Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ALCALDE DE TUI AGARDA APROBAR O PEPCHA ANTES DE QUE REMATE ESTE MANDATO

Hoxe mesmo comezou a desmontarse a andamiaxe na Torre de San Andrés onde se centraron as obras nos últimos meses.

Hoxe mesmo comezou a desmontarse a andamiaxe na Torre de San Andrés onde se centraron as obras nos últimos meses.

Fecha: 18 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, confía en aprobar definitivamente o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico, PEPCHA, de Tui antes de que remate este mandato. Este documento, que regulará as actuación nesta zona de protección da cidade está arestora na recta final da súa tramitación ante a Xunta de Galicia agardando o informe final por parte da Consellería de Cultura para poder levalo a pleno para a súa aprobación definitiva.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, aproveitou a visita realizada hoxe a Tui polo novo titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para tratar este tema. O rexedor tudense expuxo ante o mandatario autonómico que tras varios anos de tramitación agardan agora os informes finais da Xunta nos que levan xa varios meses traballando e mantendo distintas reunións, para unha vez no Concello se conte con estes documentos poder levar a pleno o PEPCHA para a súa aprobación definitiva. Isto dotaría de seguridade xurídica aos propietarios dos inmobles no Conxunto Histórico de Tui xa que o plan marcará de forma clara as actuacións posibles a realizar, os usos no ámbito histórico, e axilizaría amais o proceso de concesión de licenzas o que redundará na rehabilitación e revitalización desta zona da cidade.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradeceu esta mañá ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a súa visita a Tui para coñecer in situ a primeira fase das obras acometidas polo seu departamento na Catedral de Tui para corrixir os importantes problemas de humidade que sufría o principal templo catedralicio. Hoxe mesmo comezou a desmontarse a andamiaxe na Torre de San Andrés onde se centraron as obras nos últimos meses. Precisamente Román Rodríguez anunciou o comezo en breve da segunda fase destes traballo que en conxunto (1ª e 2ª fase) suporán un investimento de case un millón de euros na Catedral tudenses, que o titular de Cultura cualificou de obra senlleira do patrimonio cultural galego.

Na visita á Catedral o alcalde de Tui e o conselleiro de Educación estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, así coma polos xefes territoriais de Educación e de Cultura na provincia, a directora xeral de Patrimonio Cultural, xunto ao tenente alcalde de Tui e a concelleira de Cultura,e o coengo Don Ricardo García.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones