Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O alumnado do CEIP Plurilingüe nº1 de Tui participa este martes na clausura de Depoemprende na Escola 2016-2017

Esta actividade realízase co obxectivo de promover a cultura emprendedora na escola

Esta actividade realízase co obxectivo de promover a cultura emprendedora na escola

Fecha: 30 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as bases para convocar aos colexios públicos de Educación Primaria e Especial da provincia de Pontevedra para participar no programa "Depoemprende na Escola 2017-2018" co obxectivo de "promover a cultura emprendedora na escola" e que, en palabras da presidenta, Carmela Silva, "ao igual que acontece noutros países da Unión Europea, como en Austria, o emprendemento forme parte do sistema educativo xa que é cada vez máis necesario formar ás nenas e nenos para dotalos de instrumentos de adaptación aos novos tempos".

"Depoemprende na Escola 2017-2018" ten por obxectivo promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo, achegando estas competencias entre o alumnado de primaria e educación especial, impulsando que sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica, a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar nas aulas que fabrique produtos que se venderán unha vez ao ano, nun mercado ou feira da súa localidade. Ademais, Carmela Silva asegurou que "con este programa estamos a favorecer o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, ás expresións culturais, ás matemáticas e ciencias e á alfabetización dixital".

A Presidenta da Deputación destacou que para conseguir estes obxectivos, "a institución provincial vai achegar ao profesorado recursos didácticos para poder levar a cabo o proxecto, a través dunha guía con propostas metodolóxicas e actividades para afondar nos contidos". Pola súa banda, tal e como manifestou Silva, "o alumnado contará cun libro de traballo para poñer en marcha as súas cooperativas e empresas e, ademais, porase a disposición da comunidade escolar un portal educativo como elemento de referencia".

Os centros educativos que desexen participar o vindeiro curso en "Depoemprende na Escola" deberán presentar, antes do día 15 de xullo, a solicitude para poñer en marcha unha cooperativa que será xestionada, a elixir, por alumnado de 5º ou 6º de primaria.

Precisamente este martes, 30 de maio, terá lugar na explanada de Montero Ríos o evento "MercaEmprende" que servirá de clausura da edición de "Depoemprende na Escola 2016-2017". Neste evento, o alumnado do CEIP Plurilingüe nº1 de Tui, CEIP Barcelos de Pontevedra, CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa, CEE Príncipe Felipe de Pontevedra, CEIP A Rúa de Cangas, CEIP Frián-Teis de Vigo, CEIP Xulia Becerra de Ribadumia, CEP Antonio Magariños Pastoriza de Cambados e CEIP Laredo de Redondela, que participaron no programa este curso, porá á venda os produtos fabricados polas súa cooperativas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones