

    E moito máis

    A programación para este mes completarase cunha proposta interactiva na que se invita a toda a veciñanza a participar enviando un vídeo recomendando un autor e un libro e mesmo lendo un parágrafo da obra. Membros do Club de Lectura do CPI Manuel Suárez Marquier tamén farán as súas recomendacións de forma visual e diferentes rosaleiros e rosaleiras participarán na lectura de ’27 historias para tomar sopa’ poñéndose ante a cámara para ler as historias para nenos e nenas que recolle o libro. Entre todas as persoas que participen nestas iniciativas sortearase un lote de libros.

    Todas estas iniciativas difundiranse a través da web e das redes sociais do Concello xunto a un vídeo do alumnado do CPI lendo un conto, outro libraría do Rosal dando a coñecer o máis demandado nestes intres en literatura para diferentes idades e un vídeo promocional da Biblioteca municipal. Será precisamente a biblioteca e os seus usuarios e usuarias os protagonistas doutra actividade: o premio ao bo lector na categoría de Infantil, Xuvenil e Adulto, que se entregará o vindeiro 23 de abril.

    Dende o Concello queremos agradecer a colaboración desinteresada de todas as persoas que participan neste proxecto, iniciativas culturais tan necesarias nestes intres.

    Ampliar contenido
  • A Omix da Guarda organiza éste sábado un obradoiro de escritura creativa

    Fecha desde el 30 de Marzo de 2021
    hasta el 24 de Abril de 2021

    Terá lugar o sábado día 24 de abril en horario de 10:00h a 13:00h

    • Terá lugar o sábado día 24 de abril en horario de 10:00h a 13:00h
    • As inscricións están abertas na OMIX da Guarda no 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

    A OMIX do Concello da Guarda en colaboración con Atlántica librería, organiza un obradoiro de Escritura Creativa, da man de Javier Peña autor da novela “Infelices” e, entre outras cousas, creador, coordinador e profesor do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura ou Taller Casa Blackie de Novela.

    A proposta, impartida polo autor experto en narrativa Javier Peña, que ten amosada a súa capacidade coa publicación dunha novela de éxito, propón un obradoiro estruturado en consellos claros e directos para mellorar na escritura dunha novela, neste caso 10 consellos para escribir unha novela.

    Nos obradoiros impartidos anteriormente polo autor esgotáronse tódalas prazas obtendo as persoas participantes un índice de satisfacción ao remate dos mesmos moi positivos.

    As persoas participantes recibirán ademais un agasallo de parte da librería organizadora e  tamén obterán un desconto durante a xornada do taller, para a adquisición de libros.

    A actividade realizarase o día 24 de abril pola mañá de 10:00 a 13:00 horas e contamos con prazas limitadas. As persoas interesadas terán que chamar á OMIX ao 986610000 ext 7 ou escribir un mail a informacion@aguarda.es para inscribirse ou recibir información

    Ampliar contenido
  • A exposición -Estampas Anagrámicas- do tudense Rafael García Sánchez poderase visitar de novo en San Telmo despois de 87 anos

    Fecha desde el 07 de Abril de 2021
    hasta el 15 de Mayo de 2021

    A mostra reúne 72 ilustracións do tudense Rafael García Sánchez

    “Estampas anagrámicas” é o título da exposición do tudense Rafael García Sánchez que dende este mércores, 7 de abril e até o 15 de maio, ser´poderá visitar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui.  Unha das peculiaridades desta mostra é que volve a exhibirse en Tui logo de 87 anos, pois o autor achegara esta colección para unha exposición celebrada no Casino tudense no ano 1934, ano no que se celebraron as festas de San Telmo no mes de xuño.

    A segunda peculiaridade desta exposición é o seu contido. Son 72 láminas coa orixinalidade que cada debuxo, dedicado a unha persoa ou lugar, está realizado combinando as letras da cada palabra, pero asombrosamente esa combinación de letras logra reproducir ou a cara do personaxe ou o símbolo que identifica a cada lugar. Hai unha mestura de sinxeleza, de calidade no trazo e de modernidade logrando unhas imaxes que anticipan as técnicas de deseño contemporáneo.

    Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, esta exposición recupera para os tudenses a figura deste egrexio debuxante e ilustrador que enriqueceu e enriquece a vida cultural tudense. Rafael García Sánchez era ata o momento un gran descoñecido para os tudenses e con esta mostra recupérase a súa obra artística de notable valía e interese, pois a pesar do tempo transcorrido, as súas ilustracións “anagrámicas” seguen resultando actuais e cun trazo orixinal A exposición, engade, resulta de grande atractivo para todas as idades.

    Rafael García Sánchez forma parte dunha xeración de ilustradores tudenses de alta calidade que abrangue a Eduardo Padín Rodríguez (Tui 1886 – Vigo 1979), José Izquierdo Durán “Yzquierdo” (Tui 1890 – Madrid 1930), Guillermo Taboada Infante (Tui 1909 – Madrid 2006) e José Castro Arines (Tui 1911 – Madrid 1997).

    Esta colección foi entregada ao Concello de Tui no ano 2019 pola familia Arean Pereira e houbo que agardar ata agora para poder realizar esta exposición coincidindo co programa cultural de San Telmo.

    Apuntes biográficos de RAFAEL GARCÍA SÁNCHEZ

    Son escasos os datos biográficos que coñecemos.

    Nace en Tui nos anos oitenta do século XIX. Foron seus pais Ignacio García e Generosa Sánchez e os seus irmáns José García Sánchez, afamado avogado tudense e correspondente do Faro de Vigo moitos anos, Manuel, médico militar, Ignacio, comisario de policía, e Purificación, casada co militar portugués Isidoro Pereira Padín. Rafael García Sánchez estivo solteiro.

    En 1911 como empregado dunha casa industrial e traballando en Portugal foi detido en Régoa, acusado de conspiración contra a recentemente proclamada República portuguesa, e encarcerado en Porto e Lisboa durante once meses, liberado coa obriga de abandonar Portugal tras as xestións do ministro plenipotenciario na legación de España en Lisboa, Rodrigo de Saavedra y Vinent, II marqués de Villalobar.

    Posteriormente na súa actividade profesional foi oficial de Facenda, adscrito a cidade de Tui, logo destinado, a petición propia, á Aduana de Behovía – Irun onte traballou ata a súa xubilación.

    Dedicado dende novo ao mundo da ilustración, colabora en diversas publicacións como “Vida gallega” (1920), “Faro de Vigo” (1925) ou a revista tudense “La Semana” (1925).

    Cultivou tamén a “cisografia”, técnica consistente no debuxo de persoas ou escenas recortadas en cartolina negra colocadas sobre un fondo luminoso; realizando diversas exposicións con esta técnica.

    Exposición Estampas Anagrámicas

     

    Esta exposición “Estampas anagrámicas” foi inaugurada, por vez primeira, no “Lar Gallego” de San Sebastián coincidindo coa festa do apóstolo Santiago do ano 1932.

    En xuño do ano 1934 realiza de novo esta exposición no Casino de Tui, enviando a colección de estampas ao presidente de la Liga de Amigos de Tuy, don Rosendo Troncoso Bugarín, para amenizar o programa de festexos de San Telmo. “Habiamos admirado ya en otras ocasiones algunas de las sugestivas creaciones de este “verdadero artista” del lápiz y la pluma que le otorgaban con indiscutible derecho el titulo de gran dibujante” sinala o correspondente de El Pueblo Gallego.

    No ano seguinte, nos meses de outubro e novembro de 1935, esta mostra foi presentada en Vigo nos salón de “Amigos del Arte”.

