Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal dedica todo o mes de abril ao libro

A programación comezará o venres 2 co espectáculo audiovisual -Con area cousasdebuxo- de Marcos Escudero, para o que é necesario inscrición previa.

A programación comezará o venres 2 co espectáculo audiovisual -Con area cousasdebuxo- de Marcos Escudero, para o que é necesario inscrición previa.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Abril de 2021

Fuente: Concello do Rosal

Abril será o mes do libro no Rosal. O Concello preparou para este mes unha programación especial coa que invitar a toda a veciñanza a desfrutar da literatura e a conmemorar o vindeiro 23 de abril o Día do Libro dun xeito diferente, con actividades presenciais e virtuais para todos os públicos.

O ciclo de actividades arrancará o venres 2 de abril (19.00 h) da man de Marcos Escudero, que ofrecerá a primeira das tres actuacións presenciais que se celebrarán no auditorio municipal con inscrición previa e cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade. Será con ‘Con area cousasdebuxo’, un espectáculo visual para público infantil e familiar no que se fusionarán técnicas como as sombras chinesas, o cómic, a animación... para contar tres historias a través das imaxes que Marcos Escudero irá debuxando con area sobre o cristal dunha caixa de luz. As persoas interesadas xa poden inscribirse na web do Concello. Entrada de balde e aforo limitado a 60 persoas.

O sábado 17 de abril (19.00 h) chegará ao auditorio a narradora Marta Ortiz co seu contacontos ‘Galicia Máxica’, un espectáculo cheo de tradicións galegas, romances, cancións e xogos tradicionais cos que achegar a nenos e nenas o patrimonio cultural galego dun xeito divertido. Xa o domingo 25 de abril (19.00 h) será a quenda do Mago Teto e o seu espectáculo de maxia ‘As nosas letras’, unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas pezas da literatura galega. Ambas as dúas actuacións serán de balde con inscrición previa.

E moito máis

A programación para este mes completarase cunha proposta interactiva na que se invita a toda a veciñanza a participar enviando un vídeo recomendando un autor e un libro e mesmo lendo un parágrafo da obra. Membros do Club de Lectura do CPI Manuel Suárez Marquier tamén farán as súas recomendacións de forma visual e diferentes rosaleiros e rosaleiras participarán na lectura de ’27 historias para tomar sopa’ poñéndose ante a cámara para ler as historias para nenos e nenas que recolle o libro. Entre todas as persoas que participen nestas iniciativas sortearase un lote de libros.

Todas estas iniciativas difundiranse a través da web e das redes sociais do Concello xunto a un vídeo do alumnado do CPI lendo un conto, outro libraría do Rosal dando a coñecer o máis demandado nestes intres en literatura para diferentes idades e un vídeo promocional da Biblioteca municipal. Será precisamente a biblioteca e os seus usuarios e usuarias os protagonistas doutra actividade: o premio ao bo lector na categoría de Infantil, Xuvenil e Adulto, que se entregará o vindeiro 23 de abril.

Dende o Concello queremos agradecer a colaboración desinteresada de todas as persoas que participan neste proxecto, iniciativas culturais tan necesarias nestes intres.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí