Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O 1 de novembro reactívase a zona azul no casco urbano de Tui

Os vehículos poderán estacionar un máximo de hora e media. O reloxo pódese adquirir na tesourería do concello por 0,50?

Os vehículos poderán estacionar un máximo de hora e media. O reloxo pódese adquirir na tesourería do concello por 0,50?

Fecha: 21 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui informa que o próximo 1 de novembro porase de novo en servizo a zona azul co que no centro urbano haberá un centenar de prazas con estacionamento gratuíto limitado durante hora e media coma máximo. Será nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo.

Os condutores que estacionen nestas rúas deberán colocar o reloxo indicativo coa hora de chegada, que poderán obter na tesourería na casa do concello por 0,50€, sendo tamén válido o reloxo de calquera outra zona azul. A Policía Local vixiará esta zona para garantir o cumprimento do tempo limitado de estacionamento. Con esta medida búscase que poida haber nestas cinco rúas rotación nos vehículos de tal xeito sexa máis doado atopar estacionamento para as persoas que desexen ir de compras, facer xestións, ou trámites, dando resposta a unha vella demanda do comercio tudense.

Dende o Concello de Tui lémbrase amais que no centro urbano existen outras zonas de estacionamento sen límite de tempo coma o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e os habilitados na rúa Irmáns Maristas, A Guarda e Coengo Valiño.

Por outra parte dende o Concello de Tui advirten que a policía local sancionará aos vehículos que no final da rúa Foxo e no inicio de Rosa Bahamonde estean estacionados na zona pintada con liña amarela, xa que existe a prohibición de aparcar nestes lugares. Igualmente serán sancionados os coches que non respecten a dirección prohibida que hai meses entrou en vigor na coñecida coma "Baixada ao casino" entre Calvo Sotelo e a Avenida da Concordia. Nos últimos días rexistrouse na zona un accidente por parte dun vehículo e ía en dirección contraria, e a Policía Local ten sancionado xa esta semana nos controis realizados a oito vehículos por esta infracción grave con 200€.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones