Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O ALCALDE DE TUI RETÍRASE DA POLÍTICA ACTIVA MUNICIPAL A PARTIRES DAS VINDEIRAS ELECCIÓNS

Tras 20 anos de dedicación decido retirarme da política activa municipal.

Moisés Rodríguez na Gala do Deporte de Tui 2014 | Foto arquivo Infomiño.com

Fecha: 10 de Enero de 2015

Fuente: www.concellotui.org / Infomiño

DECLARACIÓN

A dedicación ao servizo público na vida municipal resulta unha das tarefas máis fermosas, ao tempo que esixentes, que pode realizar unha persona. Levo 20 anos nos que me cabe a honra de formar parte da corporación municipal de Tui e catro como alcalde que supoñen unha das mais grandes satisfaccións ás que pode aspirar alguen: resultar elexido polos teus propios veciños para dirixir a vida municipal.

Neste últimos catro anos como Alcalde algunhas das máis vellas reivindicacións dos tudense se teñen alcanzado ou estamos a piques de logralo: a Escola Infantil, a creación da Eurocidade, o novo Centro de Saúde, a peonalización do conxunto histórico e o seu Plan Especial de Conservación, melloras nos equipamentos deportivos como o Campo de Futbol de Caldelas, o funcionamento efectivo do Consorcio do Ciclo de Auga do Río Louro, Vella escola de Randufe etc. E todo esto nun ciclo de crise económica que levou a centrar o principal da atención da xestión municipal na loita contra o desemprego e nos servizos sociais.

Coas novas eleccións do vindeiro maio abrese unha nova xeira para Tui e, logo dunha prolongada reflexión persoal, creo que é chegado o momento de abrir á par unha nova etapa na miña vida. Tras 20 anos de dedicación decido retirarme da política activa municipal.
A miña decisión abre unha porta, non fecha. Haberá moitas lecturas deste paso, non sei se tan libres como a miña neste momento, pero mesmo sabendo que parte serán discrepantes, agradezo e respecto todas elas. Crecín e aprendín de tódolos corporartivos cos que tiven a honra de traballar, de tódalas cores políticas. Nesta altura, gustaríame destacar especialmente, a dos concelleiros e grupos deste mandato como alcalde. Foron os catro anos máis duros da miña etapa na política municipal porque tamén foron os dunha crise que a algunhas xeracións aínda non nos tocara vivir. Está claro que non xestionei os problemas a gusto de todos, pero si o fixen co convencimiento de facer o que considerei xusto en cada momento e puxen niso todo o meu empeño. E, de novo aquí, quero agradecer tanto o apoio do equipo de goberno como o dos grupos que fixeron oposición construtiva e tenderon a man estes catro anos para enfrontar os problemas máis graves dos veciños sen atender a outras siglas que as de asegurar os dereitos de tódolos cidadáns de Tui.

Non resulta fácil mesmo sendo unha decisión longamente meditada e consultada. Seguirei ao frente ata o final do mandato e a disposición do partido. O PP de Tui posúe un amplo grupo de militantes e simpatizantes que espero comprendan tamén a miña decisión. Entre eles, persoas seguramente, máis capacitadas ca min para coller o timón.

Isto non é unha despedida senón un anuncio de que se abre un novo período de intenso traballo tanto na vida muncipal como na actividade do partido. Nestes cinco meses temos moito labor por diante; no Concello desenvolver un plan de investimentos que posibilitará importantes melloras no noso municipio; no partido traballar na creación da lista electoral e dende unha renovada ilusión transmitir aos nosos veciños o noso proxecto politico.

Todos somos necesarios pero ninguén é imprescindible.
Superada a sorpresa, rógovos que nos unamos aínda mais estreitamente, que nos impliquemos de xeito máis fondo para seguir traballando.
Prometo non esquencer nunca os erros pero tampouco os logros que conseguimos entre tódolos tudenses e aprender deles. Gracia a todos.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones