Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O alcalde de Tui presenta ao presidente da Cámara de Valenca os obxectivos da Axenda Urbana

Planificación conxunta e cooperación para un futuro máis sostible foi o eixo da reunión de presentación da Axenda Urbana de Tui

Planificación conxunta e cooperación para un futuro máis sostible foi o eixo da reunión de presentación da Axenda Urbana de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

Pensar e planificar Valença e Tui dun xeito conxunto para un futuro sostible no que poidamos compartir e sacarlle o máximo proveito á nosa estreita e histórica relación”, así resumía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o encontro mantido co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira, para presentarlle os obxectivos da Axenda Urbana de Tui.

Enrique Cabaleiro trasladou ao seu homólogo en Valença as principais liñas nas que traballará a Axenda Urbana local para a consecución dos 10 obxectivos marcados polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

Planificación conxunta do futuro das dúas cidades en todos os eidos e cooperación para potenciar a economía foi o eixo central da conversa na que Cabaleiro e Carpinteira coincidiron na necesidade de alimentar ese estreito vínculo entre as persoas dun e doutro lado da Raia.

Compartir para incentivar a interacción e para un mellor aproveitamento dos recursos tamén foi outra das claves que se puxeron enriba da mesa e fundamentos compartidos, tamén, polas directrices da Axenda Urbana Española.

A Axenda Urbana é unha estratexia que recolle o crecemento sostible de Tui a dez anos con proxectos, accións e iniciativas nas que a veciña Valença estará presente. A Axenda Urbana é un marco estratéxico e non normativo, que busca orientar as decisións e as políticas que inciden no territorial e o urbano cunha visión global, integrada e continuada no tempo.

É tamén unha política palanca con capacidade de acelerar a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en todas aquelas metas que teñen un compoñente territorial e urbano e, en particular, o ODS 11 sobre cidades sostibles, inclusivas, seguras e resilientes.

Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo; evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente; previr e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia; facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular; favorecer a proximidade e a mobilidade sostible; fomentar a cohesión social e buscar a equidade; impulsar e favorecer a economía urbana; garantir o acceso á vivenda; liderar e fomentar a innovación dixital e mellorar os instrumentos de intervención e a gobernanza son os dez obxectivos que recolle a Axenda Urbana e dos que os dous alcaldes falaron e prevén abordar de xeito conxunto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí