Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Chega ao Rosal o espectáculo de monicreques -Xela contra o dragón Traga-verbas-

Será este venres 30 de setembro ás 18.00 horas no Parque do Sobreiral ao abeiro do programa de dinamización lingüística FalaRedes

Será este venres 30 de setembro ás 18.00 horas no Parque do Sobreiral ao abeiro do programa de dinamización lingüística FalaRedes

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

A fin de semana arranca no Rosal con actividades para desfrutar en familia. Este venres 30 de setembro nenos e nenas poderán aprender e divertirse con ‘Xela contra o dragón Traga-verbas’, un espectáculo de monicreques de Títeres Cachirulo que se poderá ver ás 18.00 horas no Parque do Sobreiral, ao carón do aparcadoiro municipal do Calvario.  

A súa protagonista, Xela, é unha nena de 10 anos que ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Trátase dunha obra na que se aborda a importancia do uso cotiá da lingua galega e da conservación da identidade.

O Rosal acolle este espectáculo ao abeiro da segunda edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, creado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para encher de actividades en galego o tempo de lecer nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. O seu obxectivo é ampliar a oferta existente en galego, promover o seu uso e unha valoración positiva da lingua na sociedade a apoiar ás e aos artistas que desenvolven o seu traballo neste idioma.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima a toda a veciñanza a desfrutar desta proposta pensada para público familiar e “deixarse levar pola maxia, a ilusión e as risas que nos traerá a compañía Títeres Cachirulo con este coidado espectáculo de monicreques”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí