Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Radio escolar desde a praza da Catedral de Tui para lembrar ás mulleres da raia

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! levará a radio escolar do IES San Paio e do CPR Santa María de Tui á rúa co seu proxecto A Radio do Patrimonio

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! levará a radio escolar do IES San Paio e do CPR Santa María de Tui á rúa co seu proxecto A Radio do Patrimonio

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

A Radio do Patrimonio é o proxecto co que a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! leva a radio escolar dos centros ás rúas para recuperar o patrimonio cultural inmaterial que se creou arredor das rutas xacobeas. Despois de comezar a súa peregrinación nas ondas en Cea, recalan este venres 30 na praza da Catedral de Tui, onde a partir das 12 do mediodía, os alumnos do IES San Paio e do CPR Santa María de Tui descubrirán a música tradicional a través dos ‘instrumentos pobres’ de Xavier Blanco, cantarán con Andrea Pousa e coñecerán as historias do tráfico de mercadorías na posguerra con Diana Gonçalves, directora do documental Mulleres da raia.

Será na praza fronte a Catedral de Tui, Eurocidade xunto con Valença, onde os máis pequenos descubrirán as historias das mulleres que traficaban, na posguerra, con produtos dun lado e doutro do río. O alumnado entrevistará a Diana Gonçalves que achegará algún dos testemuños que ela mesma recompilou na súa viaxe polo espazo tranfronteirzo entre Galicia e Portugal.

Tamén Andrea Pousa, que participou en Ponte...nas Ondas! no seu proxecto musical, Meniños Cantores, responderá ás preguntas das estudantes, a un mes de sacar o seu novo single sobre as familias da raia.

O ramo ao programa porao Xavier Blanco que tentará transmitir aos xoves o amor pola música tradicional que el mamou desde ben cativo, sendo herdeiro da saga familiar dos Soledás de Moaña. Ademais, presentará a súa Fundación Legar coa que, desde Quiroga (Lugo), traballa na recuperación dos antigos instrumentos ‘pobres’ e de coplas esquecidas.

Sarria e Santiago, serán as seguintes paradas, o 20 e 21 de outubro co Mago Antón e Pancho Álvarez como convidados, respectivamente.

PNO! a un paso de ser modelo de boas prácticas

O proxecto da Radio do Patrimonio chega a uns meses de que o modelo da Asociación Ponte...nas Ondas! sexa inscrito no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO. PNO! leva 27 anos, desde 1995 impulsando a radio escolar para implicar ao alumnado na recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial.

A candidatura de PNO! como modelo de boas prácticas co PCI foi presentada por Portugal e España, co apoio da Xunta de Galicia, en marzo de 2021. Na 17a sesión do Comité Intergobernamental que se celebrará en Rabat do 28 de novembro ao 3 de decembro, onde se coñecerá inscrición do “modelo Ponte...nas ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones