Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O anteproxecto de reordenación da traseira da Área Panorámica contempla unha zona verde zonificada en catro áreas

A súa execución suporá un investimento de 500 mil euros e está condicionada á construción previa dun aparcamento soterrado

A súa execución suporá un investimento de 500 mil euros e está condicionada á construción previa dun aparcamento soterrado

Fecha: 20 de Octubre de 2018

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto aos arquitectos Leando Nogueira e Ángel Matilla de Nam Arquitectos, presentaron este mediodía o anteproxecto de reordenación urbana do espazo da traseira da Área Panorámica como zona verde. Tamén estiveron presentes os concelleiros do equipo de goberno Antonio Castro, Estrella Muradás, Mila González e Eduardo Freiría.

Proponse actuar sobre unha superficie de 6 mil metros na traseira da Área Panorámica e 1.194 metros no lateral do edificio que quedarán libres coa apertura da rúa Ourense. A realización do proxecto terá un orzamento de medio millón de euros e un prazo de execución de entre 3 e 6 meses, vinculado sempre á execución dun aparcamento soterrado na traseira da Área Panorámica, e tendo en conta amais a próxima apertura da rúa Ourense.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, sinalou esta mañá que esta actuación suporá "unha mellora na calidade urbana nunha zona moi representativa da cidade". Apuntaba amais que con esta actuación se lanza tamén a mensaxe de que "Tui despois de moitos anos de estancamento no seu urbanismo ten que volver a camiñar e a xerar movemento económico e demográfico". Iso sí apuntaba que esta reurbanización está vinculada á construción dun aparcamento soterrado, o que en conxunto que conlevará unha mellora urbana dunha zona moi importante. Tamén indicaba Carlos Vázquez Padín que o deseño presentado hoxe é un anteproxecto sobre o que a cidadanía poderá opinar e que é modificable.

Os arquitectos Leandro Nogueira e Ángel Matilla de NAM Arquitectos foron os responsables de explicar os detalles técnicos do anteproxecto, no que tiveron en conta os múltiples condicionamentos do lugar como a apertura da rúa Ourense, as rúas lindeiras, a construción do aparcamento soterrado, e circulación da propia cidade, os equipamentos existentes no entorno.... A súa proposta é unha gran zona verde "cruzada por dúas vías principais que xerará catro zonas verdes que no seu interior crearán unha zona máis pavimentada, máis urbana". Unha das catro zonas estará destinada ao público xuvenil con parque infantil con zona de sombra. Haberá dous espazos con protección solar con múltiples usos que poderán albergar exposicións, reunións, ou diversas actividades, e unha cuarta zona que acollerá un pequeno palco para pequenas actuacións.

Coma diciamos a execución deste anteproxecto queda condicionada a realización dun aparcamento soterrado na traseira da Área Panorámica

Segundo hoxe explicaba o alcalde contan xa coa redacción dun anteproxecto para a execución deste aparcamento soterrado dunha planta con 298 prazas que agardan levar a pleno antes de finais de ano para a súa aprobación. De saír aprobado continuaría a tramitación administrativa e podería ser realidade en 2020, polo que a urbanización da superficie podería realizarse en 2021. Previamente o próximo ano o alcalde conta que estea rematada a obra de apertura da rúa Ourense que está xa adxudicada.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones