Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Nove medallas para Os Teixugos na I Copa Galega de Slálom

O Club Deportivo Miño acudiu con sete piragüistas, rematando todos nesta ocasión cunha medalla.

O Club Deportivo Miño acudiu con sete piragüistas, rematando todos nesta ocasión cunha medalla.

Fecha: 31 de Diciembre de 2019

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Este domingo deu comezo a Liga Galega de Slálom en augas do río Tea ao seu paso por Mondariz Balneario. Madrugadora, a poucos días do comezo do novo ano, o Club Tea de Mondariz organizou a 1ª Copa Galega de Slálom, correspondente xa a tempada 2020. Sesenta deportistas de cinco clubs galegos acudiron ao evento. O Club Deportivo Miño acudiu con sete piragüistas, rematando todos nesta ocasión cunha medalla.

En categoría feminina, Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo, baixaron tanto en canoa como en kaiak cadete. Alba acadou o ouro nas dúas modalidades e a súa compañeira Ainhoa foi prata, tamén nas dúas.

En C1 sénior Brais Castro foi o gañador , e seu irmán Samuel tamén gañou en C1 cadete.

Na categoría k1 cadete os teixugos coparon o podio, o ouro foi para Sergio Rodríguez, prata para Alexis Segadaes e bronce para Mateo Rivas.

Non puido ser mellor o resultados para os do Club Deportivo Miño cos cinco ouros, tres pratas e un bronce, acadados.

Na clasificación final por equipos os gañadores foron os anfitrións do Tea de Mondariz con 152 puntos, e o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou segundo con 139 puntos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones