COMPAÑÍA ARTÍSTICA INTERDISCIPLINAR
A CAI retoma a súa actividade o 15 de outubro.
Está aberta á participación de novos/as interesados/as. Mocidade que desexe experimentar o proceso de creación en grupo desde diferentes disciplinas (teatro, baile, canto, música, pintura, cine, etc.)
Dirixida a mocidade de 13 a 20 anos. Celébrase os venres de 17.00 a 18.30.
A actividade está a cargo de Laura Villaverde, actriz e fundadora da compañía ArtesaCíA
OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA E DESEÑO DE PERSONAXES:
Dirixido a mocidade de entre 14 e 20 anos. Celebrarase os xoves de 18.30 a 20.30 desde o 28 de outubro ao 2 de decembro.
A actividade estará a cargo da ilustradora Coral Martínez, que participou cun pequeno obradoiro no marco da Feira de Primavera no mes de maio. Os paneis resultantes desa actividade aínda poden verse no centro.
SALA DE EXPOSICIÓNS:
Por outra banda, o centro pon a disposición da mocidade de 14 a 30 anos á sala de exposicións do centro. Aqueles mozos e mozas que estean interesados en expoñer a súa obra poden solicitar a sala nas condicións establecidas polo centro.
Por razóns de organización e características da sala só poderá expoñerse obra que poda ir en parede: pintura, banda deseñada, fotografía, poesía, etc…….
ACTIVACIÓN DO CARNE XOVE
Continúa a activación do Carné Xove no centro. E necesario acudir co DNI e a tarxeta recibida. Tamén pode reclamar a súa tarxeta no centro a mocidade que non a recibira no seu domicilio.
Para realizar esta xestión é recomendable solicitar cita previa.
Máis información e inscricións:
Teléfono: 886110797, Facebook/ Instagram ou en espazoxovetui.xuventude@xunta.es
Máis información e inscricións:
Teléfono: 886110797, Facebook/ Instagram ou en espazoxovetui.xuventude@xunta.es


