Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • -A Nosa Auga, A Nosa Terra, A Nosa Xente- exposición fotográfica en el Hotel Balneario de Caldelas de Tui

    Fecha desde el 24 de Julio de 2021
    hasta el 26 de Septiembre de 2021

    El Hotel Balneario de Caldelas de Tui inaugura este sábado 24 de julio una exposición fotográfica con cerca de 80 imágenes que van desde 1886 a 1935 como homenaje a nuestros antepasados y vecinos de la zona.

    El año 2020 ha sido un año duro y largo, pero para el Hotel Balneario de Caldelas también ha sido productivo, después de la inauguración a principios de este mes del Centro Zoológico Termal “El Arca” se añade ahora la inauguración de la exposición fotográfica “ A Nosa Auga, A Nosa Terra, A Nosa Xente”.

     

    Una exposición que recoge cerca de 80 fotografías, de un archivo de casi 500 imágenes, realizadas durante los años 1886 a 1935 y como indica Ana Rodríguez, gerente del Balneario, “con esta exposición queremos rendir un pequeño homenaje a todos nuestros antepasados que, de un modo u otro, han construido el lugar y las costumbres, manteniendoo muchas de las cosas que aún ahora disfrutamos”.

     

    Según Ana “esta exposición surgió de la existencia de unas placas de cristal,  que Mª Cruz Ruíz (madre de Ana) y su familia guardaban desde siempre”.

     

    Los autores de estas fotos, la mayoría de ellas, se reparten entre Antonio Oliver Rubio (1843-1900) y sus hijos Antonio y Manuel Oliver Echazarreta. El primero, fundador de todo el complejo y el último el antecesor de Mª Cruz Ruiz, actual propietaria.

     

    La exposición abrirá sus puertas el próximo sábado 24 de julio y se podrá visitar, todos los viernes, sábados y domingos de 10 a 21h hasta el 26 de septiembre en los jardines del Balneario (en caso de lluvia se suspenderá). La entrada será gratuita, pero se solicitará una aportación como colaboración con SOS Baixo Miño y Aloia protectora de animais de Tui.

     

    Esta exposición además del trabajo de recopilación cuenta con la colaboración de Comercial Adelino de Tui y Fotografía PerRueda.

    Ampliar contenido
  • Volve a Oia o obradoiro de teatro veciñal, cun formato adaptado ás circunstancias da COVID

    Fecha desde el 04 de Septiembre de 2021
    hasta el 25 de Septiembre de 2021

    As sesións concentraranse no mes de setembro. O prazo de inscrición está aberto

    O obradoiro de teatro veciñal de Oia volve este ano cun formato adaptado ás circunstancias derivadas da COVID-19. Grupos reducidos e representacións en espazos onde se poidan delimitar os correspondentes aforos son algunhas das novidades que incorpora a iniciativa deste ano. Así, a representación das distintas pezas dramáticas elaboradas polas persoas participantes no obradoiro desenvolverase o 25 de setembro no interior do Mosteiro de Oia.

     

    Co obxectivo de garantir a máximas medidas de seguridade no contexto actual de pandemia, o obradoiro incorporará unha serie de cambios respecto a edicións anteriores: celebraranse distintas sesións con grupos reducidos (en función das restricións en vigor en cada momento) e a formación e ensaios concentraranse os venres e sábados do mes de setembro (4-5, 11-12, 18-19 e 24-25) no Centro Sociocultural de Pedornes.

     

    As persoas interesadas en participar no obradoiro de teatro deberán presentar unha solicitude no Rexistro do Concello de Oia. As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 31 de agosto.

     

    “6x6 Punto de encontro”

     

    O obradoiro de teatro veciñal enmárcase no proxecto “6x6 Punto de encontro O Arrabal: O mar tamén ten amores” organizado polo Concello de Oia e que forma parte do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. Na edición deste 2021, que se desenvolverá baixo a coordinación de A Artística, as temáticas do obradoiro xirarán arredor da posta en valor do patrimonio local, o Camiño de Santiago e a visibilización das mulleres ao longo da historia.

     

    A representación das pezas resultantes no obradoiro, en formato de visita dramatizada, terá lugar no interior do Mosteiro de Oia e o aforo será limitado. A xornada de representacións será o 25 de setembro, no marco das festas locais de San Cosme e San Damián.

     

    Ademais do obradoiro as representacións no Mosteiro, a programación cultural do proxecto 6x6 Punto de Encontro O Arrabal: O mar tamén ten amores” incluirá, como actividade complementaria, un paseo con guía oficial polo barrio histórico, onde se darán a coñecer diferentes momentos da historia local protagonizados por mulleres.