    Ampliar contenido
  • A OMIX de Tomiño convoca un novo concurso de deseño de camisetas para celebrar o 17 de maio

    Fecha desde el 09 de Abril de 2021
    hasta el 07 de Mayo de 2021

    O deseño será libre e aberto, valorando o seu atractivo e inspiración no fomento, normalización e posta en valor da lingua galega

    Co fin de fomentar a creatividade e a participación xuvenil a prol do galego, un ano máis a OMIX de Tomiño vén de convocar un concurso de deseño de camisetas de cara á celebración do Día das Letras Galegas deste ano.

    O deseño terá que estar relacionado coa lingua galega pero é libre e aberto, deixando marxe para a creatividade, no que se valorará o seu atractivo e a súa inspiración no fomento, normalización e posta en valor do idioma. Terá que estar pensado para ser colocado na parte dianteira da camiseta, que será de cor branca, e debe estar realizado soamente cunha cor como máximo.

    Todas as persoas participantes serán agasalladas cunha camiseta do modelo gañador e a persoa autora do deseño escollido recibirá un exemplar do libro da antoloxía poética de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano, dous CDs de artistas musicais galegas, bolsas de tea e a difusión nas redes sociais e nos diferentes medios do seu deseño.

    As propostas teñen que ser enviadas ao correo electrónico omix@tomino.gal antes da data límite, o vindeiro 7 de maio ás 12 horas.

    Bolsas de tea con ditos populares

    Ademais do concurso de deseño de camisetas, desde a OMIX tamén están animando á veciñanza a comentar nas súas redes sociais frases e ditos populares en galego. Proximamente farase unha votación popular e aquelas frases que reciban máis apoio serán estampadas en bolsas de tea que se repartirán de balde durante o mes de maio.

    Ampliar contenido
  • A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores estará en Tomiño os días 22 e 23 de abril

    Fecha desde el 22 de Abril de 2021
    hasta el 23 de Abril de 2021

    Estará situada na explanada fronte á Policía Local

    A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Tomiño durante os días 22 e 23 de abril. O lugar do seu emprazamento será en A Rocha nº8, na explanada fronte á Policía Local.

    O horario para as inspeccións será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas o día 22. O día 23 as inspeccións realizaranse só en horario de mañá.

    Poderase reservar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

    Ampliar contenido
  • Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

    Fecha desde el 14 de Abril de 2021
    hasta el 30 de Abril de 2021

    O Prazo de solicitudes está aberto ata o 30 de abril e se pode tramitar a través do Dpto. de Servizos Sociais da Guarda e no CIM

    O Concello da Guarda, a través de Servizos Sociais e o Centro de Información á muller, -informa da convocatoria de Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

    Estas axudas divídense en dúas liñas:

    1. a) Liña A, axudas ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
    2. b) Liña B, axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

    A concesión das axudas tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva e as persoas interesadas poden realizar a súa solicitude pedindo cita previa chamando ao 986614507( Servizos sociais) ou CIM(986614648).

    Ampliar contenido
  • Celebración do Día do Libro na Guarda con variadas propostas

    Fecha desde el 16 de Abril de 2021
    hasta el 24 de Abril de 2021

    O obxectivo da campaña céntrase en visibilizar a importancia da lectura e da literatura no noso día a día así como incentivar o consumo nas librerías da localidade.

    As estatísticas nos din que na presente pandemia o tempo de lectura veuse incrementado marcando récords históricos, un costume que veu para consolidarse pois mantívose mais aló do tempo do confinamento estrito. Partindo deste feito e da premisa de que a lectura ao igual que o resto de propostas culturais nos aporta intanxibles que alimentan os nosos espírito, alegran o noso día a día e que agora necesitamos tanto ou incluso mais, nace a campaña en torno ao día do libro na Guarda con actividades que conteñen dende o agasallo de libros na rúa, a confección dun mural con choiva de ideas, dous espectáculos para nenos e a I Ruta do libro para premiar o consumo nas nosas librerías.

