Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde de Tui participa nos actos co gallo do centenario da Casa Tui-Salceda en Bos Aires

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou a importancia que tivo no seu día a Casa Tui-Salceda con máis de 130 mil socios, contando na actualidade con máis de 10 mil.

Foto: arquivo Infomiño.com abril 2017

Fecha: 19 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, realiza dende hoxe e ata o próximo martes, 23 de maio, unha viaxe institucional a Bos Aires para participar nos actos organizados co gallo do centenario da Casa Tui-Salceda na capital arxentina. Tamén participa nesta visita o alcalde de Salceda, Marcos Besada.

O 21 de maio de 1917 fundouse a "Casa de Tui" que en 1975 pasaría a fusionarse co Centro de Protección Agrícola do Distrito de Salceda, que se creara en 1913.Dende entón a denominación oficial pasou a ser Asociación Mutual, Cultural e Recreativa "Tui e Salceda."

Segundo o programa previsto o venres farán un percorrido polo Congreso da Nación, o Colexio Santiago Apóstolo, e o Centro Galego en Bos Aires, onde se celebrará unha homenaxe a Rosalía de Castro. Ás 18 hora local na Legislatura Ciudad de Buenos Aires celebrarase un acto no que se declarará aos rexedores de Tui e Salceda Hóspedes de Honra da cidade. Xa o sábado haberá un encontro cos presidentes das institucións galegas e o domingo con tudenses e salcedenses de Bos Aires.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou a importancia que tivo no seu día a Casa Tui-Salceda con máis de 130 mil socios, contando na actualidade con máis de 10 mil. Ao tempo destacou o labor que realizan para seguir mantendo vivas as raíces, as nosa cultura e as nosas tradicións ao outro lado do Atlántico, sen esquecer o importante papel que desenvolveron no seu día dende a emigración.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones