Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Agenda

  • A Guarda organiza xornadas de asesoramento enerxético en setembro e outubro

    Fecha desde el 31 de Agosto de 2022
    hasta el 24 de Octubre de 2022

    Trátase de sesións individualizadas nas que se pretende asesorar sobre diversos temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila.

    O Concello da Guarda, a través do Plan Rehabita, organiza xornadas  de  asesoramento enerxético, trátase dun asesoramento individualizado sobre temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila e que se realizará  os días 16 e 30 de setembro e 14 e 28 de outubro, en horario de 9:00h a 13:00h con cita previa chamando ao 986610000 ext.2. Dúas persoas  se encargarán deste asesoramento individualizado, Belén Novoa é especialista na área de contratación e sistema de tarifas do mercado eléctrico e  Santiago González é un  experto no campo das enerxías renovables.

     

    O Concello da Guarda  pretende deste xeito mellorar a eficiencia enerxética dos fogares e empresas da vila cun asesoramento individualizado que permitirá aso veciños e veciñas coñecer cales son as solucións existentes no mercado enerxético, a presentación e asesoramento en materia de enerxías renovables, as solucións de calefacción, illamentos, peches, fiestras ou caldeiras de biomasa, entre outras.

     

    O obxectivo final é permitir que os veciños e veciñas poidan reducir os seus custes na factura de electricidade, coñecendo as vantaxes da eficiencia enerxética, aproveitando para mellorar o impacto sobre o medio ambiente, empregar novas fontes de enerxía coma as renovables e un aproveitamento óptimo de aparellos eléctricos do fogar para unha correcta eficiencia enerxética.

    Ampliar contenido
  • Abertas as inscricións para o IX Trail do Trega

    Fecha desde el 15 de Septiembre de 2022
    hasta el 16 de Noviembre de 2022

    16 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel positivo coas mellores vistas e entorno natural de Galicia, no Monte Santa Trega da Guarda.

    Dende este mércores día 14 de setembro están xa abertas as inscricións para a IX edición do Trail do Trega, a proba deportiva que forma parte da Pontevedra Trail League e que este ano celebrarase o domingo 20 de novembro, contando co apoio do Concello da Guarda e das Comunidades de Montes.

     

    Montserrat Magallanes, Concelleira de Deportes do Concello da Guarda, destaca a importancia deste tipo de eventos para a dinamización deportiva da Guarda e da súa comarca, un evento ao que asisten numerosos participantes de toda a xeografía galega e de Portugal, promovendo tamén o turismo e a gastronomía local.

     

    O Trail do Trega é unha proba deportiva xa consolidada e que este ano trae un percorrido de 16 quilómetros cun desnivel positivo de 800 metros, contando coas mellores vistas e entorno natural de Galicia como é o Monte de Santa Trega.

     

    A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. Establécense 4 categorías de competición: Absoluto (masculino e feminino), Sénior (masculino e feminino), Veteranos 40 (masculino e feminino)  e Veteranos 50 (masculino e feminino).

     

    A organización habilitará dous avituallamentos no percorrido e paralelamente celebrarase unha andaina de 10 quilómetros con guía incluído.

     

    As inscricións xa están abertas a través do seguinte link: https://bit.ly/3S0b7aD e toda a información da carreira se pode consultar na web oficial da proba: www.traildotrega.com

     

    Os prezos de inscrición serán de:

     

    • 14 euros do 14 o 18 de setembro de 2022
    • 16 euros do 19 de setembro o 13 de novembro de 2022
    • 18 euros do 14 o 16 de novembro de 2022
    Ampliar contenido
  • Tomiño prepara un outono de libros

    Fecha desde el 30 de Septiembre de 2022
    hasta el 28 de Octubre de 2022

    O Mercado municipal acollerá os venres de outubro a presentación de cinco títulos literarios da man de autoras e autores da comarca

    O cambio de estación chega a Tomiño cargado de literatura. O Concello organiza o ‘Outono de libros’, unha iniciativa a través da que durante as vindeiras semanas se programarán ata cinco presentacións de títulos literarios da man dos seus autores e autoras, todas e todos escritores locais e da comarca. “Con este proxecto queremos destacar a importancia que ten a creación literaria en todos os xéneros e a calquera idade e facelo dando tamén a coñecer á veciñanza ás e aos novelistas que teñen ao seu carón”, explica a alcaldesa, Sandra González.   

    As presentacións arrancarán o vindeiro 30 de setembro e prolongaranse todos os venres durante o mes de outubro. Todas serán para todos os público e de balde e celebraranse a partir das 20.00 horas no Mercado de Tomiño.

    A rosaleira Antía Fernández Martínez, voluntaria durante anos na OMIX de Tomiño, será a encargada de estrear esta actividade. Será o día 30 coa presentación do seu libro ‘Parias, kellys, rebeldes. Mi periplo por una Grecia cansada’, que recolle a historia da autora, moi ligada á historia da propia Grecia e que comezou tras unha viaxe peculiar, absurda ás veces e case profética á illa de Creta.

    O venres 7 de outubro será a quenda de Francisco Álvarez, Koki, que chega coa súa última creación, ‘Aldea Buxán’, un libro singular escrito por un emigrante que recorda o eido orixinario e a el retorna coa memoria cada pouco. Jorge Cameselle chegará ao Mercado municipal de Tomiño o venres 14 de outubro con ‘El mono poeta. Metamorfosis de un médico e investigador de cáncer de mama’, unha testemuña dirixida ao persoal médico máis novo, ás súas familias e ás súas amizades sobre algunhas das dificultades que tivo que superar durante décadas para compatibilizar o exercicio da medicina clínica coa súa vocación como investigador. Cameselle, que foi médico no centro de saúde de Tomiño, dedicará todo o recadado coas vendas do libro a investigación.

    O venres 21 de outubro sobre o escenario do Mercado estará Daniel Pino, destacado sociólogo, veciño da parroquia de Forcadela e homenaxeado no Acto Cívico do Alivio no ano 2016. Presentará ‘As casualidades necesarias’, unha novela que sen chegar a ser coral presenta tipos e arquetipos que esconden e delatan unha fonda introspección sociolóxica sobre o presente e o pasado dun pobo cunha ollada sen complexos na que o positivo e o negativo se entrecruzan nunha interminable relación dialéctica.

    O peche deste ciclo literario será o venres 28 de outubro da man de Emilio Estévez, que achegará ao público a súa primeira novela ‘El báculo de San Epitacio. Susana, Susana...’, na que a protagonista realiza unha viaxe á histórica cidade de Tui na procura das orixes da súa defunta nai que lle cambiará a vida para sempre.

    Ampliar contenido
  • Un ciclo de concertos cos que maridar música, viño e gastronomía por todo o territorio

    Fecha desde el 01 de Octubre de 2022
    hasta el 22 de Octubre de 2022

    A iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsada pola Xunta de Galicia ao abeiro do Xacobeo 21-22

    A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quentan motores para celebrar a segunda edición do proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia e que ten por obxectivo xerar espazos de encontro e de lecer entre a veciñanza, visitantes e peregrinas e peregrinos que estean a facer o Camiño de Santiago nesta época do ano. Unha unión que se realizará dun xeito diferente, con concertos por todo o territorio de EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño nos que o público poderá desfrutar da maridaxe de música, viño e gastronomía ao tempo que se potencia a hostalaría e o comercio local.

    Deste xeito o vindeiro mes de outubro arranca un ciclo de actuacións musicais totalmente gratuítas e ao aire libre que se celebrarán en sesión vermú ás 13.00 horas ou en sesión de tarde a partir das 19.00 horas. Organizaranse en espazos creados para fomentar as experiencias positivas arredor da música e dos produtos de todo o territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos.

    Esta segunda edición arrancará o vindeiro 1 de outubro con sesión dobre pola mañá na Guarda e pola tarde en Nigrán, para continuar o seu percorrido polo territorio con concertos ese mesmo domingo 2 de outubro en Baiona, o sábado 8 no Rosal e Pazos de Borbén e o domingo 9 en Tomiño.  A Mos chegará o venres 14, a Redondela o sábado 15 de outubro e a Soutomaior e Tui o domingo 16. O ciclo rematará a última fin de semana de outubro con concerto no Porriño (venres 21), Oia (sábado 22) e Gondomar (sábado 22).

    Dende EuRural e o Xeodestino anímase a toda a veciñanza dos concellos do noso territorio a achegarse ata os distintos escenarios e desfrutar de mañás e tardes con sabor a música e viño.

    Ampliar contenido
  • O Concello da Guarda entra no outono dando visibilidade a historias de mulleres singulares da vila

    Fecha desde el 29 de Septiembre de 2022
    hasta el 14 de Octubre de 2022

    A través de dous roteiros e dúas andainas preténdese poñer en valor a figura de diferentes mulleres da vila, tanto anónimas como coñecidas, que destacaron na súa época por rachar cos estereotipos e intentar acadar un espacio dentro dun mundo do que non er

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programa para outubro e novembro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns. 

    Nos roteiros, que terán lugar o 14 e 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h e que sairán dende a Praza do Reló, falarase  dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan. O broche destes roteiros poráos o artista Tino Baz cunha intervención musical.

    No caso das andainas, que terán lugar o 13 e 27 de novembro en horario de 10:30h a 13:30h e que sairán dende a Alameda da Guarda (8km de percorrido e dificultade media), falarase de mulleres de Salcidos e Camposancos, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban, e lembrando a algunhas persoas que viven ou viviron nestas dúas parroquias, amosando tamén imaxes delas para saber quen foron ou son as protagonistas destas historias.

    As inscricións están xa abertas na recepción do Concello, chamando ao 986610000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es

    As actividades son gratuitas e as prazas limitadas.

    Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra

    Ampliar contenido
  • Amplo programa para celebrar o mes da Biblioteca en Tui

    Fecha desde el 04 de Octubre de 2022
    hasta el 24 de Octubre de 2022

    Actividades para público infantil, presentación do libro -El báculo de San Epitacio-, exposicións e o inicio do Club de Lectura serán as citas para o mes de outubro

    Co gallo do Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro a Biblioteca Municipal de Tui organiza un amplo programa de actividades dirixidas aos diversos segmentos de público para achegar o libro e a cultura á cidadanía.

    “BiblioTeCuida” é o lema co que este ano se celebra do Día da Biblioteca, que conta cun cartel da ilustradora galega Xulia Vicente. Esta conmemoración céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, se preocupan por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental dos servizos das comunidades ás que pertencen.

    Teatro Ghazafelhos, Juste Kamishibai papel e teatro, e o mago Javier Muro serán os encargados das actividades programadas para o público infantil.

    A primeira das citas terá lugar o próximo martes, 4 de outubro, ás 17.30 h da man de Teatro Ghazafelhos con “A máquina do tempo”. Unha obra na que os protagonistas a doutora Mon e o seu axudante Pe logran construír unha máquina do tempo coa que viaxar a distintas épocas da nosa historia. O espectáculo cunha duración de 50 minutos vai dirixido a público familiar dende os 5 anos.

    A semana seguinte, o martes 11 de outubro, ás 17.30  h Juste Kamishibai, Papel e Teatro presentará “Os Nortis e os libros sen título” recomendada a partir de 4 anos. Será unha viaxe entre libros de cartón dos que xorden desplegables pop-up, mecanismos móbiles e xogos de contraluz con imaxes.

    Mentres o martes, 18 de outubro, ás 18.00 h será o mago Javier Muro quen presente o espectáculo “Xogando coas palabras” no que as palabras, os números e as letras escollidas ao azar sorprenderán ao público.

    Dentro da programación do Mes da Biblioteca está prevista a presentación do libro “El báculo de San Epitacio” do autor tudense Emilio Estévez o venres, 7 de outubro, ás 20.00 h. O acto contará coa presenza do autor e diversas persoas convidadas.

    O luns 17 será inaugurada unha moi interesante exposición “Castelao grafista (facsimile)” que achega a nosa cidade Afundación, Obra Social de Abanca, coa colaboración da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia.

    Na segunda quincena de outubro o Anexo da Sala Municipal de Exposicións acollerá unha mostra fotográfica promovida pola Subdelegación de Defensa e a Comandancia Naval do Miño sobre a “Misión Atalanta” que desenvolven as Forzas Armadas españolas no océano Índico. No decurso da mostra haberá tamén unha charla informativa sobre esta misión dos militares españois.

    Amais a Biblioteca Municipal iniciará o martes, 22 de outubro o Club de Lectura, para o que está aberta a inscrición ata o día 15 de outubro. Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúnen periodicamente para comentar un mesmo libro. Cada un le de xeito individual na súa casa e despois, nas reunións do Club, comparten opinións e debaten os distintos aspectos do texto: as personaxes, o seu significado, o estilo literario, etc. Os libros son aportados pola Biblioteca Municipal de Tui. O persoal da Biblioteca actuará  como coordinador e moderador dos clubs. Non é necesario ser un gran lector, simplemente ter ganas de ler e animarse a participar nas reunións do club que se establecen cunha periodicidade quincenal.

    Os interesados poden inscribirse no formulario dispoñible na web da biblioteca municipal tudense https://www.bibliotecaspublicas.es/tui/Servicios/Club-de-lectura.html, tamén enviando un correo a biblioteca@tui.gal  ou persoalmente na propia biblioteca.

    Ampliar contenido
  • Arranca o Ciclo de Outono no Cineclub Poleiro

    Fecha desde el 06 de Octubre de 2022
    hasta el 03 de Noviembre de 2022

    As proxeccións adiántanse unha hora sobre o habitual, ás 20:30

    O xoves, 6 de outubro , o cineclub Poleiro , proxecta LEVIATHAN no auditorio de Goián ás 20:30 horas  ,dirixida por Andrey Zvyaginstsev.  Unha obra mestra do 2014, que nos da unha visión moi crúa sobre a sociedade rusa. Ambientada nas paisaxes árticos na costa norte da península de Kola. A película céntrase na vida desordenada dun mecánico de coches, Kolya, a quen o alcalde quere  expropiarlle a súa casa. Leviatán é unha referencia a Hobbes. A natureza humana atópase no medio de contratos socias marcados polos abusos de poder, unha rede de clientelismo, hipocrisía e violencia na que a moralidade, a amizade e o amor québranse con impotencia.

    O xoves 3 de novembro proxectamos  Last Film Show ,  do director indio Pan Nalin.  Unha historia de cine dentro do cine.

     

    Sinopse: Samay, un neno de 9 anos vive coa familia nun pobo remoto da India , cando descobre o cinema queda hipnotizado. Co pai en contra volve ao cine todos os días atrapado pola maxia da luz.

     

    O xoves 1 de decembro o filme Tres caras do director iraniano  Jafar Panahi ganador dun León de Ouro en Venecia e un Oso de Ouro na Berlinale, foi condenado en Irán a seis anos de cárcere por asistir ás protestas pola detención de dous directores de cine

     

    Sinopse: Unha actriz iraniana recibe o video dunha moza pedindo axuda para escapar da súa familia. Un camiño ás montañas onde as arcaicas tradicións marcan a vida para descobrir se é unha manipulación ou unha realidade.

     

    O xoves 12 de xaneiro pecha o ciclo Compartimento nº 6 unha fita de Juho Kuosmanen.

     

    Sinopse: Unha xove universitaria finlandesa viaxa a Moscú en tren para ir a un xacemento arqueolóxico. Terá que compartir o compartimento  cun descoñecido, un mineiro ruso. Unha relación de dous seres completamente opostos.

     

    Bono socio para as catro películas 10 euros

    O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia.

    Ampliar contenido
  • Tomiño, escenario da segunda edición do Foro da Muller Rural Galega de EuRural

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2022
    hasta el 14 de Octubre de 2022

    Celebrarase o vindeiro 14 de outubro, véspera do Día Internacional das Mulleres Rurais

    EuRural volve ceder o protagonismo ás mulleres e a poñer en valor e destacar iniciativas que apostan polo rural. A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural celebra o vindeiro 14 de outubro, véspera da conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais, a segunda edición do Foro da Muller Rural Galega, unha iniciativa que busca dar voz a todas as mulleres que apostaron por formar parte do rural, traballando, vivindo, transformando e axudando a mellorar o territorio.

    O Pazo do Mosteiro de Tomiño será o escenario no que se darán cita 14 protagonistas deste ano, que explicarán a súa situación liderando proxectos rurais nos 13 concellos de EuRural. Despois do almorzo e networking, que comezará ás 10.00 horas, ás 10.30 horas darase paso á inauguración oficial. Logo será a quenda do apartado ‘Compartindo experiencias, visibilizando realidades’, na que se contará coas intervencións de todas as protagonistas e que este ano serán Nuria Villa Vicente, de Éxfico (A Guarda); Mar Lago Giráldez, de Glamping do Mar (Baiona); Paula Fernández Fraga, do Pazo da Escola (Gondomar); Elisabeth Lage Muíños, de Casa Rural Magina (Fornelos de Montes); Carla Valle Pérez, da Clínica de podología de Mos; Silvia Molliñedo García, de Gardian Xoias (Nigrán); Carmen Blanco, Puertas de Casa Rural Casa Puertas (Oia); Estefanía Grandal Leiros, de Encaixe – Estudio de Arquitectura (O Porriño); Angélica Lage Tellado, unha artesana de Pazos de Borbén; Inés Tornero Viñas, dedicada á confección de bolsos en Redondela; Marisol Otero Fernández e Raquel Otero Fernández, de Augaluz Florista (O Rosal); Mariví Álvarez Fernández, da Asociación Cultivos do Baixo Miño – acuBam (Tomiño); e Natalia Rodríguez Estévez, de Bodega Corisca (Tui).

    Tras este espazo, ás 12.30 h, procederase á lectura do manifesto da muller rural galega e celebrarase o acto de entrega de recoñecemento á muller homenaxeada nesta edición, que será veciña da vila tomiñesa.

    As persoas interesadas en asistir poden inscribirse xa a través dun formulario disposto na páxina web de EuRural, onde poderá tamén atopar máis información sobre a xornada.

    Ampliar contenido
  • Once mulleres tudenses amosan a súa obra pictórica na exposición -O despertar dos sentidos-

    Fecha desde el 05 de Octubre de 2022
    hasta el 31 de Octubre de 2022

    Estará aberta ao público ata o día 31 de outubro na Oficina Municipal de Turismo de Tui

    Hoxe inaugurouse na Oficina Municipal de Turismo de Tui a exposición “O despertar dos sentidos” organizada pola Asociación Cultural Tyde coa colaboración do Concello de Tui.  Presenta a obra pictórica de once mulleres pertencentes a Asociación Cultural Tyde.

    María Fernández, María Garrido, Emilia González, Teresa Ruano, Isabel G. De Haro, Conchi Alonso, Mª Carmen Baquero, Fina Saa, Mª José Rodríguez, Loli González e Pilar Pereira amosan os seus cadros nos que plasman dende paisaxes ata bodegóns e dende retratos ata imaxes abstractas. A técnica empregada na maioría é a acuarela.

    No acto inaugural estiveron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo felicitar ás artistas salientando o seu traballo e a súa actividade. Di o rexedor que, á marxe do sentido cultural, tamén é salientable a súa acción en canto tecido asociativo, que aporta ese sentido máis social.

    Pola súa banda a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, felicitou ás integrantes deste colectivo pola creación de “rede”, ao tempo que as felicitou polas obras que agora presentan publicamente.

    A Asociación Cultural Tyde está conformada por un grupo interxeneracional, coa integrante máis nova de 14 anos. Reúnese cada martes no baixo do edificio da Seguridade Social, fronte á igrexa da Misericordia, onde pode achegarse en horario de mañá ou tarde calquera interesado ou interesada, xa que aínda que na actualidade está conformada so por mulleres está aberta tamén á participación masculina.  

    A exposición “O despertar dos sentidos” está aberta na Oficina Municipal de Turismo de Tui ata o 31 de outubro, en horario de 9:30 h a 14 h e de 16 h a 19 h de luns a domingo.

    Ampliar contenido
  • Trans Miño LGTBIQ+ saca a súa primeira accion formativa contra o bullying lgtbifobico

    Fecha desde el 05 de Octubre de 2022
    hasta el 22 de Octubre de 2022

    A prescrición está aberta do 5 ao 22 de outubro

    O departamento de Educación a Diversidade, departamento pertencente á Asociación Trans Miño vén impartindo charlas formativas nos centros educativos, co programa Eduquemos a Diversidade, este programa xa estivo no IES A Sangriña (A Guarda) IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón (Tui) e en CPI Cova Terreña de Baiona.

    Tras as avaliacións botas tanto ao alumnado como ao profesorado do programa impartido unha das obserbaciones que se encontro por parte do profesorado que lles falta formación para facer fronte a unha diversidade de alumnado cada vez maior, por parte do alumnado recoñecían haber casos de agresións e de bullying LGTBIfóbico.

    Trans analizar os casos durante esteas tres anos detectan unha necesidade a cal se lles dá resposta desde o departamento de Educación e Diversidade sacan un novo programa, que leva por título Acción Formativa, os obxectivos deste programa son facilitar as ferramentas necesarias para que teñan os coñecementos e as habilidades así como as capacidades para corrixir esta deficiencia que se detectou. Para iso o departamento de educación na diversidade xunto con Trans Miño LGTBIQ+ elaboran a primeira Acción Formativa, este loro do estribo formativo leva por título Prevención, Detección e Intervención Bullying LGTBIfóbico, que se celebra na Guarda, para o cal xa están abertas as preinscricións. Os obxectivos desta formación capacitará ao alumnado para prevención, detección, intervención sobre o bullying LGTBIfóbico, coñecer con intervir en uun caso de Bullying LGTBIfóbico e promover a diversidade afectivos sexual. Sendo os destinatarios todo aquel persoal relacionado con ámbito socioeducativo, procesionáis dá a educación tanto formal como non formal e monitores dás actividades de lecer e tempo libre

    A prescrición está aberta do 5 ao 22 de outubro, podendo solicitar máis información e mesmo solicitar a súa preinscrición no correo electrónico transminho.lgtbi@gmail.com ou ben por teléfono ou WhatsApp 626 420 874 ou acudíndose na oficina Comarcal LGTBIQ+ do Baixo Miño situada nas antigas escolas do Sinde vello.

    Ampliar contenido
  • Estacao de Ganfei(Valenca do Minho) a Concurso no Revive Natureza

    Fecha desde el 07 de Octubre de 2022
    hasta el 21 de Octubre de 2022

    Até 21 de novembro, os interessados em apresentar uma candidatura, para a exploração turística da antiga Estação de Ganfei, podem formular as suas propostas ao Fundo Revive Natureza.

    Até 21 de novembro, os interessados em apresentar uma candidatura, para a  exploração  turística da antiga Estação de Ganfei, podem formular as suas propostas ao Fundo Revive Natureza.
    O edifício da Estação de Ganfei encontra-se a concurso, no âmbito do projeto Revive Natureza, que tem abertos 10 concursos para a exploração de 12 Estações Ferroviárias em vários pontos do país.
    Os interessados podem apresentar proposta para a exploração, na vertente turística, deste imóvel, ao IP Património e obter todas as informações nos sites www.turismofundos.pt ou www.revivenatura.pt .
    Ao fim de 33 anos, sem qualquer utilidade, o edifício da Estação de Ganfei ganha agora a oportunidade de ser recuperado e colocado de novo ao serviço da comunidade.
    A concurso encontra-se o antigo edifício de passageiros, o cais coberto e as instalações sanitárias com uma área bruta de 209 m2.
    Este imóvel encontra-se em pleno percurso da Ecopista do Rio Minho, cujo percurso inicial, revitalizou e deu novas funções à desativada ligação ferroviária entre Valença e Monção. Este percurso pelo património ferroviário, paralelo ao rio Minho, tem granjeado vários prémios internacionais, entre eles o título de terceira melhor via verde da Europa, uma via de excelência atribuída pela Associação Europeia Greenways (EGWA) e pela União Europeia .
    A Câmara Municipal de Valença espera que os edifícios da Estação de Friestas e Verdoejo possam entrar, em breve, neste projeto Revive Natureza e voltar a ganhar nova vida e funções.

    Ampliar contenido
  • Aberto o prazo de inscrición no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui até o próximo sábado 15 de outubro

    Fecha desde el 09 de Octubre de 2022
    hasta el 15 de Octubre de 2022

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui ten aberto, ata o vindeiro sábado, 15 de outubro, o prazo para a inscrición das persoas interesadas no Club de Lectura de adultos.

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui ten aberto, ata o vindeiro sábado, 15 de outubro, o prazo para a inscrición das persoas interesadas no Club de Lectura de adultos.

    Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúnen periodicamente para comentar un mesmo libro. Cada un le de xeito individual na súa casa e despois, nas reunións do Club, comparten opinións e debaten os distintos aspectos do texto: as personaxes, o seu significado, o estilo literario, etc. Os libros son aportados pola Biblioteca Municipal de Tui. O persoal da Biblioteca actuará  como coordinador e moderador do club.

    Non é necesario sen un gran lector ou lectora, simplemente ter ganas de ler e animarse a participar nas reunións do club que se establecen cunha periodicidade quincenal.

    As persoas interesadas poden inscribirse en liña no formulario dispoñible na web da biblioteca municipal tudense https://www.bibliotecaspublicas.es/tui/Servicios/Club-de-lectura.html ou enviando un correo a biblioteca@tui.gal ou persoalmente na propia biblioteca.

    A concelleira de Ensino e Cultura do concello tudense, Sonsoles Vicente Solla, sinala que esta convocatoria se enmarca dentro das actividades de promoción da lectura que desenvolve a Biblioteca Municipal tudense para facilitar o acceso á lectura da cidadanía e dinamizar este centro bibliotecario.

    Ampliar contenido
  • Social Pilgrims II: Obradoiros para a creación de filtros de realidade aumentada

    Fecha desde el 10 de Octubre de 2022
    hasta el 24 de Octubre de 2022

    Na actividade, que é de balde, poderase incribir calquera persoa interesada a partir dos 12 anos de idade no mail de OMIX A Guarda informacion@aguarda.es

    A actividade está orientada a un público xeral a partir dos 12 anos. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

     

    Lugar e data.- O taller levarase a cabo nun aula municipal no Concello da Guarda o vindeiro día 25 de Outubro, ás 19:30 horas. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e estará impartida por monitores de Ceo Aberto Divulgación.

    Nestas sesións prácticas procurarase familiarizar as/os usuarias/os das principais redes sociais (Facebook, Instagram, TikTok) coas ferramentas de creación de filtros de Realidade Aumentada e a súa posterior incorporación aos propios perfís. Asemade, falarase dos riscos de seguridades das redes sociais e daranse pequenas claves de como protexer os nosos contidos ao tempo que optimizamos o rendemento e impacto das nosas publicacións.

     

    Na actividade, que é de balde,  poderase incribir calquera persoa interesada a partir dos 12 anos de idade no mail de OMIX A Guarda informacion@aguarda.es

    Ampliar contenido
  • Este venres chega a Tui a compañía Píscore co seu espectáculo -Concerto con fusión-

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2022
    hasta el 14 de Octubre de 2022

    Será ás 19.30h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 4 e 3euros.

    Este venres 14 de outubro, ás 19.30h, haberá cita co teatro musical ‘Concerto con fusión’ de Píscore. A obra, galardoada co Premio do Público no Festaclown 2019 e como Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018, xa ten á venta as entradas en tui.gal a prezos de 4 e 3 euros.

    ‘Concerto con fusión’ é unha obra de carácter festivo que pasa por diferentes estilos musicais, dende a música latina, o rock ou o reggae ata o pop ou a música disco. Trátase da segunda montaxe teatral da compañía Píscore e conta coa dirección de Fran Rei e un elenco formado por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanales.

    A obra conta como catro músicos descoñecidos e de estilos moi diferentes chegan ao escenario sen os seus instrumentos e descobren un pasado común e o seu gusto polas músicas que fusionan estilos gracias a un divertido exercicio de virtuosismo cunha marimba.

    Cunha duración de 55 minutos, está recomendada para maiores de 3 anos. As entradas poden mercarse en tui.gal até media hora antes do inicio da función.

    Toda a información deste outono de teatro en Tui pódese consultar na web tui.gal e nas redes do concello.

    Ampliar contenido
  • Consellos, obstáculos e solucións para dar pulo á investigación clínica co médico Jorge Cameselle

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2022
    hasta el 14 de Octubre de 2022

    O autor, médico de familia no Centro de Saúde de Tomiño durante algúns anos, presenta este venres 14 no Mercado de Tomiño (20.00 h) o seu libro -El mono poeta. Metamorfosis de un médico e investigador de cáncer de mama-

    Todo xurdiu cando se decidiu a deixar ao persoal médico máis novo, á súa familia e ás súas amizades o seu testemuño sobre o camiño de dificultades que tivo que percorrer durante décadas para compatibilizar o exercicio da medicina coa súa vocación como investigador. Así naceu ‘El mono poeta. Metamorfosis de un médico e investigador de cáncer de mama’, un libro co que o médico e científico Jorge Cameselle reflexiona problemas e solucións para dar pulo ás investigacións no ámbito da saúde e que este venres 14 de outubro presenta ante o público no Mercado de Tomiño ao abeiro do ‘Outono de libros’.

    Nunha charla próxima e amable, Cameselle falará de todas as facilidades que achegaron as novas tecnoloxías a este campo de investigación, pero repasará tamén todas aquelas “barreiras absurdas” coas que vai tropezar unha e outra vez aqueles médicos, médicas, enfermeiros e enfermeiras que queiran dedicarse na actualidade á investigación clínica.

    Doutor en Medicina e Cirurxía, académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, director do grupo de investigación en Oncoloxía Clínica ADICAM ou director e guionista de cinema médico, Cameselle regresa con esta presentación a Tomiño, onde foi médico de familia no Centro de Saúde nos anos 2007 e 2008. Co-autor de máis de 50 artigos médicos e gañador de numerosos premios nacionais e internacionais pola súa investigación sobre o cancro de mama e os seus documentais científicos, Cameselle destina de forma íntegra todo o recadado coa venda deste libro á investigación.

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida a toda a veciñanza a desfrutar da presentación do libro de Jorge Cameselle e de todas as incluídas nun programa co que “buscamos descubrir aos tomiñeses e tomiñesas ás e aos escritores que teñen ao seu carón e dar visibilidade á creación literaria en todos os xéneros e a calquera idade”.

    Todas as presentacións son ás 20.00 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo.

    Ampliar contenido
  • Ministro da Cultura participa em programa dedicado à -Viagem pelo Esquecimento-

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2022
    hasta el 14 de Octubre de 2022

    A instalação artística é da autoria de Ana Mesquita, João Gil e Mia Couto e integra a XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira

    A Fundação Bienal de Arte de Cerveira vai promover, nos dias 14 e 15 de outubro, um programa dedicado ao projeto artístico “Viagem pelo Esquecimento”. O Ministro da Cultura, Pedro Adão e Silva, vai marcar presença no evento esta sexta-feira, às 14h30, numa conversa dedicada à comunidade escolar.

     

    Na próxima sexta-feira e sábado, a Fundação Bienal de Arte de Cerveira (FBAC) promove um programa inteiramente dedicado ao projeto artístico “Viagem pelo Esquecimento”, que contará com a presença dos artistas Ana Mesquita e João Gil. O objetivo é a criação de momentos de diálogo e partilha com a comunidade escolar e o público em geral.

     

    O Ministro da Cultura, Pedro Adão e Silva, vai participar na próxima sexta-feira, às 14h30, numa conversa com os artistas e cerca de 150 jovens do ensino secundário. A sessão será seguida de uma visita oficial à XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira.

     

    Já no sábado, 15 de outubro, pelas 17h00, o programa será alargado ao público em geral, com uma tertúlia sobre o projeto artístico, moderada pela diretora artística, Helena Mendes Pereira. O evento terá transmissão em direto nas redes sociais da FBAC.

     

    Recorde-se que a instalação artística “Viagem pelo Esquecimento” apresenta um encontro entre três diferentes formas de arte – videoarte de Ana Mesquita, a música de João Gil e a poesia de Mia Couto e percorre os passos daquela que foi a nossa pegada humana.

     

    O projeto integra a XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira que permanece de portas abertas até 31 de dezembro sob o tema “WE MUST TAKE ACTION/ DEVEMOS AGIR”. O evento conta com o apoio da República Portuguesa – Cultura / Direção-Geral das Artes.

     

     

     

    PROGRAMA

     

    14 de outubro, sexta-feira

     

    14h30: Conversa dedicada à comunidade escolar com os artistas da obra “Viagem pelo Esquecimento” (Ana Mesquita e João Gil)

     

    - Abertura: Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e da Fundação Bienal de Arte de Cerveira, Rui Teixeira

    - Conversa com os artistas Ana Mesquita e João Gil, moderada por Helena Mendes Pereira

    - Encerramento: Ministro da Cultura, Pedro Adão e Silva

     

    16h00: Visita do Ministro da Cultura à XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira (polo expositivo do Fórum Cultural de Cerveira)

     

     

    15 de outubro, sábado

     

    17h00: Tertúlia sobre a “Viagem pelo Esquecimento” com a presença dos artistas Ana Mesquita e João Gil e moderação de Helena Mendes Pereira

     

     

     

     

     

    Mais informações sobre o projeto “Viagem pelo Esquecimento”

     

    Ampliar contenido
  • -Somos Familia, Somos Equipo- chega ao Rosal

    Fecha desde el 12 de Octubre de 2022
    hasta el 14 de Octubre de 2022

    Trátase dun programa para mellorar as dinámicas familiares, aprender a cooperar e ser una familia con tempo de calidade onde o importante son as persoas, o seu benestar e a súa felicidade.

    A ANPA das Escolas Rurais do Rosal organiza o obradoiro “Somos Familia, Somos Equipo” financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade. Trátase dun programa para mellorar as dinámicas familiares, aprender a cooperar e ser una familia con tempo de calidade onde o importante son as persoas, o seu benestar e a súa felicidade.

    Será un traballo conxunto, en equipo, con toda a familia ao mesmo tempo: nais, país, fillas e fillos. O obxectivo é que as familias participantes obteñan ferramentas e desenvolvan estratexias para poñerlle solución aos problemas do día a día que teñen que ver coa corresponsabilidade.

    A actividade terá lugar no Centro Social Polivalente do Rosal os sábados 15, 22 e 29 de outubro e 5, 12 e 19 de novembro de 10:30 a 12:00. Máis información e inscricións na ANPA das Escolas Rurais do Rosal, no teléfono 623 138 513 ou no correo escolasruraisorosal@nontedurmas.org.

    Ampliar contenido
  • O vindeiro domingo 23 disputarase a 15K del Atlántico Banco Mediolanum

    Fecha desde el 12 de Octubre de 2022
    hasta el 23 de Octubre de 2022

    A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina, empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago.

    A xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena edición, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego.

     

    Este martes presentouse a novena edición da 15k del Atlántico - Banco Mediolanum, nun entorno único por onde pasará a proba o próximo 23 de outubro, a Explanada do Horizonte, en Portecelo,  O Rosal.

     

    A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina,  empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago.

     

    O inicio da proba da carreira será el día 23 ás 11:00 horas dende o Campo de fútbol de Oia, con chegada ao Porto da Guarda. No caso da andaina, a saída será dende o mesmo lugar pero ás 10:00 horas.

     

    A organización disporá dun servicio de autobús antes e despois da proba.

     

    A presentación desta mañá contou coas intervencións de:

    Cristina Correa, alcaldesa de Oia, que destacou na súa intervención o gran impulso para a localidade dun evento así, cunha alta participación.

    Anxela Fernandez, alcaldesa do Rosal, coincidía coa súa homóloga e destacaba a visibilidade que ten un evento onde acode máis dun 90% de participantes de fora da comarca.

    Antonio Lomba, alcalde da Guarda, comentaba que o gran impacto que ten a proba dende fai xa 9 anos vese reflexado nos negocios locais durante toda a fin de semana.

    Pola súa parte, Ivonne Pousa, responsable de Banco Mediolanum zona norte, comentaba a importancia da proba para a entidade, onde cada ano ten unha maior difusión, non só nacional, incluso en Portugal, así como a importancia da unión do deporte coa solidaridade e os valores que todo elo conleva.

    A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN VIGO, así como a apertura dunha fila 0 en MI GRANO DE ARENA, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación.

    As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/

    Ampliar contenido
  • Continúa a axenda de outubro na Guarda

    Fecha desde el 14 de Octubre de 2022
    hasta el 28 de Octubre de 2022

    O Concello da Guarda continúa coas actividades programadas para este mes de outubro, con accións medioambientais, obras de teatro, actuacións musicais, eventos deportivos, obradoiros, exposicións e moito máis.

    O Concello da Guarda continúa coas actividades programadas para este mes de outubro, con accións medioambientais, obras de teatro, actuacións musicais, eventos deportivos, obradoiros, exposicións e moito máis.

    Nesta fin de semana o sábado día 15 de outubro ás 11:00h da mañá terá lugar a Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA, que desta volta acada a súa XI edición, esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Este ano o Concello da Guarda adheriuse a esta limpeza e acollerá este evento na xornada do sábado día 15 de outubro a partires das 11:00h na Praia do Codesal. Podes realizar a túa inscrición chamando ao Concello da Guarda ao 986 61 0000.

    Tamén na xornada deste sábado día 15 de outubro o Centro Cultural acolle ás 20:30h a representación teatral “Smoke on the water” de Ibuprofeno teatro. Unha historia de sexo, drogas e rock&roll que nos traslada á unha posible recreación da vida de Janis Joplin na súa madurez. Esta peza é a última produción de Ibuprofeno Teatro, quen xa estivo na Guarda con propostas como O Furancho, Raclette, A filla de Woody Allen...Nesta ocasión cambia radicalmente o ton e a temática para trasladarnos a unha historia de curte mais sórdido dentro dun enredo amoroso-financieiro con final sorprendente, como é habitual no corte da compañía. É de destacar a calidade do elenco e a música en directo, especialmente para os amantes do rock.

    Para o sábado 22 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle ás 20:00h o Concerto “Reserva 15 anos” de Coiro Vello.

    O Domingo día 23 de outubro é a quenda do deporte coa novena edición da  xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum, unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego. A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina,  empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago. A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN VIGO, así como a apertura dunha fila 0 en MI GRANO DE ARENA, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación. As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/

    O martes 25 de outubro terá lugar o Obradoiros para a creación de filtros de realidade aumentada, Social Pilgrims II, unha actividade orientada a un público xeral a partir dos 12 anos e que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.  O taller levarase a cabo nunha aula municipal no Concello da Guarda o vindeiro día 25 de Outubro, ás 19:30 horas. A actividade, que é de balde, se pode inscribir calquera persoa interesada no mail de OMIX A Guarda informacion@aguarda.es

    O sábado día 29 de outubro terá lugar a primeira representación teatral para público familiar da man da Compañía Pedras de Cartón coa obra “O Quixote” ás 18:00h no Centro Cultural, non é precisa inscrición previa.

    Ata o 21 de outubro continúa nos baixos do Concello a Exposición “Galiza profunda. interpretacións do rural galego mediante ilustración e fotografía contemporáneas”. GALIZA PROFUNDA quere facernos reflexionar sobre a dicotomía entre a fermosura do rural xunto coa potencia e riqueza do mesmo e as causas para o seu difícil desenvolvemento. Como, a pesares de termos todo a prol nosa, o contexto social e político logrou que non avanzaramos nestes séculos todo o que mereciamos.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programa para outubro e novembro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns. 

    Nos roteiros, que terán lugar o 14 e 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h e que sairán dende a Praza do Reló, falarase  dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan. O broche destes roteiros poraos o artista Tino Baz cunha intervención musical. As inscricións están xa abertas na recepción do Concello, chamando ao 986610000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es. As actividades son gratuítas e as prazas limitadas.

    Ampliar contenido
  • Rosane Serrano representará al Atlético Guardés con la Selección Española Júnior

    Fecha desde el 00 de de 0000
    hasta el 09 de Febrero de 2026

    La primera línea del Mecalia Atlético Guardés se concentrará del 2 al 8 de marzo en Elche y disputará un amistoso ante el Atticgo BM Elche.

    El Mecalia Atlético Guardés volverá a estar representado en una cita internacional. La primera línea Rosane Serrano, jugadora vasca del conjunto de A Guarda, ha sido convocada con las Guerreras Júnior para participar en la concentración que se celebrará del 2 al 8 de marzo en Elche.

    La convocatoria, publicada por la nueva seleccionadora Verónica Cuadrado, incluye a 21 jóvenes promesas del balonmano español que trabajarán durante toda la semana aprovechando el parón liguero. Serrano, habitual en las listas del combinado nacional en categoría júnior, volverá así a vestir la camiseta de España tras haber sido subcampeona de Europa el pasado verano.

    El stage tendrá lugar en la ciudad alicantina y culminará el domingo 8 de marzo con un partido amistoso ante el Atticgo BM Elche, a las 11:30 horas en el pabellón Esperanza Lag.

    Esta concentración coincide con la semana fijada por la European Handball Federation para la disputa de compromisos internacionales, en este caso el clasificatorio para el Campeonato de Europa 2026. En la edición júnior del pasado verano, las Guerreras alcanzaron la final y lograron la medalla de plata, con una destacada participación de Serrano.

    Aunque natural del País Vasco, la jugadora defiende actualmente los colores del Guardés, consolidándose como una pieza importante dentro del proyecto deportivo del club miñoto y reforzando la proyección nacional e internacional de la entidad de A Guarda.

    “Es una oportunidad para crecer y mejorar de cara al futuro”

     

     

    Rosane Serrano se mostró “muy contenta e ilusionada de poder formar parte de esta convocatoria”. La jugadora reconoce que estas concentraciones suponen una alta exigencia física y mental, especialmente en un momento clave del calendario.

    A su regreso, le esperan dos semanas consecutivas de doble jornada con el Guardés, combinando Liga y competición europea. “Siempre son semanas de mucho trabajo y de mucha intensidad”, explica la primera línea, que aun así valora enormemente la experiencia. “Es una oportunidad para crecer y mejorar a nivel individual y grupal de cara al futuro”, concluye.

    Para el Atlético Guardés, esta convocatoria vuelve a situar al club de A Guarda en el foco del balonmano nacional, demostrando el nivel competitivo de su plantilla y su capacidad para aportar talento a la Selección Española.

    Ampliar contenido