    ESPECTÁCULOS INFANTÍS

    As propostas escollidas para o entretemento das familias combinan o humor e a música. Así esta semana estrease o espectáculo “Riscando o Ceo” con clown, acrobacias e malabares na Praza do Reló o venres 16 de abril ás 19h. A cargo da compañía Circo Chosco que se inspirou no conto do Principiño porque nos ensina a ver a realidade desde perspectivas diferentes “deixando o importante para ver co corazón” crease unha proposta moi visual e próxima que fai ao público viaxar co perigo e a risa.

    A vindeira semana será o momento para os mais pequenos, coa proposta “Contos do Chupete” da compañía Migallas, unha sesión de contos pensada para os mais pequenos da casa (0 a 5 anos) na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. A cita será no Centro Cultural o 24 de abril ás 12.00h. cun aforo moi limitado, precisa a inscrición previa no mail: aguarda.rbgalicia@eidolocal.es ou no teléfono  649 327 525 (de 17 a 20h), anotando só a un adulto acompañante por cada menor asistente.

    AGASALLO DE LIBROS E MURAL NA BIBLIOTECA

    Na semana propia do libro, a partir do día 20 iniciarase unha iniciativa de agasallo de libros en diferentes puntos da localidade, concretamente na sede do Concello, na Praza de Abastos e no Centro Cultural instalaranse uns puntos con libros para que os veciños poidan levar como agasallo. Estes puntos de agasallo contan coa colaboración de O Piueiro e a Comisión de Festas da Virxe do Carme, que prestaron e decoraron as tradicionais gamelas do Carme para unir á iniciativa a personalidade mariñeira da nosa vila

    E xa na véspera do día do Libro, o 22 de abril, instalarase un mural no vestíbulo da Biblioteca tamén de temática mariñeira que invitará aos usuarios a completar con frases e mensaxes sobre o significado dos libros e a Biblioteca para os lectores, continuando a iniciativa que tan bo éxito acadara no 2020 a través das Redes Sociais.

    I RUTA DO LIBRO

    A última das iniciativas centrase xa no aspecto comercial dos libros incentivando o consumo de libros nas nosas librerías. A Guarda conta con 4 librerías o cal supón unha riqueza comercial e cultural e por iso dende o Concello quérese chamar a atención sobre esta importancia e fomentar o consumo de libros no noso pequeno comercio fronte a crecente venta online e recuperar a figura do libreiro como facilitador e asesor de novidades.

    A proposta para este fin consiste en premiar a aqueles veciños que consuman un mínimo de 30€ en libros nas librerías guardesas. Estes veciños só terán que xuntar os tickets de compra que acrediten ese gasto e ensinalo na Biblioteca onde poderán recoller unha bonita bolsa para transportar libros.

    O gasto de 30€ pode ser en 1 ou mais libros, así como en unha ou mais dunha librería. Iso sí, non se contabilizará o gasto en outro material a vender nas librerías como xornais, revistas, mochilas, material de papelería, etc...

    Ademáis desta iniciativa, convén recordar que o mesmo día do Libro, o 23 de abril,  as librerías realizan un 10% de desconto nos libros, polo que sempre é un bo momento para agasallar a un mesmo ou un ser querido.

    Ampliar contenido
  • Continúa na Guarda a programación polo Día do Libro

    Fecha desde el 20 de Abril de 2021
    hasta el 24 de Abril de 2021

    Nesta semana continúan as actividades programadas dende a concellería de Cultura polo Día do Libro como os -puntos de libros-, que, caracterizados coa temática mariñeira que nos identifica, permitirán aos veciños levar un libro de agasallo.

    Nesta semana continúan as actividades programadas dende a concellería de Cultura polo Día do Libro como os “puntos de libros”, que, caracterizados coa temática mariñeira que nos identifica, permitirán aos veciños levar un libro de agasallo. Estes puntos están situados no Concello, na Praza de Abastos e na Biblioteca Municipal e contan coa colaboración de O Piueiro e a comisión de Festas da Virxe do Carme.

    Nesta semana, a partires do día 22 de abril, colocarase tamén un mural na entrada da Biblioteca, na que os lectores da Biblioteca Pública Municipal da Guarda poderán deixar as súas mensaxes e comentarios.

    O sábado 24 terá lugar a segunda proposta escénica adicada desta volta aos mais pequenos da casa e da man da compañía Migallas cos seus “Contos do Chupete”, xa no Centro Cultural ás 12:00h., as prazas para esta actividade están xa cubertas.

    E xa para rematar, entre os días 23 de abril e 22 de maio, aqueles que realicen compras de libros nas librerías da Guarda por valor de 30€ ou mais obterán un bolso de agasallo na Biblioteca Pública Municipal.

    Ampliar contenido
  • Unidad móvil de donación de sangre el jueves 22 y viernes 23 en Tui

    Fecha desde el 22 de Abril de 2021
    hasta el 23 de Abril de 2021

    HOXE haberá moitas persoas nos hospitais que necesitan recibir unha transfusión dun compoñente do sangue, porque hai que operalas, transplantarlles un órgano, padecen cancro, tiveron un accidente de tráfico, unha hemorraxia....

    JUEVES 22

    TUI

    UNIDADE MOBIL NA CALLE ALCALDE CASAL ABOY (AO CARON DO CENTRO DE SAUDE NOVO)

    10:00  -  14:00

     

    VIERNES 23

    TUI

    UNIDADE MOBIL NA CALLE ALCALDE CASAL ABOY (AO CARON DO CENTRO DE SAUDE NOVO)

    16:00  -  21:00

    Ampliar contenido
  • As celebracións polo Día do Libro na Guarda continúan cun mural participativo e con agasallos pola compra de libros

    Fecha desde el 22 de Abril de 2021
    hasta el 24 de Abril de 2021

    As actividades polo Día do Libro están a obter un interesante seguimento, sendo bastantes os veciños que xa se achegaron ata algunha das tres gamelas con libros e recolleron o seu exemplar.

    As actividades polo Día do Libro están a obter un interesante seguimento, sendo bastantes os veciños que xa se achegaron ata algunha das tres gamelas con libros e recolleron o seu exemplar.

    A partir de mañá poderán achegarse tamén ata a Biblioteca para construír entre todos o mural “Un mar cheo de ideas”, no que os visitantes poderán deixar unha frase ou mensaxe sobre o significado dos libros e a Biblioteca para eles. Esta iniciativa que xa se puxera en marcha o ano pasado a través das redes sociais durante o confinamento, permitiunos compartir inquedanzas e ilusións entre os lectores nun momento tan complicado como o que estábamos a atravesar. Agora que xa podemos saír da casa, pero que as incertezas aínda continúan, vemos -especialmente con esta campaña- que os libros seguen a ser un refuxio e por iso queremos manter a iniciativa dándolle visibilidade na propia Biblioteca Municipal.

    O mesmo 23 de abril – Día Internacional do Libro- arrancará nas librerías da Guarda a I Ruta do Libro. Unha iniciativa que quere apoiar o consumo de libros no comercio local (fronte á crecente venda online) e visualizar a riqueza cultural que supón contar con catro librerías nunha mesma vila. A proposta consiste en obter un bolso de tela con deseño orixinal polo consumo de 30€ en libros que se poden acumular dende o propio 23 de abril e ata o 22 de mais, en unha ou mais librerías.

    O 23 de abril as librerías de todo o país ofrecen xa un desconto do 10% nos libros, pero ademais este ano na nosa vila como inicio da Ruta do Libro obsequiarán aos clientes mais madrugadores co agasallo dunha flor (dispoñibles ata fin de existencias) e así porase en marcha na nosa localidade a tradición de agasallar neste día cun libro e unha flor.

    Por último o sábado 24 terá lugar o espectáculo narrativo-musical “Contos do Chupete” da compañía Migallas, que ten o aforo xa completo.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido