Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O balonmán galego presume do seu

A Federación promove unha campaña promocional en torno aos derbis masculino e feminino

Cerqueira, Pérez, Rivas, Costas, Cacheda e as irmás Dapena, protagonistas en -Temos o poder-

Fecha: 21 de Octubre de 2016

Fuente: Federación Galega de Balonmán

O balonmán galego leva coidándose tantos anos que a pesar de ser un dos máis "veteranos" goza a
día de hoxe dunha saúde inmellorable. A Federación Galega é consciente de que este deporte reescribe
cada día as mellores páxinas da súa historia e de que os seus clubs están chamados a seguir
moitos anos entre os máis grandes. Co gallo dos derbis que se vivirán en Galicia os vindeiros días, o
balonmán galego aproveita para presumir do seu na campaña "Temos o poder".
O vindeiro sábado, A Sangriña será o escenario do mellor derbi galego feminino da historia. O Mecalia
Atlético Guardés e o Godoy Maceira Balonmano Porriño colideran, co Super Amara Bera
Bera, a Liga Loterías 16/17. Os dous conxuntos chegan invictos á cita cun total de cinco vitorias
consecutivas. Sete días despois, o Municipal de Pontevedra revivirá un duelo que fai máis de trinta
anos que non se dá: o derbi pontevedrés entre a S.D Teucro e o Club Balonmano Cisne.
Co gallo destas dúas citas, a Federación Galega promove a campaña "Temos o poder" en colaboración
cos catro clubs que xogarán os citados encontros. O obxectivo da iniciativa é promover o balonmán
nas provincias de Lugo e Ourense -as dúas con menor relevancia a día de hoxe- a través de
actividades desenvolvidas polos clubs: charlas, invitacións a partidos, amigables das categorías inferiores,
etc.
Para promocionar os derbis estes días, a Federación Galega valerase de catro vídeos que serán lanzados nas redes sociais ao longo da semana. No acto de presentación oficial desta proposta, que tivo lugar onte na Casa do Deporte en Vigo, xa foron dados a coñecer "O poder da familia" e "O poder dos capitáns". A próxima semana verán a luz "O poder da amizade" e "O Poder do balonmán galego". Nestes vídeos o que se pretende é destacar a "gran familia" que é o balonmán galego, xa que moitos dos que forman parte deste deporte están unidos polo sangue (pais e fillos, irmáns, curmáns...) e tamén os valores que se promoven nos equipos desta disciplina: amizade, humildade, respecto...
 
As protagonistas
A capitana Lorena Pérez, Carla Rivas, Sandra Costas, Cecilia Cacheda, Babi Cerqueira e as irmás Dapena son as xogadoras que representan ao Club Balonmano Porriño na campaña "Temos o poder".

As sete integrantes do Godoy Maceira foron elixidas para representar diversos "poderes" e saen acompañadas en cada un dos vídeos por membros do Guardés, Teucro e Cisne.

En "O poder dos capitáns", que xa está difundíndose nas redes sociais, a extremo Lorena Pérez comparte protagonismo con Estela Doiro, antiga compañeira de equipo e agora rival do Mecalia que ostenta coma ela a condición de capitá. No vídeo, tamén participan Toño Lafuente e Carlos García, capitáns do Cisne e Teucro, respectivamente. O escenario de rodaxe das escenas de Pérez e Doiro foi o Municipal de O Porriño, un estadio ben coñecido polas dúas.
 
Pola súa banda, Alba e Andrea Dapena e Bárbara Cerqueira coa súa irmá Ana -Guardés- reprensentan "O poder da familia". As irmás Dapena, que suman oito temporadas xogando xuntas, visitaron para a gravación do spot o Muíño das Aceñas, no Rosal. As Cerqueira, que vestiron cinco anos a camiseta do Guardés e agora serán rivais por terceiro ano, rodaron en A Sangriña.

A próxima semana, lanzarase "O poder da amizade", no que Carla Rivas comparte minutos coa súa amiga do Guardés Xeila Fervenza e Sandra Costas visita a Casa do Deporte de Vigo co seu mozo Juan Quintas, xogador da S.D Teucro.

Xa para rematar, a central lalinense Cecilia Cacheda forma parte do elenco de "O poder do balonmán galego" que busca representar a diversidade deste deporte. Cacheda aparecerá no vídeo con outros xogadores que sen haberse formado en equipos punteiros acadaron as máximas categorías nacionais a base de esforzo, reflictindo o bo traballo que se fai coa canteira nesta zona.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones