Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O acendido da iluminación abre a programación -Tui, o Camiño de Nadal, o camiño natural-

Será mañá domingo, 1 de decembro, ás 19.30 h na praza da Inmaculada

Será mañá domingo, 1 de decembro, ás 19.30 h na praza da Inmaculada

Fecha: 30 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

Mañá domingo, 1 de decembro, comeza a programación "Tui, o Camiño do Nadal, o camiño natural" organizada polo Concello de Tui.

O acendido da iluminación de Nadal marcará o inicio da actividade festiva que xira este ano entorno ao medio ambiente e ao patrimonio natural, histórico e inmaterial da cidade.

Na praza da Inmaculada, mañá domingo ás 19.30 h, terá lugar o acendido simbólico da iluminación. Na propia praza sitúase unha gran caixa de agasallo. Diferentes motivos de Nadal en luces led iluminarán as distintas rúas tudenses, o conxunto histórico e este ano haberá tamén un arco luminoso na entrada de cada unha das parroquias tudenses.

A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro, integrada por máis de 70 persoas será a encargada da animación musical neste primeiro día da programación de Nadal.

Dende este domingo lucirá xa a decoración especial creada para a ocasión con material de refugallo e con motivos vinculados ao Camiño de Santiago ou a películas infantís. Estará situada nas prazas do Concello, San Fernando, a Armada e Fromista, e nas rúas Ordóñez, Ourense e Colón e noutros puntos da cidade. Unha árbore de madeira co nome de todas as parroquias tudense e a frecha do Camiño a modo de estrela, o buzón real, un dos vehículos da película Cars transformado en trono, un pergamiño no que deixar desexos, monecos de neve, Rudolf, Frozen, piruletas, un tren, ou unha pedra indicativa do Camiño, son algúns do motivos que decorarán o Nadal en Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones