Agenda
Obradoiros, talleres formativos e consultas para mulleres no programa Feminino Plural de Tui
Fecha desde el 16 de Agosto de 2022
hasta el 30 de Septiembre de 2022O programa innovador, integral e intensivo busca a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
Ampliar contenidoO Concello de Tui vén de pór en marcha Feminino Plural, un programa innovador, integral e intensivo para o impulso das mulleres. Esta semana tivo lugar, na Aula da UNED, a presentación do mesmo por parte da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e das técnicas que conforma o equipo multidisciplinar desta acción.
Até o 30 de setembro Feminino Plural abordará catro eixos: a formación, a atención xurídica, a atención psicolóxica e o asesoramento para o emprego, intermediación e prospección laboral. Ao longo dos próximos meses traballarase de xeito transversal nestas áreas para acadar a plena autonomía das mulleres tudenses.
Feminino Plural brinda tanto atención individualizada coma actividades grupais nos obradoiros e talleres formativos que están organizados. O programa desenvolverase no centro urbano, pero tamén nas parroquias onde haxa un mínimo de 8 mulleres inscritas.
As actividades grupais comezarán a segunda quincena de agosto, celebrándose os martes de 10 a 13 h os talleres formativos e os mércores de 10 a 12 h os obradoiros. As mulleres poden asistir á totalidade dos talleres e obradoiros previstos, ou só aqueles que sexan do seu interese ou disponibilidade.
Os talleres formativos co título xenérico de "Coñécete…" abordarán o autocoñecemento, a historia das mulleres, as habilidades sociais, as oportunidades de traballo, as capacidades laborais, o empoderamento, e os dereitos. Mentres nos obradoiros realizarase unha actividade de coaching, o roteiro "Camiñando con elas", abordarase a comunicación, como preparar as entrevistas de traballo, o emprendemento, a saúde e a violencia machista virtual.
Amais as mulleres poden solicitar cita para realizar consultas personalizadas co equipo de expertas do programa: unha xurídica, unha psicóloga, unha axente de igualdade, unha orientadora laboral, unha técnica de prospección e intermediación laboral e traballadoras sociais.
Onte na presentación a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, destacaba que con este programa quérese chegar a todas as mulleres de Tui tanto do centro urbano coma das parroquias. Así indicaba que "queremos chegar a todas as mulleres que poidan precisar de programas tan necesarios como este e poder axustar así os servizos que podemos aportar para atallar a súa vulnerabilidade".
As mulleres poden solicitar xa a súa participación gratuíta no programa tanto para os módulos e obradoiros como para a atención individualizada coas profesionais que forman parte do equipo do programa no correo igualdad@tui.gal ou nos teléfonos 986 60 32 28 ou 664 55 24 93.
O programa de Promoción da Igualdade e a Prevención da Violencia de Xénero, Feminino Plural, está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Programa de talleres e obradoiros Feminino Plural do 16 de agosto ao 30 de setembro
Talleres formativos "Coñécete..."
Martes de 10 a 13 h
- 16 de agosto: Coñécete a ti mesma
- 23 de agosto: Coñece a historia das mulleres
- 30 de agosto: Coñece as túas habilidades sociais
- 6 de setembro: Coñece oportunidades de traballo
- 13 de setembro: Coñece as túas capacidades laborais
- 20 de setembro: Coñece o teu poder
- 27 de setembro: Coñece os teus dereitos
Obradoiros
Mércores de 10 a 12 h
- 17 de agosto: Coaching para a vida
- 24 de agosto: Roteiro "Camiñando con elas"
- 31 de agosto: Comunicación
- 7 de setembro: Entrevistas
- 14 de setembro: Emprendemento
- 21 de setembro: Muller e saúde
- 28 de setembro: Violencia machista virtual
Consultas personalizadas co equipo de expertas até o 30 de setembro
O ano remata no Rosal cun curso de pilates para maiores de 50 anos
Fecha desde el 30 de Agosto de 2022
hasta el 30 de Septiembre de 2022Organizado pola Asociación de Persoas Maiores do Rosal en colaboración co Concello e coa financiación do proxecto Depo en Marcha da Deputación de Pontevedra
Ampliar contenidoO Rosal acollerá durante os meses de outubro, novembro e decembro un curso de pilates pensado para promover o envellecemento activo, favorecer a cooperación social e promover espazos de encontro e o intercambio de experiencias entre as persoas de maior idade. A Asociación Cultural Persoas Maiores O Rosal pon en marcha en colaboración co Concello este taller de 30 horas no que poderá participar calquera persoa interesada maior de 50 anos.
O curso forma parte do proxecto Depo en Marcha 2022 da Deputación de Pontevedra e impartirase luns e mércores de 17.00 a 18.30 horas dende o 4 de outubro ata o 12 de decembro deste ano. As clases serán no centro polivalente do Rosal e terán un prezo único de 7 euros por persoa os tres meses.
Todos aqueles rosaleiros e rosaleiras interesadas poderán inscribirse para participar a través do teléfono 646 633 958.
A Guarda organiza xornadas de asesoramento enerxético en setembro e outubro
Fecha desde el 31 de Agosto de 2022
hasta el 24 de Octubre de 2022Trátase de sesións individualizadas nas que se pretende asesorar sobre diversos temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila.
Ampliar contenidoO Concello da Guarda, a través do Plan Rehabita, organiza xornadas de asesoramento enerxético, trátase dun asesoramento individualizado sobre temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila e que se realizará os días 16 e 30 de setembro e 14 e 28 de outubro, en horario de 9:00h a 13:00h con cita previa chamando ao 986610000 ext.2. Dúas persoas se encargarán deste asesoramento individualizado, Belén Novoa é especialista na área de contratación e sistema de tarifas do mercado eléctrico e Santiago González é un experto no campo das enerxías renovables.
O Concello da Guarda pretende deste xeito mellorar a eficiencia enerxética dos fogares e empresas da vila cun asesoramento individualizado que permitirá aso veciños e veciñas coñecer cales son as solucións existentes no mercado enerxético, a presentación e asesoramento en materia de enerxías renovables, as solucións de calefacción, illamentos, peches, fiestras ou caldeiras de biomasa, entre outras.
O obxectivo final é permitir que os veciños e veciñas poidan reducir os seus custes na factura de electricidade, coñecendo as vantaxes da eficiencia enerxética, aproveitando para mellorar o impacto sobre o medio ambiente, empregar novas fontes de enerxía coma as renovables e un aproveitamento óptimo de aparellos eléctricos do fogar para unha correcta eficiencia enerxética.
Setembro chega ao Rosal cargado de actividades para todos os gustos
Fecha desde el 03 de Septiembre de 2022
hasta el 30 de Septiembre de 2022O Concello pon en marcha unha programación na que haberá humor, maxia, danza, literatura e monicreques
Ampliar contenidoO Rosal despide o verán cunha programación cultural pensada para todas as idades e para todos os gustos. O Concello xa ten listo para o mes de setembro un amplo programa cultural no que o humor, a maxia, a danza, a literatura e os monicreques serán os grandes protagonistas. “Este mes gozaremos con cinco actividades coas que encher de lecer o noso municipio e coas que, de novo, levar a cultura aos barrios”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
A axenda cultural comezará este mesmo sábado 3 de setembro co humor e a retranca de Os netos do Rosal, unha tarde de comedia cos rosaleiros Ángel e Iker ás 20.00 horas no auditorio municipal.
A vindeira semana haberá sesión dobre. O sábado 10 de setembro será a quenda de Cayetano Lledó, que se converterá en Sherlock Holmes nun espectáculo teatral con comedia, maxia e moito humor para descubrirnos o caso do diamante Patterson. Será ás 20.00 horas no auditorio municipal. O domingo 11 de setembro a programación cultural leva a danza á Praza do Maio de Tabagón coa actuación da Asociación Ghorghalado e ‘A nosa música. O noso baile’. Será a partir das 11.15 horas.
Por outra banda, o venres 16 de setembro a Biblioteca municipal acollerá ás 20.00 horas a presentación de ‘Aldea Buxán’, o último libro do escritor Francisco Álvarez, Koki. A programación rematará o venres 30 de setembro cunha actividade para público infantil no parque do Sobreiral: ‘Xela contra o dragón’, de Títeres Cachirulo, a partir das 18.00 horas.
A exposición Abrimos portas? de Rosa María Vila recolle 25 portas de Tui e Valença
Fecha desde el 07 de Septiembre de 2022
hasta el 08 de Octubre de 2022Estará aberta ao público dende o mércores ata o 8 de outubro na Sala Municipal de Exposicións
Ampliar contenidoO mércores, 7 de setembro, ás 20 h inaugurase na Sala de Exposicións Municipal a mostra de plumiñas e acuarelas da artista tudense Rosa María Vila “Abrimos Portas?”. Na mesma recolle unha escolma de vinte cinco portas emblemáticas das cidades de Tui e Valença, dezanove e seis respectivamente.
Rosa María Vila plasma nas súas obras estas portas e realiza unha interpretación das mesmas en base ao seu debuxo e cor, así a través das técnicas artísticas estas portas, algunhas xa centenarias, adquiren unha nova dimensión que reflicte o seu valor artístico e patrimonial.
Rosa María Vila Iglesias é un artista tudense autodidacta que leva dende 1998 desenvolvendo a súa produción artística. “Os meus primeiros traballos –comenta a propia artista- están ligados ao debuxo a lapis e ao debuxo a plumiña, plasmando os recunchos por onde discorre a miña vida diaria, debuxando sempre de forma realista. Co paso do tempo ás miñas inquedanzas lévanme a explorar outras técnicas como é o óleo, a acuarela, o pastel, o acrílico... debuxo e pinto tentando captar todo o realismo, case sempre interpretado”.
Para a concelleira de Cultura tudense, Sonsoles Vicente Solla, esta exposición de Rosa María Vila recolle e contribúe a que nos decatemos dunha parte do noso importante patrimonio moble que tantas veces temos ao noso lado e pasa inadvertido para todos. Neste caso falamos de portas, portas de madeira realizadas por carpinteiros e ebanistas tudenses, que desde a súa aparente modestia enriquecen o noso patrimonio. A visión artística de Rosa María Vila que interpreta estas portas permite unha mellor visión e contemplación das mesmas.
A exposición estará aberta na Sala Municipal de Exposicións, no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) ata o 8 de outubro, en horario de 9 a 14 h e de 16 a 21 h de luns a venres e de 9 a 13 h os sábados.
Festas na honra de San Miguel de Barrantes en Tomiño
Fecha desde el 30 de Septiembre de 2022
hasta el 02 de Octubre de 2022Do 30 de setembro ao 2 de outubro en Barrantes(Tomiño)
Ampliar contenidoPrograma:
Venres 30 de setembro:
Gran noite de verbenas coas orquestras París de Noia e Claxxon
Sábado 1 de outubro:
Gran noite de verbenas con Olympus e Magos
Domingo 2 de outubro:
Ás 12:00h actuación a cargo da Banda de Gaitas Virxe do Alivio
Ás 13:00h Misa Solemnena honra de San Miguel. Ao remate magníficas poxas.
Ás 00:00h gran tirada de fogos de luces.
Á noite verbena coa orquestra Finisterre e DJ Diego Wass
I Romaría San Miguel das Uvas
Fecha desde el 30 de Septiembre de 2022
hasta el 02 de Octubre de 202230 de setembro, 1 e 2 de outubro na Alameda de San Miguel(O Rosal)
Ampliar contenidoA Parroquia de San Miguel de Tabagón acolle o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro a I edición da Romaría San Miguel das Uvas, na Alameda de San Miguel(O Rosal).
Programa
Venres 30 de setembro: A partir das 21:30h I Serán Romaría de San Miguel, con servizo de cantina, choripán e bebidas para os participantes.
Sábado 1 de outubro: Ás 21:30h música para bailar con Roberto Caco e I Concurso de Acios de Uvas Romaría San Miguel. Entrega de Acios ata as 22:00h. Premios para os mellores Acios seleccionados polo xurado especializado.
Domingo 2 de outubro: Ás 11:00h pasarrúas a cargo de O Trebón dos Xidos. ás 12:00h Misa Solemne e Procesión na honra a San Miguel Arcanxo. Ás 14:00h comida campestre na carballeira. Durante a sobremesa gozaremos de música tradicional e pandeiretas.
Abertas as inscricións para o IX Trail do Trega
Fecha desde el 15 de Septiembre de 2022
hasta el 16 de Noviembre de 202216 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel positivo coas mellores vistas e entorno natural de Galicia, no Monte Santa Trega da Guarda.
Ampliar contenidoDende este mércores día 14 de setembro están xa abertas as inscricións para a IX edición do Trail do Trega, a proba deportiva que forma parte da Pontevedra Trail League e que este ano celebrarase o domingo 20 de novembro, contando co apoio do Concello da Guarda e das Comunidades de Montes.
Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes do Concello da Guarda, destaca a importancia deste tipo de eventos para a dinamización deportiva da Guarda e da súa comarca, un evento ao que asisten numerosos participantes de toda a xeografía galega e de Portugal, promovendo tamén o turismo e a gastronomía local.
O Trail do Trega é unha proba deportiva xa consolidada e que este ano trae un percorrido de 16 quilómetros cun desnivel positivo de 800 metros, contando coas mellores vistas e entorno natural de Galicia como é o Monte de Santa Trega.
A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. Establécense 4 categorías de competición: Absoluto (masculino e feminino), Sénior (masculino e feminino), Veteranos 40 (masculino e feminino) e Veteranos 50 (masculino e feminino).
A organización habilitará dous avituallamentos no percorrido e paralelamente celebrarase unha andaina de 10 quilómetros con guía incluído.
As inscricións xa están abertas a través do seguinte link: https://bit.ly/3S0b7aD e toda a información da carreira se pode consultar na web oficial da proba: www.traildotrega.com
Os prezos de inscrición serán de:
- 14 euros do 14 o 18 de setembro de 2022
- 16 euros do 19 de setembro o 13 de novembro de 2022
- 18 euros do 14 o 16 de novembro de 2022
Vinte bandas de Galiza e Portugal presentarán os seus traballos no MUMI 2022
Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
hasta el 01 de Octubre de 2022A Eurocidade Tui-Valenc?a acolle a próxima semana o III Encontro Profesional de Mu?sicas con showcases, faladoiros, speedmeetings e actividades abertas ao público
Ampliar contenidoVinte directos doutras tantas bandas e artistas esta?n programados no encontro profesional de mu?sicas MUMI 2022, que se celebrara? do 29 de setembro ao 1 de outubro en Tui e Valenc?a. Dez nomes de Galiza e outros dez de Portugal amosara?n ao pu?blico, profesional e tame?n xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual. A organizacio?n do MUMI 2022 presentou a programacio?n de showcases e avanzou que durante o encontro, a oferta para profesionais desenvolverase no Teatro Municipal de Tui e no Espazo OFF da Academia de Música da Fortaleça de Valença, mentres que os concertos abertos ao pu?blico tera?n lugar na Avenida da Estaçao de Valença e no Paseo da Corredoira de Tui. O artista portugués Omiri e o proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria sera?n os encargados de ofrecer o concerto de apertura do MUMI 2022 o xoves 29 de setembro na Avenida da Estaçao de Valença.
Diana Ferreira, da equipa organizadora do MUMI, encargouse de presentar o programa de concertos do encontro nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá na Pousada da Fortaleza de Valença. No acto participaron tamén o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro Gonza?lez, o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; João Silva, da Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal; e Ana Laura Iglesias, responsable de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra. Ademais, asistiron tame?n João Silva, da Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal; Luis Ulloa da AECT Río Minho; e Manuel Roxo, da equipa do MUMI.
Programa de Showcases
Brais Morán & Nasafunk, Brassica Rapa, Caamaño & Ameixeiras, Caldo, Golfiños, Momboi, Mounqup, Neboa, Xan Campos Trío e Xosé Lois Romero & Aliboria, conforman a relación dos showcases galegos programados. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son tamén dez: Birds are indie, Crua, 47 de Fevereiro, Dapunksportif, Kumpania Algazarra, Manuel Maio, Meta, Omiri, Raia e Space Ensemble. O MUMI 2022 pecha deste xeito a seleccio?n de artistas e bandas que participara?n no encontro profesional ao redor das mu?sicas de Galicia e Portugal do 29 de setembro ao 1 de outubro na Eurocidade Tui-Valenc?a. A respecto da configuración do programa, Diana Ferreira, da organización do encontro, admitiu que “foi preciso facer un duro traballo de selección”, tras o éxito de convocatoria que se pechou cun total de 352 propostas artísticas candidatadas para os showcases, e apuntou que “isto demostra a solidez da escena e o interese da industria musical dos dous países polo MUMI”. Ferreira engadiu que “diversidade e? unha palabra clave na mu?sica ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2021, cun mosaico de bandas e artistas que responden a? riqueza das escenas galega e portuguesa”. Das novas abordaxes da mu?sica tradicional a? electro?nica esencial, pasando polo jazz, o funk e o pop de autori?a, os vinte showcases programados recollen a variada escena de ambas beiras do Min?o. A maiori?a dos vinte concertos programados no MUMI estara?n tame?n abertos ao pu?blico xeral.
A Eurocidade Tui-Valenc?a acolle e patrocina a trave?s do proxecto Unicidade un encontro que, ademais da vertente profesional, abrira? boa parte do programa ao pu?blico xeral, especialmente o sa?bado 1 de outubro. Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o MUMI "ningún evento representa mellor que o MUMI a colaboración transfronteiriza" e engadiu que "esta é unha das fronteiras máis antigas de Europa, a que ten maior índice de mobilidade e de número de intercambios industriais, comerciais e financeiros, polo tanto é un territorio clave para un encontro coma est". O presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira destacou que se tratara dunha "marca cultural estratéxica para a eurocidade, e un estímulo para as economías locais" e manifestou o seu desexo de que se transforme nunha "referencia ibérica no ámbito da música e abra as portas a novos mercados". Nesa mesma liña, a deptuada de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, asegurou que "non queremos voltar a vivir de costas" e mprometeuse a "seguir traballando para fortalecer os lazos de unión entre os dous países e lograr convertir ao MUMI nun referente europeo e internacional do que se ten que facer nos territorios transfronteirizos". O encontro tamén está apoiado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic; e pola entidade europea de cooperación transfronteiriza, AECT Rio Minho, que cifra a súa aposta polo MUMI dentro do seu apoio a eventos que dinamicen a cultura transfronteiriza e a promoción do patrimonio cultural inmaterial do territorio.
Apertura con músicas que experimentan a partir da raíz
Desde o MUMI 2022 tame?n revelaron o proxecto que protagonizará o concerto de benvida: O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, teñen encomendada a misión de abrir esta edición do MUMI o xoves 29 de setembro ás 22 hora galega, na Avenida da Estaçao de Valença. Nese showcase de apertura Xosé Lois Romero & Aliboria vannos presentar as novas cancións publicadas neste 2022. Subirán ao palco máis dunha ducia de músicos e músicas, armados só coa súa voz e a percusión tradicional galega; percusións clásicas de pandeiros, pandeiretas ou bombos, e percusións populares que se usaban na Galiza a principios do século XX: latas de pementón, chaves, tixolas, ou ferramentas para tallar a terra. As voces, todas femininas, harmonizan dun xeito tan sensible como salvaxe. Como se un coro da igrexa cantase a "haka" da selección de rugby de Nova Zelanda. Unha bestialidade marabillosa. Pola súa parte, o portugués Omiri vai sorprender cunha mestura de músicas e paisaxes sonoras de todo Portugal nun mesmo espectáculo. Empregando vídeos con gravacións de campo manipuladas para servir de base musical á composición e improvisación de Vasco Ribeiro Casais, recupéranse prácticas musicais xa esquecidas, facéndoas permeables e accesibles á cultura dos nosos días, sincronizando formas e músicas da tradición rural portuguesa. Nos últimos anos Omiri consolidouse como un dos proxectos musicais máis internacionais de Portugal, levando a cultura portuguesa ás principais salas e festivais do mundo. En directo, Vasco Ribeiro Casais actúa con Maria Antunes, Guilherme Brak-Lamy e Rafaela Pinto, tres danzarin@s que dan corazón ás coreografías de Filipa Peraltinha nunha mestura de hip-hop, danza contemporánea e tradición.
Outras actividades do programa
Ademais dos showcases, haberá tamén un programa de faladoiros nos que se van tratar temas como o Financiamento Público para proxectos culturais, no que se falará de redes de financiamento, circuítos institucionais e apoios públicos; As relacións entre axentes culturais e representantes políticos, no que se debaterán as dificultades na relación dos planos político e técnico en relación ás programacións culturais; o Estatuto profissional da cultura, comparando a situación actual en Galiza e Portugal, diferencias que tamén serán analizadas na palestra Riscos Laborais nos eventos musicais (PT - GZ); o Papel dos medios de comunicación nas promocións artísticas, sobre os retos de futuro á hora de promocionar proxectos artísticos nunha era dixital; e Proxectos transfroiterizos Galiza – Portugal, con exemplos inspiradores dos dous países.
Un festival de emerxentes locais para pechar o encontro
A xornada do sábado estará dedicada a visibilizar o traballo das administración locais de ambas beiras do Minho no ámbito musical. Como mostra desas iniciativas, o MUMI acollerá o Festival Minho Transfronteirizo, que pechará esta edición do encontró e no que participarán catro propostas musicais con base en Valença e Tui. Trátase dunha das novidades deste ano e está encamiñada a construír un espazo de traballo entre as administracións da Eurocidade e a comunidade profesional do MUMI, ofrecéndolles a artistas e bandas locais a oportunidade de mostrar o seu traballo a unha importante representación do sector musical de Galiza e Portugal. Con esta iniciativa, o MUMI pretende xerar un retorno na comunidade onde se celebra o encontro e achegar un valor engadido ás iniciativas locais en materia de música.
Inscricio?ns profesionais para o MUMI 2021
As inscricio?ns profesionais para o MUMI 2022 continuarán abertas a trave?s da pa?xina mumimusicas.eu sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesio?ns de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos speedmettings ou encontros rápidos. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestio?n cultural, responsables de programacio?n, xornalistas e pu?blico xeral, daranse cita a próxima semana neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as mu?sicas galega e portuguesa, construi?r unha relacio?n estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e te?cnicos de cultura de ámbolos dous países.
Nenos e nenas amosarán a súa garra e valentía na Gladiator Family
Fecha desde el 21 de Septiembre de 2022
hasta el 02 de Octubre de 2022Portecelo acolle o 1 de outubro unha divertida carreira de obstáculos para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos acompañados dunha persoa adulta
Ampliar contenidoO Rosal quenta motores para participar na 15K Atlántico que se celebrará o vindeiro 2 de outubro cunha proba pensada e deseñada para divertirse en familia. O sábado 1 de outubro chega a Portecelo a Gladiator Family, unha animada carreira de obstáculos dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, ambos incluídos, acompañados sempre dunha persoa adulta.
O Concello do Rosal colabora con Banco Mediolanum e Noko 360 na organización desta proba que comezará ás 16.30 horas e se desenvolverá na Explanada do Horizonte. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca “o noso compromiso por potenciar e promover o deporte participativo, animar aos máis pequenos e pequenas a divertirse coa actividade física e a incluíla na súa vida cotiá. E nada mellor que facelo cun día para desfrutar en familia facendo deporte”.
O percorrido e os obstáculos da carreira estarán adaptados á idade de cada neno e nena participante e anímase ás e aos acompañantes a que se impliquen e sorteen tamén todas as probas. A carreira non terá carácter competitivo e haberá un agasallo ao rematar para cada un dos cativos e cativas.
Será entretemento en familia e solidario: a inscrición terá un custo de 2 euros por parella que irán destinados de forma íntegra á Asociación Down Vigo ao abeiro do programa Aproxima de Banco Mediolanum. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse enchendo un formulario web ata o vindeiro 28 de setembro ás 23.59 h. Haberá prazas limitadas.
A Guarda abre as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe
Fecha desde el 22 de Septiembre de 2022
hasta el 05 de Octubre de 2022O prezo desta actividade é gratuíto e as inscricións se realizan a través da OMIX da Guarda por teléfono no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es e as prazas son limitadas!
Ampliar contenidoO Concello da Guarda abre este xoves día 22 de setembro as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe, que terán inicio no vindeiro mes de outubro.
As clases de patinaxe están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos e realizaranse no Pavillón do Colexio M. R. Sinde todos os venres en horario de tarde: de 5 a 8 anos en horario de 18:30h a 19:30 h e de 9 a 14 anos en horario de 19:30h a 20:30 h.
O prezo desta actividade é gratuíto e as inscricións se realizan a través da OMIX da Guarda por teléfono no 986610000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es e as prazas son limitadas!
As inscricións estarán abertas ata completar o cupo dos grupos por idades ou ata o día 5 de outubro.
A Concellería de Deportes do Concello da Guarda segue apostando pola continuidade das actividades deportivas na vila ofertando un ano máis as escolas deportivas na modalidade de patinaxe, un servizo gratuíto para os usuarios en idade escolar de todo o municipio grazas á achega da Deputación de Pontevedra.
Tomiño prepara un outono de libros
Fecha desde el 30 de Septiembre de 2022
hasta el 28 de Octubre de 2022O Mercado municipal acollerá os venres de outubro a presentación de cinco títulos literarios da man de autoras e autores da comarca
Ampliar contenidoO cambio de estación chega a Tomiño cargado de literatura. O Concello organiza o ‘Outono de libros’, unha iniciativa a través da que durante as vindeiras semanas se programarán ata cinco presentacións de títulos literarios da man dos seus autores e autoras, todas e todos escritores locais e da comarca. “Con este proxecto queremos destacar a importancia que ten a creación literaria en todos os xéneros e a calquera idade e facelo dando tamén a coñecer á veciñanza ás e aos novelistas que teñen ao seu carón”, explica a alcaldesa, Sandra González.
As presentacións arrancarán o vindeiro 30 de setembro e prolongaranse todos os venres durante o mes de outubro. Todas serán para todos os público e de balde e celebraranse a partir das 20.00 horas no Mercado de Tomiño.
A rosaleira Antía Fernández Martínez, voluntaria durante anos na OMIX de Tomiño, será a encargada de estrear esta actividade. Será o día 30 coa presentación do seu libro ‘Parias, kellys, rebeldes. Mi periplo por una Grecia cansada’, que recolle a historia da autora, moi ligada á historia da propia Grecia e que comezou tras unha viaxe peculiar, absurda ás veces e case profética á illa de Creta.
O venres 7 de outubro será a quenda de Francisco Álvarez, Koki, que chega coa súa última creación, ‘Aldea Buxán’, un libro singular escrito por un emigrante que recorda o eido orixinario e a el retorna coa memoria cada pouco. Jorge Cameselle chegará ao Mercado municipal de Tomiño o venres 14 de outubro con ‘El mono poeta. Metamorfosis de un médico e investigador de cáncer de mama’, unha testemuña dirixida ao persoal médico máis novo, ás súas familias e ás súas amizades sobre algunhas das dificultades que tivo que superar durante décadas para compatibilizar o exercicio da medicina clínica coa súa vocación como investigador. Cameselle, que foi médico no centro de saúde de Tomiño, dedicará todo o recadado coas vendas do libro a investigación.
O venres 21 de outubro sobre o escenario do Mercado estará Daniel Pino, destacado sociólogo, veciño da parroquia de Forcadela e homenaxeado no Acto Cívico do Alivio no ano 2016. Presentará ‘As casualidades necesarias’, unha novela que sen chegar a ser coral presenta tipos e arquetipos que esconden e delatan unha fonda introspección sociolóxica sobre o presente e o pasado dun pobo cunha ollada sen complexos na que o positivo e o negativo se entrecruzan nunha interminable relación dialéctica.
O peche deste ciclo literario será o venres 28 de outubro da man de Emilio Estévez, que achegará ao público a súa primeira novela ‘El báculo de San Epitacio. Susana, Susana...’, na que a protagonista realiza unha viaxe á histórica cidade de Tui na procura das orixes da súa defunta nai que lle cambiará a vida para sempre.
A Guarda y Caminha abren inscripciones para las Andainas de Otoño 2022
Fecha desde el 28 de Septiembre de 2022
hasta el 03 de Octubre de 2022Las plazas son limitadas por lo que se abre un plazo de inscripción para los interesados del miércoles 28 de septiembre hasta el lunes 3 de octubre.
Ampliar contenidoA Guarda y Caminha retomaron en esta primavera las andainas conjuntas que se tuvieron que suspender debido la pandemia y que ya arrancaron este año con las Andainas de Primavera, y que continúan ahora con las Andainas de Otoño.
Las Andainas de Otoño 2022 cuentan con 4 rutas y con un coste de 10€ por andaina y persona y como en ediciones anteriores los participantes gallegos saldrán de la explanada de A Sangriña en autocar para juntarse con el autocar de Caminha.
Las plazas son limitadas por lo que se abre un plazo de inscripción para los interesados desde el miércoles 28 de septiembre hasta el lunes 3 de octubre. La inscripción se realizará en la Oficina de Turismo de la Praza do Reló, más información en el teléfono 986 61 4546 ó en el correo electrónico turismo@aguarda.es
ANDAINA 1.- SÁBADO, 8 DE OCTUBRE: RUTA Á PORTALÉN: PORTA DO MÁIS ALÓ (A LAMA)
Salida: 8:30h de la explanada de A Sangriña
Hora aproximada de llegada A Guarda: 18:00h
Distancia: 11,7 km
Tipo: ruta lineal
Grado de dificultad: medio-alto
Desnivel: 262 metros positivos.
Duración: 5 h
Punto de partida: A Barcia (A Lama).
Recorrido: paisaje / inmaterial
Descripción:
Ruta lineal que se realizará por la Serra do Cando, la "Montaña máxica do Seixo". Esta andaina cuenta con múltiples recursos de gran valor ecológico e inmaterial, una fusión entre naturaleza y leyendas que dejará asombrados a los participantes.
Accederemos ascendiendo por una pista forestal hasta la Porta do alén, un lugar donde el mundo del más allá se junta con el mundo de los vivos, siendo el correo de los muertos.
En esta zona encontraremos también el marco do vento o la capilla de Santa Mariña, y ya caminando por la cumbre, llegaremos a un precioso mirador en el que, si el día acompaña, observaremos las 3 rías (Vigo, Pontevedra y Arousa).
Ya descendiendo por la ladera entre grandes áreas de matorrales, encontraremos ganado en semilibertad, rastros y caminos de carro antiguos.
Una ruta muy completa, de dificultad media-alta, con bastante desnivel, pero que satisfará a los caminantes.
ANDAINA 2.- SÁBADO, 22 DE OCTUBRE: TRILHO DO RÍO ÂNCORA (CAMINHA)
Salida: 9:00h de la explanada de A Sangriña
Hora aproximada de llegada a A Guarda: 17:00h
Distancia: 15 km
Tipo: ruta pequeña
Grado de dificultad: medio
Duración: 5:30 h
Punto de partida: Sâo Lourenço da Montaria (serra d’Arga -Viana do Castelo)
Recorrido: ecológico / paisaje
Descripción:
Partiendo de São Lourenço da Montaria, aldea situada en la base del macizo rocoso de la Serra d'Arga, en el Ayuntamiento de de Viana do Castelo, el recorrido transcurre desde el vallle del río Âncora hasta la parroquia de Riba de Âncora, en el Ayuntamiento de Caminha.
Entre regatos, cascadas, molinos de agua y puentes, se podrán apreciar espacios del “Lugar de Interese Comunitario Serra d’Arga”, que incluyen hábitats naturales y seminaturales, con especies de fauna y flora de conservación prioritaria, como así como conocer el valioso patrimonio cultural de zonas rurales típicas del Val do Âncora, como Amonde, Orbacém y Gondar.
ANDAINA 3.- SÁBADO, 5 DE NOVIEMBRE: SENDA DOS CARRANOS (COVELO)
Salida: 9:00h de la explanada de A Sangriña
Hora aproximada de llegada a A Guarda: 17:00h
Distancia: 7,2 km
Tipo: ruta circular
Grado de dificultad: medio-alto
Desnivel: 253 metros positivos
Duración: 3:30 h
Punto de partida: Camping de Maceira.
Recorrido: ecológico / etnográfico
Descripción:
Ruta de río y bosques de ribera de alto valor ecológico, que serpentea entre los bosques bien conservados de arbolado autóctono de las riberas del Río Tea.
La ruta parte de la Playa de Maceira y comienza ascendiendo cara al aserradero de los Carranos, uno de los mejor conservados de Galicia. Siguiendo entre árboles y otra vegetación que hará de la ruta un camino fresco, llegaremos a Fofe, un pueblo conocido por su rectoral y un puente de piedra con un incalculable valor arquitectónico.
Se trata de una ruta corta pero de dificultad media, debido a que posee algo de desnivel.
ANDAINA 4.- SÁBADO, 19 DE NOVIEMBRE: TRILHO DO LITORAL NORTE (DE VIANA DO CASTELO A MOLEDO, CAMINHA)
Salida: 9:00h de la explanada de A Sangriña
Hora aproximada de llegada a A Guarda: 17:00h
Distancia: 16 km
Tipo: ruta pequeña
Grado de dificultad: fácil
Duración: 5 h
Punto de partida: Viana do Castelo
Recorrido: ecológico / paisaje
Descripción:
Por la costa, desde Viana do Castelo hasta Vila Praia de Âncora, los participantes recorrerán la Ecovia del Litoral Norte, con playas, geositios, campos agrícolas, castros y molinos de viento. Descubrir algunos de los monumentos naturales del Geoparque Litoral de Viana do Castelo, subir al alto del outeiro de Montedor, apreciar su faro, o contemplar el océano Atlántico en el Forte do Cão, en Âncora, serán algunas de las experiencias que quedarán en la memoria.
Convocatoria de Pleno Ordinario este venres día 30 de setembro na Guarda
Fecha desde el 30 de Septiembre de 2022
hasta el 30 de Septiembre de 2022Venres 30 de setembro de 2022 ás 20:00h na Casa do Concello
Ampliar contenidoDATOS DA CONVOCATORIA
Tipo Convocatoria: Ordinaria
Data e hora: 30 de setembro de 2022 ás 20:00
Lugar: Casa do Concello
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 29.07.2022.
2. Expediente 2657/2022. DAR CONTA DOS DECRETOS DESDE O 16.07.2022 ATA O 15.09.2022.
3. Expediente 2591/2022. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN.
4. Expediente 2336/2017. DACIÓN DE CONTA MOROSIDADE E PMP 2º TRIMESTRE 2022.
5. Expediente 2594/2022. PROPOSTA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA SUPLEMENTO CREDITO 3/2022.
6. Expediente 2823/2020. Recoñecemento de Compatibilidade Haroldo Sanchez Cebreiro.
7. Expediente 1262/2022. PROPOSTA ENCOMENDA XESTIÓN SERVIZO VIXILANCIA E INSPECCIÓN EN MATERIA DE RESIDUOS E APROBACIÓN DE CONVENIO.
8. Expediente 1958/2022. PROPOSTA FESTIVOS LOCAIS 2023.
9. Expediente 2622/2021. PROPOSTA APROBACIÓN INICIAL EXPROPIACIÓN IREIRA BAIXO MURO.
10. Expediente 2597/2022. PROPOSTA RECTIFICACIÓN INVENTARIO DE BENS.
11. Expediente 2494/2022. Moción presentada polo grupo municipal do PSOE sobre a "Reclamación á Xunta de Galicia en relación á redución de persoal docente do I.E.S. A Sangriña que se aplicará no curso escolar 2022-2023".
12. ROGOS E PREGUNTAS.Link streaming: https://youtu.be/d4b-FobcDyw
Chega ao Rosal o espectáculo de monicreques -Xela contra o dragón Traga-verbas-
Fecha desde el 30 de Septiembre de 2022
hasta el 30 de Septiembre de 2022Será este venres 30 de setembro ás 18.00 horas no Parque do Sobreiral ao abeiro do programa de dinamización lingüística FalaRedes
Ampliar contenidoA fin de semana arranca no Rosal con actividades para desfrutar en familia. Este venres 30 de setembro nenos e nenas poderán aprender e divertirse con ‘Xela contra o dragón Traga-verbas’, un espectáculo de monicreques de Títeres Cachirulo que se poderá ver ás 18.00 horas no Parque do Sobreiral, ao carón do aparcadoiro municipal do Calvario.
A súa protagonista, Xela, é unha nena de 10 anos que ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Trátase dunha obra na que se aborda a importancia do uso cotiá da lingua galega e da conservación da identidade.
O Rosal acolle este espectáculo ao abeiro da segunda edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, creado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para encher de actividades en galego o tempo de lecer nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. O seu obxectivo é ampliar a oferta existente en galego, promover o seu uso e unha valoración positiva da lingua na sociedade a apoiar ás e aos artistas que desenvolven o seu traballo neste idioma.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima a toda a veciñanza a desfrutar desta proposta pensada para público familiar e “deixarse levar pola maxia, a ilusión e as risas que nos traerá a compañía Títeres Cachirulo con este coidado espectáculo de monicreques”.
O Concello da Guarda entra no outono dando visibilidade a historias de mulleres singulares da vila
Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
hasta el 14 de Octubre de 2022A través de dous roteiros e dúas andainas preténdese poñer en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espacio dentro dun mundo do que non er
Ampliar contenidoO Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programa para outubro e novembro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns.
Nos roteiros, que terán lugar o 14 e 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h e que sairán dende a Praza do Reló, falarase dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan. O broche destes roteiros poráos o artista Tino Baz cunha intervención musical.
No caso das andainas, que terán lugar o 13 e 27 de novembro en horario de 10:30h a 13:30h e que sairán dende a Alameda da Guarda (8km de percorrido e dificultade media), falarase de mulleres de Salcidos e Camposancos, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.
As inscricións están xa abertas na recepción do Concello, chamando ao 986610000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es
As actividades son gratuitas e as prazas limitadas.
Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra
200 profesionais da industria musical encóntranse este xoves na Eurocidade Tui-Valença no marco do MUMI 2022
Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
hasta el 01 de Octubre de 2022Este xoves bota andar o MUMI 2022 na Eurocidade Tui-Valenc?a cun programa cargado de mu?sica ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal serán protagonistas.
Ampliar contenidoEste xoves bota andar o MUMI 2022 na Eurocidade Tui-Valenc?a cun programa cargado de mu?sica ao vivo, no que os encontros entre empresas e profesionais de Galicia e Portugal serán protagonistas. Ate? o sábado 1 de outubro, vinte showcases de bandas e artistas portugueses e galegos, os impresionantes espectáculos de Omiri e Xosé Lois Romero & Aliboria na apertura do evento, faladoiros e encontros profesionais, e o Festival Minho Tranfronteiriço no peche, completan a proposta desta 3ª edición do MUMI Encontro Profesional das Mu?sicas no Minho. Tres di?as de programacio?n, boa parte dela aberta ao pu?blico, que queren tender novas pontes entre o sector da mu?sica. Debido a? previsio?n metereolo?xica, a organizacio?n do encontro decidiu trasladar os concertos programados en espazos abertos o xoves 29 a recintos resgardados. Patrocinado pola Eurocidade Tui-Valenc?a, tame?n apoian o MUMI 2022 a Direc?a?o Regional de Cultura do Norte, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a AECT Rio Minho, a Fundac?a?o GDA e Bodegas Marti?n Co?dax.
A programacio?n do MUMI 2022 arranca o xoves 29 pola man?a? na Zona PRO-AGADIC, instalada no Teatro Municipal de Tui, onde tame?n se celebrara? un acto de benvida (13:30 GZ/ 12:30 PT). Os vinte showcases programados de bandas e artistas de Galicia e Portugal sera?n a columna vertebral do MUMI 2022 e boa parte deles a?brense a? asistencia do pu?blico xeral.
Brais Morán & Nasafunk, Brassica Rapa, Caamaño & Ameixeiras, Caldo, Golfiños, Momboi, Mounqup, Neboa, Xan Campos Trío e Xosé Lois Romero & Aliboria, conforman a relación dos dez showcases galegos programados. No caso de Portugal, as bandas seleccionadas son tamén dez: Birds are indie, Crua, 47 de Fevereiro, Dapunksportif, Kumpania Algazarra, Manuel Maio, Meta, Omiri, Raia e Space Ensemble. Diversidade e? unha palabra clave na mu?sica ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2022, cun mosaico de bandas e artistas que responden a? riqueza das escenas galega e portuguesa”. Das novas abordaxes da mu?sica tradicional a? electro?nica esencial, pasando polo jazz, o funk e o pop de autori?a, os vinte showcases programados recollen a variada escena de ambas beiras do Min?o. A previsio?n de chuvia para mañá xoves levou a? organizacio?n do MUMI a trasladar os showcases previstos na Corredoira ao Teatro Municipal. En Valença, os concertos previstos na Avenida da Estação pasan á carpa instalada no Jardim Municipal, durante os tres días do encontro.
Faladoiros e speedmeetings para conectar á industria musical
A actividade na Zona PRO-AGADIC, arranca mañá xoves con dous faladoiros: Financiamento Público para proxectos culturais (12:45 GZ, 11:45 PT), no que se falará de redes de financiamento, circuítos institucionais e apoios públicos; e As relacións entre axentes culturais e representantes políticos (16:00 GZ, 15:00 PT), no que se debaterán as dificultades na relación dos planos político e técnico en relación ás programacións culturais. O venres 30 están previstos tres faladoiros: O Estatuto profissional da cultura (11:00 GZ, 10:00 PT), comparando a situación actual en Galiza e Portugal, diferencias que tamén serán analizadas na palestra Riscos Laborais nos eventos musicais (12:45 GZ, 11:45 PT), e para pechar a xornada o Papel dos medios de comunicación nas promocións artísticas (15:30 GZ, 14:30 PT), sobre os retos de futuro á hora de promocionar proxectos artísticos nunha era dixital. O último faladoiro está programado o sábado e servirá para coñecer Proxectos transfroiterizos Galiza – Portugal (11:00 GZ, 10:00 PT), con exemplos inspiradores dos dous países.
Concerto de apertura
O concerto oficial de benvida porá o foco nas músicas que experimentan a partir da raíz. O proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria e o artista portugués Omiri, subirán ao palco do Jardim Municipal de Valença o xoves 29 de setembro ás 22 hora galega. Nese showcase de apertura Xosé Lois Romero & Aliboria vannos presentar as novas cancións publicadas neste 2022. Máis dunha ducia de músicos e músicas, armados só coa súa voz e a percusión tradicional galega; percusións clásicas de pandeiros, pandeiretas ou bombos, e percusións populares que se usaban na Galiza a principios do século XX: latas de pementón, chaves, tixolas, ou ferramentas para tallar a terra. As voces, todas femininas, harmonizan dun xeito tan sensible como salvaxe. Como se un coro da igrexa cantase a "haka" da selección de rugby de Nova Zelanda. Unha bestialidade marabillosa. Pola súa parte, o portugués Omiri vai sorprender cunha mestura de músicas e paisaxes sonoras de todo Portugal nun mesmo espectáculo. Empregando vídeos con gravacións de campo manipuladas para servir de base musical á composición e improvisación de Vasco Ribeiro Casais, recupéranse prácticas musicais xa esquecidas, facéndoas permeables e accesibles á cultura dos nosos días, sincronizando formas e músicas da tradición rural portuguesa. Nos últimos anos Omiri consolidouse como un dos proxectos musicais máis internacionais de Portugal, levando a cultura portuguesa ás principais salas e festivais do mundo. En directo, Vasco Ribeiro Casais actúa con Maria Antunes, Guilherme Brak-Lamy e Rafaela Pinto, tres danzarin@s que dan corazón ás coreografías de Filipa Peraltinha nunha mestura de hip-hop, danza contemporánea e tradición.
Un festival de emerxentes locais para pechar o encontro
O MUMI 2022 porá o peche a esta 3ª edición co Festival Rio Minho Transfronteiriço (AECT Río Miño), onde tocarán 4 bandas da zona transfronteiriza, dúas de Galicia e outras 2 de Portugal, escollidas entre as que se candidataron para actuar no MUMI pero que non foron seleccionadas para os showcases oficiais: Helen&Shana, Jasper, Rockin´Gina and The Sentinels, e Rackam. Aínda que algunha delas xa ten certo percorrido, son bandas da escena emerxente, para as que este festival, enmarcado no encontro profesional MUMI, é unha gran oportunidade. Con esta iniciativa, o MUMI pretende xerar un retorno na comunidade onde se celebra o encontro e achegar un valor engadido ás iniciativas locais en materia de música. Será ás 19:00h / 18:00h PT GZ no Paseo da Corredoira de Tui. O Festival Rio Minho Transfronteiriço está impulsado pola AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), un instrumento de cooperación que agrupa a 16 municipios galegos e 10 portugueses, e que desenvolve programas, proxectos e accións comúns para a cohesión económica e social da rexión transfronteiriza do val do Río Miño.
Ma?is experiencias MUMI 2021
A animacio?n nas ru?as sera? unha parte importante do MUMI, que incorpora ao seu programa aberto dúas propostas para percorrer as rúas da Eurocidade. Os Kumpania Algazarra chegarán desde Sintra (Portugal) inspirados pola enerxía da folía e da boa disposición. Saltimbanquis apaixonados, teñen na súa música un aglomerado que vai do ska ao folk, do reggae aos sons dos Balcáns, dos ritmos latinos ao funk, o que fai deles unha das máis poderosas brass bands portuguesas. A súa enerxía deixarase sentir mañá xoves ás 19:15 GZ / 18:15 PT no Teatro Municipal de Tui, ás 21:30 GZ / 20:30h PT / 21:30 GZ no Jardim Municipal de Valença. O sábado pola mañá a animación nas rúas chegará da man da fanfarria compostelá Brassica Rapa recollendo sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais, cun repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Farán dous pases ás 12:30h GZ / 11:30h PT no Paseo da Corredoira en Tui ás 13:15h GZ / 12:15h PT no Jardim Municipal de Valença.
Todos os showcases e concertos abertos ao pu?blico ten?en entrada libre
Presentación do libro -A porta do Inferno- en Goian o 30 de setembro
Fecha desde el 30 de Septiembre de 2022
hasta el 30 de Septiembre de 2022Este venres 30 de setembro ás 20:30 horas no Centro Goianés
Ampliar contenidoEste venres 30 de setembro ás 20:30 horas no Centro Goianés, en Goian a Comisión pola Memoria Histórica so Baixo Miño - Condado - Louriña organiza a presentación do libro "A Porta do Inferno. O Campo de Concentración de Camposancos", editado recentemente pola Asociación para a Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos.
A presentación correrá a cargo de José Antonio Uris e Víctor Santidrián.
Radio escolar desde a praza da Catedral de Tui para lembrar ás mulleres da raia
Fecha desde el 30 de Septiembre de 2022
hasta el 30 de Septiembre de 2022A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! levará a radio escolar do IES San Paio e do CPR Santa María de Tui á rúa co seu proxecto A Radio do Patrimonio
Ampliar contenidoA Radio do Patrimonio é o proxecto co que a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! leva a radio escolar dos centros ás rúas para recuperar o patrimonio cultural inmaterial que se creou arredor das rutas xacobeas. Despois de comezar a súa peregrinación nas ondas en Cea, recalan este venres 30 na praza da Catedral de Tui, onde a partir das 12 do mediodía, os alumnos do IES San Paio e do CPR Santa María de Tui descubrirán a música tradicional a través dos ‘instrumentos pobres’ de Xavier Blanco, cantarán con Andrea Pousa e coñecerán as historias do tráfico de mercadorías na posguerra con Diana Gonçalves, directora do documental Mulleres da raia.
Será na praza fronte a Catedral de Tui, Eurocidade xunto con Valença, onde os máis pequenos descubrirán as historias das mulleres que traficaban, na posguerra, con produtos dun lado e doutro do río. O alumnado entrevistará a Diana Gonçalves que achegará algún dos testemuños que ela mesma recompilou na súa viaxe polo espazo tranfronteirzo entre Galicia e Portugal.
Tamén Andrea Pousa, que participou en Ponte...nas Ondas! no seu proxecto musical, Meniños Cantores, responderá ás preguntas das estudantes, a un mes de sacar o seu novo single sobre as familias da raia.
O ramo ao programa porao Xavier Blanco que tentará transmitir aos xoves o amor pola música tradicional que el mamou desde ben cativo, sendo herdeiro da saga familiar dos Soledás de Moaña. Ademais, presentará a súa Fundación Legar coa que, desde Quiroga (Lugo), traballa na recuperación dos antigos instrumentos ‘pobres’ e de coplas esquecidas.
Sarria e Santiago, serán as seguintes paradas, o 20 e 21 de outubro co Mago Antón e Pancho Álvarez como convidados, respectivamente.
PNO! a un paso de ser modelo de boas prácticas
O proxecto da Radio do Patrimonio chega a uns meses de que o modelo da Asociación Ponte...nas Ondas! sexa inscrito no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO. PNO! leva 27 anos, desde 1995 impulsando a radio escolar para implicar ao alumnado na recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial.
A candidatura de PNO! como modelo de boas prácticas co PCI foi presentada por Portugal e España, co apoio da Xunta de Galicia, en marzo de 2021. Na 17a sesión do Comité Intergobernamental que se celebrará en Rabat do 28 de novembro ao 3 de decembro, onde se coñecerá inscrición do “modelo Ponte...nas ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial.
A exposición do proxecto Albufeira pode visitarse durante unha semana en Tui
Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
hasta el 06 de Octubre de 2022Aborda a importancia dos recursos hídricos e a súa dimensión medioambiental
Ampliar contenidoO Anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle dende hoxe, 29 de setembro, e durante unha semana unha pequena exposición itinerante promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizada ao abeiro do denominado Proxecto Albufeira sobre a xestión e a conservación dos recursos hídricos do noso entorno e as especies e hábitats asociados a estas masas de auga.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, xunto coa Axencia Portuguesa do Ambiente, atópase desenvolvendo o PROXECTO ALBUFEIRA (asociado ao Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020), que ten por obxectivo mellorar a coordinación das accións para promover e protexer o bo estado das masas de auga compartidas entre España e Portugal para a súa protección e aproveitamento sustentable.
Este proxecto abarca diferentes aspectos de carácter técnico, social, ambiental e económico. Unha das súas liñas de actuación é a sensibilización dos axentes sociais e da poboación de zonas transfronteirizas sobre a cooperación en concas hidrográficas compartidas, perseguindo o fomento da biodiversidade e preservación dos ecosistemas asociados a estas masas de auga, así como o seu uso sustentable.
Unha das actividades destacadas nesta liña de actuación é a exposición itinerante, que estes días está en Tui, enfocada a informar acerca dos obxectivos do Proxecto Albufeira á poboación dos municipios próximos á fronteira, considerada parte importante na xestión e conservación dos recursos naturais.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece a elección do Concello de Tui por parte do Ministerio para promover esta actividade de sensibilización de carácter medioambiental como son os recursos hídricos e a necesidade da súa conservación.
Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior
Fecha desde el 00 de de 0000
hasta el 09 de Febrero de 2026La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.
Ampliar contenidoEl Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.
La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.
El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.
Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.
Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.
“Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”
Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.
A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.
Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.