    Ampliar contenido
  • Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en setembro

    Fecha desde el 13 de Septiembre de 2021
    hasta el 16 de Septiembre de 2021

    O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todos os días

    A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES
    desplazarase ao Concello de A GUARDA
    nas seguintes datas e ubicacións:

    • do 13/09/2021 ao 13/09/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)
    • do 15/09/2021 ao 16/09/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

    O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañán e tarde todos os días

    Para solicitar cita previa:

    • Por teléfono: 902 30 90 00
    • A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

    NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á
    posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

    Ampliar contenido
  • O Concello de Tui organiza un taller gastronómico sobre -Sabores de Sefarad- a cargo de Javier Zafra

    Fecha desde el 13 de Septiembre de 2021
    hasta el 13 de Septiembre de 2021

    Será o luns 13 de setembro para profesionais do ámbito da hostalaría e restauración tudense. Esta actividade forma parte do programa da Xornada Europea da Cultura Xudía

    O Concello de Tui coa integración na Red de Juderías de España está traballando na promoción turística da nosa cidade ao abeiro do importante conxunto patrimonial relacionado coa presenza xudía na nosa cidade ao longo dos séculos. Pero este labor precisa complementarse con outras medidas que consigan incrementar o atractivo da nosa cidade en torno aos recursos xudeus ou sefardís.

    Neste sentido, un elemento clave é a gastronomía, pois é o complemento idóneo a unha visita á nosa cidade. Pero cómpre que esta oferta gastronómica contribúa a incrementar o valor da nosa oferta turística, cunhas propostas dos nosos restaurantes relacionadas con este patrimonio xudeu.

    O Concello de Tui, a través da Red de Juderías, para afondar nesta liña organiza un obradoiro práctico denominado “Sabores de Sefarad” a cargo do cociñeiro Javier Zafra que estará en Tui o luns 13 de setembro de 2021. Está dirixido exclusivamente a profesionais da hostalaría e restauración tudense. Javier Zafra é autor do libro “Sabores de Sefarad”, que recolle unha escolma de receitas ou komidikas  facilmente realizables, e xestiona o blog do mesmo nome que pretende ser un lugar onde compartir os pratos cociñados, experiencias culinarias e vivencias dos profesionais que traballan arredor da gastronomía sefardí.

    Javier Zafra a través deste taller, dirixido a cociñeiros e chefs, pretende incentivar o mantemento desta forma de guisar que forma parte da nosa tradición culinaria e integrar estes pratos na oferta gastronómica das cidades integradas na Red de Judería,s mellorando os recursos que ofrecen aos seus visitantes. Será un actividade eminentemente práctica coa mostra de materiais, condimentos, receitas en vivo, etc.

    O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, convida aos establecementos de restauración abertos na nosa cidade a este taller que considera de gran interese para coñecer esta proposta gastronómica que ten como finalidade mellorar a oferta gastronómica e turística de Tui. Unha aspiración que nestes momentos de incerteza resulta imprescindible de acometer conxuntamente.

    O taller terá lugar na Aula Uned de Tui o luns, 13 de setembro, de 17,30 a 20,00 horas. Os interesados deben inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo ou a través do correo electrónico: turismo@tui.gal

    Esta actividade forma parte do programa das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que terán lugar ao longo da primeira quincena do vindeiro mes de setembro tanto na nosa cidade como na cidade irmá de Valença. O contido destas xornadas será presentado nos vindeiros días.

    Ampliar contenido
  • A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa con éxito de participación os Roteiros do Miño

    Fecha desde el 04 de Septiembre de 2021
    hasta el 23 de Octubre de 2021

    Logo da Ruta dos Fortes celebrada onte, realizarase o sábado 4 de setembro unha nocturna: Do Cervo ao Niño do Corvo; seguida doutros catro percorridos por territorios transfronteirizos de valor patrimonial

    A Eurocidade Cerveira-Tomiño continúa desenvolvendo con éxito de participación os Roteiros do Miño 2021, un dos proxectos gañadores do último Orzamento Participativo Transfronteirizo. O xoves 29 de agosto ás 9.30 horas, arrancaba cunhas 30 persoas, a 3ª saída programada:  a Andaina dos Fortes da Guerra da Restauração.

     

    Visitáronse varias construcións fortificadas e outras xa desaparecidas acompañados por expertos que lles axudaron a "revivir" unha parte moi importante da historia da raia do Baixo Miño; percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural.

     

    Quedan pendentes aínda cinco rutas de grande interese: Ruta nocturna do Cervo ao Niño do Corvo (4 de setembro. 23.30h. PT); Ruta do Vale das Donas (12 de setembro. 9h. PT); Ruta da Pedra Furada (26 de setembro. 9.30h GAL); Ruta do Alto da Pena (10 de outubro. 9h. PT) e Ruta das Fontes (23 de outubro. 9.30h. GAL).

     

    Para poder participar en calquera destas rutas, é preciso reservar praza enviando un correo electrónico a: roteirosminho@gmail.com con estes datos: nome, data de nacemento, teléfono de contacto e correo electrónico.

     

    Ampliar contenido
  • La Uned de Pontevedra lanza el curso digital -Cómo puede crecer el comercio local en la era de internet-

    Fecha desde el 08 de Septiembre de 2021
    hasta el 20 de Septiembre de 2021

    Está abierto a personas interesadas de toda España, que pueden visualizarlo con flexibilidad horaria, desde su ordenador, y se inicia el 20 de septiembre.

    La Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), desde su sede provincial de Pontevedra y su Aula Universitaria de Tui, ofrece un nuevo curso de Extensión Universitaria con contenidos prácticos para que el comercio local pueda crecer en la era de internet. Se trata de una formación totalmente digital, en la que los alumnos pueden asistir a las clases en directo, o bien visualizar la grabación en diferido en cualquier momento que lo deseen.

    El curso ofrece un total de 24 horas y se divide en 8 clases por internet, que tendrán lugar entre el 20 de septiembre y el 6 de octubre de 2021, aunque el alumnado tendrá disponible el material para visualizarlo durante varias semanas más.

    Los temas de las 8 sesiones tocan desde “Cambios en los consumidores y en los modelos de comercio” o “Los puntos fuertes hoy de la tienda local” a “Acciones para conquistar y fidelizar a los clientes”,  “Plan de marketing omnicanal del comercio” y “Cómo digitalizar las tiendas físicas: casos de éxito”.

     

    La experiencia del cliente

    El curso destacará la importancia de que la tienda física siga primando la experiencia del cliente y la gestione con herramientas tradicionales y digitales. También ofrecerá una comparativa sobre “Qué podemos aprender del segmento del lujo o alta gama, aplicado a nuestro comercio”. Y también abordará experiencias colectivas de dinamización de áreas comerciales urbanas o territoriales.

    La matrícula del curso (24 horas en total) cuesta 48 euros y el alumnado recibe un Certificado de realización por parte de la UNED.

    El enlace del curso es:  https://extension.uned.es/actividad/idactividad/24096

     

     

    CONTENIDO DEL CURSO:

    EL FUTURO DE LAS TIENDAS: Tendencias en el mundo y en España. Cambios en los consumidores y en los modelos de comercio. El crecimiento de la compra digital. Grandes líneas: omnicanalidad, sostenibilidad, digitalización, personalización.
    RETOS DEL PEQUEÑO COMERCIO. Situación y perspectivas en España. Los puntos fuertes de la tienda local. Estrategia, propósito y foco. Acciones para conquistar y fidelizar a los clientes. Experiencias de éxito multisector.

    LAS DISTRIBUCIÓN OMNICANAL. Tendencias de los grandes retailers: cadenas de tiendas nacionales e internacionales. Las franquicias: situación y futuro. Los grandes centros comerciales y las áreas urbanas. La gestión de la experiencia de cliente.

    VENTA DIGITAL, VENTA FÍSICA Y TECNOLOGÍAS. El comercio online. La digitalización de las tiendas físicas. Tomar y gestionar datos. Tecnologías en auge, dentro y fuera de la tienda: inteligencia artificial y automatización. Precios dinámicos. Personalización.

    LAS PERSONAS DEL COMERCIO Y LA EXPERIENCIA DE CLIENTE. El papel del equipo humano en la tienda, la atención personal de cliente. Claves para el desarrollo de las personas vendedoras. Qué podemos aprender del segmento del lujo o alta gama, aplicado a otros segmentos.

    MARKETING DEL PEQUEÑO COMERCIO. Acciones adaptables a cada territorio y tipo de cliente. Las colaboraciones y la publicidad. Eventos físicos y promoción digital. Dinamización de áreas comerciales. Plan de Marketing del comercio local.

    Ampliar contenido
  • A Red de Juderías promove o xogo participativo -Busca la llave del diálogo/Busca a chave do diálogo- no mes de setembro en Tui

    Fecha desde el 03 de Septiembre de 2021
    hasta el 30 de Septiembre de 2021

    Tui forma parte deste xogo para escribir unha historia en cadea. Haberá tres probas en cada cidade para recibir a chave de Sefarad e participar en sorteos de estadías

    As cidades da Rede de Xudarías celebran, dende o 3 até o 30 de setembro, a actividade participativa e gratuíta “Busca la llave del Diálogo / Busca a chave do diálogo”.

     

    Mediante un xogo, os visitantes terán que desprazarse consecutivamente a tres puntos da xudaría de cada cidade, neste caso a de Tui, no marco dunha iniciativa con motivo da celebración dunha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía.

     

    En concreto, o xogo convídanos a desprazarnos por tres puntos da xudaría da nosa cidade: Sinagoga – Porta da Pía (1), Convento das Clarisas (2) e rúa Entrefornos (3). Pódese acceder a eles pola localización do móbil ou polos carteis localizados en cada punto. En cada localización unha actividade acercaranos á temática da xornada Europea da Cultura Xudía 2021: Diálogos.  

     

    Visualizar un vídeo, escribir un parágrafo dunha historia en cadea ou decidir que tipo de diálogo abriría daranos a posibilidade de conseguir a famosa chave de Sefarad. Ao concluír as tres probas é necesario pasar pola Oficina Municipal de Turismo (4) (Praza de San Fernando) a recoller a túa chave.

     

    Ademais, a Red de Juderías publicará as diferentes historias en cadea escritas por todos os participantes en cada cidade no enderezo electrónico https://redjuderias.org/juega

     

    Con esta iniciativa preténdese desafiar aos visitantes para que atopen os tres puntos ocultos en cada xudaría e participen na primeira historia en cadea sobre Sefarad.

    Ampliar contenido
  • A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia o luns 13 de setembro

    Fecha desde el 13 de Septiembre de 2021
    hasta el 13 de Septiembre de 2021

    A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o luns 13 de setembro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.

    A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o luns 13 de setembro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.

     

    Os requisitos xerais para doar sangue son ter máis de 18 anos de idade e pesar máis de 50kg. Para doar sangue cómpre almorzar pola mañá e, despois do xantar, ao mediodía recoméndase agardar 2 horas antes de acudir. Á hora de presentarse no centro, é necesario levar a tarxeta de doante, DNI ou documento similar.

     

    Para consultar calquera información relacionada con estes temas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)  ten habilitadas varias vías de comunicación: o teléfono 900.100.828, o correo electrónico doadoressangue.ados@sergas.gal e a web https://ados.sergas.gal

     

    Acto solidario

     

    A doazón de sangue é un sinxelo acto solidario que non leva máis de 10 minutos e grazas ao cal pódese salvar a vida doutras persoas.

     

    En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, cada día son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue. Para facilitar as doazóns, a Axencia conta con locais nas sete grandes cidades, así como 10 unidades móbiles que percorren toda a comunidade autónoma.

    Ampliar contenido
  • O proxecto IniciaTic impartirá seis cursos sobre transformación dixital e emprendemento para persoas emprendedoras, autónomas e PEMES en colaboración co Concello de Tui

    Fecha desde el 11 de Septiembre de 2021
    hasta el 14 de Septiembre de 2021

    A inscrición, gratuíta, está aberta até o próximo martes 14 de setembro

    Os martes, mércores e xoves, do 21 e o 30 de setembro, de 15 a 16.30 h, terán lugar seis cursos en liña e gratuítos sobre en transformación dixital e emprendemento dirixidos a persoas emprendedoras, autónomas e PEMES. Forman parte do proxecto IniciaTic desenvolvido entre a Fundación Cibervoluntarios e o Ministerio de Traballo e Economía Social, contando neste caso coa colaboración do Concello de Tui. 

    O calendario previsto é o seguinte: martes 21 “Administración electrónica”, mércores 22 “Comercio electrónico”, o xoves 23 “Ferramentas de comunicación e xestión”, martes 28 “Marketing Dixital”, mércores 29 “Ciberseguridade” e xoves 30 “Big Data”.  Ao remate non expedirán certificado de asistencia.

    A inscrición debe realizarse até o martes, 14 de setembro, enviando un correo a cfo@tui.gal  co nome, apelidos e teléfono de contacto. Pódese realizar a inscrición de xeito individual para cada unha das accións formativas previstas ou para a totalidade.

    Pódese ampliar esta información no teléfono 986 60 39 49.

    Ampliar contenido
  • A Asociación de Parkinson do Baixo Miño conta con nova directiva

    Fecha desde el 13 de Septiembre de 2021
    hasta el 17 de Septiembre de 2021

    Esta semana de luns a venres, de 18:00 a 20:00 horas, atenderán na oficina situada na Área Panorámica de Tui.

    A nova directiva da Asociación de Parkinson do Baixo Miño, lembralles os/as socio/as da mesma, que durante esta semana de luns a venres, de 18:00 a 20:00 horas, estaremos na nosa oficina situada na Área Panorámica de Tui.


    Daremos entrega de diversa documentación, así como a recollida da solicitada por nos.


    Tamén todo/as o/as interesado/as na asociación, que nos queiran achegar alguna dúbida ou de algún modo colaborar con nos, ou facerse socio, serán benvidos.


    Esperamos a colaboración de todo/as, polo ben da asociación.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido