Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde amosa a súa preocupación pola situación de bloqueo do desentullo da zona cero de Paramos

Este xovesirá a pleno unha proposta para instar ao Ministerio de Política Territorial a executar o desentullo vía encomenda de xestión

Este xovesirá a pleno unha proposta para instar ao Ministerio de Política Territorial a executar o desentullo vía encomenda de xestión

Fecha: 29 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

Este xoves irá a pleno unha proposta do equipo de goberno para tentar desbloquear o desentullo da zona cero de Paramos, agardando o apoio da corporación, para instar ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública para executar o proxecto de desentullo da zona cero da explosión de material pirotécnico ocorrida en Paramos, mediante unha encomenda de xestión á empresa TRAGSA.

Esta tarde reuniuse o Gabinete de Crise de Paramos para tratar de forma monográfica o desentullo. Ao término do encontro o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, afirmou que dous meses e medio despois de que persoalmente entregase na subdelegación do goberno o proxecto de desentullo a situación está "certamente bloqueada". Na reunión estivo presente o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto a outros cargos da administración autonómica e local, membros da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, pero non acudiron nin representantes da Deputación de Pontevedra nin do goberno central.

O alcalde amosou a súa "fonda preocupación" con esta situación de atasco e parálise que se está producir en relación ao desentullo, con todas as consecuencias que este retraso ten para os veciños afectados. Carlos Vázquez Padín amosou a disposición do Concello de Tui "para facer o que sexa necesario para axilizar este asunto". Nese senso lembrou que se o concello ten que levar a cabo o desentullo ao tratarse dun contrato de máis de 3 millóns de euros o prazo de licitación prolongaríase durante meses, e se se suman os tres meses previstos para a execución da retirada do entullo, até dentro dun ano non estaría lista a zona cero para comezar a reconstrución. Afirmaba que "das catro administracións a que o faría de forma máis lenta é o concello de Tui" engadindo que "o feito de que o faga o concello de Tui implicará retrasos adicionais con respecto a que o fai calquera das outras administración que teñen máis medios e a imposibilidade xurídica de que o concello o encargue a un medio propio porque non o ten".

Aludiu o rexedor á disponibilidade amosada no gabinete de crise polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para se "se trata dun problema burocrático ou de estar no día a día" asumir a coordinación dos traballos de desentullo se o goberno central o adxudica mediante unha encomenda de xestión, e asume o financiamento.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones