Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alcalde de Tui solicita compromisos económicos para financiar a recuperación da zona afectada

Hai 290 casas afectadas das que 31 están completamente destruídas, 50 teñen graves desperfectos na cuberta e 60 na estrutura.

Carlos Vázquez Padín afirmou que -a miña máxima preocupación é axudar aos veciños, e a iso quero dedicar o 100% do meu tempo-

Fecha: 29 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui solicitará mañá compromisos económicos á administración central e provincial, xa que polo momento só hai o compromiso firme da Xunta e do Concello para financiar a recuperación da zona afectada o pasado mércores pola explosión de material pirotécnico en Paramos, xa que dicía "son necesarios moitos millóns de euros para reestablecer á normalidade". Indicaba nese senso que só o desescombro custará máis dun millón de euros.

Así o avanzou esta tarde na rolda de prensa que ofreceu na casa do concello onde lembrou que o Gabinete de Crise se reunirá cada sábado ás 10h no Centro de Afectados, polo que previa á reunión deste sábado e tal e acordaron na primeira xuntanza solicitou á Deputación, Xunta e goberno Central que lle comuniquen quen vai ser o seu representante neste gabinete de crise.

Informou tamén o rexedor tudense que este xoves ao mediodía se reunirá a Xunta de Portavoces para estudar os dous informes encargados, un da secretaría municipal e outro externo, sobre a idoneidade de solicitar o equivalente á declaración de zona catastrófica. Tamén informou que os departamentos de intervención, tesourería e servizos sociais están a traballar nunha ordenanza, que será levada ao pleno deste xoves, para establecer as bases para o reparto das axudas para enxoval, alimentación, calzado, roupa, transporte...con cargo ao millón de euros do Fondo de Emerxencia que se habilitará con cargo ao remanente de tesourería.

Por outra parte con respecto aos últimos datos do Centro de Afectados deu a coñecer que ata este mediodía constan 328 expedientes de incidencias con 702 persoas afectadas. Hai 290 casas afectadas das que 31 están completamente destruídas, 50 teñen graves desperfectos na cuberta e 60 na estrutura. Amais hai 191 vivendas con danos na carpintería exterior e 107 na interior. Hai un centenar de vivenda que precisan retellado, e 31 que teñen gretas nas paredes. Segundo os datos aportados só 132 das 290 casas teñen seguro do fogar. Do total de vivendas afectadas 30 eran de segunda residencia.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou que esta mañá tomou a decisión política de ordenar ao departamento de intervención que non aboe os 10 mil euros correspondentes á factura dos fogos artificiais de San Telmo deste ano que o concello contratou con Pirotecnia La Gallega con enderezo na Cañiza, e con seguro de responsabilidade civil no que constan 4 depósitos na Cañiza, Sanxenxo, Maside e Caldas de Reis. Tamén quixo deixar constancia de que o lugar onde tivo lugar o pasado mércores a explosión non foi na sede da empresa en Baldráns senón nun almacén ilegal en Paramos.

Carlos Vázquez Padín afirmou que "a miña máxima preocupación é axudar aos veciños, e a iso quero dedicar o 100% do meu tempo".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones