Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde de Tui informou aos veciños que a Lei do Solo permitirá reconstruír ás vivendas fóra de ordenación na zona cero de Paramos

A incorporación dunha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos que estaban fóra de ordenación.

A incorporación dunha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos que estaban fóra de ordenación.

Fecha: 12 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

A incorporación dunha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos que estaban fóra de ordenación. Esta foi unha petición que o Concello de Tui presentou á Xunta de Galicia para garantir así que todas as vivendas existentes previa a explosión do 23 de maio se lles poderá dar licenza para a súa reconstrución.

Así llo comunicou esta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, ao veciños que acudiron á reunión que se celebrou no Centro Cultural de Guillarei. Unha comparecencia na que estivo acompañado polo xerente urbanístico da catástrofe Rubén Vázquez.

Segundo o exposto polo rexedor esta disposición adicional está pensada para zonas declaradas gravemente afectadas por unha emerxencia de protección civil polo Consello de Ministros. Nese senso apuntaba que "foi unha modificación lexislativa que conseguimos dende Tui, que puxo en marcha a Xunta de Galicia, que entrará en vigor o 1 de xaneiro para circunstancias excepcionais coma esta".

Na reunión o alcalde tamén trasladou aos veciños á resposta ás cartas que enviou á ministra de Política Territorial urxindo o inicio do desentullo, na que indica que que recibirá contestación en breve. Dicía Vázquez Padín que "polo menos queda claro que son conscientes que teñen un problema sobre a mesa, un problema sen resolver en Tui". Engadía que hai que agardar que o goberno central "se poña co desentullo a través dunha encomenda de xestión, que é a formulación xurídica que permite que en circunstancias excepcional que goberno poida adxudicar a unha empresa pública este tipo de obras". Precisaba nese senso que unha vez que se tome a decisión política os traballos poderían comezar no prazo dun mes e executarse en tres meses. Precisaba o mandatario que o desentullo é moi importante, e se se acometen estes traballo "teremos o puzzle con todas pezas máis fáciles de encaixar para ver como dentro de non demasiado tempo se reestablece a normalidade na zona".

Na reunión desta mañá o rexedor tudense tamén avanzou que acompañará aos veciños na mobilización que os veciños realizarán o sábado 17 diante da subdelegación do goberno en Pontevedra. E informou, de que pese a que non ten comunicación oficial segundo a información publicada polos medios de comunicación a fiscalía presentou denuncia contra el pola presunta inexecución da sentenza da pirotecnia de Baldráns. Un tema no que dicía "teño a conciencia absolutamente tranquila".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones