Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

NOVA VICTORIA DE A QUINTA DE TUI FRONTE Ó CAFETERÍA LUAR FS

A Quinta de Tui consigue unha valiosa vitoria na Xornada 21 da Liga Galega Sur na casa do Cafetería Luar de Ponteareas.

O equipo tudense, a sabendas que ía ser un partido moi complicado, empezou o partido con moita intensidade adiantándose no marcador, pero un error defensivo provocou unha rápida igualada.

Fecha: 04 de Marzo de 2015

Fuente: A Quinta de Tui

FUTSAL. Competición do fin de semana A Quinta de Tui

LIGA GALEGA SUR. Cafetería Luar FS: 2- A Quinta de Tui: 8

A Quinta de Tui consigue unha valiosa vitoria na Xornada 21 da Liga Galega Sur na casa do Cafetería Luar de Ponteareas. Valiosa polas baixas que presentaba o equipo tudense ( Mario, Fito, Robert, Jaime e Cura) e tamén porque o equipo de Ponteareas faise forte na súa casa.

O equipo tudense, a sabendas que ía ser un partido moi complicado, empezou o partido con moita intensidade adiantándose no marcador, pero un error defensivo provocou unha rápida igualada. Os tudenses seguiron coa súa intensidade de partido e volveu adiantarse outra vez, chegando ao descanso cun resultado de 1-2.
Na segunda parte, o equipo adestrado por Fernando Domínguez puxo o marcador claramente o seu favor grazas a súa efectividade á porta contraria.

Os goleadores Tudenses foron Jose Luis (4), Miguel, Michu, Robert e o xuvenil Jona.

Vitoria importante para A Quinta de Tui, que manten a terceira posición na táboa empatado a puntos co Redondela fs.

Os tudenses recibirán o vindeiro sábado día 7 a uns dos equipos máis en forma das últimas semanas, o Campito F.S, que está sendo unha das revelación do campionato.

LIGA XUVENIL PROVINCIAL. Leis Pontevedra B: 1 - Quinta Amadeus&Sopa Tui: 5

Gran vitoria conseguida polo equipo xuvenil A Quinta Amadeus&Sopa Tui na 19ª xornada da Liga Provincial Xuvenil fronde o Leis Pontevedra.

Os rapaces de Tui fixeron un gran partido en Pontevedra sendo dominadores dun encontro onde non deron oportunidade para meterse no partido ao equipo de Pontevedra.

A nota negativa do encontro foi a lesión de Diego que estará fora das canchas unhas semanas, un dos referentes do equipo xuvenil que xa foi convocado co equipo sénior en algunha ocasión.

A vindeira fin de semana o equipo tudense enfrontarase ao Apóstol A no Pavillón Novo de Tui.

 

 

 

 


LIGA ALEVIN GRUPO 6. Vania Miño: 0 - A Quinta Plaintec Tui: 9

8ª xornada da liga alevín para A Quinta Plaintec Tui que visitou aos nosos veciños de Tomiño, o Vania Miño FS. Os Alevins do club A Quinta conseguiron unha avultada vitoria fronte ao equipo tomiñés.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones