Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde de Tui fará un derradeiro tento de aprobar os orzamentos de 2018

Considera que non contar coas contas aprobadas é lesivo para Tui. De aí a oferta que fai para negociar cun so grupo e ter un acordo pechado antes de levalos de novo a pleno

Considera que non contar coas contas aprobadas é lesivo para Tui. De aí a oferta que fai para negociar cun so grupo e ter un acordo pechado antes de levalos de novo a pleno

Fecha: 04 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, fará un derradeiro tento de aprobar os orzamentos do Concello de Tui para 2018, ao considerar que "a non aprobación dos orzamentos é moi lesiva para Tui". Por este motivo o rexedor fai unha última oferta aos grupos políticos nos que se integran os nove concelleiros da oposición para tentar chegar a un acordo con algún deles, e poder sumar os 9 votos precisos para sacar adiante as contas.

Sinala Carlos Vázquez Padín que dado que o proceso de negociación aberto nas últimas semanas non frutificou "pese a termos adaptado o proxecto de orzamentos en grande medida ás pretensións da oposición" amosa agora a disposición do goberno a "dar unha última oportunidade ao acordo, e negociar os orzamentos cun único grupo, calquera que estea disposto a facelo".
 
Trataríase, aclara, dun "acordo pechado para aprobar os orzamentos que garanta os nove votos necesarios e que debería facerse público antes de que se levase ese novo proxecto de orzamentos a pleno". Incide nese senso en que "só volveriamos a levar a pleno os orzamentos se previamente e con carácter público podemos anunciar que temos os votos necesarios para garantir a súa aprobación".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones