Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • Obradoiros, talleres formativos e consultas para mulleres no programa Feminino Plural de Tui

    Fecha desde el 16 de Agosto de 2022
    hasta el 30 de Septiembre de 2022

    O programa innovador, integral e intensivo busca a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

    O Concello de Tui vén de pór en marcha Feminino Plural, un programa innovador, integral e intensivo para o impulso das mulleres. Esta semana tivo lugar, na Aula da UNED, a presentación do mesmo por parte da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e das técnicas que conforma o equipo multidisciplinar desta acción.

    Até o 30 de setembro Feminino Plural abordará catro eixos: a formación, a atención xurídica, a atención psicolóxica e o asesoramento para o emprego, intermediación e prospección laboral.  Ao longo dos próximos meses traballarase de xeito transversal nestas áreas para acadar a plena autonomía das mulleres tudenses.

    Feminino Plural brinda tanto atención individualizada coma actividades grupais nos obradoiros e talleres formativos que están organizados. O programa desenvolverase no centro urbano, pero tamén nas parroquias onde haxa un mínimo de 8 mulleres inscritas.

    As actividades grupais comezarán a segunda quincena de agosto, celebrándose os martes  de 10 a 13 h os talleres formativos e os mércores de 10 a 12 h os obradoiros. As mulleres poden asistir á totalidade dos talleres e obradoiros previstos, ou só aqueles que sexan do seu interese ou disponibilidade.

    Os talleres formativos co título xenérico de "Coñécete…" abordarán o autocoñecemento, a historia das mulleres, as habilidades sociais, as oportunidades de traballo, as capacidades laborais, o empoderamento, e os dereitos. Mentres nos obradoiros realizarase unha actividade de coaching, o roteiro "Camiñando con elas", abordarase a comunicación, como preparar as entrevistas de traballo, o emprendemento, a saúde e a violencia machista virtual.

    Amais as mulleres poden solicitar cita para realizar consultas personalizadas co equipo de expertas do programa: unha xurídica, unha psicóloga, unha axente de igualdade, unha orientadora laboral, unha técnica de prospección e intermediación laboral e traballadoras sociais.

    Onte na presentación a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, destacaba que con este programa quérese chegar a todas as mulleres de Tui tanto do centro urbano coma das parroquias. Así indicaba que "queremos chegar a todas as mulleres que poidan precisar de programas tan necesarios como este e poder axustar así os servizos que podemos aportar para atallar a súa vulnerabilidade". 

    As mulleres poden solicitar xa a súa participación gratuíta no programa tanto para os módulos e obradoiros como para a atención individualizada coas profesionais que forman parte do equipo do programa no correo igualdad@tui.gal ou nos teléfonos 986 60 32 28 ou 664 55 24 93. 

    O programa de Promoción da Igualdade e a Prevención da Violencia de Xénero, Feminino Plural, está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

    Programa de talleres e obradoiros Feminino Plural do 16 de agosto ao 30 de setembro

    Talleres formativos "Coñécete..."

    Martes de 10 a 13 h

    • 16 de agosto: Coñécete a ti mesma
    • 23 de agosto: Coñece a historia das mulleres
    • 30 de agosto: Coñece as túas habilidades sociais
    • 6 de setembro: Coñece oportunidades de traballo
    • 13 de setembro: Coñece as túas capacidades laborais
    • 20 de setembro: Coñece o teu poder
    • 27 de setembro: Coñece os teus dereitos

    Obradoiros

    Mércores de 10 a 12 h

    • 17 de agosto: Coaching para a vida
    • 24 de agosto: Roteiro "Camiñando con elas"
    • 31 de agosto: Comunicación
    • 7 de setembro: Entrevistas
    • 14 de setembro: Emprendemento
    • 21 de setembro: Muller e saúde
    • 28 de setembro: Violencia machista virtual

    Consultas personalizadas co equipo de expertas até o 30 de setembro

    Ampliar contenido
  • O ano remata no Rosal cun curso de pilates para maiores de 50 anos

    Fecha desde el 30 de Agosto de 2022
    hasta el 30 de Septiembre de 2022

    Organizado pola Asociación de Persoas Maiores do Rosal en colaboración co Concello e coa financiación do proxecto Depo en Marcha da Deputación de Pontevedra

    O Rosal acollerá durante os meses de outubro, novembro e decembro un curso de pilates pensado para promover o envellecemento activo, favorecer a cooperación social e promover espazos de encontro e o intercambio de experiencias entre as persoas de maior idade. A Asociación Cultural Persoas Maiores O Rosal pon en marcha en colaboración co Concello este taller de 30 horas no que poderá participar calquera persoa interesada maior de 50 anos.

    O curso forma parte do proxecto Depo en Marcha 2022 da Deputación de Pontevedra e impartirase luns e mércores de 17.00 a 18.30 horas dende o 4 de outubro ata o 12 de decembro deste ano. As clases serán no centro polivalente do Rosal e terán un prezo único de 7 euros por persoa os tres meses.

    Todos aqueles rosaleiros e rosaleiras interesadas poderán inscribirse para participar a través do teléfono 646 633 958.

    Ampliar contenido
  • A Guarda organiza xornadas de asesoramento enerxético en setembro e outubro

    Fecha desde el 31 de Agosto de 2022
    hasta el 24 de Octubre de 2022

    Trátase de sesións individualizadas nas que se pretende asesorar sobre diversos temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila.

    O Concello da Guarda, a través do Plan Rehabita, organiza xornadas  de  asesoramento enerxético, trátase dun asesoramento individualizado sobre temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila e que se realizará  os días 16 e 30 de setembro e 14 e 28 de outubro, en horario de 9:00h a 13:00h con cita previa chamando ao 986610000 ext.2. Dúas persoas  se encargarán deste asesoramento individualizado, Belén Novoa é especialista na área de contratación e sistema de tarifas do mercado eléctrico e  Santiago González é un  experto no campo das enerxías renovables.

     

    O Concello da Guarda  pretende deste xeito mellorar a eficiencia enerxética dos fogares e empresas da vila cun asesoramento individualizado que permitirá aso veciños e veciñas coñecer cales son as solucións existentes no mercado enerxético, a presentación e asesoramento en materia de enerxías renovables, as solucións de calefacción, illamentos, peches, fiestras ou caldeiras de biomasa, entre outras.

     

    O obxectivo final é permitir que os veciños e veciñas poidan reducir os seus custes na factura de electricidade, coñecendo as vantaxes da eficiencia enerxética, aproveitando para mellorar o impacto sobre o medio ambiente, empregar novas fontes de enerxía coma as renovables e un aproveitamento óptimo de aparellos eléctricos do fogar para unha correcta eficiencia enerxética.

    Ampliar contenido
  • Setembro chega ao Rosal cargado de actividades para todos os gustos

    Fecha desde el 03 de Septiembre de 2022
    hasta el 30 de Septiembre de 2022

    O Concello pon en marcha unha programación na que haberá humor, maxia, danza, literatura e monicreques

    O Rosal despide o verán cunha programación cultural pensada para todas as idades e para todos os gustos. O Concello xa ten listo para o mes de setembro un amplo programa cultural no que o humor, a maxia, a danza, a literatura e os monicreques serán os grandes protagonistas. “Este mes gozaremos con cinco actividades coas que encher de lecer o noso municipio e coas que, de novo, levar a cultura aos barrios”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    A axenda cultural comezará este mesmo sábado 3 de setembro co humor e a retranca de Os netos do Rosal, unha tarde de comedia cos rosaleiros Ángel e Iker ás 20.00 horas no auditorio municipal.

    A vindeira semana haberá sesión dobre. O sábado 10 de setembro será a quenda de Cayetano Lledó, que se converterá en Sherlock Holmes nun espectáculo teatral con comedia, maxia e moito humor para descubrirnos o caso do diamante Patterson. Será ás 20.00 horas no auditorio municipal. O domingo 11 de setembro a programación cultural leva a danza á Praza do Maio de Tabagón coa actuación da Asociación Ghorghalado e ‘A nosa música. O noso baile’. Será a partir das 11.15 horas.

    Por outra banda, o venres 16 de setembro a Biblioteca municipal acollerá ás 20.00 horas a presentación de ‘Aldea Buxán’, o último libro do escritor Francisco Álvarez, Koki. A programación rematará o venres 30 de setembro cunha actividade para público infantil no parque do Sobreiral: ‘Xela contra o dragón’, de Títeres Cachirulo, a partir das 18.00 horas.

    Ampliar contenido
  • A exposición Abrimos portas? de Rosa María Vila recolle 25 portas de Tui e Valença

    Fecha desde el 07 de Septiembre de 2022
    hasta el 08 de Octubre de 2022

    Estará aberta ao público dende o mércores ata o 8 de outubro na Sala Municipal de Exposicións

    O mércores, 7 de setembro, ás 20 h inaugurase na Sala de Exposicións Municipal a mostra de plumiñas e acuarelas da artista tudense Rosa María Vila “Abrimos Portas?”. Na mesma recolle unha escolma de vinte cinco portas emblemáticas das cidades de Tui e Valença, dezanove e seis respectivamente.

    Rosa María Vila plasma nas súas obras estas portas e realiza unha interpretación das mesmas en base ao seu debuxo e cor, así a través das técnicas artísticas estas portas, algunhas xa centenarias, adquiren unha nova dimensión que reflicte o seu valor artístico e patrimonial.

    Rosa María Vila Iglesias é un artista tudense autodidacta que leva dende 1998 desenvolvendo a súa produción artística. “Os meus primeiros traballos –comenta a propia artista-  están ligados ao debuxo a lapis e ao debuxo a plumiña, plasmando os recunchos por onde discorre a miña vida diaria, debuxando sempre de forma realista. Co paso do tempo ás miñas inquedanzas lévanme a explorar outras técnicas como é o óleo, a acuarela, o pastel, o acrílico... debuxo e pinto tentando captar todo o realismo, case sempre interpretado”.

    Para a concelleira de Cultura tudense, Sonsoles Vicente Solla, esta exposición de Rosa María Vila recolle e contribúe a que nos decatemos dunha parte do noso importante patrimonio moble que tantas veces temos ao noso lado e pasa inadvertido para todos. Neste caso falamos de portas, portas de madeira realizadas por carpinteiros e ebanistas tudenses, que desde a súa aparente modestia enriquecen o noso patrimonio. A visión artística de Rosa María Vila que interpreta estas portas permite unha mellor visión e contemplación das mesmas.

    A exposición estará aberta na Sala Municipal de Exposicións, no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) ata o 8 de outubro, en horario de 9 a 14 h e de 16 a 21 h de luns a venres e de 9 a 13 h os sábados.

    Ampliar contenido
  • Abertas as inscricións para o IX Trail do Trega

    Fecha desde el 15 de Septiembre de 2022
    hasta el 16 de Noviembre de 2022

    16 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel positivo coas mellores vistas e entorno natural de Galicia, no Monte Santa Trega da Guarda.

    Dende este mércores día 14 de setembro están xa abertas as inscricións para a IX edición do Trail do Trega, a proba deportiva que forma parte da Pontevedra Trail League e que este ano celebrarase o domingo 20 de novembro, contando co apoio do Concello da Guarda e das Comunidades de Montes.

     

    Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes do Concello da Guarda, destaca a importancia deste tipo de eventos para a dinamización deportiva da Guarda e da súa comarca, un evento ao que asisten numerosos participantes de toda a xeografía galega e de Portugal, promovendo tamén o turismo e a gastronomía local.

     

    O Trail do Trega é unha proba deportiva xa consolidada e que este ano trae un percorrido de 16 quilómetros cun desnivel positivo de 800 metros, contando coas mellores vistas e entorno natural de Galicia como é o Monte de Santa Trega.

     

    A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. Establécense 4 categorías de competición: Absoluto (masculino e feminino), Sénior (masculino e feminino), Veteranos 40 (masculino e feminino)  e Veteranos 50 (masculino e feminino).

     

    A organización habilitará dous avituallamentos no percorrido e paralelamente celebrarase unha andaina de 10 quilómetros con guía incluído.

     

    As inscricións xa están abertas a través do seguinte link: https://bit.ly/3S0b7aD e toda a información da carreira se pode consultar na web oficial da proba: www.traildotrega.com

     

    Os prezos de inscrición serán de:

     

    • 14 euros do 14 o 18 de setembro de 2022
    • 16 euros do 19 de setembro o 13 de novembro de 2022
    • 18 euros do 14 o 16 de novembro de 2022
    Ampliar contenido
  • Vinte bandas de Galiza e Portugal presentarán os seus traballos no MUMI 2022

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
    hasta el 01 de Octubre de 2022

    A Eurocidade Tui-Valenc?a acolle a próxima semana o III Encontro Profesional de Mu?sicas con showcases, faladoiros, speedmeetings e actividades abertas ao público

    Vinte directos doutras tantas bandas e artistas esta?n programados no encontro profesional de mu?sicas MUMI 2022, que se celebrara? do 29 de setembro ao 1 de outubro en Tui e Valenc?a. Dez nomes de Galiza e outros dez de Portugal amosara?n ao pu?blico, profesional e tame?n xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual. A organizacio?n do MUMI 2022 presentou a programacio?n de showcases e avanzou que durante o encontro, a oferta para profesionais desenvolverase no Teatro Municipal de Tui e no Espazo OFF da Academia de Música da Fortaleça de Valença, mentres que os concertos abertos ao pu?blico tera?n lugar na Avenida da Estaçao de Valença e no Paseo da Corredoira de Tui. O artista portugués Omiri e o proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria sera?n os encargados de ofrecer o concerto de apertura do MUMI 2022 o xoves 29 de setembro na Avenida da Estaçao de Valença.

    Diana Ferreira, da equipa organizadora do MUMI, encargouse de presentar o programa de concertos do encontro nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá na Pousada da Fortaleza de Valença. No acto participaron tamén o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro Gonza?lez,  o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; João Silva, da Direção Regional de Cultura do Norte  de Portugal; e Ana Laura Iglesias, responsable de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra. Ademais, asistiron tame?n João Silva, da Direção Regional de Cultura do Norte  de Portugal; Luis Ulloa da AECT Río Minho; e Manuel Roxo, da equipa do MUMI.
     
     
    Programa de Showcases
    Brais Morán & Nasafunk, Brassica Rapa, Caamaño & Ameixeiras, Caldo, Golfiños, Momboi, Mounqup, Neboa, Xan Campos Trío e Xosé Lois Romero & Aliboria, conforman a relación dos showcases galegos programados. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son tamén dez: Birds are indie, Crua, 47 de Fevereiro, Dapunksportif, Kumpania Algazarra, Manuel Maio, Meta, Omiri, Raia e Space Ensemble. O MUMI 2022 pecha deste xeito a seleccio?n de artistas e bandas que participara?n no encontro profesional ao redor das mu?sicas de Galicia e Portugal do 29 de setembro ao 1 de outubro na Eurocidade Tui-Valenc?a. A respecto da configuración do programa, Diana Ferreira, da organización do encontro, admitiu que “foi preciso facer un duro  traballo de selección”, tras o éxito de convocatoria que se pechou cun total de 352 propostas artísticas candidatadas para os showcases, e apuntou que “isto demostra a solidez da escena e o interese da industria musical dos dous países polo MUMI”. Ferreira engadiu que “diversidade e? unha palabra clave na mu?sica ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2021, cun mosaico de bandas e artistas que responden a? riqueza das escenas galega e portuguesa”. Das novas abordaxes da mu?sica tradicional a? electro?nica esencial, pasando polo jazz, o funk e o pop de autori?a, os vinte showcases programados recollen a variada escena de ambas beiras do Min?o. A maiori?a dos vinte concertos programados no MUMI estara?n tame?n abertos ao pu?blico xeral.
     
    A Eurocidade Tui-Valenc?a acolle e patrocina a trave?s do proxecto Unicidade un encontro que, ademais da vertente profesional, abrira? boa parte do programa ao pu?blico xeral, especialmente o sa?bado 1 de outubro. Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o MUMI "ningún evento representa mellor que o MUMI a colaboración transfronteiriza" e engadiu que "esta é unha das fronteiras máis antigas de Europa, a que ten maior índice de mobilidade e de número de intercambios industriais, comerciais e financeiros, polo tanto é un territorio clave para un encontro coma est". O presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira destacou que se tratara dunha "marca cultural estratéxica para a eurocidade, e un estímulo para as economías locais" e manifestou o seu desexo de que se transforme nunha "referencia ibérica no ámbito da música e abra as portas a novos mercados". Nesa mesma liña, a deptuada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, asegurou que "non queremos voltar a vivir de costas" e mprometeuse a "seguir traballando para fortalecer os lazos de unión entre os dous países e lograr convertir ao MUMI nun referente europeo e internacional do que se ten que facer nos territorios transfronteirizos". O encontro tamén está apoiado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic; e pola entidade europea de cooperación transfronteiriza, AECT Rio Minho, que  cifra a súa aposta polo MUMI dentro do seu apoio a eventos que dinamicen a cultura transfronteiriza e a promoción do patrimonio cultural inmaterial do territorio.
     
    Apertura con músicas que experimentan a partir da raíz
    Desde o MUMI 2022 tame?n revelaron o proxecto que protagonizará o concerto de benvida: O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, teñen encomendada a misión de abrir esta edición do MUMI o xoves 29 de setembro ás 22 hora galega, na Avenida da Estaçao de Valença. Nese showcase de apertura Xosé Lois Romero & Aliboria vannos presentar as novas cancións publicadas neste 2022. Subirán ao palco máis dunha ducia de músicos e músicas, armados só coa súa voz e a percusión tradicional galega; percusións clásicas de pandeiros, pandeiretas ou bombos, e percusións populares que se usaban na Galiza a principios do século XX: latas de pementón, chaves, tixolas, ou ferramentas para tallar a terra. As voces, todas femininas, harmonizan dun xeito tan sensible como salvaxe. Como se un coro da igrexa cantase a "haka" da selección de rugby de Nova Zelanda. Unha bestialidade marabillosa. Pola súa parte, o portugués Omiri vai sorprender cunha mestura de músicas e paisaxes sonoras de todo Portugal nun mesmo espectáculo. Empregando vídeos con gravacións de campo manipuladas para servir de base musical á composición e improvisación de Vasco Ribeiro Casais, recupéranse prácticas musicais xa esquecidas, facéndoas permeables e accesibles á cultura dos nosos días, sincronizando formas e músicas da tradición rural portuguesa. Nos últimos anos Omiri consolidouse como un dos proxectos musicais máis internacionais de Portugal, levando a cultura portuguesa ás principais salas e festivais do mundo. En directo, Vasco Ribeiro Casais actúa con Maria Antunes, Guilherme Brak-Lamy e Rafaela Pinto, tres danzarin@s que dan corazón ás coreografías de Filipa Peraltinha nunha mestura de hip-hop, danza contemporánea e tradición.
     
     
    Outras actividades do programa
    Ademais dos showcases, haberá tamén un programa de faladoiros nos que se van tratar temas como o Financiamento Público para proxectos culturais, no que se falará de redes de financiamento, circuítos institucionais e apoios públicos; As relacións entre axentes culturais e representantes políticos, no que se debaterán as dificultades na relación dos planos político e técnico en relación ás programacións culturais; o Estatuto profissional da cultura, comparando a situación actual en Galiza e Portugal, diferencias que tamén serán analizadas na palestra Riscos Laborais nos eventos musicais (PT - GZ); o Papel dos medios de comunicación nas promocións artísticas, sobre os retos de futuro á hora de promocionar proxectos artísticos nunha era dixital; e Proxectos transfroiterizos Galiza – Portugal, con exemplos inspiradores dos dous países.
     
    Un festival de emerxentes locais para pechar o encontro
    A xornada do sábado estará dedicada a visibilizar o traballo das administración locais de ambas beiras do Minho no ámbito musical. Como mostra desas iniciativas, o MUMI acollerá o Festival Minho Transfronteirizo, que pechará esta edición do encontró e no que  participarán catro propostas musicais con base en Valença e Tui. Trátase dunha das novidades deste ano e está encamiñada a construír un espazo de traballo entre as administracións da Eurocidade e a comunidade profesional do MUMI, ofrecéndolles a artistas e bandas locais a oportunidade de mostrar o seu traballo a unha importante representación do sector musical de Galiza e Portugal. Con esta iniciativa, o MUMI pretende xerar un retorno na comunidade onde se celebra o encontro e achegar un valor engadido ás iniciativas locais en materia de música.
     
    Inscricio?ns profesionais para o MUMI 2021
    As inscricio?ns profesionais para o MUMI 2022 continuarán abertas a trave?s da pa?xina mumimusicas.eu sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesio?ns de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos speedmettings ou encontros rápidos. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestio?n cultural, responsables de programacio?n, xornalistas e pu?blico xeral, daranse cita a próxima semana neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as mu?sicas galega e portuguesa, construi?r unha relacio?n estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e te?cnicos de cultura de ámbolos dous países.

    Ampliar contenido
  • Nenos e nenas amosarán a súa garra e valentía na Gladiator Family

    Fecha desde el 21 de Septiembre de 2022
    hasta el 02 de Octubre de 2022

    Portecelo acolle o 1 de outubro unha divertida carreira de obstáculos para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta

    O Rosal quenta motores para participar na 15K Atlántico que se celebrará o vindeiro 2 de outubro cunha proba pensada e deseñada para divertirse en familia. O sábado 1 de outubro chega a Portecelo a Gladiator Family, unha animada carreira de obstáculos dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, ambos incluídos, acompañados sempre dunha persoa adulta.

    O Concello do Rosal colabora con Banco Mediolanum e Noko 360 na organización desta proba que comezará ás 16.30 horas e se desenvolverá na Explanada do Horizonte. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca “o noso compromiso por potenciar e promover o deporte participativo, animar aos máis pequenos e pequenas a divertirse coa actividade física e a incluíla na súa vida cotiá. E nada mellor que facelo cun día para desfrutar en familia facendo deporte”.

    O percorrido e os obstáculos da carreira estarán adaptados á idade de cada neno e nena participante e anímase ás e aos acompañantes a que se impliquen e sorteen tamén todas as probas. A carreira non terá carácter competitivo e haberá un agasallo ao rematar para cada un dos cativos e cativas.

    Será entretemento en familia e solidario: a inscrición terá un custo de 2 euros por parella que irán destinados de forma íntegra á Asociación Down Vigo ao abeiro do programa Aproxima de Banco Mediolanum. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse enchendo un formulario web ata o vindeiro 28 de setembro ás 23.59 h. Haberá prazas limitadas.

    Ampliar contenido
  • A Guarda abre as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe

    Fecha desde el 22 de Septiembre de 2022
    hasta el 05 de Octubre de 2022

    O prezo desta actividade é gratuíto e as inscricións se realizan a través da OMIX da Guarda por teléfono no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es e as prazas son limitadas!

    O Concello da Guarda abre este xoves día 22 de setembro as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe, que terán inicio no vindeiro mes de outubro.

     

    As clases de patinaxe están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos e realizaranse no Pavillón do Colexio M. R. Sinde todos os venres en horario de tarde: de 5 a 8 anos en horario de 18:30h a 19:30 h e de 9 a 14 anos en horario de 19:30h a 20:30 h.

     

    O prezo desta actividade é gratuíto e as inscricións se realizan a través da OMIX da Guarda por teléfono no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es e as prazas son limitadas!

     

    As inscricións estarán abertas ata completar o cupo dos grupos por idades ou ata o día 5 de outubro.

     

    A Concellería de Deportes do Concello da Guarda segue apostando pola continuidade das actividades deportivas na vila ofertando un ano máis as escolas deportivas na modalidade de patinaxe, un servizo gratuíto para os usuarios en idade escolar de todo o municipio grazas á achega da Deputación de Pontevedra.

    Ampliar contenido
  • A Guarda y Caminha abren inscripciones para las Andainas de Otoño 2022

    Fecha desde el 28 de Septiembre de 2022
    hasta el 03 de Octubre de 2022

    Las plazas son limitadas por lo que se abre un plazo de inscripción para los interesados del miércoles 28 de septiembre hasta el lunes 3 de octubre.

    A Guarda y Caminha retomaron en esta primavera las andainas conjuntas que se tuvieron que suspender debido la pandemia y que ya arrancaron este año con las Andainas de Primavera, y que continúan ahora con las Andainas de Otoño.

     

    Las Andainas de Otoño 2022 cuentan con 4 rutas y con un coste de 10€ por andaina y persona y como en ediciones anteriores los participantes gallegos saldrán de la explanada de A Sangriña en autocar para juntarse con el autocar de Caminha.

     

    Las plazas son limitadas por lo que se abre un plazo de inscripción para los interesados desde el miércoles 28 de septiembre hasta el lunes 3 de octubre. La inscripción se realizará en la Oficina de Turismo de la Praza do Reló, más información en el teléfono 986 61 4546 ó en el correo electrónico turismo@aguarda.es

     

                                                                                                                                  

    ANDAINA 1.- SÁBADO, 8 DE OCTUBRE: RUTA Á PORTALÉN: PORTA DO MÁIS ALÓ (A LAMA)

     

    Salida: 8:30h de la explanada de A Sangriña

    Hora aproximada de llegada A Guarda: 18:00h

     

     

    Distancia: 11,7 km

    Tipo: ruta lineal

    Grado de dificultad: medio-alto

    Desnivel: 262 metros positivos.

    Duración: 5 h

    Punto de partida: A Barcia (A Lama).

    Recorrido: paisaje / inmaterial

     

     

    Descripción:

    Ruta lineal que se realizará por la Serra do Cando, la "Montaña máxica do Seixo". Esta andaina cuenta con múltiples recursos de gran valor ecológico e inmaterial, una fusión entre naturaleza y leyendas que dejará asombrados a los participantes.

    Accederemos ascendiendo por una pista forestal hasta la Porta do alén, un lugar donde el mundo del más allá se junta con el mundo de los vivos, siendo el correo de los muertos.

    En esta zona encontraremos también el marco do vento o la capilla de Santa Mariña, y ya caminando por la cumbre, llegaremos a un precioso mirador en el que, si el día acompaña, observaremos las 3 rías (Vigo, Pontevedra y Arousa).

    Ya descendiendo por la ladera entre grandes áreas de matorrales, encontraremos ganado en semilibertad, rastros y caminos de carro antiguos.

    Una ruta muy completa, de dificultad media-alta, con bastante desnivel, pero que satisfará a los caminantes.

                                                               

    ANDAINA 2.- SÁBADO, 22 DE OCTUBRE: TRILHO DO RÍO ÂNCORA (CAMINHA)

     

    Salida: 9:00h de la explanada de A Sangriña

    Hora aproximada de llegada a A Guarda: 17:00h

     

     

    Distancia: 15 km

    Tipo: ruta pequeña

    Grado de dificultad: medio

    Duración: 5:30 h

    Punto de partida: Sâo Lourenço da Montaria (serra d’Arga -Viana do Castelo)

    Recorrido: ecológico / paisaje

    Descripción:

    Partiendo de São Lourenço da Montaria, aldea situada en la base del macizo rocoso de la Serra d'Arga, en el Ayuntamiento de de Viana do Castelo, el recorrido transcurre desde el vallle del río Âncora hasta la parroquia de Riba de Âncora, en el Ayuntamiento de Caminha.

    Entre regatos, cascadas, molinos de agua y puentes, se podrán apreciar espacios del “Lugar de Interese Comunitario Serra d’Arga”, que incluyen hábitats naturales y seminaturales, con especies de fauna y flora de conservación prioritaria, como así como conocer el valioso patrimonio cultural de zonas rurales típicas del Val do Âncora, como Amonde, Orbacém y Gondar.       

                                                    

    ANDAINA 3.- SÁBADO, 5 DE NOVIEMBRE: SENDA DOS CARRANOS (COVELO)

     

    Salida: 9:00h de la explanada de A Sangriña

    Hora aproximada de llegada a A Guarda: 17:00h

     

     

    Distancia: 7,2 km

    Tipo: ruta circular

    Grado de dificultad: medio-alto

    Desnivel: 253 metros positivos

    Duración: 3:30 h                                 

    Punto de partida: Camping de Maceira.

    Recorrido: ecológico / etnográfico

     

     

     

    Descripción:

    Ruta de río y bosques de ribera de alto valor ecológico, que serpentea entre los bosques bien conservados de arbolado autóctono de las riberas del Río Tea.

    La ruta parte de la Playa de Maceira y comienza ascendiendo cara al aserradero de los Carranos, uno de los mejor conservados de Galicia. Siguiendo entre árboles y otra vegetación que hará de la ruta un camino fresco, llegaremos a Fofe, un pueblo conocido por su rectoral y un puente de piedra con un incalculable valor arquitectónico.

    Se trata de una ruta corta pero de dificultad media, debido a que posee algo de desnivel.

                                                                   

    ANDAINA 4.- SÁBADO, 19 DE NOVIEMBRE: TRILHO DO LITORAL NORTE (DE VIANA DO CASTELO A MOLEDO, CAMINHA)

     

    Salida: 9:00h de la explanada de A Sangriña

    Hora aproximada de llegada a A Guarda: 17:00h

     

     

    Distancia: 16 km

    Tipo: ruta pequeña

    Grado de dificultad: fácil

    Duración: 5 h

    Punto de partida: Viana do Castelo

    Recorrido: ecológico / paisaje

     

    Descripción:

    Por la costa, desde Viana do Castelo hasta Vila Praia de Âncora, los participantes recorrerán la Ecovia del Litoral Norte, con playas, geositios, campos agrícolas, castros y molinos de viento. Descubrir algunos de los monumentos naturales del Geoparque Litoral de Viana do Castelo, subir al alto del outeiro de Montedor, apreciar su faro, o contemplar el océano Atlántico en el Forte do Cão, en Âncora, serán algunas de las experiencias que quedarán en la memoria.

    Ampliar contenido
  • Tui convoca pleno ordinario este xoves día 29 de setembro

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
    hasta el 29 de Septiembre de 2022

    O xoves día 29 de setembro ás 20:00 horas

    PRIMEIRO.-Convocar Sesión con carácter de Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o vindeiro xoves día 29 de setembro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello e con carácter público, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:


    ORDE DO DÍA
    A) Parte resolutiva:
    1º.- Aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores núm. 6/2022 do 28/07/2022 e núm. 7/2022 do 02/09/2022.
    2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).
    3º.- Expediente 1571/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 22/09/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 15/09/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de cuberta" no inmoble sito na rúa Cuenca, 72.
    4º.- Expediente 1547/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 22/09/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 16/09/2022, de aprobación definitiva do Orzamento xeral do Concello de Tui para o exercicio 2022.
    5º.- Expediente 1366/2022. Proposta da Concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 31/08/2021, relativa á aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2021, así como os Estados e Contas anuais anexos á mesma.
    6º.- Expediente 1966/2022. Ditame da Comisión Informativa de Honores e Distincións, de data 22/09/2022, favorable á proposta da concelleira de Ensino e Cultura, de data 19/09/2022, relativa a denominar como “Rúa dos Mártires de Sobredo” á prolongación da rúa Casal Aboy.
    7º.- Expediente 2027/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 22/09/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 19/09/2022, relativa á aprobación da renumeración dos inmobles do termo municipal e actualización do padrón de habitantes.

    8º.- Expediente 1919/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 22/09/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 19/09/2022, relativa á aprobación da adhesión do Concello de Tui á "RED DE ENTIDADES LOCALES PARA EL DESARROLLO DE LA AGENDA 2030".
    9º.- Expediente 2038/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 22/09/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 19/09/2022, relativa á aprobación inicial da Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria.
    10º.- Mocións de urxencia.
    B) Actividade de control:
    11º.- Expediente 1642/2022. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2022 - 2º trimestre. Comunicación información LO 2/2012.
    12º.- Expediente 1641/2022. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP - 2º Trimestre 2022.
    13º.- Expediente 2015/2022. Dación de conta da carta enviada á Directora da Axencia de Turismo de Galicia sobre as vivendas turísticas do termo municipal.
    14º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de agosto e setembro de 2022.
    15º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 1076, de 22/07/2022 ata o núm. 1381, de 23/09/2022.
    C) Rogos e preguntas:
    16º.- Rogos e preguntas.
    SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.
    TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.
    CUARTO.- Considerando o Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, e de acordo coas Directrices sobre o uso de máscaras na Comunidade Autónoma de Galicia, de data 25/04/2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública, recoméndase o uso de máscara ao público asistente.”

    Ampliar contenido
  • Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de outubro

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
    hasta el 29 de Septiembre de 2022

    O vindeiro xoves día 29 de setembro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de outubro de 2022.

    O vindeiro xoves día 29 de setembro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de outubro de 2022.

     

    A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en setembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o xoves día 29 de setembro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

     

    A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 11 de outubro e a recollida de documentos terá lugar o 14 de outubro.

     

    Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

    Ampliar contenido
  • O Concello da Guarda entra no outono dando visibilidade a historias de mulleres singulares da vila

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
    hasta el 14 de Octubre de 2022

    A través de dous roteiros e dúas andainas preténdese poñer en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espacio dentro dun mundo do que non er

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programa para outubro e novembro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns. 

    Nos roteiros, que terán lugar o 14 e 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h e que sairán dende a Praza do Reló, falarase  dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan. O broche destes roteiros poráos o artista Tino Baz cunha intervención musical.

    No caso das andainas, que terán lugar o 13 e 27 de novembro en horario de 10:30h a 13:30h e que sairán dende a Alameda da Guarda (8km de percorrido e dificultade media), falarase de mulleres de Salcidos e Camposancos, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.

    As inscricións están xa abertas na recepción do Concello, chamando ao 986610000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es

    As actividades son gratuitas e as prazas limitadas.

    Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • 200 profesionais da industria musical encóntranse este xoves na Eurocidade Tui-Valença no marco do MUMI 2022

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
    hasta el 01 de Octubre de 2022

    Este xoves bota andar o MUMI 2022 na Eurocidade Tui-Valenc?a cun programa cargado de mu?sica ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal serán protagonistas.

    Este xoves bota andar o MUMI 2022 na Eurocidade Tui-Valenc?a cun programa cargado de mu?sica ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal serán protagonistas. Ate? o sábado 1 de outubro, vinte showcases de bandas e artistas portugueses e galegos, os impresionantes espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria na apertura do evento, faladoiros e encontros profesionais, e o Festival Minho Tranfronteiriço no peche, completan a proposta desta 3ª edición do MUMI Encontro Profesional das Mu?sicas no Minho. Tres di?as de programacio?n, boa parte dela aberta ao pu?blico, que queren tender novas pontes entre o sector da mu?sica. Debido a? previsio?n metereolo?xica, a organizacio?n do encontro decidiu trasladar os concertos programados en espazos abertos o xoves 29 a recintos resgardados. Patrocinado pola Eurocidade Tui-Valenc?a, tame?n apoian o MUMI 2022 a Direc?a?o Regional de Cultura do Norte, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a AECT Rio Minho, a Fundac?a?o GDA e Bodegas Marti?n Co?dax.

    A programacio?n do MUMI 2022 arranca o xoves 29 pola man?a? na Zona PRO-AGADIC, instalada no Teatro Municipal de Tui, onde tame?n se celebrara? un acto de benvida (13:30 GZ/ 12:30 PT). Os vinte showcases programados de bandas e artistas de Galicia e Portugal sera?n a columna vertebral do MUMI 2022 e boa parte deles a?brense a? asistencia do pu?blico xeral.

    Brais Morán & Nasafunk, Brassica Rapa, Caamaño & Ameixeiras, Caldo, Golfiños, Momboi, Mounqup, Neboa, Xan Campos Trío e Xosé Lois Romero & Aliboria, conforman a relación dos dez showcases galegos programados. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son tamén dez: Birds are indie, Crua, 47 de Fevereiro, Dapunksportif, Kumpania Algazarra, Manuel Maio, Meta, Omiri, Raia e Space Ensemble. Diversidade e? unha palabra clave na mu?sica ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2022, cun mosaico de bandas e artistas que responden a? riqueza das escenas galega e portuguesa”. Das novas abordaxes da mu?sica tradicional a? electro?nica esencial, pasando polo jazz, o funk e o pop de autori?a, os vinte showcases programados recollen a variada escena de ambas beiras do Min?o. A previsio?n de chuvia para mañá xoves levou a? organizacio?n do MUMI a trasladar os showcases previstos na Corredoira ao Teatro Municipal. En Valença, os concertos previstos na Avenida da Estação pasan á carpa instalada no Jardim Municipal, durante os tres días do encontro.
     
    Faladoiros e speedmeetings para conectar á industria musical 
    A actividade na Zona PRO-AGADIC, arranca mañá xoves con dous faladoiros: Financiamento Público para proxectos culturais (12:45 GZ, 11:45 PT), no que se falará de redes de financiamento, circuítos institucionais e apoios públicos; e As relacións entre axentes culturais e representantes políticos (16:00 GZ, 15:00 PT), no que se debaterán as dificultades na relación dos planos político e técnico en relación ás programacións culturais. O venres 30 están previstos tres faladoiros: O Estatuto profissional da cultura (11:00 GZ, 10:00 PT), comparando a situación actual en Galiza e Portugal, diferencias que tamén serán analizadas na palestra Riscos Laborais nos eventos musicais (12:45 GZ, 11:45 PT), e para pechar a xornada o Papel dos medios de comunicación nas promocións artísticas (15:30 GZ, 14:30 PT), sobre os retos de futuro á hora de promocionar proxectos artísticos nunha era dixital. O último faladoiro está programado o sábado e servirá para coñecer Proxectos transfroiterizos Galiza – Portugal (11:00 GZ, 10:00 PT), con exemplos inspiradores dos dous países.
     
    Concerto de apertura
    O concerto oficial de benvida porá o foco nas músicas que experimentan a partir da raíz. O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, subirán ao palco do Jardim Municipal de Valença o xoves 29 de setembro ás 22 hora galega. Nese showcase de apertura Xosé Lois Romero & Aliboria vannos presentar as novas cancións publicadas neste 2022. Máis dunha ducia de músicos e músicas, armados só coa súa voz e a percusión tradicional galega; percusións clásicas de pandeiros, pandeiretas ou bombos, e percusións populares que se usaban na Galiza a principios do século XX: latas de pementón, chaves, tixolas, ou ferramentas para tallar a terra. As voces, todas femininas, harmonizan dun xeito tan sensible como salvaxe. Como se un coro da igrexa cantase a "haka" da selección de rugby de Nova Zelanda. Unha bestialidade marabillosa. Pola súa parte, o portugués Omiri vai sorprender cunha mestura de músicas e paisaxes sonoras de todo Portugal nun mesmo espectáculo. Empregando vídeos con gravacións de campo manipuladas para servir de base musical á composición e improvisación de Vasco Ribeiro Casais, recupéranse prácticas musicais xa esquecidas, facéndoas permeables e accesibles á cultura dos nosos días, sincronizando formas e músicas da tradición rural portuguesa. Nos últimos anos Omiri consolidouse como un dos proxectos musicais máis internacionais de Portugal, levando a cultura portuguesa ás principais salas e festivais do mundo. En directo, Vasco Ribeiro Casais actúa con Maria Antunes, Guilherme Brak-Lamy e Rafaela Pinto, tres danzarin@s que dan corazón ás coreografías de Filipa Peraltinha nunha mestura de hip-hop, danza contemporánea e tradición.
     
    Un festival de emerxentes locais para pechar o encontro
    O MUMI 2022 porá o peche a esta 3ª edición co Festival Rio Minho Transfronteiriço (AECT Río Miño), onde tocarán 4 bandas da zona transfronteiriza, dúas de Galicia e outras 2 de Portugal, escollidas entre as que se candidataron para actuar no MUMI pero que non foron seleccionadas para os showcases oficiais: Helen&Shana, Jasper, Rockin´Gina and The Sentinels, e Rackam. Aínda que algunha delas xa ten certo percorrido, son bandas da escena emerxente, para as que este festival, enmarcado no encontro profesional MUMI, é unha gran oportunidade. Con esta iniciativa, o MUMI pretende xerar un retorno na comunidade onde se celebra o encontro e achegar un valor engadido ás iniciativas locais en materia de música. Será ás 19:00h / 18:00h PT GZ no Paseo da Corredoira de Tui. O Festival Rio Minho Transfronteiriço está impulsado pola AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), un instrumento de cooperación que agrupa a 16 municipios galegos e 10 portugueses, e que desenvolve programas, proxectos e accións comúns para a cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño.
     
    Ma?is experiencias MUMI 2021
    A animacio?n nas ru?as sera? unha parte importante do MUMI, que incorpora ao seu programa aberto dúas propostas para percorrer as rúas da Eurocidade. Os Kumpania Algazarra chegarán desde Sintra (Portugal) inspirados pola enerxía da folía e da boa disposición. Saltimbanquis apaixonados, teñen na súa música un aglomerado que vai do ska ao folk, do reggae aos sons dos Balcáns, dos ritmos latinos ao funk, o que fai deles unha das máis poderosas brass bands portuguesas. A súa enerxía deixarase sentir mañá xoves ás 19:15 GZ / 18:15 PT no Teatro Municipal de Tui, ás 21:30 GZ / 20:30h PT / 21:30 GZ no Jardim Municipal de Valença. O sábado pola mañá a animación nas rúas chegará da man da fanfarria compostelá Brassica Rapa recollendo sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais, cun repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Farán dous pases ás 12:30h GZ / 11:30h PT no Paseo da Corredoira en Tui ás 13:15h GZ / 12:15h PT no Jardim Municipal de Valença.

    Todos os showcases e concertos abertos ao pu?blico ten?en entrada libre
     

    Ampliar contenido
  • A exposición do proxecto Albufeira pode visitarse durante unha semana en Tui

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
    hasta el 06 de Octubre de 2022

    Aborda a importancia dos recursos hídricos e a súa dimensión medioambiental

    O Anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle dende hoxe, 29 de setembro, e durante unha semana unha pequena exposición itinerante promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizada ao abeiro do denominado Proxecto Albufeira sobre a xestión e a conservación dos recursos hídricos do noso entorno e as especies e hábitats asociados a estas masas de auga.

    O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, xunto coa Axencia Portuguesa do Ambiente, atópase desenvolvendo o PROXECTO ALBUFEIRA (asociado ao Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020), que ten por obxectivo mellorar a coordinación das accións para promover e protexer o bo estado das masas de auga compartidas entre España e Portugal para a súa protección e aproveitamento sustentable.

    Este proxecto abarca diferentes aspectos de carácter técnico, social, ambiental e económico. Unha das súas liñas de actuación é a sensibilización dos axentes sociais e da poboación de zonas transfronteirizas sobre a cooperación en concas hidrográficas compartidas, perseguindo o fomento da biodiversidade e preservación dos ecosistemas asociados a estas masas de auga, así como o seu uso sustentable.

    Unha das actividades destacadas nesta liña de actuación é a exposición itinerante, que estes días está en Tui, enfocada a informar acerca dos obxectivos do Proxecto Albufeira á poboación dos municipios próximos á fronteira, considerada parte importante na xestión e conservación dos recursos naturais.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece a elección  do Concello de Tui por parte do Ministerio para promover esta actividade de sensibilización de carácter medioambiental como son os recursos hídricos e a necesidade da súa conservación.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido