Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O bailarín tudense Ángel Giráldez formarase na Vaganova Ballet Academy en San Petersburgo

Hoxe foi recibido polo alcalde e a concelleira de Cultura que destacaron o fito que supón acceder a esta prestixiosa escola

Hoxe foi recibido polo alcalde e a concelleira de Cultura que destacaron o fito que supón acceder a esta prestixiosa escola

Fecha: 14 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, recibiron este mediodía na casa do concello ao xove bailarín tudense, Ángel Giráldez, que aos seus 18 anos comezará en setembro os seus estudos na Vaganova Ballet Academy en San Petersburgo, fundada en 1738.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que é todo un fito que un bailarín tudense se forme nesta prestixiosa escola internacional. Mentres a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicentes, apuntou que é un orgullo que este xove leve o nome de Tui até Rusia. Compartiron algúns minutos na alcaldía onde coñeceron o esforzo realizado po Ángel ao longo dos últimos anos para facer realidade o seu soño de ingresar nesta academia.
 
Ángel Giráldez comezou de nenos a súa formación en ballet na Escola de Danza Paula Cobián, e tras un paréntese retomou as clases aos 12 anos soñando xa daquela con poder ir estudar a San Petersburgo. Os dous últimos anos estudou no Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma, en Madrid, onde cursou os dous anos de bacharelato. Este verán, ao igual que fixo nos dous anteriores, participou no Russian Masters Ballet Camp en Alacante, onde ao remate da gala celebrada no Teatro Principal, coñeceu a boa nova de que fóra admitido para cursar estudos na Vaganova Ballet Academy de San Petersburgo.

Previa a súa partida cara Rusia, prevista para mediados de setembro, estes días Ángel Giráldez, xunto aos seus pais, ultima os visados e trámites necesarios, mentres comeza a aprender tamén ruso.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones