Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Amplo programa para celebrar o mes da Biblioteca en Tui

Actividades para público infantil, presentación do libro -El báculo de San Epitacio-, exposicións e o inicio do Club de Lectura serán as citas para o mes de outubro

Actividades para público infantil, presentación do libro -El báculo de San Epitacio-, exposicións e o inicio do Club de Lectura serán as citas para o mes de outubro

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tui

Co gallo do Día da Biblioteca que se celebra o 24 de outubro a Biblioteca Municipal de Tui organiza un amplo programa de actividades dirixidas aos diversos segmentos de público para achegar o libro e a cultura á cidadanía.

“BiblioTeCuida” é o lema co que este ano se celebra do Día da Biblioteca, que conta cun cartel da ilustradora galega Xulia Vicente. Esta conmemoración céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, se preocupan por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental dos servizos das comunidades ás que pertencen.

Teatro Ghazafelhos, Juste Kamishibai papel e teatro, e o mago Javier Muro serán os encargados das actividades programadas para o público infantil.

A primeira das citas terá lugar o próximo martes, 4 de outubro, ás 17.30 h da man de Teatro Ghazafelhos con “A máquina do tempo”. Unha obra na que os protagonistas a doutora Mon e o seu axudante Pe logran construír unha máquina do tempo coa que viaxar a distintas épocas da nosa historia. O espectáculo cunha duración de 50 minutos vai dirixido a público familiar dende os 5 anos.

A semana seguinte, o martes 11 de outubro, ás 17.30  h Juste Kamishibai, Papel e Teatro presentará “Os Nortis e os libros sen título” recomendada a partir de 4 anos. Será unha viaxe entre libros de cartón dos que xorden desplegables pop-up, mecanismos móbiles e xogos de contraluz con imaxes.

Mentres o martes, 18 de outubro, ás 18.00 h será o mago Javier Muro quen presente o espectáculo “Xogando coas palabras” no que as palabras, os números e as letras escollidas ao azar sorprenderán ao público.

Dentro da programación do Mes da Biblioteca está prevista a presentación do libro “El báculo de San Epitacio” do autor tudense Emilio Estévez o venres, 7 de outubro, ás 20.00 h. O acto contará coa presenza do autor e diversas persoas convidadas.

O luns 17 será inaugurada unha moi interesante exposición “Castelao grafista (facsimile)” que achega a nosa cidade Afundación, Obra Social de Abanca, coa colaboración da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia.

Na segunda quincena de outubro o Anexo da Sala Municipal de Exposicións acollerá unha mostra fotográfica promovida pola Subdelegación de Defensa e a Comandancia Naval do Miño sobre a “Misión Atalanta” que desenvolven as Forzas Armadas españolas no océano Índico. No decurso da mostra haberá tamén unha charla informativa sobre esta misión dos militares españois.

Amais a Biblioteca Municipal iniciará o martes, 22 de outubro o Club de Lectura, para o que está aberta a inscrición ata o día 15 de outubro. Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúnen periodicamente para comentar un mesmo libro. Cada un le de xeito individual na súa casa e despois, nas reunións do Club, comparten opinións e debaten os distintos aspectos do texto: as personaxes, o seu significado, o estilo literario, etc. Os libros son aportados pola Biblioteca Municipal de Tui. O persoal da Biblioteca actuará  como coordinador e moderador dos clubs. Non é necesario ser un gran lector, simplemente ter ganas de ler e animarse a participar nas reunións do club que se establecen cunha periodicidade quincenal.

Os interesados poden inscribirse no formulario dispoñible na web da biblioteca municipal tudense https://www.bibliotecaspublicas.es/tui/Servicios/Club-de-lectura.html, tamén enviando un correo a biblioteca@tui.gal  ou persoalmente na propia biblioteca.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí