Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde concreta ao presidente do goberno as peticións do concello para a atención á zona afectada pola explosión de Paramos

Tamén se solicita ao goberno central que se complementen as axudas da Xunta de Galicia, a través do IGVS, tanto para os afectados que teñen seguro coma para os que non, e tanto para primeiras coma para segundas vivendas.

Tamén se solicita ao goberno central que se complementen as axudas da Xunta de Galicia, a través do IGVS, tanto para os afectados que teñen seguro coma para os que non, e tanto para primeiras coma para segundas vivendas.

Fecha: 27 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de concretar ao presiden do goberno, Pedro Sánchez, as peticións do Concello de Tui para a atención á zona afectada pola explosión de material pirotécnico nun almacén clandestino rexistrada o pasado 23 de maio. Así o explica nunha carta enviada no día de hoxe na que reitera a invitación realizada, o pasado día 15, ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, para que visite Tui e poida coñecer así de primeira man as graves consecuencias.

Lembra o rexedor o acordo unánime da corporación municipal solicitando a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, detallando nesta segunda misiva as principais peticións do concello ao goberno central para "lograr canto antes a volta á normalidade na zona afectada".

Así se sinalaba a solicitude de que o goberno central se faga cargo do financiamento e da contratación do desentullo, cuxo custe se poderá coñecer co proxecto de xestión de residuos encargado polo concello por importe de 59.048 € ao que se suma a adxudicación do desamiantado por 346.060,01€.

Tamén se solicita ao goberno central que se complementen as axudas da Xunta de Galicia, a través do IGVS, tanto para os afectados que teñen seguro coma para os que non, e tanto para primeiras coma para segundas vivendas. A terceira petición refírese a exención do pago do IBI e da tributación das axudas para a rehabilitación de vivendas para aos afectados cuxas casas quedaron destruídas ou inhabitables.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones