Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nova achega do Plan Concellos para Tui por preto de 40.000 euros

Con este investimento, o goberno de Carmela Silva vai financiar o proxecto de reactivación patrimonial -Rec-Tui-

Con este investimento, o goberno de Carmela Silva vai financiar o proxecto de reactivación patrimonial -Rec-Tui-

Fecha: 30 de Noviembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Cooperación, Carlos López Font, anunciou que a Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento destinado ao concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 37.691,86 para que a vila do Baixo Miño poida levar a cabo o proxecto de reactivación patrimonial "Rec-Tui", cuxo obxectivo é aproximar o patrimonio da vila á poboación residente, así como tamén ás persoas visitantes. Con esta iniciativa organizarase un proxecto educativo de catalogación colaborativa e elaborarase un informe de resultados do proceso e unhas liñas estratéxicas.

Ademais desta achega, o goberno provincial a través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio do Baixo Miño. En concreto, 543.874,49 euros na liña 1 destinados a financiar a elaboración de cartografía Six, ortofoto dixital e rede topográfica do concello; a área recreativa no C.R.A. Bornetas; mellora dos vestiarios no polideportivo municipal (vello); a construción da nave industrial para crear un garaxe de camións de recollida do lixo; a separación de augas pluviais e reparación de beirarrúas na estrada de Baiona; a mellora das pistas de tenis municipais en Areas-Tui; a substitución da cuberta na nave de maquinaria do concello,a área lúdico recreativa no CEIP Rebordonas, e a mellora da pavimentación no camiño de acceso ao núcleo da Malladoura.

No que corresponde á liña 2, a Deputación adxudicou 44.577,61 € á vila para o pacto de Tui. E tamén, outros 231.474,36 € foron destinados á financiación da contratación de 20 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

A Deputación destina este ano a Tui, ao través do Plan Concellos, un total de 1.769.637,16 euros, un 76,35% máis que o ano pasado.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones